Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEARMN

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
ARMN

Descripción:
110 primeiras preguntas

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
16/05/2022

Categoría:
Universidad

Número preguntas: 110
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
1. Das seguintes opcións, cal non é unha modalidade de escalada? A) Escalada artificial B) Escalada en grandes paredes C) Todas son modalidades de escalada D) Escalada en bloque ou boulder.
Cada parede a escalar é diferente, polo tanto en función de estas características requírese unha técnica específica para cada tipo de terreo. Cal de estas opcións non se corresponden con unha destas técnicas? Progresión por barreras Progresión en diedros Progresión en bavaresa Progresión por fisuras.
Os catro elos da cadea de supervivencia son: Recoñecemento precoz e activación dos servizos de socorro; RCP básica temperá; desfribilación non precoz; coidados avanzados precoces. Desfribilación precoz; RCP básica temperá; coidados avanzados precoces. Recoñecemento precoz e activación dos servizos de socorro; coidados avanzados precoces; RCP básica temperá. Recoñecemento precoz e activación dos servizos de socorro; RCP básica temperá; desfribilación precoz; coidados avanzados precoces.
Con canto ratio deben realizarse as compresións torácicas e as ventilacións? 20:3 30:2 30:3 25:3.
Cal de estes non se corresponden cun elemento do equipo básico á hora de realizar escalada? Mosquetóns Cinta fixa Descensores e aseguradores Arnés.
Cal destes é material imprescindible para realizar unha inmobilización ante un accidente? Collaríns axustables Férulas ríxidas convencionais Roupa Todas as anteriores son correctas.
Cales das seguintes actividades non pertence as actividades libres? Rutas e circuítos ecolóxicos Ludotecas Bibliotecas e hemerotecas Carreiras pedrestres.
Segundo García e Quintana (2005), as actividades na natureza no ámbito educativo pódense agrupar en niveis dependendo da contorna no que se desenvolvan. A que nivel pertence se o desenvolvemento é unha parte na aula e a outra no medio natural? Pechado Aberto Alternativo cercano Mixto.
Como se chama a conduta que se debe ter en conta ante calquera tipo de accidente? ASP PAS SVB PLS.
Cal destes é un caso especial para realizar a RCP? Mulleres embarazadas Xente de idade avanzada Xente con mobilidade reducida Adolescentes.
Que son as ás de guía? Nó mariñeiro que se usa para unir dous extremos nun cabo. Non é demasiado seguro, polo que se debe usar só en momentos puntuais, sempre e cando os cabos sexan de igual material, diámetro e peso e non estean expostos a demasiada tensión. Nó mariñeiro que tamén é moi empregado en montañismo. Os seus usos principais son no mar para mover aparellos e cargas e na montaña para rescates. Non se desliza, non se afrouxa nin morde o cabo. É sinxelo, forte e estable, e ademais pódese desfacer fácil e rapidamente Nó moi empregado en escalada para fixar a corda ao mosquetón e para asegurar ao escalador. Moi sinxelo e das unións máis fortes. Un dos nós máis coñecidos en náutica xa que se emprega para amarrar os barcos aos portos e atracar a embarcación. Trátase dun nó sinxelo de facer e desfacer, pero non moi seguro, polo que se debe cambiar por outro sempre que sexa preciso.
Cal destas é unha característica das AMRN? Posúe moita implicación emocional Posibilidade de interacción coa natureza Posúe certo grado de risco Todas son características propias das AMRN.
Nos modelos taxonómico de actividades recreativas na natureza, cantos tipos de actividades diferentes hai? 3 4 non hai 1.
No modelo de clasificación proposto por Pinos, cales son os elementos determinantes das actividades deportivas? Traxectoria, elemento, acción Acción, reacción, desprazamento Traxectoria, elemento, contacto, desprazamento Ningunha das anteriores.
Cantos grados de dificultade existe nunha ruta? 1 2 6 4.
En que ámbitos se poden introducir as ARMN na escola? Ámbito curricular Ámbito extraescolar Ámbito de actividades complementarias Todas son correctas.
No apartado de orientación, cantos tipos de norte hai? 1 2 3 4.
Como debe de ser o calzado a levar a unha ruta? Calzado aberto, tipo sandalias para permitir unha axeitada respiración do pé e cunha sola moi fina para a mellor adaptabilidade do pé ao terreo. Calzado pechado recen estreado, impermeabilizado e cunha plataforma de 5 centímetros. Calzado pechado, cómodo, con varios usos para facilitar o movemento; deben ser de tea para permitir a permeabilidade. Calzado pechado, cómodo, preferiblemente con varios usos para que estea adaptado ao noso pé, e que facilite o movemento natural do mesmo; deben ser impermeables e a poder ser, de caña alta.
En canto a roupa a levar nunha ruta, cal é a capa que permite transpirar a pel para poder manter a temperatura corporal e que a suor non se pegue ao corpo? Primeira capa Segunda capa Terceira capa NIngunha das anteriores.
Que elementos son imprescindibles nunha mochila á hora de facer unha ruta? Unha cantimplora de auga e comida Instrumentos de orientación e roupa de reposto A) e B) son correctas Un paraugas pregable.
Segundo o modelo de clasificación de Olivera e Olivera (1995) distingue: Entorno físico, entorno persoal e entorno social. Actividades, entorno físico, valoración ético ambiental e entorno social. Entorno físico, actividades, entorno persoal, entorno social e valoración ético ambiental. Ningunha das anteriores é correcta.
O primeiro que debemos facer ante calquera tipo de accidente que precise da nosa intervención é ter en conta e aplicar a conducta que responde as seguintes iniciais: PAS APS TAVI A e C son correctas.
Os elementos básicos para practicar a escalada son: Cordas, arnés, mosquetóns, casco, calzado e cintas. Mosquetóns, cordas, arnés, casco, calzado, cintas e descensores. Casco, calzado, cintas, cordas, mosquetóns, arnés, descensores e anclaxes artificiais. Ningunha das afirmacións é correcta.
Algúns dos elementos naturais que nos poden axudar a orientarnos poden ser: Musgo, neve, lúa e sol. Soamente o sol e a brúxula. Musgo, neve, sol, círculos anuais dos tocóns e ríos. Ningunha das anteriores son correctas.
Cal dos seguintes aspectos non se ten en conta para minimizar problemas ou accidentes a hora de planificar unha excursión? Coñecer o clima e as características do lugar a visitar. Fomentar e respectar a seguridade tanto individual como colectiva. En caso de precisar vehículo para trasladarnos ata o lugar da acampada, deixalo nun lugar cerca por se é necesario utilizalo por algunha urxencia. Contar co equipamento necesario. .
. É necesario ter uns coñecementos básicos sobre a realización de nós, existen varios tipos de nós pero centrámonos en 4 básicos os cales son: Ás de guía, ballestrinque, llano e o oito. Ás de guía, ballestrinque, liso e oito. Ballestrinque, llano, oito e ás de punto. Ningunha das afirmacións é correcta.
Cantos niveis de dificultade inclúe o trekking? 5 3 2 4.
Toda excursión debe ser planificada para minimizar problemas ou accidentes, e para elo debemos ter en conta numerosos aspectos coma: Coñecer o número de participantes da acampada e a condición física dos mesmos e coñecer o clima e características do lugar a visitar. Contar co equipamento necesario. Ter un ou varios guías que orienten e organicen as actividades, fomentar e respectar a seguridade tanto individual como colectiva. Todas son correctas. .
Tipo de escalada na que só se usan as mans e os pés como elementos de progresión. Polo tanto, as cordas, mosquetóns, ou calquera outro material só se usarán para asegurar: Escalada libre. Escalada artificial. Escalada en rocódromo. Escalada deportiva. .
Segundo o modelo taxonómico de actividade recreativas da natureza distinguimos: Actividades promocionais, actividades libres. Actividades programadas. Actividades de Investigación- Formación. Todas son correctas.
Dentro dunha carreira de orientación existen tres tipos de norte para orientarnos que son: Norte xeográfico, norte magnético. Todas son falsas. A) e D) son correctas. Norte Lambert.
Cal das seguintes non é unha regra básica da escalada que todo principiante debe ter en conta? Prohibido agarrarse á corda nunha caída: xa que te estamparías contra a parede, rodarías e poderías golpearte de costas na cabeza. Non nos pegaremos á parede: Isto é un defecto dos e das principiantes, xa que se pegan demasiado á parede e isto limita á visión dá ruta e prexudica o apoio dos pés. Encargar a unha persoa que revise o arnés e lle faga un dobre nó a corda. Escalase coa cabeza: é a que che proporciona seguridade ante a temeridade, a que che dá confianza en ti mesmo. Polo tanto, antes de mover unha man ou un pé, pensa onde e como o vas colocar.
Cal dos seguintes é un elemento da Cadea de Supervivencia? Desfibrilación Precoz. Todas son correctas RCP Básica temperá. Coidados avanzados precoces [Soporte vital avanzado precoz (UVI Móbil) e soporte post-reanimación (Hospital)].
Cales son os pasos de actuación a seguir ante unha luxación ocorrida durante a práctica dunha actividade no medio natural? Aplicación de frío sobre a zona, inmobilizar a articulación mediante vendaxe compresivo e elevación da zona afectada. Repouso, xeo, elevación do membro afectado, vendaxe compresivo, non realizar masaxe sobre a zona afectada. Inmobilizar a articulación afectada, na posición na que se atope, nunca debemos intentar reducilas, aplicaremos frío na zona, traslado urxente do/a lesionado/a a un hospital. Colocar a articulación en repouso, elevando a extremidade, aplicar xeo (do mesmo xeito que un esguince), inmobilizar a zona afectada e procederase igual que nunha fractura.
Seguindo a Fullonet (1989), por cales das seguintes razóns podemos xustificar a presenza das actividades motrices e recreativas na natureza nos centros educativos? A súa vertente competitiva e o seu enfoque recreativo. O seu efecto socializador e o seu enfoque recreativo. Todas son correctas A súa faceta en materia de educación ambiental.
Cal das seguintes non é unha característica das AMRN? Certo grado de risco e certeza. Educación integral e en valores. Alto grado de carácter vivencial. Utilízase a motricidade como vehículo de interacción coa natureza.
Escolle a resposta que conteña todos os tipos de escalada: Escalada libre, escalada artificial, escalada en rocódromo, escalada en bloque ou boulder, escalada deportiva, escalada en grandes paredes e escalada en alta montaña. Escalada artificial, escalada en rocódromo, escalada en bloque ou boulder, escalada deportiva, escalada en grandes paredes e escalada en alta montaña. Escalada en campo, escalada artificial, escalada en rocódromo, escalada en bloque, escalada deportiva, escalada en grandes paredes e escalada en alta montaña. Escalada libre, escalada artificial, escalada en rocódromo, escalada en bloque ou boulder, escalada en grandes paredes e escalada en alta montaña.
Cal das seguintes afirmacións non é verdadeira acerca das responsabilidades do guía da ruta? Non é preciso que leve o material necesario para o correcto desenvolvemento da ruta. Ofrecer aos participantes as explicacións necesarias antes de comezar a ruta e as condicións a cumprir ao longo desta. Velar pola seguridade e a saúde de tódolos integrantes, e desenvolver un protocolo de actuación en caso de emerxencia. Coordinar a todos os integrantes da ruta, así como os horarios de saída e chegada e as paradas a realizar.
O terceiro elo da cadea de supervivencia que podemos definir como unha descarga eléctrica de corrente continua que busca despolarizar todas as células miocárdicas para que o corazón poda retomar o seu ritmo eléctrico normal, correspóndese con: Recoñecemento precoz e activación dos servizos de socorro. Desfibrilación Precoz. RCP Básica temperá. Coidados avanzados precoces.
Que é o primeiro que debemos de facer para as execución das ventilacións? Inspirar e colocar os beizos arredor da boca da vítima. Tapar o nariz preméndoo cos dedos índice e polgar da man. Abrir as vías aéreas do accidentado mediante a técnica fronte-queixo. Todas son falsas.
As ARMN pódense enfocar dende o ámbito: Da Educación Física escolar. Das Actividades ao Aire Libre e no Medio Natural. Do Deporte e da Aventura. As ARMN pódense enfocar dende os anteriores 3 ámbitos. .
O modelo de actividades físicas na natureza de Olivera e Olivera (1995) engloba: Entorno físico, entorno persoal, actividades, valoración etico-ambiental e entorno social. Entorno físico e entorno social. Entorno interpersoal, entorno intrapersoal e entorno físico. Todas as opcións anteriores son incorrectas.
Segundo o modelo taxonómico de actividades recreativas na natureza existen diferentes tipos de actividades: Actividades libres e actividades programadas. Excursións, rutas, acampadas e investigacións. Actividades promocionais, actividades libres, actividades programadas e actividades de investigación-formación. Actividades recreativas, actividades culturais e actividades educativas.
Entre as características principais das ARMN destacan: O baixo grado de carácter vivencial xa que o alumnado soe asumir un rol de espectador. A posibilidade de interacción coa natureza. O escaso risco que teñen xa que o profesorado prestará moita mais atención que nunha clase normal, ademais de que a natureza é un entorno seguro. Todas as anteriores non son características das ARMN, senón fundamentos pedagóxicos.
Os diferentes niveis nos que se poden agrupar as ARMN dependendo da contorna na que se desenvolvan son: Nivel aberto (se o alumnado escolle a localización da actividade). Nivel pechado (se a actividade se desenvolve na aula). Alternativo lonxano (se as instalacións son lonxe do centro pero están acondicionadas). As opcións B) e C) son correctas.
Que marco das Actividades Motrices e Recreativas da Natureza se centra en concienciar sobre a importancia de protexer o medio natural? O enfoque recreativo A vertente competitiva Educación ambiental Efecto socializador.
O nivel de realización de actividades da natureza que se desenvolve na contorna dun aula é: Aberto Mixto Pechado Alternativo cercano.
As actividades motrices e recreativas na natureza posúen un carácter: Innovador Motivador Novidoso Todas as anteriores son correctas.
Á hora de realizar unha ruta de sendeirismo, un dos factores que debemos ter en conta para estimar a duración da saída debe ser o ritmo do grupo, con respecto disto: É importante que todo o grupo siga o mesmo ritmo, para evitar que alguén se perda. Todos/as os participantes deben ir a un ritmo constante, aínda que algúns teñan que esforzarse, así practicarán para futuras rutas Cada un debe seguir o seu propio ritmo, xa que manter un ritmo diferente vai facer que nos cansemos máis (xa sexa ir máis rápido ou máis lento do que nos pide o corpo) Ningunha das anteriores é correcta, xa que todos/as os participantes deben levar un ritmo pausado, especialmente se é unha ruta longa, para evitar cansarse e ter que parar a descansar.
Á hora de realizar unha ruta, a vestimenta é moi importante, para vestirnos correctamente podemos seguir a filosofía das tres capas, algunhas das súas propostas básicas son: A primeira capa debe ser transpirable, xa que é a que se atopa en contacto coa pel e axuda a manter a temperatura corporal e evitar que a suor se pegue ao corpo A segunda capa debe estar formada por camisetas de algodón para evitar pasar moita calor. A terceira capa debe estar formada por prendas que nos protexan dos axentes climáticos externos, pero tamén é recomendable que sexa transpirable. As respostas A) e C) son correctas.
Cando realizamos unha ruta, estamos expostos a posibles perigos, debemos diferenciar 2 tipos: Perigos subxectivos (que poder ser evitados en función da actuación de cada persoa) e perigos obxectivos (que dependen de factores externos). Perigos graves (que poden causar lesións importantes) perigos leves (que non suporán grandes impedimentos). Perigos do tempo (choiva, neve, vento) ou perigos animais (picaduras, ataques de animais salvaxes...). Perigos momentáneos (que poden suceden nun momento determinado pero se se evitan non hai risco de que sucedan máis, por exemplo pasar por un tramo perigoso) ou perigos duradeiros (que poden suceder en calquera momento da ruta).
As acampadas son frecuentes e bastante populares. Antes de realizar unha, debemos ter en conta varios aspectos ou consellos: Temos que tratar de buscar un terreo lixeiramente inclinado, xa que será máis cómodo para deitarnos. Debemos buscar un terreo nivelado e se é posible, un lugar con árbores, xa que estas non protexerán do sol, chuvia, vento... Á hora de montar unha tenda, debemos colocarnos preto dun lume que nos mesmos manteremos durante toda a noite para manter o calor e espantar animais. Debemos sempre levar aparellos que emitan ruídos en baixas frecuencias, que non nos molesten para durmir pero que os animais salvaxes poidan escoitar para mantelos lonxe do noso lugar de pernocta.
Cal é a parte do corpo máis importante na escalada? As mans Os pés A cabeza Ningunha parte é máis importante que a outra.
Existen 7 tipos de escalada entre os que atopamos: Escalada libre, artificial e deportiva. Escalada con arnés, en rocódromo e en alta montaña. Escalada libre, natural e deportiva. Escalada en rocódromo, en pequenas paredes e en alta montaña.
Que nó é o máis oportuno para atar os dous extremos dun cabo? O as de guía. O ballestrinque. Calquera dos tres. O llano.
Cando escalamos son necesarios unha serie de elementos imprescindibles para que a escalada teña éxito. Cal destes é optativo? Os mosquetóns, pois as cordas pódense unir mediante nós sen necesidade de usar este elemento. O magnesio, porque non a todo o mundo lle súan as mans. O arnés, se a escalada é a pouca altura non é preciso o seu emprego. Os descensores, xa que se pode baixar polo mesmo camiño que se subiu sen ningún tipo de problema.
As siglas P.A.S. correspóndense con? Perseguir, avisar e socorrer Protexer, animar e sanar Protexer, alertar e socorrer Ninguna é completamente correcta.
Cal é o teléfono recomendado ao que hai que chamar para activar os servizos de emerxencia canto antes? 1002 061 092 112.
A cadea de supervivencia componse de 4 elos, nos cales a RCP básica temperá sitúase en: Primeiro lugar Segundo lugar Terceiro lugar Cuarto lugar.
No caso de que haxa dous ou máis socorristas na escena, deberán relevarnos cada dous minutos? Si, ca fin de evitar que a fatiga física mingüe a calidade da reanimación Non, para evitar as interrupcións entre os relevos Si, porque unha persoa soa non é capaz de reanimar a outra Non, porque no momento no que comeza a RCP non se pode parar a menos que a persoa reaccione ou se vexan síntomas claros de que non o vai facer.
O modelo taxonómico de actividades recreativas na natureza indícanos que hai: Actividades inicias, libres, programadas e de avaliación. Actividades inicias, libres, programadas e de investigación. Actividades promocionais, libres, programadas e de investigación. Actividades promocionais, circuítos libres, actividades ambientais e de avaliación.
O carácter social das AMRN implica: Sentirse ben con un mesmo e a satisfacción do pracer cumprido. A resolución de conflitos reais. Producen certo grao de distensión e funcionan como liberadores de todas esas tensións da vida diaria. Explorar as posibilidades persoais, nas que non entra soamente o dominio dunhas técnicas, senón tamén o coñecemento. Ter en conta o perigo obxectivo e subxectivo das actividades.
En cantos niveis se poden agrupar as actividades da natureza, segundo García e Quintana, dependendo da contorna nas que se desenvolvan? 4 3 5 2.
Cando falamos da valoración primaria en primeiros auxilios: Primeiramente hai que buscar feridas e contusións en coiro cabeludo e cara. O primeiro é observar á persoa accidentada, determinando se a súa situación é leve ou grave. Debemos facer unha composición de lugar e seguridade da escena. Primeiramente miraremos se o ferido respira ou non coa maniobra frentementón.
En canto ao equipamento, como deben ser os calcetíns? De algodón e nunca apertados. De algodón e moi apertados De seda e pouco apertados. É totalmente indiferente.
Dentro do reparto de responsabilidades á hora de elaborar un programa dunha actividade na natureza, non se encontra: Transporte Comidas Materiais necesarios Todas son necesidades.
É a intersección de dous planos que forman un ángulo determinado Progresión en Diedros Progresión en bavaresa Progresión en adherencia Progresión por fisuras.
Con respecto ós primeiros auxilios, a que fan referencias as siglas PAS? Protexer, Avisar, Sanar Preocuparse, Avisar, Socorrer Protexer, Avisar, Socorrer Protexer, Alertar, Socorrerito .
Dende que ámbitos se poden enfocar as AMRN? Educación física escolar Actividades ao aire libre e no medio natural Deporte e aventura Todas as opcións son correctas.
A hora de organizar unha ruta debemos atender a varios aspectos que son: Desprazarnos ao lugar e ter en conta a época do ano Desprazarnos ao lugar, ter en conta a época do ano, o ritmo do grupo e as paradas O ritmo do grupo e as paradas Desprazarnos ao lugar, a época do ano e as paradas.
Cantos elos hai na cadea de supervivencia? 2 3 4 1.
Nunha reanimación cardiopulmonar básica debemos dominar? As compresións As ventilacións As compresións e as ventilacións Ningunha das opcións anteriores e correcta.
Segundo o modelo taxonómico de actividades recreativas na natureza as excursións encóntranse en: Actividades promocionais Actividades libres Actividades programadas Actividades de Investigación-Formación.
Que dous trámites segundo Santos (2006) se deben levar a cabo para realizar actividades fóra do centro educativo? Trámites legais e organizativos Trámites de xestión e organización Trámites legais e de permiso ás familias Non fan falta trámites.
O musgo adoita ser máis denso cara o: Sur Norte Oeste Leste.
Que tipos de norte existen? Norte xeográfico Norte magnético Norte Lambert Todas son correctas.
Cal é a orde que se debe levar a cabo para realizar unha valoración primaria e así, identificar as situacións que supoñen unha ameaza para a vida Si o accidentado está consciente ou non // A existencia de hemorraxias grandes // Si o ferido respira ou non. Si o ferido respira ou non // A existencia de hemorraxias grandes // Si o accidentado está consciente ou non. A existencia de hemorraxias grandes // Si o accidentados está consciente ou non // Si o ferido respira ou non. Si o accidentado está consciente ou non // Si o ferido respira ou non // A existencia de hemorraxias grandes.
Cara onde migran as aves no outono/inverno e na primavera/verán, respectivamente? Outono/inverno cara o norte e primavera/verán cara o sur. Outono/inverno cara o sur e primavera/verán cara o sur. Outono/inverno cara o sur e primavera/verán cara o norte. É indiferente.
Cal das seguintes accións NON fai referencia ao termo Cadea de Supervivencia? Recoñecemento precoz e activación dos servizos de socorro. RCP básica temperá. Desfibrilación precoz. Coidados básicos de reanimación. .
En caso de Producirse unha OVACE (Obstrución da Vía Aérea por un Corpo Estraño) leve, que se debe facer? Inmediatamente comezar coa manobra de Heimlich. Antes de nada daránselle 5 golpes intraescapulares. Animar ao accidentado a que tusa. Ningunha das anteriores é correcta.
Falando en termos históricos, a relación home-natureza, na que o vínculo é fundamentalmente utilitario e totalmente dependente o home da natureza, estaremos a falar da época: Os primeiros homes A Idade Media O Renacemento A Ilustración.
A educación é o mecanismo necesario para volver a desenvolver a bondade natural das persoas , por iso é fundamental achegar ó neno ó medio natural, e un pensamento da filosofía de: Pestalozzi Rousseau Santo Tomás de Aquino Fröebel .
