Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEAuxiliar Administrativo Pontevedra marzo 2017

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Auxiliar Administrativo Pontevedra marzo 2017

Descripción:
Examen do Proceso Selectivo de auxiliar administrativo Pontevedra OEP 2015

Autor:
Copiado de Concello Pontevedra
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
10/11/2017

Categoría:
Oposiciones

Número preguntas: 30
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Segundo o artigo 169 da Constitución Española non poderá iniciarse a reforma constitucional: A) En tempo de guerra ou de vixencia dalgún dos estados previstos no artigo 116 da Constitución Española. B) En tempo de guerra unicamente. C) En tempo de guerra ou de vixencia dalgún dos estados previstos no artigo 116 do Convenio para a protección dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais. D) Ningunha das anteriores respostas é correcta.
De acordo co artigo 27 da Constitución Española, o obxecto da educación será: A) O respecto aos principios políticos de convivencia. B) O respecto aos dereitos e obrigas fundamentais. C) O pleno desenvolvemento da personalidade humana. D) Todas son correctas.
De conformidade co disposto no artigo 57.5 da Constitución Española: A) As abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión da Coroa resolveranse por unha lei ordinaria. B) As abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión da Coroa resolveranse por unha lei orgánica. C) As abdicacións e renuncias de calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión da Coroa resolveranse por decreto-lei. D) As abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión da Coroa resolveranse por acordo do Consello de Estado.
A autorización da convocatoria de referéndum consultivo corresponde, segundo o artigo 92 da Constitución Española: A) Ao Goberno, a proposta do Presidente B) Ao Congreso dos Deputados C) Ao Rei D) Ao Rei, a proposta do presidente do Goberno.
O artigo 69.4 da Constitución Española dispón que: A) As poboacións de Ceuta e Melilla elixirán cada unha delas dous Senadores. B) As poboacións de Ceuta e Melilla non poderán elixir ningún Senador posto que xa contan con representación territorial no Congreso dos Deputados. C) As poboacións de Ceuta e Melilla elixirán cada unha delas un Senador. D) As poboacións de Ceuta e Melilla non poderán elixir ningún Senador posto que non son consideradas Comunidades Autónomas.
De acordo coa Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, o Consello Xeral do Poder Xudicial: A) Estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo e por vinte Vogais elixidos polas cámaras por maioría de dous quintos dos seus membros. B) Estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo e por doce Vogais elixidos polas cámaras por maioría de tres quintos dos seus membros. C) Estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo e por vinte Vogais elixidos polas cámaras por maioría de tres quintos dos seus membros. D) Estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo e por doce Vogais elixidos polas cámaras por maioría de dous quintos dos seus membros.
Segundo o artigo 55 da Lei 40/2015 do 1 de outubro do réxime xurídico das administracións públicas, os subdelegados do goberno nas provincias: A) Son órganos superiores e terán nivel de Subsecretario. B) Son órganos directivos e terán nivel de Subdirector xeral. C) Son órganos directivos e terán nivel de Subsecretario. D) Son órganos directivos e terán nivel de Director xeral.
As Comisións Delegadas do Goberno: A) Son creadas por Real Decreto do Consello de Ministros. B) Coñecen de cuestións que afectan a varios Ministerios. C) As súas deliberacións son secretas. D) Todas as respostas anteriores son correctas.
Segundo o previsto no artigo 3.1 da Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia, gozan da condición política de galegos: A) Os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa nun municipio galego durante o período mínimo dun ano. B) Os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia. C) Toda persoa que posúa a cidadanía galega por nacer en Galicia. D) Toda persoa que teña veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia.
Segundo o artigo 5 da Lei 3/1983, de 15 de xuño de normalización lingüística, as leis de Galicia publicaranse no Diario Oficial de Galicia: A) En galego. B) En castelán. C) En galego e en castelán. D) Ningunha das respostas anteriores é correcta.
Ao abeiro do establecido no artigo 11.1 da Ordenanza de impulso do uso do galego no Concello de Pontevedra a documentación que o Concello de Pontevedra dirixa a calquera das administracións públicas dentro do territorio de Galicia estará redactada en: A) Lingua galega e en lingua castelá. B) Lingua galega. C) Lingua castelá. D) Ningunha das respostas anteriores é correcta.
O artigo 37.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas dispón que as resolucións administrativas de carácter particular non poderán vulnerar o establecido nunha disposición de carácter xeral, aínda que aquelas procedan dun órgano de igual ou superior xerarquía ao que ditou a disposición xeral. Este principio coñécese co nome de: A) Inderrogabilidade parcial. B) Inderrogabilidade singular. C) Derrogabilidade parcial. D) Derrogabilidade restrinxida.
Segundo o artigo 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo para a interposición do recurso de reposición cando o acto non fora expreso é: A) De 1 mes. B) De 6 meses. C) De 3 meses. D) En calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.
De acordo co artigo 50 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conversión de actos viciados: A) Os actos nulos ou anulables que, no entanto, conteñan os elementos constitutivos doutro distinto producirán os efectos deste. B) Os actos nulos ou anulables que, no entanto, conteñan os elementos constitutivos doutro equivalente producirán os efectos deste. C) Os actos nulos ou anulables que, no entanto, non conteñan os elementos constitutivos doutro distinto producirán os efectos deste. D) Os actos nulos ou anulables que, no entanto, conteñan os elementos constitutivos doutro distinto non producirán os efectos deste.
Segundo o artigo 71.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, o procedemento, sometido ao principio de celeridade, impulsarase de oficio en todos os seus trámites e a través de medios electrónicos, respectando os principios de: A) Legalidade e imparcialidade. B) Transparencia e publicidade. C) Legalidade e eficiencia. D) Boa fe e seguridade xurídica.
De acordo coa Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non poñen fin á vía administrativa: A) As resolucións dos órganos administrativos que carezan de superior xerárquico. B) A resolución administrativa dos procedementos de responsabilidade patrimonial, calquera que fose o tipo de relación, pública ou privada, de que derive. C) Os acordos, pactos, convenios ou contratos que teñan a consideración de iniciadores do procedemento. D) As resolucións dos recursos de alzada.
Segundo o artigo 26 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, será a Deputación Provincial ou entidade equivalente a que coordinará a prestación do servizo de alumeado público: A) Nos municipios con poboación inferior a 10.000 habitantes. B) Nos municipios con poboación inferior a 5.000 habitantes. C) Nos municipios con poboación inferior 50.000 habitantes. D) Nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes.
Sinale o título que regula o Réxime de organización dos municipios de gran poboación na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local: A) Título IX. B) Título X. C) Título XI. D) Ningunha das respostas anteriores é correcta.
O artigo 133 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local prevé entre os criterios aos que se axustará a xestión económico-financeira dos municipios de grande poboación: A) O cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, de acordo co disposto na lexislación que o regule. B) A separación das funcións de contabilidade e de fiscalización da xestión económico-financeira. C) A introdución da esixencia do seguimento dos custos dos servizos. D) Todas as respostas anteriores son correctas.
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local dispón que para poder ser designado Vicepresidente da Diputación se require necesariamente: A) Non se require nada, os nomea o Presidente a proposta da Xunta de Goberno. B) Non ostentar ningunha delegación xenérica. C) Ser elixido polas dúas terceiras partes dos membros da Corporación. D) Ser membro da Xunta de Goberno.
O artigo 141.1 da Constitución Española establece que a Provincia é unha entidade local: A) Con personalidade xurídica plena. B) Carente de personalidade xurídica. C) Con plena personalidade xurídica e capacidade de obrar. D) Con personalidade xurídica propia.
Segundo o artigo 102.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado polo Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, a votación nominal, nunha sesión plenaria, requerirá a solicitude de un grupo municipal aprobada polo Pleno por maioría: A) Simple. B) Absoluta. C) Tres cuartos. D) Non require votación xa que só se utiliza para asuntos taxados pola lei.
Segundo o artigo 43 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fora expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada: A) Cando transcorreran dez días hábiles dende a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. B) Cando transcorreran quince días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. C) Cando transcorreran dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. D) Cando transcorreran entre dez e quince días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Segundo a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nos municipios de réxime común, quen determina o número de persoal eventual? A) O alcalde. B) O Pleno. C) A Xunta de Goberno. D) O Concelleiro de Facenda.
Segundo o artigo 10.1 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados como tales para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: A) A existencia de prazas vacantes cando sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira. B) A substitución transitoria dos titulares. C) O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de 9 meses, dentro dun período de doce meses. D) A execución de programas de carácter temporal, que non poderán ter unha duración superior a catro anos, ampliable ata doce meses máis polas leis de función pública que se diten en desenvolvemento deste Estatuto.
Segundo o artigo 87 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, quen se encontre en situación de servizos especiais terá dereito, a lo menos, a reingresar ao servizo activo: A) No mesmo municipio. B) Non ten reserva de ningún tipo. C) Na mesma localidade. D) Na mesma provincia.
Ao abeiro do establecido no artigo 132.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Comisión especial de Suxestións e Reclamacións estará formada por: A) Representantes de todos os grupos que integren o Pleno, de forma proporcional ao número de membros que teñan neste. B) Polos propios veciños, máximo de tres. C) Unicamente polo Alcalde e os funcionarios designados ao efecto. D) Ningunha das respostas anteriores é correcta.
O artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas establece que con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto dunha lei ou regulamento: A) Substanciarase unha consulta pública, a través do portal web da administración competente. B) Substanciarase unha consulta soamente aos interesados no procedemento a través de medios electrónicos. C) Substanciarase unha consulta pública soamente aos afectados pola futura norma a través de medios electrónicos. D) Substanciarase unha consulta pública soamente aos interesados no procedemento a través da notificación en papel.
Para a aprobación do Regulamento Orgánico propio da Corporación local requírese: A) Maioría simple dos membros presentes na sesión plenaria. B) Maioría absoluta do número legal de membros do Pleno da Corporación. C) Maioría de tres quintos dos membros do Pleno da Corporación. D) Non é competencia do Pleno, é da Xunta de Goberno que o aproba por maioría simple dos seus membros.
Segundo o artigo 112 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, o orzamento: A) Está integrado polo da propia entidade e os de todos os organismos e empresas locais con personalidade xurídica propia dependentes daquela. B) Está integrado polo da propia entidade exclusivamente. C) Está integrado polo da propia entidade e os dos organismos con personalidade xurídica propia dependentes daquela, exclusivamente. D) Está integrado polo da propia entidade e os de todos os organismos e empresas locais, con capital maioritariamente privado, con personalidade xurídica propia dependentes daquela.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso