APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() APLICADOR/MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS Descripción: NIVEL BÁSICO (EXAME) |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
1.- O prazo de seguridade dun produto fitosanitario é: A acción inmediata do fitosanitario sobre o organismo nocivo. O tempo mínimo que debe transcorrer entre a aplicación do produto e a colleita do cultivo. A capacidade do produto para controlar os organismos fronte os que se emprega. 2.- É obrigatorio para os agricultores a entrega nos puntos SIGFITO de: Todos os envases baleiros de fitosanitarios de uso profesional co indicativo SIGFITO. Calquera envase que teña o símbolo de reciclable. Non existen puntos que recollan envases baleiros de fitosanitarios. 3.- Aquelas sustancias tales como os adherentes que melloran a eficacia dos praguicidas coñécense como: Materia inerte. Coadxuvantes. Aditivos. 4.- Para manter as boquillas en bo estado é necesario: Desmontar e limpar cun cepillo suave ou ben con aire comprimido. Soprar fortemente coa boca. Débese empregar un arame e lavar con auga. 5.- Segundo o Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, o carné de nivel básico capacita a: Persoal responsable de tratamentos que se realicen en explotacións alleas. Personal directamente relacionado coa venda de produtos fitosanitarios. Agricultores que realizan os traballos na propia explotación, sen empregar persoal auxiliar e utilizando produtos que nos sexan gases tóxicos, moi tóxicos ou mortais. 6.- Cando se debe poñer os equipos de protección persoal: Antes de coller o produto para preparar o caldo ou mestura. Despois de preparar o caldo, pero antes de aplicar. Durante a aplicación se notamos molestias. 7.- ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo roxo, cun peixe morto). Irritación cutánea. Perigoso para o medio ambiente acuático. Gases comprimidos. 8.- ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo roxo, e o peito dunha persoa agrietado). Toxicidade aguda. Corrosión cutánea. Perigo por aspiración. 9.- Os excesos de dose na aplicación dos produtos fitosanitarios provocan: Maiores riscos tanto para a saúde do aplicador como para o medio ambiente. Incremento dos custes de tratamento sen mellorala eficacia. Ambas son correctas. 10.- Cal dos seguintes se considera un consello de prudencia(Frase P): Mantéñase fóra do alcance dos nenos. Provoca irritación cutánea. Moi tóxico para os organismos acuáticos. 11.- Na Xestión Integrada de Pragas empréganse... Todos os métodos de control dispoñibles (biolóxicos, químicos, físicos...). Únicamente métodos biolóxicos. Ninguha das anteriores é correcta. 12.- O mal uso dos praguicidas pode provocar: Queimadura nas plantas. Aparición de resistencias. Ambas son correctas. 13.- No almacén onde se garden os produtos fitosanitarios... Os produtos líquidos disporanse na parte baixa, ocupando a parte superior os sólidos. Debe dispoñer de ventilación natural ou forzada. Ambas son correctas. 14.- Os herbicidas de preemerxencia: Aplícanse antes da sementeira ou plantación do cultivo. Aplícanse despois da sementeira pero antes do nacemento da planta. Non existen este tipo de herbicidas. 15.- Dos seguintes praguicidas cal está destinado ó contro de fungos: Insecticida. Funxicida. Helicida. 16.- A poboación exposta ó risco do emprego dos produtos fitosanitarios... Son as persoas que manipulan os produtos fitosanitarios. Os familiares dos que manipulan os fitosanitarios. Todas son correctas. 17.- Segundo o Real Decreto 1311/2012, do 14 de Setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, deixarase como mínimo unha distancia sen tratar respecto dos pozos de auga para consumo humano de: 50 m. 15 m. 5 m. 18.- Cal dos seguintes equipos está obrigado a realizar unha inspección técnica de equipos de aplicación de fitosanitarios (ITEAF). Un pulverizador de mochila. Un pulverizador hidráulico cun depósito de 400 litros e de máis de 5 anos de antigüidade. Un equipo de arrastre manual (carretilla) cun depósito de 100 litros. 19.- Somos propietarios dunha parcela de pataca de 12000 m2, e ímola tratar contra o escaravello mediante o insecticida DASKOR. Empregando a dose mínima por hectárea, que cantidade de produto comercial é necesario para tratar a parcela?. 900 ml. 1,5 Litros. 750 ml. 20.- A nosa experiencia dinos que necesitamos 600 litros de caldo para facer esta aplicación. No caso de empregar un pulverizador de barras de 400 litros de capacidade, ¿qué cantidade produto engadiremos en cada máquina?. 100 ml. 600 ml. 1 litro. |