En referencia á clasificación das AMRN, aquela que se plantexa dende un punto de vista da aplicación práctica das mesmas, corresponde a: Fullonet Acuña e Pinos Olivera e Olivera Santos e Martínez.
En referencia á clasificación das AMRN, aquela que se plantexa atendendo aos factores internos das actividades, corresponde a: Fullonet Acuña e Pinos Lefevre Santos e Martínez .
En canto as características das ARMN, dicimos que as actividades poden realizarse en diferentes contornas, dende o propio centro, ata en contornas naturais dentro da zona urbana ou na propia contorna natural, estamos a falar de: Carácter social Posibilidade de Interacción coa natureza Implicación emocional Educación integral e en valores.
En canto as características das ARMN, dicimos que debemos ter en conta o perigo obxectivo (cales son) e subxectivo das mesmas: Carácter social Posibilidade de Interacción coa natureza Certo grado de risco e incerteza Educación integral e en valores.
Pódense diferenciar tres tipos de norte: O norte xeográfico, o norte magnético e o norte meridianal O norte xeográfico, o norte magnético e o norte Lambert O norte xeográfico, o norte magnético e o norte ecuatorial O norte xeográfico, o norte magnético e o meridiano de greenwich.
No tocante ás rutas de trekking, é importante contar con experiencia previa e estar en moi bo estado físico cando se tratan de graos de dificultade: 5 5 e 6 3 e 4 6.
Á hora de facer sendeirismo, no que refire ao equipamento, o elemento imprescindible é: Chuvasqueiro Calzado Mochila cómoda Lanterna.
Nunha marcha de sendeirismo debemos levar roupa cómoda e non moi apretada resultando moi importante seguir a filosofía das tres capas, para a cal a primeira capa é aquela que: Se atopa en contacto coa pel Nos protexe contra os axentes climáticos externos Exerce de illamento e abrigo Non existe a filosofía das tres capas.
Entre os materiais que debemos levar a unha ruta de sendeirismo para garantir a nosa seguridade inclúense: Un silbato Unha radio Un chisqueiro Rodilleiras.
A principal riqueza que nos ofrecen as acampadas ao aire libre é A liberdade de convivir na natureza, observar a paisaxe, a flora e a fauna que nos rodea e admirar a paisaxe en contacto directo con ela Empatizar co resto de seres vivos do noso contorno resultando beneficioso especialmente nas idades escolares para desenvolver o respecto polo resto de animais cos que coexisten Desenvolver destrezas de supervivencia no medio (como facer lume, preparar comidas, trepar árbores, montar unha tenda…) Desenvolver unha actitude ecoloxista.
Cal é a orde que hai que seguir para facer unha valoración primaria e así identificar si é un accidente leve ou grave? A existencia de hemorraxias, si o accidentado está consciente ou non e finalmente si o ferido respira. Si o accidentado está consciente ou non, a existencia de hemorraxias e si o ferido respira. Si o accidentado está consciente ou non, si o ferido respira e finalmente a existencia de hemorraxias. Ningunha é correcta.
Que é o que NON se pode facer na actuación cando o tipo de lesión é unha fractura? Inmobilizar a zona afectada Elevación da zona afectada Non mover Traslado urxente.
Cales son os tipos de lesións nos que é realmente importante aplicar frío na zona para que esta se reduza? Traumatismo Rotura fibrilar Luxación Todas son correctas.
. Cal é o primeiro elo da Cadea de Supervivencia, que fai referencia as medidas de prevención e diagnóstico precoz da PCR? RCP básica Desfibrilación precoz Coidados avanzados Recoñecemento e activación dos servizos de socorro.
Atopas unha persoa tirada no chan da rúa, como actuarías? Avisar rapidamente ao 112 e sentar á vítima. Autoprotexerse e protexer á vítima e a continuación avisar ao 112 . Autoprotexerse e protexer á vítima, avisar ao 112 e valorar o estado de conciencia. Aplicar os primeiros auxilios.
. Cal é o ritmo que debe conseguirse de comprensións por minuto en persoas adultas? 80 90 100 120.
Cales son as fases a seguir na inmobilización e traslado dunha vítima? Colocar o collarín cervical, asegurar ao accidentado coas cintas de suxeición, facer a manobra de rodadura lateral para colocar ao deportista no taboleiro espinal e traslado a un centro hospitalitario. Colocar o collarín cervical, facer a manobra de rodadura lateral para colocar ao deportista no taboleiro espinal, asegurar ao accidentado coas cintas de suxeición e traslado a un centro hospitalario. Facer a manobra de rodadura lateral para colocar ao deportista no taboleiro espinal, colocar o collarín cervical, asegurar ao accidentado coas cintas de suxeición e traslado a un centro hospitalario. Asegurar ao accidentado coas cintas de suxeición, colocar o collarín cervical, facer a manobra de rodadura lateral para colocar ao deportista no taboleiro espinal e traslado a un centro hospitalitario.
A conducta “PAS” fórmase coas iniciais Protexer, alertar e socorrer. Previr, alertar e socorrer. Protexer, alertar e salvar. Priorizar, alertar e salvar.
De que tipo poden ser as habilidades motrices básicas? Manipulativas. De locomoción. A) e B) son correctas. Perceptivas.
Cales son os ámbitos das AFMN na escola? Ámbito curricular. Ámbito actividades complementarias Ámbito extraescolar. Todas son correctas.
As actividades na natureza dende unha perspectiva educativa pódense agrupar en niveis dependendo da contorna no que se desenvolvan. Tendo en conta isto, que nivel corresponde a aula? Pechado Mixto Aberto Alternativo.
Empregamos a PLS (posición lateral de seguridade) cando unha persoa inconsciente: Respira Non respira Non ten pulso Ningunha é correcta.
Pode darse unha ausencia total de accidentes nunha situación deportiva supervisada e/ou dirixida polo equipo escolar responsable? Non. Non, pero podemos reducir estes ao mínimo cunha boa prevención. Si Si, evitando realizar actividades no medio natural.
Cal é o elemento para poder actuar con dilixencia aplicando os primeiros auxilios necesarios? Actuar sen revisar previamente as condicións de seguridade do lugar onde nos atopamos. Non existe ningún elemento. Coñecer as causas que provocaron a aparición do accidente. Actuar sen protexer ás demais persoas presentes nin a nós mesmos.
Que coñecementos e medidas se deben tomar no caso dun accidente nunha sesión de Educación Física supervisada por un mestre ou un encargado de supervisar as actividades deportivas? Estado xeral do accidentado. Observación das posibles causas do accidente. Coñecer os tipos de accidentes máis comúns en cada lugar, instalación ou terreo deportivo Todas as respostas anteriores son correctas.
Cal é a orde que debemos seguir na valoración primaria cuxo obxectivo é identificar as situacións que supoñen unha ameaza para a vida? A existencia de hemorraxias grandes, si o accidentado está consciente ou non, e por último si o ferido respira ou non. Si o ferido respira ou non, si o accidentado está consciente ou non, e por último a existencia de hemorraxias grandes. Si o accidentado está consciente ou non, a existencia de hemorraxias grandes, e por último si o ferido respira ou non. Si o accidentado está consciente ou non, si o ferido respira ou non, e por último a existencia de hemorraxias grandes.
A conduta P.A.S, a que fai referencia? A protexer, axudar e socorrer. A protexer, alertar e socorrer. A protexer, alertar e sinalizar. Ningunha das anteriores son correctas.
Como obtemos información sobre o sucedido ante un accidente no que contamos con persoas que non resultaron afectadas ou que están afectadas levemente? Preguntando aos feridos graves Preguntando aos que non estaban presentes no momento do accidente. Preguntando a unha persoa presente previamente que se atope ben e estea tranquila para falar, podendo chegar a darnos información sobre os feridos, como por exemplo enfermidades, medicación que usan estes últimos… Ningunha das anteriores é correcta.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso