Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEDircom

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Dircom

Descripción:
test opciones

Autor:
Lucía
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
14/01/2022

Categoría:
Universidad

Número preguntas: 39
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
¿Qué enfoque teórico da identidade corporativa a concibe, segundo Capriotti, desde un punto de vista holístico e integral? O enfoque do deseño O enfoque organizacional.
¿Cal é a definición máis acertada de identidade corporativa desde un enfoque organizacional? Representación, estrutura ou esquema mental de asociacións que un público asocia a un obxecto (organización, marca, produto ou servizo), conformado por un conxunto de atributos Conxunto de atributos fundamentais que asume unha marca corporativa como propios e a identifican e distinguen das demáis Conxunto de creenzas, valores e pautas de conducta, compartidas e non escritas, polas que se rexen os membros dunha organización, e que se reflicten nos seus comportamentos.
Marca os dous compoñentes esenciais da identidade corporativa, segundo Capriotti Imaxe corporativa Filosofía corporativa Cultura corporativa Marca corporativa.
¿Como denomina Villafañe o elemento ao que Capriotti chama "filosofía corporativa"? Proxecto ou estratexia empresarial Reputación corporativa Valoración corporativa Marca corporativa.
Se da filosofía corporativa se di que é a "mente" da identidade corporativa, da cultura corporativa dise que é a súa... Estratexia Alma Xestión Reputación.
Segundo Paul Capriotti, os elementos que definen a filosofía da organización son: As pautas de conducta, os valores compartidos e as crenzas compartidas A misión, visión e valores compartidos Os atributos actuais e os atributos latentes O logotipo e o símbolo.
Cal das seguintes afirmacións non encaixa coa actual concepción da marca? As mellores marcas mundiais son as que cambian a vida da xente e se contrúen en torno a grandes ideais A marca debe entenders como algo indisolublemente unido ao propósito Unha experiencia de marca debe entenderse como un concepto abstracto que se transmite fundamentalmente a través do deseño Na actualidade as persoas non se centran tanto no que fai a marca ou nos beneficios que aporta, senón que prestan máis atención ao que comparte.
Que estratexia de arquitectura de marca segue unha empresa que dispón dunha única marca para tódalas súas gamas de produto? Estratexia monolítica Estratexia de respaldo Estratexia de marcas independentes Estratexia de branding.
Se tivesemos que asociar o concepto de marca corporativa cun verbo, ¿que verbo sería? Facer Pensar Prometer Ofrecer.
Como denominamos a marca que ofrece unha promesa da empresa aos seus stakeholders? Marca produto Marca experiencia Marca xenérica Marca comercial.
Con que concepto encaixa mellor esta definición? Sentimento cara unha organización composto por catro vectores: admiración, estima, confianza e respecto; que afecta ás actitudes e comportamentos favorables cara unha empresa e que, polo tanto, crea ou destrúe valor Identidade Cultura Imaxe Reputación.
Como denominamos o estudo que analiza a reputación dun número importante de empresas baseándose nun conxunto de indicadores determinados previamente? Auditoría de imaxe Auditoría de reputación Reporting corporativo Monitor de reputación.
Se estamos falando das dimensións da reputación e mencionamos a "performance" referímonos á... Valoración da empresa como lugar de traballo Resultados económico-financieiros (desempeño económico) Bo goberno corporativo ou integridade na xestión Actuacións públicas que a empresa desenvolve para tratar de xerar unha imaxe positiva.
Que nome recibe o monitor empresarial de reputación corporativa creado en España en 2000 e que hoxe é considerado un dos monitores de reputación de referencia no mundo? MACRO MERCO REPTRACK PERCO.
Como traduciríamos "stakeholders"? Grupos de presión Grupos de interese Grupos de ideas Inversores.
Figura de orixe anglosaxón que ten por obxecto velar para que a compañía desenvolva as súas actividades con estricta observancia da normativa e regulacións, tanto internas como externas, e con arreglo ás expectativas dos seus grupos de interese Brand journalism Compliance Bo goberno corporativo Intelixencia competitiva.
Cal destas 4 ferramentas ofrecidas por Villafañe & Asociados serve para a avaliación e xestión da reputación no entorno online? IRGB IRON MAGIC PROLIDER.
Para que se emprega o programa Key Monitor ofertado por Villafañe & Asociados? Para a avaliación e mellora do foberno corporativo Para a xestión do recoñecemento corporativo Para o posicionamento da marca empregador.
Como denomina Villafañe ao plan de xestión da reputación corporativa? MERCO IRON RGB PERCO.
Como se denomina o modelo presentado en 2021 pola Global Alliance for Public Relations and Communication Management? The Corporate Excellence The Global Capabilities Framework The Global PR and Communication Model The Melbourne Mandate.
Cal é o elemento central e constitutivo do primeiro bloque do Global PR & Communication Model? Cultura Marca Propósito Reputación.
Que organización desenvolve en 2018 o Global Capability Framework para profesionais da comunicación e das relacións públicas? Corporate Excellence Center for Reputation Leadership Dircom Global Alliance for Public Relations and Communication Management Villafañe & Asociados.
Global Capability Framwork organiza once capacidades dos profesionais da comunicación en tres áreas, ¿cal das seguintes NON é unha desas tres áreas? Capacidades comunicativas Capacidades organizacionais Capacidades profesionais Capacidades reputacionais.
Que significan as siglas GRI, aplicadas á realización do triple informe? Global Reporting Iniciative Grao de Reputación Invariable Global Ranking of Interest Global Ranking of Information.
No ámbito do reporting corporativo, que se entende por "triple informe"? O balance que unha empresa debe facer sobre cómo contribúe á prosperidade económica, a calidad do medio ambiente e o capital social A memoria recolle os resultados das accións realizadas nos ámbitos da comunicación interna, a comunicación externa e as relacións cos medios O balance do nivel de cumprimento dos indicadores dos monitores de reputación corporativa O documento que sintetiza as opinións do dircom, o responsable de recursos humanos e o presidente da empresa sobre as políticas de comunicación interna.
En que esfera da comunicación ubica Costa as funcións relacionadas coa cultura corporativa? Esfera da comunicación empresarial Esfera da comunicación mercadolóxica Esfera da comunicación organizacional.
Cal dos seguintes ámbitos ou departamentos da empresa NON constitúe unha das esferas da comunicación que Costa asocia ás funcións do dircom? Presidencia Calidade Recursos humanos Mercadotecnia.
Cal das seguintes respostas non se corresponde cun dos ámbitos nos que desenvolve as súas funcións o dircom, segundo a asociación do mesmo nome? Información corporativa Intelixencia competitiva Marca corporativa Valores corporativos.
Ademais do entorno dixital, as relacións cos medios e a comunicación audiovisual, que elemento completa a función de "información corporativa" do dircom segundo a asociación do mesmo nome? A marca corporativa O lobbying O reporting corporativo A responsabilidade social corporativa.
Se falamos da "concepción global da organización establecida pola alta dirección (...) para alcanzar as súas metase obxectivos" estamos definindo... A cultura corporativa A filosofía corporativa A identidade corporativa A imaxe corporativa.
A que pregunta debe responder a misión corporativa? Que fago Como o fago Onde quero chegar.
Cal destes enunciados non encaixa coa idea do propóstito corporativo? O propósito debe ser a expresión máis profunda do potencial que ten unha organización de mellorar a vida das persoas e do planeta Os obxectivos das organizacións con propósito van máis alá da mera consecución dos obxectivos económicos O propósito defínese dun xeito táctico no plan de comunicación da empresa para un período breve de tempo O propósito emerxe da converxencia de tres cuestións: o que a empresa quere ser, o que a empresa debería ser e o que a empresa podería ser.
Sinala a afirmación FALSA O propósito é aspiracional e a misión é operativa A visión chama á acción no tempo presente e o propósito é unha invitación a imaxinar o futuro O propósito debe ser unha meta ambiciosa, relevante e medible O propósito debe aunar valor empresarial e valor social.
Cando Villafañe fala de que unha organización está orientada ás persoas... ¿a que persoas se refiere? Aos clientes Ás persoas en xeral Aos empregados Aos proveedores.
Cando unha empresa carece dun organigrama sólido e pon a énfase no individuo, proporcionándolle a maior liberdade posible, dise que ten unha cultura... Do poder Da función Da tarefa Da persoa.
O diagnóstico da cultura corporativa NON inclúe a análise de.. Factores comunicativos como o estilo das comunicacións internas e externas Factores de dirección como a estrutura organizativa ou os sistemas de control e recompensa Factores estratéxicos como a performance, a oferta de produtos e servizos e a innovación Factores sociolóxicos da organización como as súas crenzas, tabús ou ritos.
Dunha empresa que valora en grande medida os recursos humanos e potencia medidas que os benefician, pódese dicir que está orientada a... Os custos A organización As peroas Os resultados.
Textilcasa, "a empresa que viste a túa casa", realizou entre os seus traballadores e directivos unha enquisa sobre cultura corporativa. Nela detectouse que a empresa posúe unha clara cultura da función cunha marcada orientación a custos, aínda que ao seu equipo directivo lle gustaría que na organización predominase a orientación ás persoas, a partir dunha ideoloxía corporativa baseada na tarefa. Se che pediran asesoría, ¿que obxectivo dirías que deben formularse? Definir a súa cultura corporativa Fortalecer a cultura existente Realizar algunhas modificacións sobre a cultura actual Modificar as bases da cultura actual.
O diagnóstico da dinámica cultural en Textilcasa permitiuche comprobar que na empresa hai moi poucos valores compartidos e que estes, ademais, non chegan a tódolos traballadores da organización. Estariamos ante unha cultura... Débil aínda que concentrada Débil e fragmentada Forte e concentrada Forte pero fragmentada.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso