Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEO elefante branco. Léxico-2

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
O elefante branco. Léxico-2

Descripción:
Escolle a definición máis axeitada ás palabras que se propoñen.

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
16/08/2013

Categoría:
Idiomas

Número preguntas: 20
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Dietario. "Quedaban rexistradas no dietario coa súa letra minuciosa". especie de libro de contas libro de cociña ficha que usa o dietista.
Vehemencia. "Unha vez que lle pedín permiso para axudar (...), impediumo con vehemencia". ímpeto, enerxía clemencia permisividade.
Reparos. "A avoa non tiña reparos en mandarme coller a equipaxe dos viaxeiros". escrúpulos, inconveniente reparacións desculpas.
Vulto. "Anda, fai algo útil e colle os vultos dese señor". fardo, paquete, equipaxe vincha documentación.
Rifar. "Rifaba sempre, aínda que a censura das súas palabras quedaba desmentida por un sorriso". chamar a atención, berrar sortear tirando a dar rir ás gargalladas.
Alfaia. "Comerciaban con carísimos reloxos e exóticas alfaias". obxecto de adorno de alto valor; xoia prezada landra de faia alimento exquisito.
Ourivería. "Aquilo co que gañaba a vida, máis próximo á ferralla que á ourivería". traballo artístico feito en metal precioso traballo artístico feito con ourizos ou cunchas traballo artístico feito en pedra.
Xantar. "A esas alturas do verán iamos xantar caldo". comer ao mediodía comer á noite comer sen hora fixa.
Maratoniana. "O avó Nicasio tamén botaba unha man ao rematar a súa maratoniana xornada". intensa e moi longa xornada propia dun funcionario media xornada.
Rocho. "E despois subíaas ao rocho para secalas". cuarto pequeno para gardar trastes e ferramentas cuarto construído en rocha garaxe.
Lastra. "Seguindo un camiño imaxinario trazado entre as lastras". pedra lisa usada como pavimento pedra moi pesada pedra mal feita.
Cativa. "Alto, cunha maleta cativa aos pés, aquel home...". pequena amarrada con cordas pechada con cadeado.
Receoso. "Algo receoso daquel tipo estraño". desconfiado, temeroso envexoso cheo de curiosidade.
Baldreu. "¿Para que un baldreu coma ti me veña con lerias sobre o número?". pelandrán, bandallo persoa que fai a limpeza cun balde persoa que traballa de balde.
Pericia. "Non sabía que pensaría a avoa Isolina da miña falta de pericia na recepción de hóspedes". habelencia, soltura perigosidade desconfianza.
Abraiado. "Cando lle devolvín a mirada, abraiado, tiña nas mans un billete verde". marabillado, pasmado abrandado cos ollos pechos.
Chaqué. "As dúas colas do chaqué despedíanse de min cun abaneo que tiña moito de burla". vestimenta masculina semellante á levita vestimenta que usan os pallasos vestimenta que usan os xuíces.
Raiola. "Así que se peneiraba unha raiola da mañá polas contras mal pechadas...". raio de luz brisa matutina pingas de choiva.
Gaivota. "Os chíos das gaivotas sacábanme da cama sen respectar sequera as fins de semana". ave mariña timbre que sinala as horas son desagradable do móbil.
Pálpebra. "Por moito que apertase as pálpebras, non regresaría o soño en que Clara...". pel que protexe o ollo pavillón da orella venta do nariz.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso