option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Didáctica, currículo e Organización Escolar 2024/2025 1ª oportunidade

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Didáctica, currículo e Organización Escolar 2024/2025 1ª oportunidade

Descripción:
Examen UDC, versión B, grupos 1 e 2

Fecha de Creación: 2026/10/30

Categoría: Universidad

Número Preguntas: 30

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

O obxectivo da organización escolar como disciplina académica é: Promover unha xestión e organización dos centros educativos acordes aos principios xerais dos Dereitos Humanos. Organizar de forma eficiente os elementos formais e institucionais dos centros educativos, así como as actividades complementarias e extraescolares. Entender mellor a dinámica das escolas, así como o seu proxecto educativo e a cultura do centro que orienta e define a educación que nel se desenvolve.

A organización do material por especializacións/usos do espazo educativo en áreas polivalentes que ofrecen distintas opcións pedagoxicas responde ao modelo arquitectónico de: Institución total. Edificios alternativos. Disposición da aula tradicional.

Segundo Manganiello (1970, p. 211 cit. en Ferrández & Sarramona, 1978), podemos definir a didáctica como: A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora non sistemática. A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora sistemática. O conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas.

Que é o perfil de saída que establece a LOMLOE e que se recolle no Decreto 156/2022 que regula o currículo da ESO en Galicia?. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica. O perfil de saída é o título básico que o alumnado debe obter para incorporarse ao mercado laboral ou acceder a outros estudos dentro do sistema educativo. O perfil de saída constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado no alumnado da FP básica.

Cando nos referimos á etimoloxía latina da palabra "educar" como "Educo-as-are" (criar, amamantar, alimentar), estámonos referindo ao significado de: Transmitir pautas culturais e sociais (alumnado como tábula rasa). Preparar o escenario o menos invasivo posible para favorecer o desenvolvemento natural. Promover unha aprendizaxe experiencial.

Cal dos seguintes documentos se sitúa no 2º nivel de concreción curricular?. A programación didáctica de aula. A adaptación curricular individualizada. O proxecto educativo do IES.

A empresa "Ludoarte - Servizos de conciliación" desenvolve actividades extraescolares no IES no que traballo como docente, en que nivel de formalización da acción educativa se ubicarían?. Educación formal. Educación informal. Educación non formal.

A pregunta de que contidos son imprescindibles a nivel do ensino básico, pode responderse aludindo aos fundamentos: Psicolóxicos. Sociolóxico-ideolóxicos. Epistemolóxicos e sociolóxico-ideolóxicos.

Dentro das dimensións de análise que establece González (2003) para os centros escolares, as condicións formais para o desenvolvemento da ensinanza nas aulas, como por exemplo a ratio profesor/a-alumnado, forma parte: Da dimensión relacional. Da dimensión procesual. Da dimensión estrutural.

A colexialidade artificiosa (Hargreaves & Fullan, 2014): Pode ser unha forma útil de impulsar a colaboración, aínda que está baseada en procedementos burocráticos formais para acreditar que existe unha planificación conxunta. Quédase sempre nunha compracencia colectiva que non rompe a rutinización do funcionamento dos centros. É un espazo onde os/as docentes poden investigar xuntos o modo de mellorar a súa práctica e posteriormente implementar o aprendido nas aulas.

Cal das seguintes metodoloxías se ve favorecida co modelo de escola-control?. Traballo en grupo. Aprendizaxe baseada en proxectos. Instrución directa.

O significado funcional da distribución espacial e arquitectónica da aula tradicional é: Establecer un rol do alumnado pasivo, como figura dependente do mandato docente. Manter a orde como valor determinante da convivencia socio-escolar e así facilitar a vixilancia e o control do alumnado. Promover que sexa o educador/a a única referencia omnipresente para o alumnado.

A orientación da LOMLOE (2020) á hora de establecer o proceso para elixir á dirección dos centros de ensinanzas non universitarias: Está pensada para reverter parcialmente o incremento do poder da Administración Educativa neste proceso que lle daba a LOMCE (2013). Ten como finalidade dotar de máis representantes do alumnado ás comisións de selección dos directores/as dos centros. Mantén as proporcións de representantes nas comisións de selección que establecía a LOMCE (2013).

Cando dentro dun IES un grupo de profesores/as decide apostar pola codocencia como sinal de identidade reflectida no Proxecto Educativo, mentres que outros, prefiren avogar pola redución da ratio dende unha lóxica de 1 profesor/a por grupo, que está sucedendo no centro?. Estase utilizando por parte de individuos ou grupos o poder formal e informal para lograr as súas metas na organización. Están coexistindo na mesma organización distintas subculturas profesionais docentes. A falta de autonomía dos centros respecto da Administración está limitando a contextualización.

Cando Martínez Rodríguez (2013) alude a que as escolas se afastaron das comunidades nas que están insertas e se dedicaron a divulgación de coñecementos "fragmentados e atomizados", está sinalando que: O sistema educativo esqueceu incentivar outras dimensións do ser humano. A institución escolar dá resposta ás necesidades socioeducativas da contorna. O contido que se imparte na escola ten escasa vinculación co que sucede fóra dela.

Entre os factores que favorecen o individualismo docente Hargreaves & Fullan (2014) sinalan: A arquitectura dos centros e a resistencia ao cambio. A presión e o tempo limitados, así como a interpretación da axuda dos compañeiros/as como avaliación ou xuízo. A culpa e o perfeccionismo.

A escola como realidade construída (González González, 2003) implica que: Esta como construción social xorde das interaccións e interpretacións das persoas que a compoñen. A escola pode entenderse como unha organización construída polo burocrático e administrativo. Existe unha estrutura formal correctamente definida que garante un bo funcionamento escolar.

Cando Gimeno Sacristán (1988, cit. en Bravo Garrido, 2007, p. 158) alude á expresión de concreción do plan cultural que unha institución escolar fai realidade dentro dunhas determinadas condicións que matizan ese proxecto, está definindo: “Cal é o ideal de ser humano na nosa sociedade? Que modelo de persoa (cidadán) é o que se busca coa educación formal?” Estas son preguntas que é preciso responder cando atendemos aos: Fundamentos psicolóxicos. Fundamentos sociolóxico-ideolóxicos e filosóficos do currículo. Funcións da escola.

Elaborar no marco do IES un “mapa-web que rescata ás mulleres compositoras de todos os tempos” poderiamos denominalo como un proxecto que se ubica nas: Teorías da reprodución. Teorías da resistencia ao currículo. Teorías do currículo oculto.

A aprendizaxe de cuestións relacionadas e experiencias que transcenden ao rendemento individual, poden desenvolverse en maior medida acudindo a: Propostas interdisciplinares. Propostas que desenvolvan unha metodoloxía activa. Propostas orientadas á lección maxistral.

"O fracaso é do individuo, a escola é igual para todos/as" é unha idea chave que serve para avogar por un modelo de escola: Reprodutora/conservadora. Reconstrutora/transformadora. Renovadora.

Cando prestamos especial atención ás prácticas cotiás docentes e as relacionamos cos discursos (maneira de relacionarnos co alumnado; comportamentos susceptibles de ser imitados ou de influír no alumnado), estamos falando do: Currículo vivido ou experiencial. Currículo oculto. Currículo explícito.

Cando se sinala que sen experto/a que deseña (sen poder intervir máis no deseño) é complexo para o profesorado desenvolver procesos de innovación e mellora na aula, estamos ubicando un currículo: Aberto. Pechado. Básico.

As editoriais que elaboran os libros de texto: Sitúanse entre o 2º e 3º nivel de concreción curricular. Sitúanse entre o 1º e 2º nivel de concreción curricular. Sitúanse entre o 3º e 4º nivel de concreción curricular.

Se desenvolvemos un proceso de toma de decisións que nos permita deseñar ambientes e experiencias de ensino-aprendizaxe antes de que ocorran, estamos ubicando no: Currículo editado. Currículo como plan de acción ou dimensión estratéxica porque estamos realizando unha programación didáctica. Currículo como campo de estudo ou dimensión reflexiva.

As ideas-eixo arredor das que converxen as necesidades fisiolóxicas, psicolóxicas e sociais da persoa: Son os referentes para deseñar proxectos de aprendizaxe tal como propuxo John Dewey. Son os referentes para establecer os centros de interese que promoveu Ovide Decroly. Son os referentes para deseñar unha unidade didáctica tal como propuxo María Montessori.

Os elementos básicos do currículo son: Obxectivos, contidos, competencias, actividades e avaliación. Obxectivos, competencias, tarefas ou actividades e avaliación. Obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación.

"Comprender e expresarse con corrección..." é un obxectivo que podemos caracterizar como: Obxectivo didáctico. Obxectivo xeral. Obxectivo específico.

A idea de que a escola é unha organización debilmente artellada implica que: Existe liberdade de cátedra e ausencia de superiores xerárquicos. Os elementos son interdependentes, pero esa interdependencia é feble e os mecanismos de coordinación tamén son febles. Está constituída por persoas que se relacionan entre si de múltiples maneiras.

Na proposta didáctica os obxectivos responden á pregunta de: Que ensinar. Para que ensinar. Como ensinar.

Denunciar Test