Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEDia do Libro 2021

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Dia do Libro 2021

Descripción:
Preguntas sobre o mundo do libro, da lectura e a literatura

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
21/04/2021

Categoría:
Otros

Número preguntas: 22
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Alfred Nobel (1833-1896) foi o creador dos premios que levan o seu nome e que se conceden todos os anos. Sabes de onde era e a que se dedicou? Era un matemático islandés. Era un químico sueco. Era un médico alemán.
Por que se celebra o Dia do Libro o 23 de abril? Porque así o decidiu a Unión Europea, para conmemorar a data da morte de Miguel de Cervantes. Porque así o decidiu a ONU, para conmemorar a morte de William Shakespeare. Porque asi o decidiu a UNESCO, para conmemorar a data da morte de Miguel de Cervantes e de Shakespeare.
A Biblia asociámola hoxe co conxunto de textos sagrados da relixión xudía (Vello Testamento) ou do Cristianismo (Vello Testamento +Novo Testamento). Pero orixinalmente, tratábase dunha palabra que significaba "libros". De que lingua provén a palabra "Biblia"? da lingua grega. da lingua hebrea. da lingua exipcia.
A cultura china comezou a escribir sobre cunchas de tartaruga os seus primeiros textos. Para escribir os chinos utilizaban un conxunto de signos gráficos sen correspondencia fónica. Cada un destes signos é un ideograma. un conxunto de signos gráficos con correspondencia fónica, un sistema alfabético. Cada signo é unha letra.
Este famoso poeta granadino que hoxe ten estatua en Santiago ademais de escribir en castelán ten unha obra escrita en galego francés inglés.
Dous poemas épicos, A Ilíada e a Odisea, son consideradas unanimemente como as primeiras obras da literatura no mundo occidental. Sabes a quen se atribúen estas dúas obras? ao poeta grego Homero. ao grego Eurípides, autor de obras teatrais. ao poeta latino Virxilio.
Une o escritor/a da esquerda co país correspondente da dereita Emilia Pardo Bazán Wolfgang Goethe Molière Luis de Camões Fiodor Dostoievski.
A pel de animal (xeralmente cabra, carneiro, cordeiro ou ovella) preparada para poder escribir sobre ela chamábase papiro. palimpsesto. pergamiño.
A prensa utilizada nas imprentas para a impresión de gravados en metal ou calcografías chámase rotativa. facistol. tórculo.
Una as palabras da esquerda (todas significan "libro") co idioma que lles corresponde da dereita book liburua kniga kitab buch.
A técnica terapéutica que pretende mellorar a conduta e a personalidade mediante a realización dos trazos da escritura dunha maneira específica chámase... G----------.
A arte e a técnica de colocar tipos (moldes de letras, orixinalmente de chumbo) para compoñer un texto nunha imprenta chámase T_____.
En 2018 a poeta uruguaia Ida Vitale (1923-) recibiu o premio literario máis importante para os escritores de lingua española. Como se chama ese premio? Ten dúas palabras: P______ C_______.
Moitas relixións teñen escrituras específicas, textos que para os seus crentes chegar mesmo a ter carácter de sagrados. Una os textos da esquerda coa relixión que lles corresponda na dereita. Corán Evanxelios Torá Bhagavad Gita.
A primeira fotocopiadora comercial apareceu en 1959 e foi unha auténtica revolución. Na vida diaria usamos frecuentemente fotocopias ou impresoras. Sabes quen inventou esta máquina? Chester Carlson, un norteamericano que fixo a primeira fotocopia da historia en 1938. Chester Carlson, un norteamericano que fixo a primeira fotocopia da historia en 1965. Bryant Doubleday, un irlandés que fixo a primeira fotocopia en 1945.
Johannnes Gutenberg (1396-1468) foi o inventor do sistema de impresión con tipos (letras) móbiles, a base da imprenta. Esta creación revolucionaria permitiu a edición masiva de libros en serie, o seu abaratamento e popularización e tivo un efecto moi positivo na alfabetización do pobo. De onde era Gutenberg? da cidade de Mainz (Alemaña) da cidade de Amsterdam (Países Baixos) da cidade de Zurich (Suíza).
A Biblioteca máis antiga e máis importante de Santiago é a ... (Dúas palabras: B_____________________ U_________________________.
Nas igrexas e catedrais a estrutura de madeira en que se sostiñan os libros chamábase púlpito facistol lectoril.
O sufixo -TECA, que aparece en palabras como biblioteca, videoteca, ludoteca...significa.
A escritura cuneiforme, unha das formas máis antigas de expresión escrita e que data aproximadamente do ano 3200 a.C. foi usada en Exipto. a India. Mesopotamia.
Rosalía de Castro foi fundamental para recuperar a lingua galega como idioma literario no século XIX. Sabes onde podemos visitar esta estatua súa? Na Alameda de Santiago de Compostela. Nos cantóns da Coruña. No paseo marítimo de Vigo.
A tecnoloxía que permite que os ebooks ou ereaders funcionen imitando na pantalla as características do papel coñécese como (dúas palabras T________ E_________.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso