Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESElicencia de caza

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
licencia de caza

Descripción:
licencia de caza en galicia

Autor:
dario
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
10/11/2014

Categoría:
Deportes

Número preguntas: 232
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Cando un cazador, fire unha peza de caza en terreo no que está autorizado para cazar, e coa finalidade de cobrala, ¿pode entrar en terreo distinto, no que non está autorizado para practicar a caza? En ningún caso En todos os casos, sempre que entre só, sen armas nin can. En terreos abertos sometidos a réxime cinexético especial, e para pezas de caza menor, cando o cazador entre a cobrala peza só, sen armas nin can, ou en terreos cercados con autorización do seu titular ou representante.
No transcurso dun gancho, si un corzo sae a varios postos e é ferido nun deles e resulta morto e cobrado noutro distinto, ¿a que cazador lle corresponde a peza de caza?. Ao que matou e cobrou o corzo Ao xefe de cuadrilla Ao cazador que lle ocasionou o primeiro sangue.
Si un cazador que está adestrando os seus cans, observa un comportamento anormal por exemplo dos coellos, que o fai sospeitar da existencia dunha enfermidade, debe: Recoller os cans e non volver a adestralos, dado que se corre o risco de transmisiónda posible enfermidade Seguir adestrando os cans, non comunicando nada, dado que é algo que sucede con frecuencia Comunicárllelo de inmediato ás autoridades ou aos seus axentes.
La jornada de caza comienza: Ás 8.00 horas. Cando hai suficiente visibilidade. Unha hora antes da saída do sol.
La jornada de caza termina: Ás 19:00 horas. Cando non hai visibilidade suficiente. Unha hora despois do ocaso, excepto no caso de modalidades de caza nocturna expresamente autorizadas.
Cando no exercicio da caza, se cobre un exemplar dunha especie cinexética que porte algún tipo de anel ou marca identificadora, o cazador debe: Amputar a parte do animal na que figura a marca ou anel e remitila ao Concello na que foi cobrada a peza. Comunicarllo á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, facéndolle chegar aqueles sinais e os datos sobre o lugar e tempo de aprehensión. Ao tratarse dunha especie cinexética, non hai a obriga de comunicar nada.
Una persona con edad menor de dieciséis años puede practicar la caza: Non. Si, sempre acompañado dalgún cazador maior de idade. Si, sempre acompañado dalgún cazador maior de idade, para poder cazar con armas.
Na práctica da caza do raposo na modalidade de gancho, ¿cal das municións seguintes non se debe empregar?: Munición con peso unitario inferior a 2,5 gramos. Munición con peso unitario superior a 2,5 gramos. Balas.
La caza desde embarcaciones y vehículos automóviles en movimiento, está: Autorizada nas reservas nacionais de caza. Prohibida. Autorizada en todo tipo de terreos cinexéticos.
En un gancho realizado en un Tecor se cobraron un total de 4 jabalís, la carne de estos ejemplares va ha ser distribuida entre los cazadores que participaron en la cacería, dichos cazadores para realizar el transporte de estos restos deben: Colocar un precinto a cada bolsa de transporte. Levar unha guía expedida polo responsable da cacería. Coa autorización para realizar o gancho é suficiente.
¿Quén poderá solicitar a celebración de ganchos ou zapeos cando a caza dunha zona sometida a réxime cinexético común produza danos? Os concellos onde se produzan os danos Os sindicatos agrarios como representantes dos prexudicados Directamente os labregos e gandeiros mediante a recollida de sinaturas.
¿Quién puede conceder el permiso para la celebración de ganchos o zapeos cuando la caza de una zona sometida a régimen cinegético común produzca daños? O Servizo Provincial de Conservación da Natureza A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible A Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Un ejemplar de una especie cinegética procedente de una explotación cinegética provoca daños en una finca particular, ¿quién deberá indemnizar los daños? Non hai dereito a indemnización O titular do aproveitamento cinexético A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
¿Cual de las siguientes especies no se reproduce en Galicia? Pato real (Anas platyrhynchos) Charrela (Perdix perdix) Ganso común (Anser anser).
A maior poboación de paspallás preséntase en Galicia entre: Todo o ano Abril e setembro Xullo e decembro.
¿Cál das seguintes especies non é cinexética en Galicia? Tordo común (Turdus philomenos) Estorniño pinto (Sturnus vulgaris) Merlo común (Turdus merula).
As crías de xabaril nacen cunha pelaxe moi característica polo que se lles coñece como: Pintóns Listóns Raións.
¿Cál das femias das seguintes especies non posúen cornos? Corzo Muflón Cabra montés.
O número máximo de puntas que pode presentar unha corna, considerada como normal, nun corzo é de: 3 4 5.
A posta da perdiz rubia soe contar, normalmente, cun número de ovos De 6 a 10 De 10 a 15 Mais de 20.
¿Cál destas especies non é cinexética en Galicia? Pato rabilongo (Anas acuta) Somorgullo lavanco (Podiceps cristatus) Parrulo cristado (Aythya fuligula).
¿Cómo distinguiremos o sexo dun corzo no mes de novembro? Mediante a observación das cornas totalmente desenvolvidas nos machos Pola diferencia de cor, agrisado nos machos e roxizo nas femias Pola forma do escudo anal, en forma de ril nos machos e de corazón nas femias.
¿Cal destes animais supón o maior predador do xabaril en Galicia? O lobo O raposo O oso.
O macho de perdiz rubia, na época de celo e crianza, ¿establece e defende un territorio?. Nunca. Sempre. Soamente fronte a exemplares de perdiz charrela.
Os polos de perdiz son: Nidífugos. Permanencen no niño ata a segunda semana de vida. Ningunha das respostas anteriores é válida.
Os polos de perdiz durante a primeira semana de vida aliméntase fundamentalmente de: Gran de cereais. Sementes de plantas silvestres. Insectos.
No xabaril, o trofeo de caza valórase atendendo: As súas características morfolóxicas Ao peso dos exemplares, así como a súa coloración. As características da súa dentadura, (colmillos e amoladeras).
No corzo o trofeo valórase atendendo: As características da súa corna. Ao peso dos exemplares Unicamente pola presenza e coloración de perlado das cornas.
Na valoración do trofeo de cervo: A lonxitude das cornas despeciase por non ser un parámetro a considerar. Canto máis peso posúa menor puntuación obterá o trofeo. A maior número de puntas, maior valoración obterá o trofeo.
A persoa responsable da organización dun gancho para o xabaril, ¿pode colocar os postos nunha estrada local? Nunca. Si, sempre. Si , cando as condicións de visibilidade o permitan.
Nos carreiros e camiños rurais pouco transitados, destinados ao paso a pé ao uso agrícola ou forestal, ¿pódese cazar?. Nunca. Si, sempre. Si , cando as condicións de visibilidade o permitan.
Liberar especies exóticas ou animais infestados é unha infracción Leve Grave Moi grave.
Cazar en liña de retranca é unha infracción Menos grave Grave Moi grave.
Cazar sen licenza é unha infracción Leve Menos grave Grave.
Levar armas os batedores que actúan como tales nunha montería é una infracción Leve Menos grave Moi grave.
Das seguintes zonas ¿cal é de seguridade? A marxen dunha estrada local sen cercar. A marxen dunha estrada autonómica sen cercar. A marxen dunha estrada nacional cercada.
¿Cal é o tamaño da franxa de seguridade arredor dun núcleo de poboación? 50 metros. 100 metros. 250 metros.
Se temos unha casa no medio do monte ¿haberá zona de seguridade ao seu arredor? Sí, se o terreo.é cinexético de aproveitamento especial. Non, se o terreo é de aproveitamento cinexético común. Sí, sempre.
Si no meu Tecor existe un parque empresarial no medio ¿terá zona de seguridade? Sí, sempre. Sí, se non se atopa vallado. Non, se se atopa vallado.
¿Cómo se consideran os terreos cercado? Dependerá das circunstancias particulares da cada un. Zona de seguridade sempre. Terreo non cinexético sempre.
¿Qué non se pode facer nas zonas de seguridade? Circular coas armas cargadas aínda que sen disparar. Disparar en dirección ás mesmas desde fora delas. Ningunha das dúas cousas.
Nos carreiros e camiños rurais pódese Cazar tendo coidado coas medidas de seguridade. Non se pode circular coas armas cargadas por ser zonas de seguridade. Non se pode disparar por ser unha zona de seguridade.
Os períodos hábiles de caza para cada temporada, establécense: No regulamento de caza. Nunha orde anual da Consellería do Medio Rural. Ningunha das anteriores.
¿A quén corresponde o coidado e vixilancia dos refuxios de fauna? Ás Sociedades ou Asociacións ecoloxistas que promoveran a súa declaración Á Consellería do Medio Rural Á Federación Galega de caza.
¿Durante canto tempo non se pode cazar nos terreos queimados? 1 ano 3 anos 5 anos.
¿Quen autoriza o control da caza existente en vedados ou terreos cercados, no caso de necesidade? O Servizo Provincial de Conservación da Natureza A Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural A Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
¿ Quen autoriza o control da caza existente nos terreos sometidos a réxime cinexético común? O Servizo Provincial de Conservación da Natureza A Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural A Consellería do Medio Rural.
Si para realizar un estudio me conceden autorización para a captura de verderóns con visgo, ¿qué licencia de caza necesito? B B y C Ningunha.
Para cazar con ave de cetrería, ¿qué licenza necesito? B A y B B y C.
Para cazar con arco, ¿qué licenza necesito? A B B y C.
Para cazar con furón, ¿qué licenza necesito? A C As dúas son certas.
Para cazar cunha manda de cans, ¿qué licenza necesito? A B C.
En Galicia e dada a súa abundancia, o xabaril pódese cazar Durante todo o ano En zapeos con armas de caza maior En esperas nocturnas.
Unha camada de lebre componse, xeralmente, de: 2 a 5 lebratos 5 a 8 “ 1 lebrato.
Os ganchos débense facer con: Un mínimo de 10 e sen límites no total dos cazadores Un mínimo de 10 e un máximo de 30 cazadores Un mínimo de 10 e un máximo de 30 cazadores en postos.
Nun gancho ¿qué estaría prohibido? Empregar escopetas con cartuchos de bala Moverse os cazadores dos seus postos durante a cacería Empregar tres grupos de 10 cans cada un.
Os períodos hábiles de caza para unha especie cinexética, ¿poden variar en función da modalidade de caza que se considere? Si. Non. Poden variar unicamente nas especies cinexéticas de caza maior.
¿Cál das seguintes armas está mais relacionada coa modalidade de asexo? Escopeta do 16 con cartuchos de bala Rifle de repetición con mira telescópica Rifle de ferrollo con mira telescópica.
¿Cál destas armas está prohibida? Automáticas ou semiautomáticas con dous cartuchos no cargador Rifles do calibre 22 Rifles de ferrollo con mira telescópica.
¿Cál destas modalidades é a mais típica para cazar a perdiz rubia en Galicia? En man Axexo Con reclamo.
¿Cal destas modalidades é a mais típica para cazar o coello en Galicia? En man Ao salto Zapeo.
¿Cál destes métodos está prohibido?, a caza de: Perdiz con reclamo Lebres con galgo A pomba con cimbel de pomba cega.
Nun zapeo ¿a qué especies podo disparar? Ás de caza menor A calquera Coellos e raposos soamente.
Si me invitan a participar nunha “espera” ¿qué tipo de munición levarei? Balas, pois é unha modalidade de caza maior Perdigóns, pois é unha modalidade de caza menor Terei que preguntar si é de día ou de noite.
