Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEExames aprendi

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Exames aprendi

Descripción:
exames aprendi

Autor:
srtub
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
15/12/2018

Categoría:
Otros

Número preguntas: 69
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
A diferencia dos expertos, os aprendices en tarefas de resolución de problemas adoitan usar máis procedementos xerais (heurísticos) Verdadeiro Falso.
Ó contrario do que predicía o modelo de Hull, o cambio conceptual extradimensional é máis sinxelo que o intradimensional Verdadeiro Falso.
Ó contrario que a teoría de Adams, a teoría de esquemas de Schmidt predí efectos beneficiosos dos erros Verdadeiro Falso.
Coa preparación experimental axeitada pódese demostrar en suxeitos humanos a existencia de condicionamento sen conciencia Verdadeiro Falso.
Delta P equivale á diferenza entre a probabilidade de aparición do resultado en presenza da clave e na ausencia da clave Verdadeiro Falso.
Delta P equivale á proporción de ensaios favorables a unha relación directa (a+d) menos a proporción de ensaios favorables a favor dunha relación inversa (c+b) Verdadeiro Falso.
O "efecto trinquete" leva consigo unha modificación do nicho ontoxenético da especie humana Verdadeiro Falso.
A aprendizaxe por instrución é, por definición, unha manifestación clara de aprendizaxe explícita Verdadeiro Falso.
O condicionamento clásico nos suxeitos humáns sempre da como resultado unha aprendizaxe de sinal Verdadeiro Falso.
O efecto de sinalización demostra que a relación estimada entre unha clave e un resultado aumenta cando os ensaios tipo "c" se sinalan cunha segunda clave Verdadeiro Falso.
O moldeado consiste na adquisición de condutas ou patróns de conduta novos, producidos mediante o reforzo de aproximacións sucesivas á realización desas condutas Verdadeiro Falso.
O modelo de Rescorla e Wagner predí a aparición do sesgo de densidade ó principio do adestramento, e a súa desaparición con grandes cantidades de práctica Verdadeiro Falso.
O modelo LEABRA (O'Reilly, 1996) combina aprendizaxe asociativa e aprendizaxe guiada polo erro Verdadeiro Falso.
A orixe na aprendizaxe está sempre na experiencia consciente Verdadeiro Falso.
O parámetro S do modelo de Medin e Schaffer indica o valor polo que se multiplica a similitude cada vez que dous exemplares comparten unha característica Verdadeiro Falso.
O parámetro S do modelo de Medin e Schaffer indica o valor polo que se multiplica a amplitude cada vez que dous exemplares non comparten unha característica Verdadeiro Falso.
O sesgo de densidade refírese á maior dificultade de estimar relacións de continxencia que se produce cando hai unha gran densidade de posibles preditores Verdadeiro Falso.
O sesgo de densidade refírese á relación de continxencia que sucede en ocasións cando o resultado é moi frecuente Verdadeiro Falso.
No bloqueo cara atrás obsérvase que presentar o resultado antes que a clave diminúe a estimación de continxencias Verdadeiro Falso.
No bloqueo obsérvase que aprender sobre unha clave preditora dificulta a aprendizaxe sobre outra clave que, posteriormente, acompaña á primeira Verdadeiro Falso.
No procedemento de selección, os conceptos descóbrense máis rápido porque os suxeitos poden constrastar directamente as hipóteses Verdadeiro Falso.
En habilidades motoras, as tarefas de circuito pechado son aquelas nas que o suxeito pode modular as súas accións ante a percepción da súa propia execución Verdadeiro Falso.
En habilidades perceptivas, a produción de aprendizaxe sen "feedback" indica que o proceso responsable non é reducible a un proceso de categorización Verdadeiro Falso.
En habilidades perceptivas, a produción de aprendizaxe sen "feedback" indica que o proceso responsable é un proceso de categorización Verdadeiro Falso.
Na especie humana, as formas de aprendizaxe máis complexas poden explicarse a partir de mecanismos asociativos relativamente sinxelos Verdadeiro Falso.
A aplicación de modelos causais á aprendizaxe de continxencias predí que as causas deberían competir entre si, pero os efectos non Verdadeiro Falso.
A aplicación de modelos causais á aprendizaxe de continxencias predí que as claves deberían competir entre si, tanto cando son causas como cando son efectos Verdadeiro Falso.
A arquitectura SAL (síntese de ACT-R e LEABRA) representa un intento de combinar nun mismo modelo formas de aprendizaxe simbólicas e subsimbólicas Verdadeiro Falso.
A contigüidade entre eventos é unha condición que afecta á aprendizaxe, e ademais é necesaria e suficiente para que esta se produza Verdadeiro Falso.
A curva de aprendizaxe cara atrás representa a execución dos suxeitos nos ensaios posteriores ó seu último erro Verdadeiro Falso.
A información experimental da que dispoñemos parece indicar que a aprendizaxe é unha consecuencia directa da intención de aprender: apréndese estrictamente sobre aquelo que o sistema se propón aprender Verdadeiro Falso.
A motivación é un determinante fundamental da aprendizaxe significativa Verdadeiro Falso.
A psicoloxía da aprendizaxe humana caracterízase polo estudo dos procesos de cambio cognitivo e condutual que dependen da experiencia, e aborda o seu estudo desde un punto de vista funcional Verdadeiro Falso.
A relación de continxencia depende máis do que pasa en presenza da clave que do que pasa na súa ausencia Verdadeiro Falso.
A relación de continxencia depende tanto do que pasa en presenza da clave coma do que pasa na súa ausencia Verdadeiro Falso.
A relación de continxencia entre o EC e o EI ten pouco efecto no condicionamento avaliativo Verdadeiro Falso.
Na teoría ACT* de Anderson, o proceso de composición ten lugar na memoria procedimental Verdadeiro Falso.
A teoría do "chunking" sostén que o mecanismo de agrupamento desactívase despois de certa cantidade de práctica coa tarefa Verdadeiro Falso.
A teoría de esquemas de Schmidt predí o efecto beneficioso dos erros na aprendizaxe de habilidades motoras Verdadeiro Falso.
As habilidades de memoria presentan gran transferencia entre materiais porque non dependen do significado do material a memorizar Verdadeiro Falso.
As tarefas de estimación de continxencias poden usarse para avaliar a aprendizaxe de relacións preditivas, pero non de relacións diagnósticas Verdadeiro Falso.
O que se aprende de maneira explícita resulta imposible recuperalo de maneira intencional da memoria Verdadeiro Falso.
Os conceptos conxuntivos tardan máis en aprenderse porque teñen menos membros que un concepto disxuntivo comparable Verdadeiro Falso.
Os conceptos que usamos por defecto adoitan ser os de nivel xerárquico intermedio, porque nese nivel acumúlase maior validez Verdadeiro Falso.
Os empiristas non tiñan razón ó soster que os organismos ó nacer son como unha "tabula rasa" Verdadeiro Falso.
Os fenómenos de "insight" ou descubrimento súbito son difíciles de explicar desde unha perspectiva asociacionista Verdadeiro Falso.
Os humanos podemos modificar a nosa capacidade de aprender como resultado da experiencia Verdadeiro Falso.
Os modelos conexionistas teñen moitas dificultades para aprender a responder ante información ambigua ou degradada Verdadeiro Falso.
Os modelos conexionistas responden ben ante información ambigua ou degradada Verdadeiro Falso.
Os modelos de memoria de exemplares identifícanse como modelos de procesamento Verdadeiro Falso.
Os resultados dos experimentos de bloqueo demostran que a relevancia biolóxica dos estímulos é un determinante fundamental da aprendizaxe Verdadeiro Falso.
Öhman e o seu grupo conseguiron demostrar que se pode producir condicionamento de medo sen conciencia utilizando como EC calqueira tipo de estímulo Verdadeiro Falso.
Perruchet (1985) conseguiu demostrar que no condicionamento palpebral as expectativas do suxeito poden ir nun sentido e a resposta ante o EC no sentido oposto Verdadeiro Falso.
Por defecto empregamos os conceptos do nivel máis baixo porque esos son os que nos dan máis información sobre os obxectos Verdadeiro Falso.
Segundo Delta P condicional, a regra Delta P só debería calcularse a partir de ensaios que cumplan certas características para incluilos como parte do "conxunto focal" Verdadeiro Falso.
Segundo Delta P condicional, a regra Delta P só debería calcularse a partir dos ensaios nos que está presente a clave Verdadeiro Falso.
Segundo o condutismo, o método máis axeitado para poder chegar a explicar e controlar a conduta é o da introspección Verdadeiro Falso.
Segundo o modelo de Medin e Schaffer, acumúlase máis similitude se un exemplar se parece un pouco a moitos casos que se se parece moito a poucos casos da categoría Verdadeiro Falso.
Segundo o modelo de Medin e Schaffer, acumúlase máis amplitude se un exemplar se parece un moito a poucos casos que se se parece pouco a moitos casos da categoría Verdadeiro Falso.
Segundo Fitts, a mediación verbal é unha característica propia da fase asociativa Verdadeiro Falso.
Segundo a ACT de Anderson, a memoria declarativa estrutúrase como unha rede de regras de produción que conteñen o coñecemento factual do suxeito Verdadeiro Falso.
Segundo a ACT* de Anderson, o proceso de composición ten lugar na memoria procedimental Verdadeiro Falso.
Según McLaren et al., a aprendizaxe perceptiva podería explicarse pola maior inhibición latente que acumulan as súas características comúns, en comparación coas súas características diferenciais Verdadeiro Falso.
Segundo Rizzolatti e Sinigaglia (2006), as neuronas espello desempeñan un papel pouco significativo na imitación Verdadeiro Falso.
Segundo Rosch, a validez dun atributo refírese ó grao en que ese atributo é común dentro da categoría e discriminativo respecto das categorías veciñas Verdadeiro Falso.
Segundo Rosch, a tipicidade dun atributo refírese ó grao en que ese atributo é común dentro da categoría e discriminativo respecto das categorías veciñas Verdadeiro Falso.
Un modelo de categorización baseado na abstracción de prototipos terá dificultades para aprender categorías relacionais Verdadeiro Falso.
Unha demostración clara de que a plasticidade do cerebro se mantén na idade adulta é o feito de que cando se deixa de empregar unha habilidade diminúe o tamaño da área cerebral correspondente ó seu funcionamento Verdadeiro Falso.
Un dos principios de aprendizaxe mellor asentados é que a práctica masiva da lugar a unha mellor aprendizaxe Verdadeiro Falso.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso