Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEORO

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
ORO

Descripción:
INEF GALICIA

Autor:
INEF GALICIA
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
20/06/2018

Categoría:
Otros

Número preguntas: 56
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
A grande tenista, en acción ofensivas pode empregar a vía anaeróbica-láctica, de esta vía destacable coñecemos que: Necesita da coenzima NAD Precisa das enzimas glucolíticas Precisa de fosfocreatina Ten lugar na mitocondria celular Proporciona 2 ATP.
A xogadora do CRAT , considera que unha porcentaxe óptima de graxas deben ser inxeridas diariamente polas xogadoras do equipo femenino para estar equilibradamente ben nutridas e así seguir alcanzando grandes éxitos. Esta porcentaxe de graxas nunha dieta equilibrada é de: 5 10 20 15 30.
O auténtico marcapasos do boxeador Paquiao é o nódulo sinusual. Este nódulo está baixo o influxo do sistema nervioso autónomo cardiovascular, polo que recibe terminacións nerviosas de: Vías simpáticas e parasimpática simultáneamente Nódulo sinusual durante o combate só recibe terminacións da vías simpática Nódulo sinusual en repouso só recibe terminacións da vía parasimpática A estimulación parasimpática liberta acetil colina As células do nódulo sinusual son autoexcitables.
A radiación é un mecanismo que ten que ver coa termorregulación do corpo humano. Do mesmo sabemos que: A unha temperatura de 20º C é un mecanismo de termoxenese en condicións de repouso A unha temperatura de 20º C é un mecanismo de perda de calor Mídese mediante o termómetro do bulbo negro É o principal mecanismo de termolise en condicións de repouso Está relacionada con ondas electromagnéticas.
A hormona de crecemento é empleada altamente no mundo da alta competición deportiva, dela sabemos que: É liberada pola hipófisis Ten un efecto anabolizante importante Súa producción endóxena é favorecida pola administración de anfetaminas A súa administración continuada da lugar a acromegalia A sua utilización conleva a unha resistencia a insulina, provocando hiperglucemia.
Metabólicamente falando todos nós poseemos acido pirúvico, do mesmo sabemos que: É necesario para metabolizar aeróbicamente as graxas É necesario para metabolizar a glucosa pola vía anaeróbica Reten auga no organismo, e polo tanto dificulta a deshidratación En condición anaeróbicas, se transforma en ac. láctico en presenza de NADH+ En cantidades elevadas é considerado un corpo cetónico provocando acidosis muscular.
Nas prácticas da asignatura prestamos especial atención ao comportamento da presión arterial durante o exercicio físico. Da mesma sabemos que: A tensión diastólica en repouso é de 70 mm/Hg Durante o exercicio dinámico suben a tensión sistólica e diastólica Durante o exercicio dinámico intenso a sistólica pode aumentar ata 190 mm/Hg Durante o exercicio isométrico a sistólica aumenta e a diastólica tamén Durante o exercicio isométrico a diastólica aumenta e a sistólica non.
En ocasións os karatekas a un combate con mal aliento, signo inequívoco da presenza de corpos cetónicos. Esto fainos pensar qué: Ten unha elevada cantidade de beta-hidroxibutirato en sangue Está recurrindo metabólicamente a aminoácidos ramificados Metaboliza en exceso ácidos grasos Está recurrindo metabólicamente a beta-oxidación Hai escasez de glucóxeno en músculo e fígado.
A regulación da frecuencia cardíaca do motociclista Jorge Lorenzo, depende fundamentalmente do sistema nervioso cardiovascular. E do mesmo sabemos que: Durante o exercicio a vía simpática libera catecolaminas Durante o repouso a vía simpática liberta catecolaminas O Nervo vago é da vía simpática O Nervo vago é da vía parasimpática Durante o exercicio a vía parasimpática libera adrenalina.
A anemia manifesta en mulleres corredoras de fondo é frecuente. Polo que é certo: Ten niveis baixos de ferritina A hemosiderina é ferro de reserva O máis común é unha anemia ferropénica O hematocrito pode ser do 35% A ferritina é ferro de reserva.
