Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEA era de Lázaro. Léxico-1

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
A era de Lázaro. Léxico-1

Descripción:
¿Recoñeces estas palabras da novela de Paula Carballeira?

Autor:
AVATAR
revoltadafreixa.blogspot.com
(Otros tests del mismo autor)


Fecha de Creación:
30/12/2008

Categoría:
Letras

Número preguntas: 20
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Sagas. "Para iso aprendera as fórmulas das antigas sagas de Islandia". Segas. Antigas lendas ou poemas escandinavos. Cantigas de romaría.
Agochar. "¿Que coñecementos agocharon ou simplemente esqueceron?" Agouchar. Escribir en pergamiño. Esconder.
Feiticeiro. "Utilizaban mortos os feiticeiros para as súas vinganzas". Enterrador. Sacerdote. Meigo.
Ladaíña. "Tamén sei de memoria ladaíñas que os inmobilizarían". Chave marcial. Garatuza. Oración.
Devalo. "O devalo da lúa hipnotízate coma un péndulo". Eclipse de lúa. Cuarto minguante. Luscofusco.
Caluga. "A cabeza cun lixeiro abaneo cara a diante por culpa da caluga partida". Primeira vértebra do pescozo. Parte de atrás da cabeza onda o pescozo. Clavícula onda o ombreiro.
Aloumiñar. "Lois non aloumiña os meus cabelos, nin deixa caer un bico". Peitear cun cepillo. Decolorar os cabelos con camomila. Acariciar os cabelos.
Tenro. "Tapar a pota e deixar a lume lento ata que todo estea tenro". Seco ou con pouca auga. Rustrido. Mol, brando.
Espinacas. "Volver á casa con catro bolsas cheas a rebentar de espinacas". Froitos con espiñas. Hortalizas semellantes ás cenorias. Verdura de follas pequenas e verdes ricas en ferro.
Estufadas. "Hoxe ceamos espinacas estufadas". Machacadas. Cociñadas no seu propio vapor; guisadas. Envoltas en relo de pan.
Sortilexio. "Non se que estraño sortilexio permite que o corpo de Lois non se descompoña". Sorte, chorra, potra. Produto usado en conxelación. Feitizo, algo de carácter máxico.
Runas. "Hai que gravar unhas runas nun pau e ir o cemiterio" Signos de escritura secreta dos escandinavos. Riscadelas que se fan nun pau para acordarse de algo. Gravados que se fan nos caxatos para personalizalos.
Tépedo. "Nin así se consegue un ambiente tépedo". Alegre, ledo, pándigo. Serio, asisado. Morno, temperado.
Avarado. "Coma se a culpa fose dalgún termómetro avariado". Que non mide en graos centígrados. Sen termostato. Que non funciona.
Ousadía. "A miña gran ousadía foi pretender substituír o que poderiamos chamar..." Erro. Cálculo mal feito. Atrevemento, afouteza.
Arbitrario. "Diana non podía consentir que algo tran arbitrario como a súa imaxinación lle impedise..." Que exerce de árbitro. Atrabiliario. Caprichoso, que non se suxeita a razóns ou regras.
Acordar. "Diana acordou con moito esforzo ao sentir os berros dos policías". Chegar a un acordo. Espertou. Lembrouse de...
Arrecendo. "...daquel home do que só lembraba un arrecendo". Especie de grito de guerra. Olor, aroma. Vaga lembranza.
Tona. "Quería ver a lúa navegando por riba da tona de aceite da ría". Parte superficial dalgunha cousa líquida ou sólida. Mancha de aceite ou graxa. Color da pel.
Enfeitizo. "O ruído do motor rompeu o silencio e o enfeitizo". Vidro dun escaparate. Conversa en baixa voz. Encanto, maxia. Algo que fascina.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso