option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Chamádeme Simbad. Léxico-2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Chamádeme Simbad. Léxico-2

Descripción:
Sinala o significado destas palabras da novela "Chamádeme Simbad".

Fecha de Creación: 2010/04/10

Categoría: Idiomas

Número Preguntas: 20

Valoración:(5)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Moeda. "Dáballe a Simbad unhas moedas de ouro e logo marchaba". peza de metal usada para pagar. medalla. alfaia de alto valor.

Fitar. "Meu pai fitoume como dicindo...". mirar fixamente. dar cita. dar unha tarxeta.

Lámpada. "Naquela lámpada máxica había un xenio". labazada. aparello de luz artificial. idea luminosa.

Viandas. "E había un vello que vivía rodeade de exóticas viandas". alimentos afrodisíacos. refugallo que co se rodean os que padecen síndrome de Dióxenes. alimento para as persoas.

Fedellar. "Estaba fedellando no teléfono, penso que buscando un número". remexer, furgar, trebellar. desmontar. marcar números ó chou.

Herdar. "O vello contaba que herdara unha fortuna". deixar diñeiro prestado. recibir bens doutra persoa. desbaldir o que non é dun.

Balea. "Vivira dentro dunha balea despois dun naufraxio". cetáceo semellante a un enorme peixe. barco que se usa como vivenda. pequeno veleiro.

Amolado. "Quedei moi amolado e triste alí no cuarto". chorando caladiño. estomballado (nun sofá). amargado, enfastiado.

Choutar. "Porque necesitaba saír, choutar, rir, brincar". saltar, pinchar. xutar. remoscallarse.

Carraxe. "Necesitaba enfadarme con el para botar fóra a carraxe que tiña polo do avó". rabia, cólera. pena, tristura. friaxe, calafrío.

Filibusteiro. "Bateríame contra todos os filibusteiros". pirata (do mar das Antillas). bigotudo. malencarado.

Acostumarse. "Supoño que un é capaz de acostumarse a todo". afacerse. sucumbir. triunfar.

Enlear. "Sempre anda enredando nas nosas cousas, meténdose polo medio e enleándoo todo". embrollar, ensarillar. derramar. facilitar.

Pasar pola cabeza: "Non se lles pasou pola cabeza abandonalos por aí ou internalos en calquera parte". ocorrérselle. doerlle a cabeza. esquecerse de algo.

Ferro. "Mamá estaba pasando o ferro e poñendo a lavadora". Instrumento para lle sacar as engurras á roupa. Instrumento para sacar brillo ao piso. Instrumento para o lavado en seco.

Caligrafía. "Se o colle a miña señorita pono a facer caligrafía ata que teña cen anos". arte de escribir con boa letra. arte de escribir sen faltas ortográficas. arte de facer o bordo das letras con colores.

Intrigante. "O máis intrigante era que dicía que só confiaba en min". que esperta curiosidade ou que conspira. que provoca nervios no estómago. que fai roncar as tripas.

Diminuta. "Era unha chave diminuta. Era coma de xoguete". de tamaño moi pequeno. de forma moi estraña. de plástico e fráxil.

Choio. "Síntoo, pero tiña moito choio na oficina". papeis encima da mesa. clientes á espera. (Coloquialmente) traballo.

Garfo. "Metín o garfo nos espaguetes e empecei a darlle voltas". salsa especial para pasta. utensilio con pugas empregado para comer. culler especial para pasta.

Denunciar Test