Da potencia aeróbica máxima dun triatleta de élite como Gómez Noya, podemos decir que: É aproximadamente de 77 ml 02/kg/min Representa máximo consumo de o2 E igual a frecuencia cardíaca x dif. A-V o2 Un parámetro moi influenciado pola xenética (60-70%) E igual a frecuencia cardiaca x VS x dif. A-V de o2.
"Sudas como un cerdo" é unha expresión desafortunada xa que estes paquidermos non se caracterizan por suar. Pero de este sabemos que: Si está treinado sudará antes Si está treinada sudará más A humidade dificulta a evaporación do sudor A graxa do corpo favorece á sudoración O líquido sudado non ten mal olor.
O hematrocito dun esquiador de fondo pode ser mellorado fraudulentamente (dopaxe) mediante: Aminoácidos de cadena ramificada Eritropoietina Donuts de chocolate Anfetaminas Darbopoetín.
O gasto cardíaco máximo dunha patinadora, de 160 cm e 58 kg é de aprox: 10 l/min 23 l/min 36 l/min 48 l(min 54 l/min.
O ATP e fosfocreatina sempre están presentes nas fibras musculares dun deportista, nas mesmas existe: Máis ATP que fosfocreatina, nas fibras de contracción lenta Máis fofocreatina que ATP, nas fibras de contracción rápida Máis ATP que fosfocreatina nas fibras de contracción rápida Máis fosfocreatina que ATP nas fibras de contracción lenta Nas lentas máis fosfocreatina, nas rapidas máis ATP.
A denominada frecuencia cardíaca intrínseca de unha muller deportista que ten 60 latidos/min de basal, é: Frecuencia cardíacca máxima menos frecuencia cardíaca basal Se corresponde coa FC tras a sección das vías simpáticas e parasimpática É chamada tamén frecuencia cardíaca basal Será aprox. de 90-100 laditos min Representa o número de latidos xenerados no nódulo supra-ventricular.
No mundial de Qatar os aspectos relacionados coa termorregulación serán importantísimos. Por este motivo os deportólogos responsables da planificación de este evento, deben saber qué: O termómetro de bulbo seco nos informa do nivel de convección O termómetro do bulbo negro nos informa do nivel de radiación O termómetro do bulbo roxo nos indica a perigosidade térmica do partido O termómetro do bulbo húmedo nos recomenda a auga que debemos inxerir durante o encontro O termómetro de globo de bulbo húmedo nos informará do stress térmico real do partido.
A comitina e moi popular nos ambientes deportivos, a súa presencia no músculo é necesaria para: Facilita a beta-oxidación Mellorar a cantidade de enzimas oxidativas intra-musculares Evitar a formación de corpos cetónicos Facilitar a oxidación de graxas Facilitar a metabolización do ac. palmítico.
O Test de Astrand, é importante opción para realizar unha avaliación do deportista e profesor Barral. Deste test sabemos que: É ideal para conocer a FC máx, Relaciona a FC coa carga de traballo en watios Mide o umbral anaeróbico en base a FC alcanzada Precisa dun cicloergómetro Estimamos a potencia aeróbica do profesor.
Un remeiro do clube de Perillo, ten unha serie de adaptación de FC tras un período prolongado de treinamento. É correcto: Disminución da FC basal Disminución da FC máx Recuperación post-esforzó máis rapida Maior FC no umbral anaeróbico Maior FC cando alcanza o VO2 máx.
Dos corredores da Maratón de Coruña, que realizaron un tempo aprox. de 3,5 horas, bioenerxéticamente podemos asegurar que: Deberon de empregar o ciclo de Feling Utilizaron o ciclo de Cori para sintetizar acetil CoA no fígado Recurriron o ciclo de Cori para levar a cabo a neoglucoxénese no fígado Ao finalizar a carreira, os seus niveis de fosfocreatina muscular estaban completamente esgotados Recurriron a beta oxidación dos ác. grasos.
