TEST 2024 PARTE A
|
|
Título del Test:![]() TEST 2024 PARTE A Descripción: Te vas a sacar las oposiciones crack |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Na UD de xogos tradicionais de 1º de Bach. englobada no bloque 5 do currículo, Fernando explica que unha das características do xogo é que é autotélico, é dicir, non busca recompensas externas e ten fin en si mesmo. b) Na UD de orientación Fernando explica que algúns recursos en Galicia permítennos orientarnos indicándonos a dirección norte, como son a estrela polar, as zonas de acumulación de musgo nas árbores ou os niños das aves. c) No traballo de forza que está a desenvolver en 3º ESO, Fernando explica ao alumnado que unha panca onde o punto de apoio ou fulcro se sitúa entre a forza e a resistencia, é unha panca de 2º xénero. d) Na UD de xogos e deportes tradicionais, Fernando debe atender ao seguinte contido de 4º ESO “Os deportes como sinal de identidade cultural”. 2.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Fernando debe abordar os contidos relativos ás normas viarias e emprego da bicicleta como medio de transporte unicamente en 1º e 2º ESO. b) O ensino por proxectos entre Educación Física, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Anatomía Aplicada de 1º Bacharelato, implicou a realización dunha análise biomecánica do xesto técnico “salto con xeonllos ao peito” no cal o sartorio flexiona e abduce a coxa a nivel da cadeira. c) En educación postural, Fernando explica ao seu alumnado que historicamente a escola ximnástica sueca e o seu referente P.H. Ling, xa daba gran importancia á ximnasia hixiénica. d) Durante unha clase de Aerobic impartida por Fernando, o alumnado segue os seus pasos por imitación e ao ritmo imposto por el. Nesta sesión, Fernando emprega o modelo directivo de asignación de tarefas proposto por Muska Mosston. 3.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Para saber cal é a dominancia lateral de ollos, mans ou pés dunha das súas alumnas con NEE, Fernando emprega o test de Galifret-Granjon. b) Entre os contidos que pode impartir Fernando na UD de Baile moderno (Hip-Hop) englobada dentro do bloque 5 do currículo de 1º de BACH, poderían estar as “Técnicas específicas de expresión corporal” e “Mercado, consumismo e deporte”. c) Na parte principal dunha sesión de flexibilidade en 4º ESO, Fernando vai traballar co método de traballo dinámico PNF. Fernando informa ao alumnado que a inervación recíproca é o mecanismo responsable da resposta reflexa de acortamento do músculo sometido a un estiramento. d) O alumnado de Fernando aprende que o volume dunha carga determina o aspecto cuantitativo do estímulo empregado no proceso de adestramento. 4.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) O contido de autoconstrución de materiais como complemento e alternativa na práctica da actividade física e do deporte, Fernando debe traballalo ao longo de toda a etapa de ESO. b) No ámbito da detección temperá, os equipos docentes poden participar na detección das necesidades educativas do alumnado xa que non é unha competencia exclusiva do departamento de orientación. c) Hugo está escolarizado no centro onde traballa Fernando, aínda que a tempo parcial vai ao centro de Educación Especial xa que a súa modalidade de escolarización é a Escolarización Combinada. d) Para o desenvolvemento das actividades complementarias fóra do centro, que se realicen na localidade onde está situado o centro, o alumnado será acompañado polo profesorado correspondente na proporción dun/ha profesor/a por cada vinte alumnos/as. 5.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Fernando comeza a UD de xogos tradicionais atendendo ao contido prescritivo da materia para 2º ESO: “Xogos, deportes, danzas e bailes autóctonos de Galicia como elemento transmisor do patrimonio cultural”. b) Fernando debe explicar ao seu alumnado de 3º ESO que a nutrición consiste en proporcionar ao noso organismo as substancias necesarias para o mantemento da vida sendo un proceso consciente, voluntario e educable. c) O Decreto 156/2022 esixe facer referencia ás figuras deportivas masculina e feminina galegas de forma recorrente ao longo da ESO. d) A batería DAFIS inclúe a proba de 4x10m para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación. 6.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Nas súas clases, Fernando ten en conta que as recomendacións do Ministerio de Sanidade (2022) sobre a Actividade Física para a Saúde e redución do sedentarismo, suxiren limitar o tempo dedicado ás actividades sedentarias, especialmente o tempo de lecer fronte á TV e outras pantallas (móbiles, videoxogos e computadores). b) O Decreto 156/2022 establece que Fernando deberá considerar a nutrición como un elemento transversal do currículo. c) O alumnado de Fernando debería saber que a maioría dos regulamentos deportivos foron evolucionando nos últimos anos. Un exemplo diso é a distancia da liña de 3 puntos do baloncesto nas competicións FIBA que pasou de 6,25 a 6,75 m. na parte frontal ao aro, e algo menos nas zonas paralelas ás bandas laterais. d) Na UD de Baloncesto, Fernando utiliza o modelo de Ensino Comprensivo do Deporte, o cal se basea na organización por tempadas, asignación de roles, a contorna da competición e os procesos de organización. 7.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Fernando pode utilizar o test do Flamenco para valorar a coordinación do seu alumnado. b) O alumnado de Fernando debe comezar a ver a planificación para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas en 4º ESO. c) Durante unha sesión de habilidades ximnásticas, unha alumna fai unha demostración dunha roda lateral, explicando aos seus compañeiros e compañeiras que ese movemento faise ao redor dun eixo transversal. d) Fernando explica os tipos de tarefas ao seu alumnado poñendo como exemplo dunha tarefa discreta un kata de judo, dunha tarefa seriada un golpeo de golf e dunha tarefa continua ir en bicicleta. 8.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) O alumnado de ESO de Fernando deberá coñecer o lugar que ocupa o deporte nas sociedades actuais, así como as súas implicacións no ámbito económico, político, social e da saúde. b) Na preparación das súas sesións de Educación Física Fernando ten en conta que a transferencia lateral na aprendizaxe motora, dáse cando un individuo é capaz de executar unha tarefa similar e de maior nivel de complexidade como consecuencia de aprender outra previamente. c) O alumnado do centro de Fernando debe coñecer a autoavaliación das capacidades físicas ao longo de toda a etapa da ESO. d) Unha alumna de 1º Bach. que dirixía unha sesión de relaxación diante dos seus compañeiros/as, decidiu utilizar o “Adestramento autóxeno de Schultz”, cuxa técnica busca un ton muscular idóneo á actividade que en cada momento se realice. 9.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Fernando ten programada unha actividade de Surf, que segundo os parámetros de clasificación de situacións motrices propostos por Pierre Parlebas (1981) se clasificaría como C̅ A̅ I. b) O genu varu de Miguel, alumno de 4º ESO caracterízase por unha rotación externa do fémur de modo que os xeonllos sepáranse máis do habitual. c) Nas súas clases de nutrición, Fernando explica ao seu alumnado que os nutrientes inorgánicos necesarios para o organismo humano son a auga, os sales minerais e as vitaminas. d) Fernando explica ao seu alumnado que os movementos de rotación interna e externa das articulacións do corpo realízanse no plano saxital e no eixo transversal. 10.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) É competencia dos municipios autorizar a realización de actividades deportivas no patrimonio público municipal que Fernando queira realizar fóra do centro. b) O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica recomenda un equipamento fixo nas pistas polideportivas de fútbol e canastras de baloncesto e previsión de ancoraxe para o voleibol. c) Segundo o RD 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros, os centros docentes que imparten ensino secundario, como o de Fernando, deben contar cun ximnasio cunha superficie adecuada ao número de postos escolares. d) O convenio marco de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece a obrigación dos concellos de limpar as instalacións despois de cada uso, de forma que queden en condicións de ser utilizadas inmediatamente, neste caso por Fernando nas súas clases. R1.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) O contido “Capacidades condicionais: desenvolvemento das capacidades físicas básicas (forza e resistencia)” é un contido prescritivo do bloque de contidos “Vida activa e saudable” en 3º e 4º ESO. b) Fernando avalía a UD de deportes colectivos na Educación Física na ESO a través do Criterio de Avaliación 3.2 “Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo establecendo mecanismos para reconducir os procesos de traballo”. c) Fernando vai facer unha saída co alumnado de 3º ESO polo medio natural, nas sesións previas á mesma explica as partes do compás, dando relevancia ás liñas norte-sur pintadas no interior do limbo, que son as que nos sinalan o norte magnético. d) Na primeira sesión dunha UD sobre expresión corporal que vai desenvolver Fernando co alumnado de 1º Bach., fálalles das 4 áreas que contemplan a expresión corporal: artística, metafísica, psicolóxica e pedagóxica. R2.- Indica a/s afirmación/s correcta/s (0,4). a) Cando Fernando utiliza o estilo de ensino de resolución de problemas nas súas clases, ten en conta que a característica principal deste estilo é que o alumnado é capaz de atopar as respostas por si mesmo, con achegas directas por parte do profesor. b) Fernando ten moi presente que o convenio marco de colaboración firmado entre a Consellería de Educación e a FEGAMP sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería, establece como actividades non permitidas nesas instalacións, as actividades promovidas polos partidos políticos con obxecto educativo, deportivo e cultural. c) O centro de Fernando ten que, de ser o caso, aplicar o protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil, o cal establece a creación dentro do programa Alerta Escolar dun novo programa “Punto Laranxa” que inclúe un rexistro dos casos de risco suicida. d) Nunha UD sobre expresión corporal para 1º Bach,, Fernando traballa os elementos fundamentais da expresión, atendendo en especial á análise do xesto como capacidade de execución, que é o resultado da conxunción de 4 características: o corpo (e os seus segmentos), o espazo, o tempo e a intensidade. |




