option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Dime algo sucio. Léxico-1

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Dime algo sucio. Léxico-1

Descripción:
Sinala o significado destas palabras da novela "Dime algo sucio".

Fecha de Creación: 2012/12/26

Categoría: Idiomas

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Estartelada. "As pernas consenten un ángulo de torsión estartelada, propia de monicreque roto". moi aberta. en forma de tirarrollas. en horizontal.

Rabuñaduras. "Ten algunhas rabuñaduras nos brazos". feridas causadas por unllas. marcas de queimaduras. marcas urticantes.

Enxugar. "Colle unha toalla e enxuga a suor acumulada na fronte". secar a humidade. rodear cun diadema. meter baixo un gorro.

Faccións. "Endurécenselle as faccións, tensa os músculos". trazos do rostro. músculos do peito. bíceps.

Balbordo. "Dos vestiarios procede o leve balbordo que arman os alumnos". alboroto, algarabía. bafo que produce moita xente xunta. calor humana.

Baleiros. "Uns estantes baleiros, unha cadeira, un armario empotrado cun espello". sen nada. torcidos. limpos de po.

Pesadelo. "O home negro esperta sobresaltado por un pesadelo que se repite". soño angustioso. timbre do espertador. son que produce o teléfono.

Nacaradas. "O home negro introducía pedras nacaradas nunha rede". brancas e irisadas coma a nácara. redondas e lisas. seixos da praia.

Espido. "O home negro soñou cunha praia e imaxinouse espido". nu, sen roupa. mollado pola auga do mar. espirrando polo frío.

Vimbio. "Treme coma un vimbio e adiviña o horizonte no teito do seu cuarto". vara longa e flexible. paxaro pequerrecho. folla de parra.

Sombrizas. "Laura acelera o paso polas sombrizas rúas das Camelias". con pouca luz. esvaradías. costentas.

Pátina. "Os seus vaqueiros presumen unha pátina grisallenta". cotra, capa como de sucidade. etiqueta coa marca. marca do ferro de pasar.

Desgairada. "Ao lonxe distínguese a figura desgairada de Nelson". pouco vigorosa. atlética. alta e delgada.

Apergamiñados. "Os beizos de Nelson son grumosos e apergamiñados". enxoitos, semellantes ao pergamiño. carnosos. longos, de orella a orella.

Enferruxadas. "Dúas persianas enferruxadas". que teñen ferruxe ou óxido. que están moi porcas. que teñen as lamas tortas.

Loura. "Unha nena loura disponse a recibir a primeira comuñón". de cabelo que tira a dourado. vestida de color rosa. coloradiña de cara.

Crego. "Os movementos do crego son lentos, cerimoniosos". cura, sacerdote. mestre de cerimonias. director de coral.

Pencas. "A lisura do seu ventre, salferido de diminutas pencas". manchas pardacentas. grans de acne. verrugas con peliños.

Tempas. "Sente os dedos moldeándolle devagar as tempas". partes laterais da cabeza, sens. movemento que leva moito tempo. zona posterior ás orellas.

Calafrío. "Senten un calafrío de peixes". arreguizo. sede. visgo.

Denunciar Test