Examen Dinámicas
|
|
Título del Test:
![]() Examen Dinámicas Descripción: Dinámicas de comunicación |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. O paradigma comunicacional…. a) explica a comunicación a través da metáfora da transacción de información. b) explica a comunicación a través da metáfora da danza. c) está moi influido pola teoría matemática da información. 2. Watzlawick (1979) representa o construtivismo radical porque. a) nega a existencia da verdade absoluta. b) porque asume unha posición pasiva por parte do receptor da mensaxe. c) porque o significado non se xera na interacción, senón que é fixo e inmutable. 3. O paradigma informacional está moi influido. a) pola teoría matemática da información. b) pola teoría da comunicación humana. c) Ambas respostas son correctas. 4. Segundo Ballenato (2006) a comunicación non verbal. a) non resulta valiosa para interpretar o significado real da comunicación. b) está vinculada a procesos fisiolóxicos como a respiración, as palpitacións ou a activación muscular. c) depende das variacións na voz durante a conversa. 5. As condicións de explotación, marxinación, dominación ou inxustiza social que están presentes na violencia estrutural verise posibilitadas: a) pola estrutura social e económica. b) pola estrutura política. c) Ambas respostas son correctas. 6. El concepto de "hegemonía cultural" acuñado por Antonio Gramsci: a) Es un instrumento de dominación de clase. b) Implica que las ideas, valores y creencias hegemónicas no se imponen por la fuerza. c) Ambas respostas son correctas. 7. Dende a Teoría da Información (Shannon e Weaver, 1949) a comunicación é un intercambio de información a través dunha mensaxe entre o emisor e o receptor. Este proceso... a) é lineal e unidireccional. b) implica que a información é un obxecto inacabado e negociado de xeito continuo entre o emisor e o receptor. c) está determinado polas circunstancias temporais, espaciais e socioculturais que rodean ó acto comunicativo. 8. A Teoría da Información (Shanon e Weaver, 1949) tivo moitas aplicacións no ámbito científico. Porén, unha das súas limitacións é... a) que concibe a comunicación como algo meramente técnico e mecánico, de xeito que a interpretación é reducida á codificación-decodificación. b) que non puido ser aplicado a ámbitos como a Lingüística, a Antropoloxía ou a Socioloxía. c) que concibe a comunicación como algo meramente técnico e mecánico, de xeito que a interpretación é reducida á connotación. 9. A construción discursiva da realidade social: a) é un proceso exclusivo do ámbito lingüístico. b) é o proceso polo cal se elabora un determinado discurso acerca da realidade social co ánimo de representala. c) non implica unha naturalización das realidades construídas. 10. O significado subxectivo que cada persoa lle engade ó significado denotativo. a) coñécese como connotación. b) é compartido polos membros dunha cultura e pode variar co tempo. c) Ambas respostas son correctas. 11. Dende o paradigma comunicacional, a comunicación é.... a) un fenómeno de natureza cooperativa. b) un proceso de interpretación creativa e re-creativa permanente. c) Ambas respostas son correctas. 12. A tendencia a advertir, atender e recordar de xeito preferente a información que confirma as nosas crenzas coñécese co nome de…. a) Nesgo de superioridade moral. b) Nesgo de confirmación. c) Nesgo de arrastre. 13. Cal das seguintes afirmacións constitúe un dos axiomas comunicativos formulados por Paul Watzlawick (1979)?. a) Calquera comunicación amosa un aspecto de contido -referencial e un aspecto relacional conativo. b) Os seres humanos establecen unha comunicación tanto dixital como verbal. c) Ambas respostas son correctas. 14. Segundo Watzlawick (1979) a comunicación realízase simultaneamente en dous planos: a) a emisión e a recepción. b) a información e a relación. c) a comunicación e a sociedade. 15. Cal das seguintes propiedades da linguaxe nos permite facer referencia a entidades ou acontecementos distantes no espazo ou no tempo?. a) A dualidade de estruturación. b) A produtividade. c) O desprazamento. 16. Segundo Pierre Bordieu, a violencia simbólica: a) está vinculada ó concepto de poder. b) está interiorizada por axentes dominadores e dominados. c) Ambas respostas son correctas. 17. Segundo Watzlawick, Beavin Bavelas e Jackson (1971), integrantes da Escola de Palo Alto, independentemente das significados elaborados polas suxeitos,. a) o proceso de comunicación defínese ó redor do emisor. b) as palabras transmiten significados claros e cerrados. c) existe unha construción social do significado dos feitos organizativos, construída por todos os membros dunha organización. 18. A comunicación humana ten dous compoñentes: a) un compoñente dixital e un compoñente analítico. b) un compoñente analóxico ou expresivo e un compoñente dixital ou analítico. c) un compoñente analóxico e un compoñente expresivo. 19. O paradigma informacional-comunicacional concibe. a) a sociedade como un sistema e a comunicación como unha das principais funcións de ese sistema. b) a comunicación como un procedemento mecánico que ten lugar na sociedade. c) a comunicación como a transmisión de información nunha mensaxe entre dúas instancias (emisor-receptor), mediante un proceso lineal e unidireccional. 20. O estudo do significado dos movementos humanos denominase. a) kinesia. b) paralingüística. c) proxémica. 21. Segundo Aguado (2004), a comunicación é un fenómeno complexo e problemático... a) porque fai referencia a fenómenos semellantes en contextos moi diversos. b) porque fai referencia a fenómenos moi diferentes nun mesmo contexto. c) Ambas son correctas. 22. A Teoría Xeral de Sistemas formulada nos anos 40 do século XX por Bertalanffy, tivo unha enorme influencia na comprensión do fenómeno da comunicación. A idea de sistema.... a) foi un referente común para diferentes disciplinas, aplicado a máquinas. b) foi un referente común para diferentes disciplinas, aplicado tanto a máquinas como a organismos vivos e sociedades. c) foi un referente común para diferentes disciplinas, aplicado a organismos vivos e sociedades. 23. Segundo Ballenato (2006), aquela comunicación que se sustenta en elementos tales como o volume, a entonación, a fluidez verbal ou a velocidade de emisión, denominase. a) comunicación non verbal. b) comunicación para-verbal. c) comunicación verbal. 24. O paradigma informacional concibe a comunicación coma. a) coma unha transmisión da realidade/coñecemento a través de representacións. b) coma un concepto polisémico, ambiguo e multidimensional. c) coma unha construción do coñecemento e da realidade a través da acción. 25. Watzlawick, Beavin Bavelas e Jackson (1971), integrantes da Escola de Palo Alto, conciben a situación comunicativa. a) como un sistema dinámico de relacións entre autores. b) como a conduta humana por excelencia. c) Ambas respostas son correctas. 26. A escalada simétrica prodúcese. a) cando hai incongruencia entre os niveis analóxico e dixital. b) cando os intercambios comunicacionais teñen un carácter simétrico. c) cando ambas partes tratan de neutralizar o que consideran un intento do interlocutor de ocupar unha posición superior. 27. Segundo Watzlawick, Beavin Bavelas e Jackson (1971), integrantes da Escola de Palo Alto, a comunicación. a) depende só do acordo. b) é só transmisión de mensaxes. c) é o proceso que da lugar a un sistema social. 28. En toda mensaxe podemos identificar dous niveis de contido: un contido referencial, que alude a aquilo do que se fala, e un contido conativo. a) que expresa a posición dos interlocutores respecto dos outros. b) que fai referencia ó valor comunicativo da inactividade. c) que é irrelevante no proceso comunicativo segundo Watzlawick (1979). 29. Segundo Ruíz Martín (2020) os nesgos cognitivos. a) tratan de evitar o que Festinger (1957) denomina "disonancias cognitivas". b) son fenómenos involuntarios que distorsionan o procesamento de información. c) ambas respostas son correctas. 30. Cando hai incongruencia entre os niveis analóxico e dixital, tende a prevalecer. a) o dixital, porque é moi sinxelo mentir no terreo analóxico pero moi complexo facelo no terren dixital. b) un dos dous elementos, dependendo da relación entre o emisor e o receptor. c) o analóxico, pois é moi sinxelo mentir no terreo dixital pero moi complexo facelo no terreo analóxico. |





