option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

EMEASD

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
EMEASD

Descripción:
Test sobre EMEASD

Fecha de Creación: 2025/06/25

Categoría: Universidad

Número Preguntas: 63

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Marca a opcion que NON define o concepto de “auditation” no contexto da iniciación á educación. Proceso que nos permite converter os sons en música cando somos quen de atribuírlles un significado musical. Capacidade de escoitar, procesar e sentir a música cand o son está presente fisicamente ao tempo que lle atribuímos un significado musical. Proceso que consiste na asimilación e comprensión da mñusica a tradución que a nosa mente é capaz de facer cando somos quen de dar un significado.

Se vexo a secuencia “C G C G C C G C” escrita como acompañamiento dunha melodía, que notas podo tocar para acompañala?. Trátase dos acordes do Dó (C ) e do Sol (G). Podo tocar as notas Dó e Mi (para C) e Sol e Sol # (para G), por exemplo. Trátase dos acordes do Dó (G) e do Sol (C). Podo tocar as notas Dó e Mi (para G) e Sol e Re (para C), por exemplo. Trátase dos acordes de Dó (C ) e do Sol (G). Podo tocar as notas Dó e Sol (para C) e Sol e Si (para G), por exemplo.

Todas as figuras musicais…. Teñen cabeza. Teñen cabeza e pica, e algunhas teñen tamén corchete. Teñen unha duración asignada.

Os traballos sobre a aprendizaxe espontánea da música (como por exemplo tocar de oído ou modelos autodidácticos de aprendizaxe musical) pertenecen…. A etapa VI de educación do século XX. Este modelo tamén é denominado multicultural, onde prima a valoración das musicas tradicionais. Unha das súas máximas estudosas do tema é a investigadora Justine Ward. A étapa VI de educación do século XX. Este modelo tamén é denominado multicultural, onde prima o desenvolvemento da creatividade. Unha das súas máximas estudosas do tema é a investigadora Violeta Hemsy de Gainza. A étapa VI de educación do século XX. Este modelo tamén se chama de aprendizaxe musical informal ou natural. Unha das súas máximas estudosas do tema é a investigadora Lucy Green.

Para emitir a voz o correcto é…. Abrir a boca ao ancho, sorrinte, sen elevar o velo do padal e contraendo o fondo da gorxa. Abrir a boca en redondo, deixando caer a mandíbula, elevando o veo do padal. Abrir a boca en redondo, elevando o veo do padal e contraendo o fondo da gorxa.

As partituras non convencionais…. Poden realizarse usando calquera símbolo, debuxo… que a persoa que as realiza queira. O importante é que esa persoa sexa quen de seguir a propia partitura segundo escoita unha audición. Deben realizarse usando liñas (curtas, longas, continuas…), puntos (grandes, pquenos…), formas circulares e debuxos. O importante é que quen realice unha partitura non convencional debe ser quen de seguir a súa propia partitura segundo escoita unha audición, así como que outras persoas tamén sexan capaces de seguila sen perderse. Deben realizarse usando liñas (curtas, longas, continuas…), puntos (grandes, pquenos…), formas circulares e debuxos. O importante é que quen realice unha partitura non convencional debe ser quen de seguir a súa propia partitura sefundo escoita unha audición.

Indica onde se dan enarmonías nos seguintes pares de exemplos. Do#-Reb e Lab-Sol#. Sol #-Lab e Do#-Dob. La-Lab e Do#-Reb.

Os beneficios do canto, extensibles á práctuca musical, poden clasificarse en: Educativos, físicos, psicolóxicos, musicais e sociais. Somáticos, emocionais,musicais,psicolóxicos e sociais. Físicos, somáticos, emocionais, musicais e sociais.

A quen se lle atribuén os estudos que probaron que as crianzas poden recoñecer as voces maternas dende o último trimestre de embarazo a través da pomte larinxe-pelve?. Psicologo estadounidense Howard Gardner. Outorrinolaringólogo francés Alfred Tomatis. Psicologa arxentina Ruth Fridman.

Como consegue estimular o cerebro o acto de cantar?. A través dun proceso que comeza convertendo a enerxía química que xeran os pregues vocais ao cantar en enerxía eléctrica, capaz de producir cambios neuronais. A través dun proceso que comeza convertendo a enerxía mecánica que xeran os pregues vocais ao cantar en enerxía vibratoria, capaz de producir cambios neuronais. A través dun proceso que comeza convertendo a enerxía vibratoria que xeran os pregues vocais ao cantar e enerxía eléctrica e química, capaz de producir cambios neuronais.

As liñas adicionais…. atravesan verticalmente o pentagrama e colócase antes de cada acento ao principio de compás. son unhas liñas curtas que se poñen enriba ou debaixo do compás para colocar as notas que sobrepasan as alturas que poden determinar o pemtagrama, sempre en relación á clave que o encabeza. son dúas liñas xuntas que atravesan verticalmente o pentagrama cando se repite algún fragmento. son unhas liñas curtas que se poñen enriba ou debaixo do pentagrama para colocar as notas que sobrepasan as alturas que poden determinar o pemtagrama, sempre en relación á clave que o encabeza.

Dicimos que unha obra é homofónica cando…. A obra está formada por diversas voces que se moven simultaneamente cos mesmos valores pero con diferentes notas, formando, polo tanto, acordes sucesivos. A obra está formafa por varis voces que son fundamentalmente independentes e imitativas entre si, e que teñen ritmos diferentes.

Porqué durante a nenez moitas crianzas cantan de modo monónoto?. Porque estas non tiveron oportunidades de desenvolver unha técnica vocal sofisticada. Porque durante a nenez utilízase máis a voz falada que a cantada.

A Euritmia é.. …un tipo de fanfarra, peza musical curta, forte e brillante. É interpretada por varios instrumentos de vento, fundamentalmente de vento-metal, que frecuentemente son acompañados por instrumentos de percusión. especialidade artística cuxo eixo son as actividades de movemento que axudan a entender a música. Na infancia é fundamental comenzar a musicalización usando principios metodolóxicos eurítmicos, inspirados na pedagoxía dalcroziana. …unha disciplina artística cuxo eixo son as actividades de voz cantada que axudan a entender a música. Na infancia é fundamental comenzar a musicalización usando principios metodolóxicos eurmicos, ispirados en ideas nontessorianas.

Marca o modelo que responde á forma musical con variacións. ABCDEFG. A A’ A’’ A’’’ A’’’. ABACADAEA.

A intención das sesións de música dirixidas a bebés é…. Conseguir que xs bebés repitan o que fai o profesorado. Atraer e orientar a atención dxs bebés en relación ás actividades musicais presentadas. Guiar na reproducción do que fai o profesorado para que xs bebés poidan participar.

A que idade xa poden as crianzas identificar e repetir padróns melódicos e rítmicos?. De 2-3 anos. De 1-3 anos. De 1-2 anos.

En duración, unha negra con dous puntiños á súa dereita, equivale a…. Seis semicorcheas. Unha negra e tres semicorcheas.

Ás imaxes acústicas chámaselles…. …paisaxes sonoras ou ambientes sonoros, e non poden ser instantáneas. …sonografía visual ou ambiente visual, e non poden ser instantáneas. ...paisaxe visual ou documento visual, e poden ser instantáneas.

La, Si bemol e Dó son…. …tres notas en grao conxunto. Na escala de Fa Maior correspóndense aos graos III, IV e V. …tres notas en grao disxunto. Na escala de Fa Maior correspondese aos graos III, IV e V. …unha tríade. Coas notas La, Si bemol e Dó confórmas e a tríade do acorde de La (graos III, IV e Vdaescala de Fa Maior).

A vibración é un movemento oscilatorio necesario para... ...as calidades do son chamadas altura e intensidade, unicamente. ... as calidades do son chamadas timbre e intensidade, unicamente. ... o son e para a afinación.

As bases da identidade vocal e da comunicación aséntase…. …unicamente na infancia e na adolescencia. ... unicamente na adultez. ... unicamente na infancia.

É fundamental que á hora de compoñer cancións con sentido psicopedagóxico teñamos moi en conta a prosodia da lingua na que está escrita o texto que se debe cantar en tal canción. Isto quere dicir que…. … para que unha canción se considere que ten sentido psicopedagóxico, os acentos métricos/musicais deben coincidir cos acentos silábicos da lingua na que está escrita o texto da canción. A isto se refire a prosodia, á correcta acentuación. ... para que unha canción se considere que ten sentido psicopedagóxico, os acentos téticos deben coincidir cos acentos prosódicos da lingua na que na que está escrita o texto da canción. A isto se refire a prosodia, á correcta acentuación. ... para que unha canción se considere que ten sentido psicopedagóxico, os acentos anacrústicos deben coincidir cos acentos prosódicos da lingua na que está escrita o texto da canción. A isto se refire a prosodia, á correcta acentuación.

A cualidade que nos permite identificar o elemento que produce o son é: Altura. Timbre. Intensidade. Duración.

O seguinte intervalo é : 4º Aumentada. 4ºdiminuída. 4ºxusta. 4ºMaior.

Que nome recibe esta escala ?. Diatónica. Pentatónica. Hexátona. Modal.

Un paseo sonoro é…. unha actividade que consiste na realización de sonorizacións con material natural nun determinado ambiente exterior, no natureza. A realización dun paseo sonoro é fonte de Información sobre a diversidade biolóxica, a cultura, a historia e os costumes dos lugares polos que se pasa durante o paseo. unha actividade que consiste preferentemente na escoita activa dun determinado ambiente. O paseo sonoro pode constituír unha fonte de información sobre a diversidade biolóxica, a cultura, a historia e os costumes dos lugares que se percorren durante o paseo. unha actividade que consiste na realización de sonorizacións nun determinado ambiente exterior, na natureza. A realización dun paseo sonoro é fonte de Información sobre a diversidade blolóxica, a cultura, a historia e os costumes dos lugares polos que se pasa durante o paseo.

As liñas divisorias : atravesan verticalmente o pentagrama e colócase antes de cada acento ao principio de compás. son unhas liñas curtas que se poñen enriba ou debaixo do compás para colocar as notas demasiado graves ou agudas. son dúas liñas xuntas que atravesan verticalmente o pentagrama cando se repite algún fragmento. son unhas liñas curtas que se poñen enriba ou debaixo do pentagrama para colocar as notas demasiado graves ou agudas.

O caldeirón é un signo que…. Indica un cambio de compás. Modifica a intensidade do son. Prolonga a duración do son. Modifica a altura do son.

Os índices acústicos: Permítennos identificar a acústica do instrumento. Permítennos fixar a altura absoluta dos sons. Permítennos identificar a altura en relación a outra nota. Permítennos fixar o índice de intervalos.

O puntillo é un signo que…. Modifica a altura do son. Prolonga a duración do son. Modifica a intensidade do son. Indica un cambio de compás.

Os silencios son signos que: Teñen duración e son. Se colocan ao final dos movementos. Teñen duración, pero non son. Non teñen nin duración nin son.

Se o valor en canto a duración dunha redonda é 1, o que lle corresponde á corchea dentro desa duración é 8 . Isto quere decir que…. ... o valor da negra neste caso é 4. Ademais, se teño unha canción cuxo tempo se indica así: (negra= 100), cada “tac” do metrónomo indicará o comezo dunha negra. ... o valor da negra neste caso é tamén 1. Ademais, se teño unha canción cuxo tempo se indica así: (negra=100), cada "tac" do metrónomo indicará a duración dunha negra. ... o valor da negra neste caso é tamén 1. Ademais, se teño unha canción cuxo tempo se indica así: (negra=100), cada "tac" do metrónomo indicará o comezo dunha negra.

Rodea a opción na que os termos estean correctamente ordenados de máis a menos rápido: andante, adaigo, presto, allegro, lento. presto, allegro, andante, adagio, lento. allegro, presto, adagio, andante, lento. presto, allegro, adagio, lento, andante.

A matraca ou carraca é …. ... unha técnica útil para traballar as repeticións nos procesos de ensino-aprendizaxe do debuxo rítmico. ... un elemento de notación musical non convencional que serve para marcar a repetición dun fragmento. instrumento de efecto especial moi útil para sonorizar accións monótonas e repetitivas.

O güiro... ... é un instrumento de percusión de altura indeterminada. Tamén chamado rascador, é un instrumento de percusión de altura determinada. ... é un instrumento de percusión corporal de altura fixa, feito de madeira. Tamén pode ser de plástico ou de metal.

A frauta de émbolo é un instrumento... ... de efecto especial. A súa característica máis destacable é a emisión de sons en staccato, isto é, sons continuos que por exemplo parten dun son grave e ascenden a outro máis agudo, pasando ininterrompidamente por sons intermedios. …de vento. Asúa característica máis destacable é a emisón de sons en glissando isto é, sons continuos que por exemplo parte dun son grave e ascendente a outro máis agudo, pasando por sons intermedios nos que breves silencios. ... de vento. A súa característica máis destacable é a emisión de sons en glissando, isto é, sons continuos que por exemplo parte dun son agudo e descenden a outro máis grave, pasando ininterrompidamente por sons intermedios.

Se quero tocar o acorde de Dó Maior con boomwhakers (tubos sonoros) e só podo coller un boomwacker en cada man (para tocalos á vez), teño que coller os seguintes boomwhackers para que o acompañamento en Dó Maior sexa correcto. Estas dúas opcións son correctas. Opción 1: coller o tubo sonoro vermello (Dó ou C) e o tubo sonoro amarelo (Mi ou E); Opción 2: coller o tubo sonoro vermello (Dó ou C) e o tubo sonoro turquesa (Sol ou G). Estas dúas opcións son correctas. Opción 1: coller o tubo sonoro vermello (Dó ou D) e o tubo sonoro amarelo (Mi ou M); Opción 2: tubo sonoro amarelo (Mi ou M) e o tubo sonoro turquesa (Sol ou G). Estas dúas opcións son correctas. Opción 1: coller o tubo sonoro vermello (Dó ou D) e o tubo sonoro amarelo (Mi ou E); Opción 2: coller o tubo sonoro vermello (Dó ou C) e o tubo sonoro turquesa (Sol ou S).

Se collo o boomwhacker ou tubo sonoro vermello (nota Dó) e o turquesa (nota Sol) podo…. facer un acompañamento se os toco á vez ou individual pero seguidamente (ou sexa, de modo arpexado). O que se xera é un acorde, válido tanto para acompañar tanto co acorde de Dó Maior como co de Dó menor. facer unicamente unha melodía independente se os toco á vez ou individual pero seguidamente (ou sexa, de modo arpexado). Polo tanto, o que se xera é un acorde, válido para acompañar só co acorde de Dó maior. facer unicamente unha melodía independente se os toco á vez ou individual pero seguidamente (ou sexa, de modo arpexado). Polo tanto, o que se xera é un acorde, válido tanto para acompañar tanto co acorde de Dó Maior como co de Dó.

Na pedagoxía Orff…. …a clave para a práctica instrumental escolar é que cada crianza aprenda a tocar ben un instrumento e a parte que lle tocu dunha peza dada para tocar en conxunto. …a clave para a práctica instrumental escolar é que todas as crinzas aprendan a tocar as partes e instrumentos implicados nunha peza dada para tocar en conxunto. ... a clave para a prática instrumental escolar é que a música se traballe de maneira interdisciplinar e con parella educativa (home-muller; xeneral insta vs. especialista en música).

A práctica da ximnasia respiratoria como actividade diaria xorde na proposta psicopedagóxica…. …wardiana (Justin e Ward). …agazziana (irmás Carolina e Rosa Agazzi). …montessorians (Maria Montessori).

Justine Ward, Maurice Martenot e Karl Orff son figuras destacadas da psicopedagoxía musical. As súas propostas educativo-musicais destacaron especialmente por centrarse…. na formación vocal e do canto, no caso de Ward; na relaxación e na respiración, no caso de Martenot, e na prosodia da lingua nal das crianzas, no caso de Orff. na formación vocal e do canto, no caso de Martenot; na relaxación e na respiración, no caso de Ward, e na prosodia da lingua nal das crianzas, no caso de Karl Orff. na formación vocal e do canto, no caso de Mertenol, na relaxación e na respiración, no cano de Orff, e ne prosodia da lingua nal das crianzas, no caso de Ward.

A qué idade se desenvolve a capacidade de distinguir sons segundo a súa procedencia, cunha certa clasificación tímbrica, e a capacidade de distinguir sons agudos e graves?. aos 3 anos. aos 4 anos. antes dos 2 anos. antes dos 3 anos.

Arredor dos 5 anos as crianzas xa poden comenzar a crear cancións. As notas máis usadas son…. …tres, preferentemente as notas Sol, La e Mi. …catro en grao conxunto, como Do, Re, Mi, Fa. …tres, preferentemente as notas Sol, La e Si.

O espazo entre dous acentos é o…. Intervalo. Regulador. Compás. Matíz.

Os reguladores son uns signos musicais que serven para indicar o: O movemento. O aire. O compás. O matíz.

Algúns recursos da memoria a curto prazo para que os exercicios musicais sexan máis sinxelos de imitar e recordar na memoria a longo prazo son: Regra de chunking; frases musicais con lóxica prosódica (acento musical coincidente con acento de intensidade), preguntas e respostas; similitudes ou contrastes que o alumnado poida aprehender etc. Regra de chunking; frases musicais con variacións, preguntas e respostas; similtudes ou analoxías que o alumnado poida aprehender etc. Regra de chunking; frases musicais con contrastes, preguntas e respostas; similitudes ou anoloxías que o alumnado poida aprehender etc. Regras de agrupamento; frases musicais con bucles ou repeticións, preguntas e respostas; similitudes ou analoxías que o alumnado poida aprehender etc.

A musicalidade é unha calidade do ser humano que é innata. Todas as persoas pusuímos un grao maior ou menor de musicalidade. Como é innata …. ... a musicalidade é susceptible de ser desenvolta ao longo da vida. As crianzas precisan poder acceder a moitas actividades musicais, independentemente do seu contido, para que poidan desenvolver a súa musicalidade. …e tamén natural, a musicalidade é susceptible de ser desenvolta ao longo da vida. As crianzas precisan poder acceder a actividades musicais de calidade, que lles permitan desenvolver a súa musicalidade e, xa que logo, o seu talento musical. ..é complicado que se poida desenvolver ao longo da vida. Por moitas actividades musicais ás que expoñamos ás crianzas, se estas parten dun nivel baixo de musicalidade, dificilmente poderán desenvolver o seu talento musical.

Que idade é apropiada para iniciar as canciones onomatoéicas?. 5 anos. 2 anos. 4 anos. 3 anos.

A diese (“Sostenido”), o bemol e o becuadro son. Matices. Aires. Alteracións.

A orde dos bemoles é. si, mi, la, re, sol, do, fa. fa, do, sol, re, la, mi, si. sol, mi, fa, re, si, la, do. si, la, re, do, sol, do, mi, fa.

As escalas maiores…. teñen os semitóns entre os grados 2º ao 3º, e 6º ao 7º. teñen os semitóns entre os graos 3º ao 4º, 7º ao 8º. teñen os semitóns entre o mi e o fa, e o si e o do. non teñen semitóns.

O bemol é…. Aire. Matiz. Figura. Alteración.

As notas que dá nome a escala chámase…. Tónica ou grao 1º. Modal ou grao 1º. Supertónica ou grao 1º. Dominante ou grao 1º.

Cal é a totalidade das seguintes escala?. Mibmenor. MiMayor. Mimenor. MibMaior.

La, Si bemol e Dó son…. …tres notas en grao conxunto. Na escala de Fa Maior correspóndense aos graos III, IV e V. …tres notas en grao disxunto. Na escala de Fa Maior correspondese aos graos III, IV e V. …unha tríade. Coas notas La, Si bemol e Dó confórmas e a tríade do acorde de La (graos III, IV e Vdaescala de Fa Maior).

Qué significa o símbolo que precede á corchea que se atora dentro do círculo vermello?. Trátase dun bemol, signo que baixa medio ton á nota á que afecta. Está entre paréntese porque ese bemol en realidade non teria por que estar presente, está colocado a modo de precaución. Tratase dun becuadro, signo que anula o efecto dunha alteración (como pode ser unha diese). Está entre parentese porque ese becuadro é opcional, pode interpretarse tanto Fa natural como Fa diese, como nos compases anteriores. Trátese dun becuadro, signo que anula o efecto dunha alteración (como pode ser unho diese). Está entre paréntese porque ese becuadro en realidade non tería por que estar presente, está colocado a modo de precaución.

Os musicogramas…. non poden incorporar símbolos ou signos de notación musical convencional. deben incorporar símbolos ou signos de notación musical convencional. poden incorporar simbolos ou signos de notación musical convencional.

É certo que, na liña de desenvolvemento psicoevolutivo esperado, o alumnado do primeiro ciclo de primaria xa pode entender e traballar con tresillos?. Non. A comprensión do tresillo (conxunto de tres figuras iguais que se deben interpretar no tempo correspondente a dúas delas) é máis propio do terceiro ciclo de educación primaria, pois neste ciclo xa se superaron os períodos de operacións concretas e se dispón de maior grao de abstracción para manexar conceptos numéricos e aprender códigos xerais de lectoescritura e específicos de linguaxe musical. Non. A comprensión do tresillo (intervalo que abrangue tres grao conxuntos da escala diatónica) e máis propio do terceiro ciclo xa se superaron os periodos de o operacións concretas e se dispón de maior grao de abstracción para manerar conceptos numéricos e aprender códigos xerais de lectoescritura e específicos de linguaxe musical. Non. A comprensión do tresillo (forma musical dunha canción que ten tres partes) é máis propio de terceiro ciclo de educación primaria, pois neste ciclo xa se superaron os periodos de operacións concretas e se dispón de maior grao de abstracción para manexar conceptos numéricos e aprender códigos xerais de lectoescritura e específicos de linguaxe musical.

Por que o canto dunha balea se pode escoitar a centos de quilómetros?. Porque a auga salgada é un excelente condutor do son. Este propágase sen case perdas. Porque malia que o aluminio, a madeira e o aire son os mellores condutores de son, a auga é tamén unha boa condutora de son. porque malia que o aire é o mellor conductor de son, a agua é tamén unha boa conductora de son.

Decimos que un síncope é breve cando dura: Dous medios tempos. Catro medios tempos. Menos de dous medios tempos. Dous tempos.

Os intervalos conxuntos. Son intervalos que sempre van de nota grave á nota aguda. Son intervalos nos que as súas notas se tocan simultaneamente. Son intervalos que pasan da 8ª. Son intervalos formados por dúas notas correlativas.

A necesidade de movemento na etapa de educación infantil é vital. Como futuros mestres podemos e debemos reforzar, exercitar e ampliar as características físicas do noso alumnado principalmente a través…. …da educación coral, que permite o desenvolvemento secuenciado vocal e auditivo ao mesmo tempo e das habilidades motrices. ...da educación somática, que permite o desenvolvemento secuenciado dos músculos e das habilidades motrices. …da educación auditiva, que permite o desenvolvemento secuenciado do oído e das habilidades motrices. …da actividade física libre, que permite o desenvolvemento secuenciado dos músculos e das habilidades motrices.

Denunciar Test