Si un xogador de gol toma por vía oral propanolol, nós deberíamos interpretar que tomou:: Un estimulante para mellorar a velocidade de reacción Un estimuante para mellorar a concentración no Green Unha sustancia enmascarada de estimulantes Un beta-bloqueante Un esteroide anabolizante para mellorar a forza de golpeo.
O test de Montreal caracterízase por: Ser un test óptimo para coñecer a potencia aeróbica máxima Relaciona a velocidade de desplazamiento con niveis de lactato Ser ideal para avaliar o Umbral anaeróbico Estima a potencia anaeróbica máxima Informar da velocidade anaeróbica (aeróbica si) máxima.
Dos diferentes parámetros cardiovasculares, podemos asegurar que: A frecuencia cardíaca ten unha relación lineal co incremento do esforzo lineal Os deportistas treinados alcanzan maior FC máx. que os destreinados Os treinados teñen un maior influxo parasimpático que os destreinados En "Stady State" a FC non sufre modificacións A " reserva cardíaca máx." é a FC máx- FC basal.
Do aire atmosférico que respiramos coñecemos moitas cousas, tales como: A concetración de o2 é próxima o 80% Ten menor presión parcial de o2 en altitude (3000 mts) que o nivel do mar Posúe unha menor concentración de o2 no Everest que no Seixo Blanco Unha elevada humidade fai diminuir a concentración de 02 Unha baixa humidade fai diminuir a concetración de 02.
Durante unha proba de atletismo de 150 m, diminúe o pH intramuscular, esto provoca: Inhibición de fosfofructoquinasa Inhibición de glutamato-transnferasa Aumento de catecolaminas Aumento de concentración de ADP Intervención do ciclo de Alanina.
O metabolismo basal de Asensio, de aprox. 73 kg de peso é de : 1750 kcal/dia 2236 kcal/dia 2976 kcal/dia 3220 kcal/dia 4150 kcal/dia.
Parte do lactato formado durante unha competición de hoquei patíns, ten como destino final: Ser tamponado polo citrato sódico Conversión en acetil CoA mediante o ciclo de Cori Conversión en acetil CoA mediante o ciclo de Alanina Cristalización causando maniotas (agujetas) Captado polo corazón para producir enerxía.
A Aldosterona é unha das hormonas responsables da función renal. Sabemos que: É usada para enmascarar o uso de diuréticos en Judo É a encargada de disminuir a producción de orina durante o exercicio É a responsable do aumento da filtración glomerular nos riñones durante o exercicio Aparecendo na orina de judocas, é considerado dopaxe diúretico Disminuie a eliminación de sodio pola orina.
Fixioloxicamente falando, cales das seguintes cuestions son certas: Adelgazar localizadamente mediante abdominais é posible Os traxes de plástico sobre o corpo permiten sudar e adelgazar máis Cando temos sensación de sed, xa estamos deshidratados Os triglicéridos se almacenan nos adipocitos O ciclo de Feling pode ter lugar durante unha carrerira de 800 m.
Como estudioso de esta materia sabes que o cociente respiratorio permítenos coñecer os nutrientes utilizados para obter enerxía. Deste cociente fundamental sabemos que: É igual a VCO2/V02 É igual a V02/VCO2 Si ten un valor de 0,85 indica un consumo de graxas e CH simultaneamente Si ten un valor de 1 indica que estamos na intensidade aprox. do umbral anerobico Si ten un valor de 1,13 indica que só utilizamos CH.
Tanto en repouso como durante o exercicio estamos obligados a producir e disipar calor ¿ que é o responsable de manter o equilibrio térmico? Glandula suprarrenal Glandula epifisaria Glandula pineal Glandula isotérmica Glandula hipotalámica.
Durante unha carreira de 200 m, en 21 s acontece: O lactato pode superar os 10 milimoles Aparecerán H+ O pH intramuscular, por ser unha proba anaeróbica aumentará Se utilizará parte da glucosa muscular Intervén o metabolismo anaeróbico láctico.
Un deportista alcanza o estadio 13 do test de Montreal, a unha velocidade de 19 km/h, polo tanto podemos asegurar que o seu consumo de 02 é de: 52,2 ml/kg/min 56 ml/kg/min 59,5 ml7kg/min 63 ml/kg/min 66,5 l/kg/min.
Durante o levantamento de pesas realizando a maniobra de Vasalva: A presión intratorácica se eleva A presión arterial sistólica pode alcanzar os 200 mm/Hg A presión arterial diastólica nunca superar os 80 mm/Hg A glotis permanece cerrada Os levantadores poñen cara de estreñidos.
A capacidade de extraer 02 dos capilares pola fibra muscular treinada, ven deterinada pola diferencia arterial venosa de 02. É certo que: É maior nas fibras do cuádriceps que no miocardio Non existe diferencia entre os musculos treinados e os non treinados Os valores de repouso son aprox. de 15-17 ml de 02/100 ml de sangue Consiguen valores superiores nos fondistas que nos velocistas Tanto fibras rápidas como fibras lentas extraen a mesma cantidade de 02.
Facer o camino de Santiago está ao noso alcance gracias a metabolización dos ac. grasos. De estos aseguramos: Serán combustionados no interior das mitocondrias Precisan da cadena de transporte de electróns para súa oxidación Teñen un facto de Atwater de 9 kcal/gr Necesitan ser metabolizados mediante o ciclo de Krebs En parte a súa mtabolización ocurre na beta-oxidación.
A velocidade aeróbica máxima dun corredor de maratón informanos de: A velocidade alcanza no umbral aneróbico Velocidade alcanza no V02 máx. Velocidade ideal durante unha media maratón Velocidade para non sobrepasar a concentración de 4 mmoles de lactato Velocidade alcanzada na máx. potencia aeróbica.
Como deportólogo deberás explicar como se toma e que é unha sauna finesa. Desta podemos asegurar que: A humidade relativa no seu interior estará entre 45-55% A humidade relativa debe ser inferior a 30% A temperatura na parte superior pode alcanzar os 100º A temperatura na parte inferior estará a 50-60º C É importante entrar na sauna despos de ducharse (limpo) e superficie corporal seca.
Luis Suarez precisa da resíntese do ATP continuada para realizar as acción ofensivas a velocidade dun raio. Do ATP sabemos: Que un NAD pode proporcionarnos 3ATP Que un FAD pode sintetizar ATP Que o ATP está formad adenosina, glucosa e 3 fosfatos A vía anaeróbica láctica da lugar a síntese de 2 ATP A vía aneróbica precisa do transporte de electróns a mitocondria para sintetizar ATP.
O ac. acetil CoA resultante da metabolización dos nutrientes a nivel muscular, durante a actividade aeróbica, poderá transformarse en: (palmitil) Glicerol Ác. pirúvico Glucosa-6-fosfatos Fosfocreatina Todas son incorrectas.
A tenista ten unha frecuencia cardíaca basal aprox. de 55 batementos/min. ¿Cal será o motivo principal? Por ter un volumen sistólico maior Por ser boa persona Por un maior influxo parasimpático Por un maior influxo simpático A cardiomegalia (corazón agrandado).
O bicabornato sódico é un importante amortiguador ou sistema tampón. De él sabemos que: Tampona o ác. láctico É utilizado no ciclo de Feling Imprescindible para as act. aeróbicas (??) Tampona o enzima fosfoructoquinasa nas act. anaeróbicas É fundamental cando a intensidade e a duración do exercicio é elevada.
Os futbolistas do RCD necesitan un aporte de CH imporante na sua dieta diaria para poder competir a óptimo nivel. Dos CH sabemos que: A % aproximada nunha dieta equilibrada está entre 45-50% 1g de CH aporta 4kcal A. Bergantiños terá aprox. 90-110 grs de glucóxeno almacenado no seu fígado 2000 kcal será aprox. a cantidade de enerxía almacenada en forma de glucóxeno no xogador. Aprox. 500 grs de glucoxeno almacenado no organismo si está ben nutrido e entrenador.
A insulina é unha importante hormona para a práctica deportiva. Da mesma sabemos que: Permite unha fácil metabolización das proteínas Facilita a entrada de glucosa nas fibras musculares Colabora para eliminar os corpos cetónicos do sangue É abundante en diabéticos É producida polo páncreas.
Unha patinadora de hoquei sobre xeo é capaz de transportar en 100 ml de sangue, aprox: 19 grs de HB 23 29 34 Todas son incorrectas.
O glucóxeno é un CH fundamental para Messi. Nos sabemos que para almacenar 1 gr de glucóxeno no músculo precisa dunha cantidade de auga: 1 gr de auga 2 3 4 5.
Thompson a muller de 92 anos que acaba de convertise na Super avoa da Maratón de San Diego. Para poder concluir esta proba de glucosa para ser metabolizada polas fibras musculares durante a carreira. Esta glucosa pode proceder de: Glucoxenolisis muscular Glucoxenolisis hepático Neogluxenolisis hepática Inxesta durante o exercicio Ciclo de Cori ou glucosa-alanina.
A restauración total dos fosfóxenos, despois dunha proba de 200 m lisos, se realizará aprox en: 1,5 min 3 5 8 10.
O aumento da acidez muscular durante unha proba anaeróbica-láctica da lugar a: Un aumento da liberación do calcio Unha disminución da liberación de calcio Un aumento de pH Unha disminución do pH Disminución a producción de lactato.
Como chasqui e polo tanto experto en bioenerxética sabes que: As enzimas do ciclo de Krebs son chamdas glucolíticas A fosfofructoquinasa é fundamental para o ciclo de Krebs A vía aneróbica láctica proporciona 2 ATP de enerxía Nas ibras de contracción lenta hai máis fosfocreatina que ATP O NAD e FAD son dinucleótidos fundamentales para metabolizar as graxas.
Do estupendo xogador Aspas, podemos decir sen mor a equivocarnos que: A súa frecuencia cardíaca basal é baixa pola estimulación vagal A súa frecuencia cardíaca basal e menor ca dun sedentario por estímulo parasimpático A súa frecuencia cardíaca no umbral anaeróbico é maior ca dun sedentario Seu consumo de osíxeno pode ser de 68 ml/kg/min En esforzo próximos o máximo pode ventilar 80 l de aire por min.
Respecto do sistema cardiovascular, podemos decir que: A FC máx disminue co treinamento deportivos O VS garda unha relación lineal ca intensidade de traballo A FC pódese medir na vea poplítea (arteria) A FC garda unha relación linear coa intensidade do exercicio A presión ventricular é a mesma no ventrículo dereito que no esquerdo.
Tras a realización dunha analítica sanguínea a unha bailarina de 50 kg aprox e óptima de saúde, podemos esperar que: O hematrocito sexa dun 39% O numero de hematíes sexa de 4.500.00 por ml Teña una hb en torno a 25 grs por 100 ml de sangue Teña un numero de eritrocitos de 100.000 por ml O hematrocito sexa de 5.000.000 de glóbulos vermellos.
As patacas de Galicia son consideradas como as mellores do mundo, o seu consumo por parte dos deportistas contribuen a: Mellorar o umbral aneróbico Incrementar o hematrocrito Elevar a potencia aneróbica Si son fritas, 100 gr aportan 450-550 kcal Si son cocidas, 100 grs aportan 80-90 kcal.
Da presión arterial diastólica dun nadador durante unha proba de 400 m braza, podemos asegurar que: Estará en torno a 80 mm/Hg Debido o medio acuático, é menor respecto dos valores de repouso Non se modificará de forma saignificativa Debido a posición do corpo se modificará significativamente Se encontrará entre 160-180 mm/Hg.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso