Dime algo sucio. Léxico-2
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() Dime algo sucio. Léxico-2 Descripción: Escolle o significado axeitado das palabras propostas. |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
Badaladas. "Na Praza Maior mestúranse as conversas coas badaladas que anuncian a chegada da medianoite". toque de badalo na campá. altofalante colocado no campanario. sinais horarias. Palco. "Diante do concello hai un palco no que esa noite non actúa ninguén". lugar elevado onde se fan actuacións. parque con especies autóctonas. xardín urbano. Xeonllos. "Sostén o ordenador portátil sobre os xeonllos e teclea nerviosamente". parte da perna onde se xuntan o fémur e a tibia. supletorio onde se apoia o ordenador para que non se quente. mesiña auxiliar. Esvarar. "Os dedos de Eduardo esvaran rapidamente polas teclas". escorregar. trabucarse. atrancarse. Balbordo. "Contrasta co balbordo alcohólico que provén dos bares acubillados baixo os soportais". alboroto, algarabía. cheiro ao viño e outras bebidas. seareiro de taberna. Esnaquizados. "Tiveron que retirar os cristais esnaquizados". escahacdos, esnacados. moi transparentes. moi sucios. Ao carón. "Quería seguir espertando todos os días ao seu carón". á beira, á par. animal de compañía. vixilante. Amoucada. "Ánxela camiña devagar, amoucada". sen enerxía, sen ánimo. de morros, encabuxada. na punta dos pés. Esgazada. "Agarda, dille coa voz esgazada". rota. augardentosa. atiplada. Embigo. "Alcánzanlle a contorna do embigo". focha que deixa no ventre o cordón umbilical. lorzas que caen ao redor do van. sofraxe. Crecho. "Na pantalla vese agora un cativo de cabelo crecho". crespo, rizo. liso e de pincho. enguedellado. Chanzos. "Os zocos repenican nos chanzos". pasos, banzos. lados dunha campá. lastras dunha rúa. Lampexo. "Unha instantánea que regresa coma un lampexo inapreixable". lampo, lóstrego. lategazo, lampreazo. disparo. Formigo. "Sente un estraño formigo baixo os brazos". sensación como de proído ou cóxegas. niño de formigas pequenas. sensación de calor insoportable. Ingrávida. "Quérese libre, ingrávida,deixar en todo o que toca a pegada dun rozamento livián". lixeira, non suxeita á lei da gravidade. acabada de parir. sen impostos nin multas. Estoupar. "Desexa estoupar, romper, habitar algún lugar inerte". estourar, rebentar. acugular de estopa. vivir coma unha toupa. Ronsel. "Deixando tras de si un ronsel de fume grisallento". rastro que se deixa ao pasar. manchas graxentas no chan. marca redonda. Rouquén. "O motor arrastra unha rouquén asfixiada". afonía, son áspero. petardeo. zunido. Vaticinar. "O locutor vaticina temperaturas próximas aos 40 graos". prognosticar, predicir. vacinar. sinalar cunha vara. Rabuñadura. "O ancián salvara a vida. Nin unha rabuñadura. rabuñada, marca ou ferida como deixada polas uñas. mancadura como de golpe leve. mazadura, negrón. |