¿Cál destas modalidades de caza necesita de autorización previa para a súa práctica? Tiradas de aves acuáticas En man para cazar xabaril Zapeos de raposo.
¿Cál destas armas é ilegal para a práctica da caza? Escopeta superposta do calibre 12 Escopeta con cargador para tres cartuchos Escopeta paralela do calibre 16.
¿Qué se entende por armadas? Construccións para a captura de lobos Aparellos para cazar paxaros e que se encontran prohibidos Grupos de cazadores.
¿En qué modalidade de caza se empregan as armadas? Ojeos Ganchos Monterías.
¿Cál sería o número máximo de cans dunha manda que poden participar nun gancho? 25 20 15.
¿Cál sería o número máximo de cans a empregar nunha montería? 110 90 10.
¿Qué diferencia existe entre unha montería e un olleo? O número de cazadores que participan O número de batedores ou asexadores permitidos O emprego ou non de cans.
¿Qué diferencia existe entre o zapeo e o gancho? Que nunha modalidade se empregan cans e na outra non Que nunha modalidade soamente se emprega munición de caza maior e na outra soamente de menor Ningunha é certa.
¿En qué tipo de terreos cinexéticos se pode practicar a caza con arco? Nos de réxime cinexético común Refuxios de fauna Explotacións cinexéticas.
Para a realización de monterías, ganchos, ojeos e tiradas de acuáticas, é necesario Contar coa autorización do Servizo Provincial de Conservación da Natureza Que a zona a cazar teña mais de 500 has Que non interveñan máis de duas mandas de cans.
Cando cazamos mediante a modalidade de axexo, ¿quén decide a qué pezas se debe disparar? Exclusivamente o garda ou guía Sempre é o cazador o que decide a que peza dispara Dentro da especie a cazar, sempre ao primeiro exemplar que se contacte.
¿Cántas armas se poden levar a un axexo? 1 soamente 2 pero de diferentes calibres As que o garda ou guía crea oportuno.
¿Cantos cartuchos pode conter no seu cargador, como máximo, unha escopeta de caza? Un Dos Tres.
¿Cál das seguintes modalidades de caza non precisa de autorización previa da Consellería do Medio Rural? Monterías Batidas Agardos, excepto os nocturnos.
O Plan de Ordenación Cinexética, ten unha vixencia: Quinquenal. Anual Bianual.
O Plan de Aproveitamento Cinexético, ten unha vixencia: Quinquenal. Anual Bianual.
Para posuír unha peza de caza viva en catividade, é necesario: Que a peza de caza proceda dunha explotación cinexética industrial. Autorización da Consellería do Medio Rural. Que a peza de caza fose capturada no período hábil establecido para a especie.
Si na primavera atopamos un coello que presenta os pálpebras inflamadas, e tumefaccións na cabeza, podemos sospeitar que o coello padece: Triquinose Brucelose Mixomatose.
Si durante unha xornada de caza no mes de decembro, atopamos coellos mortos que presentan unha hemorraxia nasal, de acordo con eses síntomas podemos sospeitar que morreron por: Mixomatose Pneumonía vírica hemorráxica Gripe.
Si unha lebre presenta tularemia, ¿pode transmitirlla ao home? Si Non Soamente si leva morta máis de 3 horas.
Cando no exercicio da caza se abate unha lebre, para previr o contaxio da tularemia, é recomendable: Collela unicamente polas orellas Realizar un rápido sangrado do animal Non tocala directamente, recollela cunha bolsa ou guantes de plástico.
Cal das seguintes enfermidades pode transmitirnos a carne de xabaril mediante o seu consumo: A mixomatose. A triquinose. A rabia.
Antes de consumir a carne de xabaril, para evitar o contaxio da triquinose, é recomendable: Realizar unha conxelación da carne Manter a carne en viño durante 2 días como mínimo Realizar unha observación ao microscopio.
¿Cál das seguintes enfermidades pode padecer o raposo? A rabia As dúas repostas anteriores son correctas. O moquillo canino.
¿Cál destas condicións non é necesaria para ter dereito a cazar? Ter mais de 16 anos Estar en posesión da pertinente licencia de caza Ter permiso de armas e guía da escopeta.
¿A partir de qué idade se pode exercer o dereito a cazar? 18 anos 16 anos 18 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade.
A partir de qué idade se pode cazar con arco? 18 anos 16 anos 16 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade.
O cazador que ocupa un posto nunha montería, debe: Esconderse tratando de mimetizarse o máximo posible co entorno, para que así as especies cinexéticas non o descubran e se coloquen no seu campo de tiro. Antes de comezar a cacería, establecer contacto visual e/ou verbal cos postos máis próximos para sinalizar a súa posición. Colocar unhas pantallas de protección.
No exercicio da caza, cando nos vaiamos a cruzar con outros cazadores: Podemos manter a arma cargada, manténdoa en posición vertical e extremando as medidas de seguridade. Debemos descargar a arma cando nos atopemos a unha distancia menor de cincuenta metros mentres nos manteñamos de fronte. Podemos manter a arma cargada, podendo disparar a aquelas pezas de caza que saian, sempre que consideremos que esta acción non xera unha situación de perigo para outras persoas.
Cando se está a franquear un obstáculo como pode ser saltar un valo, ou superar un peche de arame, ¿cal das seguintes accións consideras a máis adecuada?: Abrir ou descargar a arma. Colocar o seguro sen necesidade de descargar ou abrir a arma. Prestar especial atención, dado que nese intre soe ser cando as pezas de caza aproveitan para fuxir sen que o cazador poida realizar o disparo.
¿A qué altura do chan deben colocarse as sinais dos TECOR? 1 a 2 m 1 a 2,5 m A calquera pois non está regulada.
¿Qué cores terán as sinais de 2º orde? A parte superior dereita en marrón para os TECOR societarios A parte inferior marrón para os TECOR particulares A parte inferior en negro para os TECOR autonómicos.
¿Os cans empregados no exercicio da caza deben estar identificados? Non Si Unicamente aqueles que pertencen ás razas consideradas como potencialmente perigosas.
As mandas de cans, deben: Constituírse como núcleos zoolóxicos. Soamente se precisa licencia especial para o seu emprego no exercicio da caza. Non precisan ningún tipo de autorización.
¿Cál destes terreos non está considerado cinexético na Lei de Caza de Galicia? Os recintos deportivos Os refuxios de fauna Os terreos vedados.
¿En cál destes lugares non se podería cazar? 150 m da última vivenda do pobo 25 m do peche da Autovía do Noroeste 150 m do peche do Club de Golf de Domaio.
¿Un cazador pode disparar a unha peza de caza, cando esta foi levantada ou está sendo perseguida por outro cazador? Si, dado que as pezas de caza non son de ninguén mentres non se capturen ou abatan mediante o exercicio da caza. Non, dado que a peza de caza é propiedade dos cazadores que a levantaron. Non, mentres dure a persecución da mesma por parte dos cazadores que a levantaron.
Un membro dunha asociación de cazadores que é titular dun Tecor, para poder practicar a caza, entre outros requisitos: Debe ter concertado un contrato de seguro de responsabilidade civil do cazador. Debe cumprir os requisitos xerais que establece a Lei de caza de Galicia, excepto a contratación dun seguro de responsabilidade civil do cazador, dado que a asociación á que pertence ten a obriga de ter contratado dito seguro. Unicamente debe ser titular dunha licencia de caza en vigor.
Un cazador menor de idade, para practicar a caza: Debe ir acompañado dalgún cazador maior de idade. Non pode cazar. Debe ir acompañado dalgún cazador maior de idade, para poder cazar con armas.
Na celebración dun gancho ao xabaril, un cazador colocado nun posto ao que chegou no seu vehículo, ¿pode empregar o seu vehículo como lugar dende o que pode disparar?. Si sempre que o vehículo non estea en movemento. Depende das condicións meteorolóxicas Non.
¿Das seguintes persoas que participan nunha montería, cal delas dirías que non está cazando? Os cazadores en postos Os encargados dos cans Ningún.
De acordo co establecido no artigo 34 da Lei de caza, está prohibido o exercicio da caza: En días de escasa visibilidade. En días de choiva intensa. En días de forte vento racheado.
Cando nunha montería se produce un “agarre” dun xabaril por parte dos cans, o batedor ou o encargado dos cans, pode: Dirixirse ao posto máis próximo e solicitar o préstamo dunha arma de fogo para rematar ao xabaril. Rematar o xabaril cun arma branca. Ningunha das respostas anteriores é válida, dado que estas persoas non poden dar morte a ningunha peza de caza.
¿A Administración Autonómica responderá dos danos que ocasionen as especies cinexéticas?. Nunca. Unicamente no caso de que as entidades titulares dos Tecor non se fagan responsables da indemnización de ditos danos. Unicamente no caso de que as especies cinexéticas que ocasionen os danos, procedan de terreos nos que a administración e xestión lle corresponda á Administración autonómica.
Cando non é posible precisar a procedencia das pezas de caza que ocasionan danos nun lugar determinado, a responsabilidade de cara ás posibles indemnizacións corresponde: Ao titular do aproveitamento cinexético do espazo con maior superficie. Ao titular do aproveitamento cinexético do espazo que teña aprobado unha menor cota de capturas da especie que ocasionou o dano. A tódolos titulares dos aproveitamentos cinexéticos que foran estremeiros, que responderan solidariamente.
Si un señor posúe un terreo cercado dentro dun Tecor, no que non se pode cazar, e o Tecor mantén un vedado ao redor da superficie cercada, ¿quén paga os danos producidos pola caza procedente do vedado no terreo cercado? Non hai que pagalos por ser un terreo cercado e non poderse cazar nel A Administración autonómica por proceder a caza do vedado O titular do Tecor.
A pneumonía vírica hemorráxica, afecta a exemplares de coello cunha idade: superior aos 2 anos unicamente inferior a 9 meses unicamente superior aos 2 meses.
¿Cál é o principal mecanismo polo que a lebre transmite a tularemia ao home? A través dos seus excrementos Mediante a súa manipulación A través dos cans de caza.
A carne dunha lebre con tularemia, ¿pode consumirse sen contraer a enfermidade? Nunca Si, sempre que a carne se cociñe pouco Si, sempre que a carne estea ben cociñada, nunca crúa ou pouco feita.
A carne dunha lebre con tularemia, si a conxelamos, ¿pode consumirse sen risco de contraer a enfermidade? Non Si, dado que as baixas temperaturas eliminan a bacteria causante da enfermidade. Si, sempre que o tempo de conxelación supere unha semana.
Si nunha Reserva se autoriza a disparar aos exemplares de Dama dama, pódese disparar aos Xabaríls Corzos Gamos.
O “espejuelo” alar no pato real é de cor Vermello con bordes marróns Verde metálico con bordes brancos Azul intenso con bordes con franxas negra e branca.
O período de celo do corzo coñécese como Berrea Ladra Brama.
Si me invitan a cazar Streptopelia decaopto, teño que: Non disparar por tratarse dunha especie non cinexética Tirar ás rulas turcas Tirar ás rulas comúns.
O gamo diferénciase por ser un: Bóvido de gran corpulencia e corna palmeada Suído de cola pequena e pelaxe roxizo Cérvido gregario que vive en grandes grupos.
¿Cales son las características que diferencian o corvo viaraz (Corvus corone) do corvo (Corvus corax)? É de menor tamaño e ten la cola cadrada e non en forma de cuña É de menor tamaño e ten dúas manchas alares de cor branco É de maior tamaño e ten os bordes oculares de cor vermello.
A migración prerreproductora da arcea dende Galicia aos países del N e E de Europa prodúcese: Entre os meses de outubro e novembro En calquera época do ano Aproximadamente entre os meses de febreiro e marzo.
O tordo común (Turdus philomelos) é unha especie De caza menor, terrestre e non migratoria De caza menor, terrestre e migratoria Non cinexética.
Durante os meses de marzo-abril ten lugar nos cervos A esmouca A berrea A brama.
A avefría (Vanellus vanellus) é unha ave que: Non se considera cinexética en Galicia É sedentaria en Galicia É cinexética e migratoria.
Unha ave acuática, de tamaño mediano, coa cabeza e pescozo de cor verde escuro brillante, colar fino branco e peito castaño, que é cinexética en Galicia, será: Un macho de pato real (Anas platyrhynchos) Un macho de parrulo chupón (Aythya ferina) Un macho de parrulo cristado (Aythya fuligula).
O muflón caracterízase por ser un: Cérvido de pequeno tamaño Bóvido de cola pequena e pelaxe roxizo Suído con cornos enroscados.
¿De onde é orixinario o faisán común? Das zonas costeiras mediterráneas De EEUU De Asia.
O muflón é unha especie: Introducida en Galicia procedente de Irak Introducida en España procedente de Córcega e Cerdeña Introducida en España procedente das montañas do Atlas.
¿Cál dos seguintes córvidos non é cazable en Galicia? Gaio (Garrulus glandarius) Pega rabilonga (Pica pica) Corvo cereixeiro (Corvus monedula).
A fisioloxía do corzo da lugar a apareamentos En primavera e partos no mes de xullo Nos meses de xullo e agosto e partos en maio Nos meses de xullo e agosto e xestación de cinco meses.
O gamo diferénciase do cervo por posuír o celo: Moito antes Un pouco antes Despois.
A época de celo do gamo coñécese como: Berrea Ronca Ladra.
¿Cál dos tordos presentes en Galicia ten a cabeza gris cinza e a cola de cor moura? Común Real Malvís.
¿De qué cor son o peteiro e o escudete frontal da galiñola negra (Fulica atra)? Vermello Branco Negro.
O muflón (Ovis musimon) caracterízase por Os cornos permanentes e a súa albarda A súa albarda e as súas loitadeiras A súa corna temporal e a súa albarda.
Os corzos Non tiran a corna tódolos anos Tiran a corna tódolos anos no mes de marzo Tiran a corna tódolos anos no outono.
As aves acuáticas cazables son: Todas especies de caza menor Unhas son de caza menor e outras de caza maior Todas son especies de caza menor e migratorias.
¿Cal destes terreos é o mais axeitado para a cría da perdiz rubia? As matogueiras de toxo Os terreos de cultivo de cereal Os soutos de castiñeiros.
.-¿Cal é o mellor terreo para os coellos? Os eucaliptares Os pastizais con golpes de matogueiras Os piñeirais.
.-¿En qué parte de Galicia pensas que ten que haber máis lebres? Na Terra Cha Na Mariña Luguesa Na Limia.
.-¿En qué parte de Galicia pensas que hai menos corzos? No Macizo Central Ourensán Nos Ancares En Corrubedo.
Se vas cazando con escopeta e cartuchos de perdigóns e ves un teixugo (porco teixo) ¿qué fas? Trato de cambiar a cartuchos de bala por ser unha especie de caza maior Non o disparo por non ser unha especie de caza Aviso aos Axentes Forestais por tratarse dunha especie en peligro de extinción.
Se estás cazando nun gancho con rifle no mes de novembro e ves un cérvido con cornas ¿qué fas? Dispárolle por tratarse dun cervo e atoparse no período hábil para cazar Non o disparo por tratarse dun corzo e atoparse en época de veda Non o disparo por tratarse dunha especie que só se pode cazar en monterías.
Se te atopas nun gancho de desvelle y tes a tiro unha femia de cervo ¿qué fas? Non a disparo pois a femias non son pezas de caza Non a disparo pois os cervos non son cinexéticos en Galicia Dispárolla pois o que se trata é de eliminar femias vellas que xa non crían.
O coello, ¿é unha especie territorial?. Si Non Soamente na primaveira e verán.
O peso corporal dun coello de monte adulto soe ser: Nunca superior a 0,5 Kg Entre 0,9 e 1,5 Kg Superior a 1,5 Kg.
O coello de monte é unha especie: Polígama. Monógama. Ningunha das respostas anteriores é correcta.
As femias de coello de monte normalmente paren: No interior dos vivares nos que vive o grupo familiar. En cámaras individuais. En encames realizados no exterior, protexidos por vexetación.
Os lebratos nacen: En encames realizados no exterior. En tobos. En cámaras individuais.
A lebre é unha especie: Gregaria. Individualista. Ningunha das respostas anteriores é válida.
Atendendo ao ciclo biolóxico da lebre, ao remate da temporada hábil xeral de caza, é normal: Que atopemos as femias adultas preñadas ou recentemente paridas. Que ao corresponderse cun período no que cesa a actividade reproductora da especie, motiva que sexa a mellor época para cazala. Ningunha das respostas anteriores é correcta.
Atendendo ao ciclo biolóxico do raposo o celo prodúcese: No mes de xuño. En outubro e novembro De decembro a febreiro.
O xabaril é un animal: Polígamo. Monógamo. Depende da idade dos exemplares.
O xabaril é unha especie: Carnívora. Vexetariana Omnívora.
Os machos adultos de xabaril soen: Permanecer co grupo, ofrecendo protección fronte a depredadores. Formar grupos numerosos, disgregándose na época de celo. Levan unha vida solitaria, ou ben están acompañados dun exemplar xoven.
O corzo posúe: Unha vista excelente. O oído excelente. Ningunha das respostas anteriores é correcta, dado que a súa defensa básase na súa capacidade para mimetizarse co medio.
O comiso das pezas de caza realizarase: Unicamente cando a infracción administrativa cometida sexa grave. Cando a infracción administrativa cometida sexa grave ou moi grave. Cando se cometa calquera tipo de infracción administrativa.
As crías do corzo durante os primeiros días de vida: Acompañan á nai nos seus desprazamentos. Soamente acompañan a nai durante o amencer e ao atardecer, que é cando se despraza para alimentarse. Permanecen encamadas na vexetación.
Os grupos familiares de cervos son: Matriarcales. Patriarcales. Os cervos non forman grupos familiares.
O corzo é unha especie frecuente en: Zonas forestais. Zonas de rochas e pendentes pronunciadas, que lle proporcionan defensa. Zonas totalmente abertas, desprovistas de vexetación.
¿Cómo clasifica a Lei de caza de Galicia as infraccións? Leves, graves e moi graves Leves, menos graves e graves Leves, menos graves, graves e moi graves.
¿Cál é a contía das sancións graves? De 60 a 600 € De 600,01 a 6.000 “ De 6.000,01 a 30.000 “.
¿Cál é o prazo de prescrición das infraccións graves? 6 meses 12 meses 24 meses.
¿Cál destas actuacións daría lugar á retirada da escopeta? Cando non se leva o permiso de armas Por levar a escopeta montada e cargada nun vehículo Por entrar coa escopeta descargada nun Tecor para o que non se dispón de permiso.
¿Cando prescriben as sancións moi graves? 1 ano 2 ano 3 ano.
¿Qué sanción correspondería por deixar aos cans, en época hábil, vagar sen control por un Tecor? 30 € 290 € 900 €.
¿Qué sanción correspondería por non cumprir as limitacións á caza por razóns de cultivo ou repoboación forestal? 190 € 900 € 9.000 €.
¿Qué sanción correspondería por cazar empregando fontes luminosas artificiais? 300 € 900 € 9.000 €.
¿Qué sanción correspondería por cazar ocultándose tras un cabalo? 130 € 900 € 9.000 €.
¿Qué sanción correspondería por negarse a entregar unha peza de caza que entrou nun tecor e que foi ferida noutro tecor? 490 € 950 € 19.000 €.
¿Qué sanción correspondería por cazar aproveitándose da existencia dun incendio forestal? 300 € 2.900 € 29.500 €.
¿Qué sanción correspondería por cazar sen ter contratado un seguro ou estando este caducado? 13.000 € 9.000 € 900 €.
¿Qué sanción correspondería por cazar dende un cabalo sen autorización? 50 € 590 € 5.900 €.
De acordo co artigo 57 da Lei de caza, constitúe infracción leve, cazar: Co seguro obrigatorio do cazador caducado. Non levando consigo a documentación preceptiva, aínda sendo titular dela. En zonas prohibidas sen autorización.
Un cazador dispara sobre unha peza de caza menor e férea dentro dos terreos dun Tecor, pero a peza chega ata un terreo excluído do citado Tecor, onde morre. Se o devandito terreo está cercada, ¿como deberá obrar o cazador para recuperar a peza? O cazador poderá entrar a pola peza sen necesidade de permiso, sempre que o faga só, sen armas nin can. O cazador poderá entrar a pola peza sen necesidade de permiso, sempre que o faga sen armas nin can, pero non fai falta que o faga só. Necesitará permiso do titular do terreo ou do seu representante para entrar a pola peza, e se se lle nega o permiso pedirá que lla/llela entreguen se fose achada e puidese ser aprehendida.
Un cazador dispara sobre unha peza de caza maior e férea dentro dos terreos dun Tecor, pero a peza chega ata un terreo excluído do citado Tecor, onde morre. Se o devandito terreo non está cercada, ¿como deberá obrar o cazador para recuperar a peza?__ O cazador poderá entrar a pola peza sen necesidade de permiso. O cazador poderá entrar a pola peza sen necesidade de permiso, sempre que o faga solo, sen armas nin can. Necesitará permiso do titular do terreo ou do seu representante para entrar a pola peza, e se se lle nega o permiso pedirá que lla/llela entreguen se fose achada e puidese ser aprehendida.
Durante unha cacería xorde a dúbida da quen pertence unha peza. O cazador 1 é quen lle deu morte, pero o cazador 2 foi o autor do primeiro sangue. Si se trata dun raposo, e non existen usos e costumes no lugar ao respecto, ¿a quen pertence a peza? Ao cazador 1, porque lle deu morte. Ao cazador 2, porque foi o autor do primeiro sangue. Deberana repartir a partes iguais, por tratarse dunha peza de caza maior.
¿Cál é a distancia máxima que se pode separar o cazador menor de idade maior de dezaseis anos que leva unha arma de fogo, do cazador maior de idade encargado da vixilancia do menor? Os cazadores menores de idade non poden levar armas de fogo. 25 metros. 50 metros.
Un exemplar dunha especie cinexética procedente dun terreo cinexético de aproveitamento común provoca danos nos cultivos dun terreo particular ¿quen deberá indemnizar estes danos? Non hai dereito a indemnización. O titular dos dereitos cinexéticos. A Consellería do Medio Rural.
Un exemplar dunha especie cinexética procedente dun Tecor autonómico provoca danos nos cultivos dun terreo particular ¿quen deberá indemnizar estes danos? Non hai dereito a indemnización. O titular dos dereitos cinexéticos. A Consellería do Medio Rural.
Un exemplar dunha especie cinexética procedente dun refuxio de fauna provoca danos nos cultivos dun terreo particular ¿quen deberá indemnizar estes danos? Non hai dereito a indemnización. O titular dos dereitos cinexéticos. A Consellería do Medio Rural.
Un exemplar dunha especie cinexética procedente dun Tecor municipal provoca danos nos cultivos dun terreo particular ¿quen deberá indemnizar estes danos? Non hai dereito a indemnización. O titular dos dereitos cinexéticos. A Consellería do Medio Rural.
Un exemplar dunha especie cinexética procedente dunha reserva de caza provoca danos nos cultivos dun terreo particular ¿quen deberá indemnizar estes danos? Non hai dereito a indemnización. O titular dos dereitos cinexéticos. A Consellería do Medio Rural.
¿Quen responderá dos danos que ocasione un can de caza ás pezas, as crías ou os seus ovos durante o acto de cazar? O dono. O posuidor. O posuidor, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do dono.
A Perdiz Rubia é unha ave compacta de ás e cola curtas: Co pico negro e as patas de cor rubia. Co pico e as patas de cor parda como o dorso e as ás. Co pico e as patas de cor rubia, tamén coñecida como "patirroja".
O voo da Perdiz Rubia: É rápido e potente, alternando batidos e planeos. É batido, rápido e potente; as perdices non planean. É rápido e zigzagueante; sendo por iso difícil de abater.
En época de caza, a idade das perdices rubias realízase examinando as puntas das dúas plumas máis externas da á: Punta cor crema nos exemplares novos; se ademais ten esporón será unha femia. Cor crema e puntiagudas nos exemplares novos ; redondeadas sen punta crema nos adultos. Cor crema e puntiagudas nos adultos; redondeadas sen punta crema nos exemplares novos.
Para coñecer o sexo dunha Perdiz Rubia, hai que fixarse primeiro na idade e despois nas patas: As femias nunca presentan esporóns. As femias novas carecen de esporón. Os adultos con esporón sempre son machos.
A dieta da Perdiz Rubia é: Exclusivamente vexetariana (herbas e grans). Principalmente animal, aínda que o compoñente vexetal resulta crucial no desenvolvemento dos polos. Principalmente vexetal, aínda que o compoñente animal resulta crucial no desenvolvemento dos polos.
A Perdiz Rubia é unha ave de terreos abertos, tanto chairos como montañosos: Que prefire as zonas agrícolas intensivas con escasos lindeiros. Que para criar elixe os terreos onde se aplican insecticidas e pesticidas, xa que non hai parásitos, evitando os lindeiros con vexetación natural. Que prefire as zonas cultivadas sen concentración parceira, con abundancia de lindeiros xa que son cruciais para o desenvolvemento dos polos.
O celo da Perdiz rubia ten lugar: En febreiro-marzo. En setembro-outubro. Na media veda, por iso non se pode cazar ata setembro.
A nidificación da Perdiz Rubia ten lugar entre herbas ou ao amparo dunha mata: A femia pode realizar dúas postas simultáneas en niños distintos, incubando o macho unha delas. A femia só realiza unha posta que incuba durante 22-24 días, o macho non intervén na cría. A femia pode realizar dúas postas simultáneas en niños próximos, incubando cada día un deles xa que o macho só vixía non intervén na cría.
A posta da Perdiz Rubia é de: 3 a 5 ovos; cunha media de 4. 7 a 17 ovos; cunha media de 12 a 15. 22 a 24 ovos, que incuba durante outros tantos días.
A Perdiz Rubia: É unha ave sedentaria especialmente abundante na franxa cantábrica. É unha ave sedentaria que está presente na maior parte da península Ibérica e Baleares. É unha ave sedentaria que cría nas zonas montañosas do terzo norte da península Ibérica, sistema Central e Ibérico, faltando no sur.
A Perdiz charrela presenta dimorfismo sexual: Machos e femias son idénticos. As femias presentan a cara máis arubiada e unha mancha pectoral escura en forma de ferradura máis aparente que os machos. Os machos presentan a cara máis arubiada e unha mancha pectoral escura en forma de ferradura máis aparente que as femias.
Por regra xeral é posible diferenciar o sexo do Paspallás adulto: As femias adultas exhiben garganta branca con mancha negra en forma de "áncora" e peito de cor leonado listada de branco. Os machos adultos exhiben garganta branca con mancha negra en forma de "áncora" e peito de cor leonado listada de branco. Os machos adultos exhiben garganta branca, sen áncoras ben formadas, e peito leonado con abundantes manchas pardas ou mouras.
Os machos de Paspallás: Son monógamos; aparéanse todos os anos coa mesma femia, coa que se alterna nas tarefas de incubación. Son bígamos; aparéanse con dúas femias ao ano, coas que comparte as tarefas de incubación. Son polígamos; aparéanse con varias femias e non participan na cría.
¿Cal é o tamaño de posta do Paspallás? 4 a 6 ovos. 7 a 12 ovos. 13 a 18 ovos.
Os polos de Paspallás son capaces de voar aos 20 días: Ata ese momento permanecen no niño; son nidícolas. O paspallás voa unicamente cando o levanta o can. Pero son capaces de andar dende o primeiro día; son nidífugos.
O Paspallás é unha ave: Gregaria, cría en colonias formadas por varias parellas. Solitaria, agrúpase só no celo ou durante a viaxe migratoria. Gregaria, agrúpase en bandos de varias familias que se cazan en outono e inverno.
Para criar, o Paspallás prefire: Zonas húmidas e inundables. Zonas boscosas non moi pechadas. Zonas abertas con herbais en terreos frescos.
O Paspallás na península Ibérica: Compórtase como unha ave sedentaria, máis abundante no outono-inverno, tras a cría. Invernante abundante e escasa como nidificante. É nidificante común e escaso como invernante.
A caza do Paspallás ten lugar: Ao final do verán, tras a cría e en coincidencia co paso posnupcial. Ao final do inverno, antes da cría e en coincidencia co paso prenupcial. En primavera, antes da cría e en coincidencia coa chegada dos exemplares africanos.
O Faisán é unha Galinácea de grande tamaño na que destaca a longa cola: Presente só no macho. Presente só na femia. Presente tanto no macho coma na femia.
Os machos de Faisán: Son monógamos; aparéanse tódolos anos coa mesma femia, coa que se alterna nas tarefas de incubación. Son bígamos; aparéanse con dúas femias ao ano, coas que comparte as tarefas de incubación. Son polígamos; aparéanse con varias femias e non participan na cría.
A femia do Faisán incuba durante 23-27 días unha posta de: 3 a 5 ovos. 7 a 15 ovos. 18-23 ovos.
O Faisán é unha especie exótica no continente europeo: Orixinaria das Illas Británicas. Orixinaria de Sudamérica. Orixinaria do sueste asiático.
¿Cantas especies de lebres habitan a península Ibérica? Unha única especie. 2 especies. 3 especies.
Sobre a dieta da Lebre: É carnívora. É herbívora. Só come prea.
Normalmente as lebres paren de 1 a 3 lebratos e teñen: Unha camada ao ano. Dúas camadas ao ano. De 3 a 4 camadas ao ano.
As lebres teñen de 3 a 4 camadas ao ano, cada unha delas: De 1 só lebrato. De 1 a 3 lebratos. De 5 lebratos.
A Lebre vive en zonas abertas como praderías, pasteiros e terreos agrícolas: Así como en zonas de matogueira e bosque aclarados. É por iso, que nunca atoparemos lebres en zonas de montaña. Nunca atoparemos lebres en zonas de matogueira e bosque aclarados.
As especies de Lebre presentan unha distribución claramente diferenciada na península Ibérica: A Lebre Europea só se distribúe por Galicia. A Lebre Europea distribúese polo terzo norte peninsular. A Lebre Europea distribúese por case toda a Península a excepción da vertente cantábrica.
O Coello é un mamífero de mediano tamaño, de orellas longas e rabón: Cun peso de 1 a 1,5 kg. Cun peso de 2 a 2,5 kg. Cun peso de 3 a 3,5 kg.
O Coello é unha especie moi prolífica; o tamaño da camada é: De 1 a 3 gazapos. De 3 a 9 gazapos. De 10 a 12 gazapos.
O Coello é unha especie prolífica; o tamaño de camada é de 3 a 9 gazapos e unha femia poden producir: De 3 a 9 crías por ano; só teñen unha camada ao ano. De 10 a 16 crías por ano. De 20 a 32 crías por ano.
Se nos referimos a un animal moi gregario, que vive en colonias que se articulan ao redor dun tobo ou vivar, estamos a falar de: O Coello. A Lebre. O Coello ou a Lebre.
O Coello é unha presa importante na dieta de máis de 40 especies da fauna ibérica; distribúese por case toda a península Ibérica: Falta en Andalucía. Falta en Baleares e Canarias. Falta en boa parte da franxa cantábrica.
A Mixomatosis e a Neumonía Hemorráxico Vírica son dúas enfermidades que dezmaron as poboacións de: Coello. Perdiz Pardilla. Lebre Europea.
O Raposo é: Un cánido de mediano tamaño con longa cola de punta branca. Un cérvido de mediano tamaño con longa cola de punta arubiada. Un lagomorfo de mediano tamaño con longa cola con punta blanquinegra.
A dieta do Raposo é moi variable en función da rexión e a época do ano: É herbívoro; aliméntase só de gran, herbas, froitos, landras... É omnívoro; aliméntase de animais pero tamén de froitos, lixos, prea... É carnívoro; aliméntase só de gazapos, lebratos, corciño, polos de perdiz...
¿Cal dos seguintes grupos de especies cinexéticas poden ser cazadas en días de neve, se esta cobre de forma continua o chan? Calquera ave. A caza maior de alta montaña. A caza maior de alta montaña e calquera ave non migratoria.
¿Ao cabo de canto tempo prescriben as infraccións á lei de caza cando son leves? Tres meses. Seis meses. Un ano.
As infraccións graves ademais de ser sancionadas con multa e retirada da licenza de caza, sancionaranse con inhabilitación para obter a devandita licenza de: Seis meses a un ano. Un ano e un día a tres anos. Un ano e un día a cinco anos.
As infraccións moi graves ademais de ser sancionadas con multa e retirada da licenza de caza, sancionaranse con inhabilitación para obter a devandita licenza de: Un ano e un día a tres anos. Un ano e un día a cinco anos. Cinco anos e un día a dez anos.
Si se aprecia nunha infracción reincidencia ou reiteración nun período dun ano, ¿en que porcentaxe poderá incrementarse o importe da multa? 25 %. 50 %. 100 %.
¿Que destino debe darse a caza morta que é apta para o consumo que foi comisada a raíz dunha infracción á Lei de caza? A caza morta non pode ser comisada. Entregarase no posto da Garda Civil máis próximo. Será entregada nun centro benéfico.
¿Quen ten a competencia para impoñer sancións leves segundo a Lei de caza de Galicia? Os Delegados provinciais da Consellería do Medio Rural. O Director Xeral de Montes e Medio Natural. O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
¿Quen ten a competencia para impoñer sancións graves segundo a Lei de caza de Galicia? Os Delegados provinciais da Consellería do Medio Rural. O Director Xeral de Montes e Medio Natural. O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
¿Quen ten a competencia para impoñer sancións moi graves segundo a Lei de caza de Galicia? O consello da Xunta. O Director Xeral de Montes. O Conselleiro de Medio Rural.
As sancións previstas na lei de caza tipificadas como graves prescriben ao cabo de: Seis meses. Un ano. Dous anos.
¿Cál das seguintes afirmacións é falsa? En ningún caso as pezas cazadas nun terreo cinexético-deportivo poderán comercializarse En ningún caso as pezas cazadas nunha explotación cinexética poderán comercializarse Nas explotacións cinexéticas está permitida a producción de pezas de caza.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso