APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
|
|
Título del Test:![]() APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS Descripción: PREGUNTAS TIPO EXAME |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. Nunha etiqueta dun produto fitosanitario, a composición do produto, refírese a: Á cantidade de auga e produto que debemos utilizar. O nome comercial do produto. Ó nome e á porcentaxe de materia activa co que está feito. 2. As materia activas que forman parte da composición dos produtos fitosanitarios: Teñen a función de modificar as propiedades físico-químicas para mellorar a súa eficacia. Son sustancias neutras que dan volume e facilitan a súa manipulación. Son as sustancias que exercen a acción contra os axentes perxudiciáis. 3. A eficacia dun produto é: O tempo despois da aplicación no que o produto segue tendo eficacia sobre o organismo vivo. A acción inmediata do fitosanitario sobre o organismo nocivo. A capacidade do produto de controlar os organismos fronte aos que se emprega. 4. O prazo de seguridade é: O tempo que ten que pasar dende a súa fabricación ata a súa aplicación. O tempo que ten que pasar dende a súa aplicación ata a recolección. O tempo que ten que pasar dende a súa aplicación ata que se consome o froito. 5. Os praguicidas están formados por varios compoñentes, que son: Ingredientes activo-técnico, ingrediente inerte, coadxuvantes e aditivos. Materia activa, materia inerte, aditivos e eméticos. Mollantes, adherentes, dispersantes e emulxentes. 6. Os coadxuvantes que forman parte da composición dos fitosanitarios: Teñen a función de modificar as propiedades fisicoquímicas para mellorar a súa eficacia. Son sustancias neutras que dan volume e facilitar a súa manipulación. Son sustancias que exercen a acción contra os axentes perxudiciais. 7. Os ingredientes inertes: Teñen a función de modificar as propiedades fisicoquímicas para mellorar a súa eficacia. Son sustancias neutras que dan volume e facilitar a súa manipulación. Son sustancias que exercen a acción contra os axentes perxudiciáis. 8. A materia inerte é: Sustancias que exercen a acción contra os axentes perxudiciáis. Sustancias neutras que dan volume e facilitan a súa aplicación. Sustancias que modifican as propiedades e melloran a súa eficacia. 9. Os coadxuvantes son: Sustancias neutras que dan volumen e facilitan a súa aplicación. Sustancias que modifican as súas propiedades fisicoquímicas para mellorar a súa eficacia. Sustancias que exercen a acción contra os axentes perxudiciais. 10. A acción de choque é: O tempo despois da aplicación no que o produto segue tendo eficacia sobre o organismo nocivo. A acción inmediata do fitosanitario sobre o organismo nocivo. A capacidade do produto de controlar os organismos fronte aos que se emprega. 11. Acción residual ou persistenica é: O tempo despois da aplicación no que o produto segue tendo eficacia sobre o organismo nocivo. A capacidade do produto de controlar os organismos fronte aos que se emprega. A acción inmediata do fitosanitario sobre o organismo nocivo. 12. A acción residual ou persistencia, indica: O tempo despois da aplicación no que o produto ten eficacia sobre o organismo nocivo, é decir, o periodo de protección. A compatibilidade dos produtos entre sí. Son os posibles danos e reaccións en certos cultivos. 13. Os coadxuvantes poden ser: Mollantes, adherentes, dispersantes e emulxentes. Materia activa, materia inerte, aditivos e eméticos. Ingredidente activo-técnico, ingrediente inerte, coadxuvantes e aditivos. 14. Se aplicamos un produto fitosanitario que se comercializa en forma de po soluble, unha vez disolto: Debemos ter especial coidado en manter unha axitación constante para que as partículas do produto estean ben repartidas no depósito pulverizador. Non temos por qué preocuparnos xa que se necesita ou precisa moi pouca. Non se venden produtos en forma de pos. 15. Dos seguintes formulados, cal se pode aplicar tal e como está?. Pos solubles. Pos para esparexer. Pos mollables. 16. Para a defensa dos cultivos de ácaros e insectos: Deben ulilizarse de xeito sistemático algún acaricida e insecticida aínda que non haxa praga. Deben rotarse os cultivos, fertilizar axeitadamente, podar.... A dúas anteriores son correctas. 17. Os praguicidas sistémicos son: Os que se incorporan ao zume e chegan a tódolos órganos dos vexetáis. Os que aplicados na planta introdúcense no tecido, pero non se transladan. Os que quedan na superficie da planta. 18. Un funxicida de acción penetrante ou traslaminar: Permanece no exterior da planta e só protexe as zonas tratadas. Penetran nos tecidos vexetáis e se difunde localmente na planta, pero sen incorporarse ao zume desta. Se incorporan ao zume e chegan a todos os órganos dos vexetais. 19. A clasificación dos funxicidas, según a súa forma de acción na planta pode ser: De contacto, penetrante ou sistémico. Preventivo, curativo e erradicante. De contacto, curativo e sistémico. 20. Os funxicidas según a súa forma de acción sobre o patóxeno, se clasifican en: De contacto, penetrante e sistémico. Preventivo, curativo e erradicante. Preventivo, de contacto e sistémico. 21. Os herbicidas de post-emerxencia: Aplícanse antes da sementeira ou transplante do cultivo. Aplícanse despois da sementeria pero antes do nacemento da planta. Aplícanse cando o cultivo xa naceu. 22. Os herbicidas de presementeira ou preplantación: Aplícanse despois da sementeira pero antes do nacemento da planta. Aplícanse antes da sementeira ou transplante do cultivo. Aplícanse cando o cultivo xa naceu. 23. Un herbicida se clasifica segundo o momento de aplicación en: Presementeira, preemerxencia e postemerxencia. De contacto e sistémicos. Preemerxencia e postemerxencia. 24. Un herbicida clasifícase segundo o seu movimento nas malas herbas en: De presementeira, de preemerxencia e de postemerxencia. De contacto e sistémicos. Preemerxencia e postemerxencia. 25. Un produto fitosanitario é mellor: Canto máis tóxico sexa. Canto máis longo sexa o seu prazo de seguridade. Ningunha é correcta. 26. O mal uso de fitosanitarios pode dar lugar a: Aparición de resistenicas e novas pragas. Fitotoxicidades. Todas son correctas. 27. As resistencias dos insectos aos praguicidas poden aparecer: Cando o praguicida é barato. Polas condicións ambientáis do medio. Polo uso repetitivo do mesmo praguicida. 28. Se duplico a dose recomendaa dun funxicida para un cultivo determinado: Será moito máis eficaz, pero só se debe facer en casos de que o produto fitosanitario sexa moi barato e haxa un gran ataque de insectos. Poden aparecer fitotoxicidades. Non ten ningún problema, pero é necesario gardar o prazo de seguirdade que indique a etiqueta. 29. A aparición de novas pragas pode deberse a: Abuso de uso de fitosanitarios. Eliminación dos inimigos naturais das pragas. Ámbalas dúas son correctas. 30. Se teño preparada unha mochila con un inscticida contra o pulgón, podo facer unha aplicación para eliminar esta praga: Só nos cultivos autorizados na etiqueta e á dose adecuada para evitar fitotoxicidades. En calquera cultivo da miña horta que teña pulgón, pois non haberá problema de fitotoxicidades. Sen preocuparme das condicións meteorolóxicas sempre e cando o cultivo e a dose sexan correctas. 31. Se un produto non é tan eficaz para controlar o escarabello da pataca como o ano anterior, debemos: Aumentar a dose de aplicación. Aplicar un produto distinto. Mesturar dous produtos. 32. Dende fai bastantes anos botamos o millo na mesma parcela, pero últimamente observamos que temos cada vez máis problemas con insectos do solo, polo que deberemos: Utilizar praguicidas máis tóxicos. Aumentar a dose (duplicando as cantidades recomendadas na etiqueta). Rotar o cultivo. 33. Entre as boas prácticas agrícolas para evitar problemas no uso de fitosanitarios están: Mesturar dous ou máis produtos para eliminar ben a praga. Tratar dende o principio o cultivo on produtos químicos antes de que aparezan as pragas. Empregar produtos selectivos para evitar a eliminación da fauna útil. 34. A dose de aplicación debe ser: Sempre un pouco maior á indicada, para que actúe mellor. A indicada na etiqueta polo fabricante. A que nos diga o vendedor. 35. Melloro a eficacia dun fitosanitario e evito a reiteración de tratamentos: Tratando cun produto máis caro. Tratando no momento de maior sensibilidade da praga. Todas son correctas. 36. A dose letal meida ou dl50 é: A cantidade mínima do produto para provocar a morte á metade dos individuos. A dose media que se necesita para provocar a morte dos individuos. Ningunha é certa. 37. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha figura dunha explosión). Líquido comburente. Explosivo. Líquido inflamable. 38. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha man e unha superficie corroída por unha sustancia). Gases comprimidos. Corrosión cutánea. Líquidos inflamables. 39. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cun cilindro con líneas). Gases comprimidos. Irritación cutánea. Líquido inflamable. 40.¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha silueta humana). Perigo por aspiración. Corrosión cutánea. Líquido comburente. 41. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha árbore seca e un peixe panza arriba morto). Perigo por aspiración. Corrosión cutánea. Perigoso para o ambiente acuático. 42. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha llama). Toxicidad aguda. Explosivo. Líquido inflamable. 43. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cun círculo con llamas). Perigo por aspiración. Corrosión cutánea. Líquido comburente. 44. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cunha calabera e dúas tibias). Toxicidad aguda. Explosivo. Líquido inflamable. 45. ¿Qué significa este pictograma nunha etiqueta? (Rombo bermello cun signo de admiración). Gases inflamables. Irritación cutánea. Líquido inflamable. 46. A poboación exposta ao risco: Son os traballadores en contacto cos produtos fitosanitarios. É a poboación qu inxire alimentos. Todas son correctas. 47. O risco para a fauna debido ao emprego de fitosanitarios supón: Que a fauna que poida estar en contacto cos envases de fitosanitarios se poida intoxicar. Que os animais non obxeto do tratamento se poidan intoxicar. Que a fauna obxecto do tratamento poida atacar ao noso cultivo. 48. Os riscos para a fauna silvestre debido ao emprego de fitosanitarios son: Difíciles de avaliar. Debido aos tratamentos próximos a áreas naturais. Todas son correctas. 49. As abellas, por ser insectos de especial interese, deberemos actuar do seguinte xeito cando apliquemos o tratamento: Non facer tratamentos no momento da floración. Facer os tratamentos nas horas centrais do día. Empregar produtos de perigosidade controlable. 50.Para evitar riscos á fauna útil, debemos: Empregar as doses mínimas recomendadas nos tratamentos. Deixar pequenas áreas sen tratar ao redor da parcela. Todas son certas. 51. Os riscos para o medio ambiente durante os tratamentos producen: Contaminación do aire cando se evapora a auga do caldo fitosanitario. Contaminación da auga cando lavamos as máquinas. Contaminación do solo cando os produtos caen directamente nel. 52. O uso continuado e abusivo dos produtos fitosanitarios pode ter resultados perxudiciáis para a agricultura debido a: Episodios de fitotoxicidade. Episodios de compatibilidade de produtos. Episodios de aparición de fauna útil. 53. Os residuos dun produto fitosanitario sobre un cultivo son: Os restos de produtos fitosanitarios que quedaron despois de lavar o cultivo. Os restos de produtos fitosanitarios e os resultantes da súa degradación presentes no cultivo. Os resto de produtos fitosanitarios que caeron despois de lavar o pulverizador. 54. Indica a afirmación correcta acerca dos límites máximos de residuos: Convén sempre superalo para estar seguro de que a aplicación do fitosanitario é correcta. Nos países onde a dieta ten alto contido en vexetáis o LMR non ten moita importancia. É a concentración máxima de residuos dun produto fitosanitario permitida legalmente na superficie ou na parte interna de produtos destinados á alimentación humana ou animal. 55. As intoxicacións agudas. Non son importantes provocan só molestias momentáneas. Aparecen as veces pola exposición continuada a un produto tóxico. Provocan síntomas aparatosos a corto prazo. 56. Se aplicamos un produto nocivo sen medidas de protección e non notamos molestias tras aplicalo... Podemos seguir aplicando sen protección. Podemos ter problemas de saúde a longo prazo. O produto non afecta ao noso organismo. 57. As principáis vías de entrada dos tóxicos no corpo son: Vía dixestiva, vía respiratoria e vía cutánea. Vía dixestiva, vía ocular e vía cutánea. Vía dixestiva, vía ocular, vía respiratoria e vía cutánea. 58. Entre os síntomas máis comúns da intoxicación con fitosanitarios están: Dor de cabeza, mareos e suores. Vista nubrada, vómitos e cambras musculares. Todas son certas. 59. Cando se sospeita dunha intoxiación debemos chamar: Ao 061 ou ao instituto nacional de toxicoloxía. Ao 112 ou ao instituto nacional de toxicoloxía. Ao 991 ou ao instituto nacional de toxicoloxía. 60. Cando nos atopamos fronte unha intoxicación debemos executar un protocolo que se denomina PAS, que quere decir: Protexer, alertar e socorrer. Protexer, alentar e socorrer. Protexer, alertar e sostener. 61. Cando a intoxicación afecte á pel deberemos: Tapar ao afectado para que non lle siga atacando o tóxico. Retirarlle toda a roupa e lavalo con abundante auga e xabrón. Tapar ao afectado para que non se enfríe. 62. Cando a intoxicación afecte aos ollos, deberemos: Lavar os ollos con abundante auga, e cara e mans con auga e xabrón. Lavar os ollos con abundante auga e xabrón, e refregar para quitar restos. Lavar os ollos con abundante auga e colirio, e non refregar. 63. Cando a intoxicación afecte ao sistema dixestivo, deberemos: Dar de beber leite para neutralizar o veleno. Dar de beber café con sal para provocar o vómito. Todas son falsas. 64. No caso de que a persoa afectada pola intoxicación estea inconsciente, procederemos a realizar as maniobras de RCP, é decir: Reanimar, calmar e protexer. Reanimación cardio pulmonar. Restaurar corazón pulmón. 65. A maniobra RCP consiste en: Realizar 30 compresións da cavidade torácica e 2 ventilacións (30:2). Realizar 2 compresións da cavidade torácica e 30 ventilacións (2:30). Realizar 30 compresións da cavidade torácica e 1 ventilación (30:1). 66. Cando falamos de riscos laboráis, chamamos accidente: A unha situación anormal que acontece de súpeto. Ao deterioro paulatino por unha exposición continuada a sustancias nocivas. A unha enfermidade profesional. 67. Indicar a afirmación correcta. No caso de accidente laboral o empresario non ten que dar conta á autoridade laboral. O empresario non está obrigado a realizar actividade de prevención. O empresario debe garantir a saúde e seguridade dos traballadores ao seu servizo. 68. A compra dun produto fitosanitario realizarase: Despois de ter claro o cultivo que se quere protexer e o problema que ten. Comprando sempre un produto que controle a todos os insectos coñecidos. Elexindo o máis caro dos que nos ofrezan. 69. Antes do tratamento, nas operacións de preparado, debo tomar as seguintes medidas preventivas: Evitar o derramo de produtos líquidos. Non beber, comer ou fumar. Todas son certas. 70. Indicar a resposta correcta: O traballador non está obrigado a empregar os medios de protección facilitados polo empresario. O fabricante dunha máquina está obrigado a garantir que non cosntitúe unha fonte de perigo para o traballador. Non é obriga do empresario informar ao traballador dos riscos do seu posto de traballo. 71. Cando remato o tratamento: Primeiro despréndome dos equipos de protección e logo lavo o material de pulverización xunto cos epis. Primeiro lavo o material de pulverización e despois quito os equipos de protección e os lavo. Da igual a orde con tal de deixar todo ben lavado e listo para a seguinte vez. 72. O marcado CE é: Unha marca comercial. Unha etiqueta de precaución. Unha etiqueta de produto seguro. 73. Cando debemos poñer os equipos de protección persoal?. Antes de coller o produto para preparar o caldo ou mestura. Despois de preparar o caldo e antes de aplicar. Durante a aplicación se notamos molestias. 74. Se temos un filtro de partículas p1, protéxenos máis ou menos ca un filtro de partículas p3?. O p1 protéxenos máis que o p3. O p1 protéxenos menos que o p3. O p1 protéxenos igual que o p3. 75. Os filtros que se poden incorporar aos protectores respiratorios para gases e vapores levan a nomenclatura: P. B. P e B. 76. Os filtros para vapores son: De partículas. Químicos. De partículas e químicos. 77. Cando nos colocamos as luvas e as botas porémolas: As luvas senpre por dentro e as botas por fora do traxe para non engancharse. As luvas e as botas sempre por dentro do traxe, para que non se cole o caldo. As botas por dentro do traxe e as luvas por fora para que nos sexa máis fácil quitalas. 78. Segundo o real decreto 1311/2012, o carnet básico debe telo: Persoal responsable dos tratamentos que se realizan en explotacións alleas. Agricultores que realicen os tratamentos na propia explotación, sen empregar persoal e utilizando produtos que non sexan nin xeren gases tóxicos, moi tóxicos ou mortáis. Os responsables dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios. 79. Segundo o Real Decreto 131/2012, o carnet básico debe telo: O persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios. Os responsables das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios. Os responsables dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios. 80. O transporte de fitosanitarios en grandes cantidades: Só está permitido por estrada. Só está permitido por tren. Ningunha das dúas é correcta. 81. No transporte de pequenas cantidades dende o comercio ata a explotación: Debemos separar o produto do resto das cargas como alimentos, pensos... Podemos levalo no asento posterior, sempre e cando non vaian nenos. Podemos sacalo do seu envase orixinal para que nos ocupe menos espazo. 82. Os produtos débense almacenar: Nun armario dentro da vivenda. En calquera sitio que non moleste, pero ben cerrado. En locais dedicados para este fin, secos, frescos e ventilados. 83. Os locais de almacenaxe, deben cumplir as seguintes condicións: Estarán situados en localizacións que eviten posibles inundacións e queden, en todo caso, afastadas de cursos de auga. Estarán construídos con material combustible e de características e orientación tales que o seu interior non permaneza protexido de temperaturas exteriores extremas e de humidade. Non estarán separados por parede de obra de vivendas ou outros locais habitados. 84. Debemos deixar sinalizada a parcela na que fixemos o tratamento: Sempre, en todos os casos é obrigatorio. Cando a finca non estea pecheda e sexa lindante cunha vía ou área pública. Non é necesario deixar ningunha sinalización en ningún caso. 85. En caso de derramo deberemos de actuar do seguinte xeito: Descontaminar a superficie afectada botando cantidade de auga, aínda que non poidamos controlar a vertedura posterior pois o produto queda moi diluido. Cubrir a zona de derramo cun produto inerte e recollelo despois na súa totalidade e depositándoa nun vehículo/contedor adecuado. Todas as respostas son correctas. 86. No almacén onde se garden os produtos fitosanitarios debe existir: Un contedor con unha bolsa plástica para depositar os envales baleiros ou deteriorados ata a súa entrega no xestor autorizado. Medios adecuados para recoller os derrames. Todas son certas. 87. A compra de fitosanitarios: Debemos comprar bastante cantidade para que nos dure varios anos e así aforrar na compra, sen importarnos demasiado a data de caducidade. Debemos comprar o necesario para a campaña, e incluso se o envase é demasiado grande é mellor comprar a granel a cantidade que precisemos. Ningunha é correcta. 88. No almacén onde se garden os produtos fitosanitarios deberá existir: Un contedor cunha bolsa de plástico para depositar os envases baleiros ou deteriorados ata a súa entrega a xestor autorizado. Un contedor con terra, area ou outro material para recoller derrames accidentáis. Ambas son correctas. 89. As infraccións relativas á manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios: Poden ser leves, graves ou moi graves. Só se aplican as grandes explotacións. Non existen tal tipo de infraccións. 90. A fabricación e comercialización de produtos prohibidos, é unha falta: Leve. Grave. Moi grave. 91. É obrigatorio para os agricultores a entrega nos puntos SIGFITO de: Todos os envases baleiros de fitosanitarios que conteñan o logo de sigfito. Calquera envase co símbolo de reciclable. Non existen puntos de recollida de envases fitosanitarios. 92. Cando baleiro unha garrafa dun fitosanitario: Remato a preparación e tratamento e logo lévoa ao punto de recolida sigfito. Enxaguo enérxicamente o envase 3 veces, e engado no depósito as augas de lavado e despois de seca, xa a poido entregar nun punto de recollida sigfito. Mellor reciclala para preparar outras veces o caldo. 93. Cando aplico un tratamento que ven envasado nun sobre: Nese caso o envase non se entrega nun punto sigfito. Se entrega no punto de recollida sigfito, pero só baleira e pregada sen lavar. Da igual o que se faga. 94. Na entrega de envases nos puntos de recollida sigfito: Cóbranme por cada envase para o seu reciclado e danme unha factura que deberei gardar 5 anos. Entréganme un albarán no que anotan os meus datos e dos envases entregados, o cal deberei gardar. Páganme por cada envase entregado, para que os siga traendo. 95. Nos puntos sigfito, ademáis dos envases poderei entregar: A roupa de aplicación de un só uso. Restos de produtos caducados. Ningunha das anteriores é correcta. 96. Os sobrantes de produtos fitosanitarios: Non teño que entregalos, xa que os químicos non caducan e polo tanto podo gardalos ata que me fagan falla outra vez. Entréganse nos puntos de recollido sigfito, por ser restos perigosos. Elimínanse a través dun xestor autorizado de produtos químicos. 97. A rastrexabilidade é a posibilidade de encontrar e seguir o rastro a través de todas as etapas da producción, transformación e distribución de: Un alimento, un penso, un animal destinado á produción de alimentos ou unha sustancia para ser incorporados en alimentos ou pensos. Un alimento ou un animal destinado á produción de alimentos de consumo humano. Un alimento ou dun penso, ou unha sustancia para ser incorporados en alimentos ou pensos para o consumo dos animáis de granxa. 98. Existen varios tipo de rastrexabilidade, son os seguintes: Anterior, posterior e intermedia. Cara atrás, cara adiante ou durante o proceso. Primaria, secundaria e terciaria. 99. A trazabilidade cara adiante, permite: Que os produtos que entran nunha empresa non volvan cara atrás. Obter a información das materias primas empregadas. Coñecer onde se distribuíu un determinado produto. 100. O obxetivo da política de seguridade alimentaria da Unión Europea é: Proporcionar produtos fitosanitarios aos países subdesenrolados. Protexer a saúde e os intereses dos consumidores. Dotar de equipos de protección individual a todos os agricultores. 101. A hixiente alimentaria ten como obxetivo: Garantir a hixiene dos alimentos en todas as etapas do proceso de produción, dende a produción primaria ata a venda ao consumidor final, tendo en conta a súa composición e calidade. Garantir a hixiene dos alimentos en todas as etapas do proceso de produción, dende a produción primaria ata a venda ao consumidor fina, non tendo en conta a súa composición e calidade. Garantir a hixiene dos alimentos en todas as etapas do proceso de produción, dende a produción primaria ata a venda ao consumidor final, tendo en conta o seu valor alimenticio e a súa composición. 102. No regulamento que regula a hixiene alimentaria: Defínese como as medidas e condicións necesarias para controlar os perigos e garantir as aptitudes para o consumo humano dun produto alimentario tendo en conta a utilización prevista. Di que non é necesaria a súa aplicación na preparación e manipulación ou almacenaxe doméstica de alimentos para uso privado. Todas son correctas. 103. A orde apa/326/2007 relativa á libreta de campo no uso de produtos fitosanitarios establece: Que só é obrigatorio tela se se empregan produtos tóxicos ou moi tóxicos. Que a produción ecolóxica está exenta de tela aínda que empreguen cobre. Que deben anotar a praga, enfermidade, produto e data do tratamento, entre outros. 104. A orde apa/326/2007 relativa ao rexistro de datos de explotación para cada colleita ou partida comercializada, establece que como mínimo se debe anotar: Produto vexetal, cantidade produto expedido e nome e enderezo do receptor. Colleita, partida e nome e enderezo do vendedor. Produto vexetal, lote e nome e teléfono do lugar da venda. 105. A orde apa/326/2007 relativa ao rexistro de datos de explotación para cada tratamento praguicida realizado, establece que como mínimo se deba anotar: Cultivo, praga e produto a utilizar. Cultivo, sustancias activas detectadas, nº de boletín de análise e laboratorio que o realiza. Produto vexetal, cantidade, e nome e enderezo do cliente ou receptor. 106. A orde apa/326/2007 relativa ao rexistro de datos de explotación para cada análisis de praguicida realizada, establece que como mínimo se deba anotar: Cultivo, praga e produto utilizado. Cultivo, sustancias activas detectadas, nº de boletín de análixe e laboratorio que o realiza. Produto vexetal, cantidade deste expedido, e nome e enderezo do cliente ou receptor. 107. Segundo o tipo de axente causante dos danos nos cultivos estes pódense clasificar en: Insectos e fungos. Pragas e enfermidades. Axentes bióticos e abióticos. 108. O insectos: Todos son perxudiciais. Teñen metamorfose e pulmóns. Ningunha é correcta. 109. As partes dos insectos son: Cabeza, tórax e abdomen. Cabeza, tronco e cola. Cabeza, tórax e tronco. 110. Os danos que poden producir os insectos son debidos a: Alimentación directa, inxección de sustancias tóxicas, danos por posta. Transporte e diseminación de organismos nocivos e debilitamento das plantas. As dúas respostas anteriores son correctas. 111. Os ácaros diferéncianse dos insectos en: O adulto ten 4 pares de patas. Non ten ás nin antenas. Todas as anteriores son correctas. 112. Cal das seguintes afirmacións sobre fungos é certa. Os fungos como fan a fotosíntese non necesitan parasitar as plantas. Para que produza unha enfermidade é necesaria a presenza simultánea da planta hóspede, do fungo patóxeno e as condicións ambientais adecuadas. A loita contra fungos só se pode facer de forma efectiva con métodos químicos. 113. As bacterias se caracterizan por: Non teñen capacidade de penetrar polo que necesitan feridas ou aberturas naturais como estomas. As plantas afectadas presentan como sintomatoloxía avultamentos nas raíces. Sóamente poden afectar a plantas pequenas. 114. Para controlar os virus: Tratar con insecticida e funxicida tan pronto se vexan os primeiros síntomas de virus. Utilizar medidas preventivas, controlando os vectores de trasmisión. Ninguha é correcta. 115. As malas herbas clasifícanse en: Anuáis ou perennes segundo se o dano que causa sexa nun ano ou contínuo. De folla ancha ou estreita, segundo a súa folla teña unha superficie ampla ou sexa como unha cinta. Monocotíledoneas ou dicotiledóneas segundo o seu dano sexa nun cotiledón ou en dous. 116. As fisiopatías: Deben tratarse con un acaricida á dose que se recomenda na etiqueta. Son transtornos vexetais provocados por seres vivos que se deben tratar con fisioterapia. Ningunha das anteriores é correcta. 117. Os danos causados por axentes edáficos son debidos a: O emprego non adecuado dun produto fitosanitario. Presencia inadecuada de nutrintes do solo. Presenza de nematodos no solo. 118. Os métodos de control legais baséanse en: Medidas de inspección e corentena, erradicación de focos, inspección de viveiros, entre outros. Multas e sancións que van dos 300 aos 3.000.000 €. Todas son certas. 119. Algunha das principais actuacións culturais para previr o ataque de pragas e enfermidades son: Elección de especies adaptadas á zona, rotación de cultivos e aplicación de fitosanitarios. Elección de especies adaptadas á zona, enxerto, rotación de cultivos, fertilización e poda. Elección de especies adaptadas á zona, rotación de cultivos, solarización e fertilización. 120. Na actualidade a maior parte do control sobre pragas e enfermidades se basea nos métodos: Físicos. Químicos. Biolóxicos. 121. A solarización se considera un método de loita: Físico. Químico. Biolóxico. 122. Os métodos de loita biolóxica empregan: Entomófagos ou fauna útil como as xoaniñas. Entomopatóxenos como as abellas. Microorganismos antagónicos como os virus. 123. Un dos principais métodos biotécnicos son as trampas de cores con pegamento que poden ser: Vermellas. Amarelas. Verdes. 124. Entre os métodos biotécnicos atopamos: Estimulantes físicos: como a termoterapia. Estimulantes químicos: como os reguladores de crecemento. Estimulantes gaseosos: como os aerosoles. 125. O método baseado na atracción de individuos de sexo contrario para controlar unha praga emprega: Trampas de cores. Feromonas. Trampas luminosas. 126. O manexo integrado de pragas baséase nunha serie de factores: Empregar métodos químicos e biolóxicos en canto se detectan os primeiros síntomas, para manter os danos en niveis inferiores dos que causan danos económicos ou perdas inaceptables. Recoñecer as pragas existentes nos cultivos e se non a identifico, mellor non tratar, para protexer o medio ambiente. Empregar tódalas técnicas e métodos dispoñibles do xeito máis compatible posible mantendo os danos en niveis inferiores dos que acusan danos económicos ou perdas inaceptables. 127. Os primeiros tratamentos empregados no século XIX eran: De orixe biolóxica como fermentación de piretrinas. De orixe mineral como o caldo de bordeles ou xofre. De orixe química, pero moi simple, como o zz. 128. Os tratamentos intensivos baseábanse nas seguintes prácticas: Facer os tratamentos en función dun calendario pre-establecido usándose de xeito curativo, dende a aparición dos primeiros síntomas na plantación. Facer os tratamentos en función dun calendario pre-establecido usándose de xeito preventivo, dende o inicio da plantación. Facer os tratamentos en función dun calendario pre-establecido usándose de xeito preventivo, dende a aparición dos primeiro síntomas na plantación. 129. A principios do século XX iniciouse a loita intensiva co descubrimento de produtos de síntese como: DDT. DGT. DTH. 130. Os inconvintes do uso intensivo e sistemático dos fitosanitarios neses tempos producía: Problemas biolóxicos pola falta de selectividade destes primeiros compostos. Problemas técnicos por non haber equipos de aplicación no mercado. Problemas económicos por ser época de entre guerras e haber crise. 131. A loita que se basea na intervención do agricultor só cando o recomenden as estacións de aviso, denomínase: Loita integrada. Loita dirixida. Loista aconsellada. 132. A loita que se basea na utilización limitada e económicamente rendible dos produtos sanitarios, tendo en conta o limiar de tolerancia, denomínase: Loita integrada. Loita dirixida. Loita aconsellada. 133. A loita que se basea na aplicación racional dunha combinación das medidas biolóxicas, biotecnolóxicas, químicas de cultivo ou de selección de vexetais, de xeito que o emprego de fitosanitarios se limite ao mínimo, denomínase: Loita integrada. Loita dirixida. Loita aconsellada. 134. Cal das seguintes afirmacións é correcta cando falamos de agricultura integrada. Tratar de garantir a produción de alimentos mediante a utilización preferente de fitosanitarios respetuosos co medio ambiente. Trata de garantir a produción de alimentos mediante a utilización dos recursos e mecanismos de produción naturais mediante a introducción de tecnoloxías respetuosas co medio ambiente. Trata de garantir a produción de alimentos mediante a utilización preferente de fitosanitarios non respetuosos co medio ambiente. 135. Os requisitos que establecen os regulamentos técnicos de produción integrada: Recóllense para cada cultivo ou produto ou grupo de cultivos ou produtos. As normas técnicas débese seguir dende a fase de obtención da materia prima, pasando pola elaboración, manipulación...ata a posta en disposición do consumidor final. As dúas afirmacións son correctas. 136. Os produtores acollidos á produción integrada levarán un autocontrol da explotación do seguinte xeito: Recollerán os datos de tódalas prácticas no proceso de obtención do produto no caderno de explotación oficial. Non empregarán en ningún momento produtos de síntese química. Farán unha declaración xurada en cada partida comercializada do emprego de prácticas respetuosas co medio ambiente. 137.A produción ecolóxica constitúe un método diferenciado de produción de alimentos que: Permite ofrecer aos consumidores produtos sans e de máxima calidade, respectando o prazo de seguridade e conservando a propiedade da terra. Perimte ofrecer aos consumidores produtos sans e de precios máis competitivos, respectando o medio e conservando a fertilidade da terra. Permite ofrecer aos consumidores produtos sans e de máxima calidade, respectando o medio e conservando a fertilidade da terra. 138. A produción ecolóxica en Galicia está controlada por: CRAEGA, consello regulador de agricultura ecolóxica de Galicia. CRAEG consello regulador de agricultura ecolóxica de Galicia. CRDAEDG consello regulador de agricultura ecolóxica de Galicia. 139. Os obxetivos dos organismos de control e certificación na produción ecolóxica: Informar aos consumidores dos alimentos de alta ou baixa calidade. Garantir que os produtos comercializados como ecolóxicos compren coa normativa vixente de produción ecolóxica. Garantir que os produtos comercializados ecolóxicos compren coa norma Une-Eu-90012. 140. Os principais obxetivos da aplicación son: Aproveitar ao máximo os produtos aplicados. Minimizar o rendimento do traballo. Conseguir a máxima eficacia posible dende o punto de vista medioambiental. 141. Para conseguir a máxima eficacia posible no uso do fitosanitario, hai que: Dosificar correctamente sen importar o tipo de máquina. O parásito debe estar na fase máis sensible ao fitosanitario. As condicións climáticas deben ser o máis favorables posible, é decir altas temperaturas e vento, para que segue rápido. 142. A pulverización é a distribución de fitosanitarios en forma de : Polvo. Gas. Líquido. 143.Os factores que influen na pulverización son: A superficie a tratar, se tes moitos ou poucos metros.. A cantidade de produto a utilizar: mililitros, gramos,... A clase de produto: insecticida, acaricida... 144. Na calidade de pulverización inflúen os seguintes factores: Tamaño das gotas: canto máis grandes, maior cobertura. Cobertura: É importante que as gotas queden distribuidas uniformemente pola superficie a tratar. Deriva: é a capacidade das gotas de moverse ata a superficie a tratar polo que non se debe evitar. 145. O espallamento é a distribución de fitosanitarios en forma de: Polvo. Gas. Líquido. 146. Os principais inconvintes do espallamento son: A barreira cara o aplicador é pouco segura, e pouca adherencia do produto á planta. Falta de homoxeneidade na distribución. As dúas respostas anteriores son correctas. 147. A fumigación é a distribución de fitosanitarios en forma de: Polvo. Gas. Líquido. 148. Os equipos de pulverización que o líquido é impulsado por unha bomba e trasportado por aire denomínanse: Pulverizadores de chorro proxectado. Atomizadores. Nebulizadores. 149. Os pulverizadores centrífugos teñen: Tamaño de gota moi pequeno. Distribución de gotas moi uniforme. As dúas respostas anteriores son correctas. 150. Os compoñentes principáis dun pulverizador son: Depósito, bomba, canalizacións condutoras e boquillas. Bomba, barra portaboquillas e regulador de presión. Depósito, regulador de presión e chaves de paso. 151. Se quero aplicar un herbicida empregarei unha boquilla: Cónica. De espello. De chorros múltiples. 152. Se quero aplicar un acaricida empregarei unha boquilla: Cónica. De espello. De chorros múltiples. 153. Cando debemos cambiar as boquillas: Cando teñen moitos anos. Cando saia un novo modelo. Cando excedan nun 10% o caudal fixado polo fabricante. 154. Hai que sustituir as boquillas se se produce un aumento de caudal de. Máis do 10%. Máis do 15%. Menos do 10%. 155. Para manter as boquillas en bo estado: Desmontar e limpar cun cepillo suave ou aire comprimido. Soprando fortemente coa boca. Deben desatascarse cun arame. 156. A dose de aplicación é: A cantidade de produto que trae o envase. A cantidade de produto por unidade de volume ou superficie. A cantidade de produto para toda a parcela. 157. O caldo fitosanitario é: Cantidade de produto fitosanitario que temos que aplicar. Cantidade de auga que temos que empregar. Preparado no que diluímos o produto fitosanitario para poder realizar unha distribución homoxénea, é decir, auga co produto fitosanitario que corresponda. 158. Para a preparación do caldo de tratamento teremos en conta os seguintes feitos: Antes de facer nada ler ben as indicacións da etiqueta. Ser o máis exacto posible coa dose recomendada. Todas son certas. 159. Despois do emprego da maquinaria de aplicación dos tratamentos debemos facer a seguinte operación: Se sobra caldo, deixalo na máquina para aplicalo outro día. Lavar a máquina cerca do río. Se queda produto no depósito coidar de diluílo adecuadamente e distribuílo aumentando a velocidade e diminuíndo a presión. 160. Despois dun tratamento fitosanitario: Cando rematemos o tratamento deixaremos os produtos sobrantes no lugar de traballo para a próxima vez. Manteremos o produto fitosanitario no envase orixinal e almacenarase nun lugar fresco, ventilado e fora do alcance doutras persoas. As dúas anteriores son válidas. 161. A limpeza dos equipos de tratamento fitosanitario débese facer: Antes de empezar o tratamento. Só si se observa que é necesario. Sempre ao remate do tratamento. 162. Despois dun tratamento con un insecticida ¿Qué produto empregaremos para a limpeza da máquina?. Auga e alcohol de 96º. Auga e deterxente. Amoníaco. 163. Despois dun tratamento cun funxicida, que produto empregaremos para a limpeza da máquina?. Auga con vinagre nunha proporción 1:100 seguido de varios aclarados. Auga e xabrón neutro e aclarar ben. Auga con deterxente amoniacal, seguido de varios aclarados. 164. Despois dun tratamento con un herbicida ¿Qué produto empregaremos para a limpeza da máquina?. Auga con vinagre seguido de varios aclarados. Auga e detexente. Deterxente amoniacal, seguido de varios aclarados. 165. Cando remate a tempada de tratamentos: Limpiarei axeitadamente por dentro e fora co deterxente axeitado a máquina, conducións e boquillas. Encherei o depósito de auga e o manterei así ata a tempada seguinte para estar seguro de que non perde auga. Todas son certas. 166. O mantemento dos equipos de tratamentos: Farase só cando necesite pasarlle a iteaf. Farase a lo menos unha vez ao inicio da campaña e outra ao remate. Só se fará cando notemos problemas e perdas nas condicións. 167. Para poder coñecer o caudal do meu equipamento: Calibro a máquina calculando o caldo que aplico nunha superficie determinada. Calibro a máquina calculando o tempo que me leva preparar o caldo. Teño que ler as indicacións do fabricante. 168. A inspección de máquinas de sulfatar menores de 100 Lts. é: Obrigatoria. Non é obrigatoria. Ningunha das dúas é correcta. 169. As prácticas necesarias para minimizar o risco de utilización de fitosanitarios no medio natural son: Manter o solo adecuadamente: a fertilidade do solo, a cantidade de materia orgánica... Buscar material vexetal o máis exótico posible pois así non ten inimigos. Reducir o número de aplicacións, pero empregar os produtos máis tóxicos posibles. 170. As técnicas de aplicación poden xerar impacto negativo no ambiente polo que se: Preferirán pulverizacións aos espallamentos. Se aplicará con vento por riba dos 3-4 metros por segundo. A fumigación é a técnica máis segura co cal en caso de perigo é a que elexiremos. 171. Non se debe utilizar o espallamento nin a atomización con ventos superiores a : 3 m/seg. 3 km/hora. 4 km/hora. 172. A deriva prodúcese nunha aplicación cando: A presión é moi baixa. Hai vento no momento da aplicación. O equipo non ten suficiente estabilidade. 173. Un cultivo foi alcanzado pola deriva dun tratamento fitosanitario: Pode ocasionarlle danos, polo que deberemos tratalo con o insecticida que teñamos a man. Pode ocasionarlle danos, polo que deberemos tratalo cun funxicida. Ningunha das anteriores. 174. Das seguintes prácticas realizadas na aplicación de tratamentos fitosanitarios, sinale a correcta: Espere na leira ata que sequen as plantas. Non se deben tomar bebidas alcohólicas durante o tratamento, pero si comer si temos fame. Deben evitarse tratamentos con temperaturas moi altas. 175. Para a protección da fauna acuática debo respectar unha banda de seguridade ata as masas superficiais de auga, sen tratar de como mínimo: 5 m. 25 m. 50 m. 176. Para a protección dos lugares de captación de auga para o consumo humán, debo respecta a banda de seguridade sen tratar de como mínimo: 5 m. 25 m. 50 m. 177. A distancia de tratamentos debe ser, no caso de regatos ou augas superficiais: + de 5 m. + de 50 m. - de 5 m. 178. Para reducir a deriva, en cultivos baixos, non se debe tratar con velocidade de vento superiores a: 7 km/hora. 7 m/seg. 5 km/hora. 179. Para reducir a deriva, en cultivos arbóreos, non se debe tratar con velocidades de vento superiores a : 5 km/hora. 5 m/seg. 7 km/hora. |




