Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEFisioloxía do Exercicio II

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Fisioloxía do Exercicio II

Descripción:
Preguntas de exame. INEF A Coruña.

Autor:
Samuel Tentacruel
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
20/06/2018

Categoría:
Universidad

Número preguntas: 60
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Desde o punto de vista da termorregulación, os seres humanos precisan dunha temperatura constante, polo que podemos ser considerados: Homeotérmicos Heterotérmicos Homotérmicos Monstruónicos.
A denominada “frecuencia cardiaca intrínseca” dunha muller deportista: Frecuencia cardiaca máxima menos FC Basal Será aproximadamente 60lat/min Será aproximadamente 100lat/min Igual que a FC Basal Diferencia entre a basal e a de reposo.
Entre as principais adaptacións de FC co treinamento deportivo temos: Ningunha ou pequena caída da FC Máx Disminución da FC basal Disminución da FC para unha determinada carga de traballo estándar Mellor recuperación da FC para un traballo determinado Maior FC Máx.
Da convección como un importante mecanismo de termolise, sabemos que... Aumenta coa velocidade do vento Disminúe coa velocidade do vento Se é grande provoca sensación de frialdade É moi notoria cando hai brisa na praia Prodúcese a través de ondas electromagnéticas.
Nas triatletas maratonianas, ciclistas e demais deportistas de resistencia, é bastante frecuente encontrarnos co que se denomina "pseudoanemia do deportista". Esta caracterízase por... Ter un hematocrito en torno ao 37% Ter unha disminución real de hematíes (= eritrocitos ou glóbulos vermellos) Ter baixa a ferritina e transferrina Ter baixo o nivel de hemoglobina Ter elevado o volume plasmático.
Antonio Rivas, profesor e gran nadador de 400m, utiliza durante a competición unha importante cantidade de bicarbonato sódico, o cal: Disminúe a acidez Tapona o ácido láctico É fundamental cando a intensidade do exercicio ten un cociente respiratorio de 1,04 É imprescindíbel para actividades anaeróbicas Non se utiliza no ciclo de Feling Aumenta o pH sanguíneo.
Un velocista como Powell, recurre sempre á vía anaeróbica-láctica. Desta relevante vía coñecemos que: Aporta unha cantidade de 36 ATP Precisa de enzimas oxidativas do ciclo de Krebs Intervén o NAD (nicotina adenina dinucleótido) Ten lugar no interior das mitocondrias Provoca incrementos do pH muscular.
Da curva de disociación da hemoglobina coñecemos: Produce o efecto Bohr Desprázase á dereita durante o exercicio Está influenciada polo 2,3 difosfoglicerato Depende da presión parcial do osíxeno Desprázase á esquerda co lactato sanguíneo.
De Chus Lago, galega que acadou a cima do monte Everest sen osíxeno, unha vez aclimatada, no campo base, a unha altitude de 5000 metros, esperamos que: Teña maior hematocrito Teña menor FC basal Maior produción de eritropoietina Teña incrementado o efecto lipolítico Teña unha maior capacidade vital.
A cantidade de glucóxeno almacenado nos músculos dunha futbolista de 65 kg de peso aprox: 500 200 150 400 700.
A posibilidade de que dúas moléculas de ADP reaccionen entre si existe, polo tanto, o resultado desta reacción metabólica é: ATP+AMP Cr+ATP PCr+ADP 2ATP Ningunha é correcta.
Do volume sistólico, como parámetro cardiovascular sabemos que: É maior a 180 lat/min que a 160 lat/min En deportistas treinados, en repouso, é maior que en destreinados En torno ao 40% do VO2 máx deixa de incrementar É sempre inferior o volume sistólico de reserva Está influenciado pola acción das catecolaminas.
A anidrasa carbónica durante o exercicio físico é fundamental no interior do eritrocito para: Transportar o osíxeno Formar CO3H2 Formar compostos carboaminos Formar o 2,3 DPG Non é fundamental no interior do eritrocito.
En bioenerxética é coñecido o Ciclo de Felig. Do mesmo aseguramos que: É un mecanismo de neoglucoxénese Precisa da alanina Produce corpos cetónicos Precisa do lactato Intervén o fígado.
Do VO2 Máx dun ciclista de élite podemos dicir que: É aproximadamente de 45 ml/kg/min É mínimo de 50 ml/kg/min Representa a potencia aeróbica Pode aproximarse a 5 litros de osíxeno por minuto É igual ao gasto cardíaco x FC x dif A-V de 02.
Durante a realización dunha proba ergométrica a un remeiro, un cociente respiratorio de 0,85 indícanos que: Está por debaixo do umbral anaeróbico Utiliza simultáneamente carbohidratos e ácidos graxos A ventilación está sendo de 85 L/min Produce máis CO2 que consume osíxeno Hai unha elevada participación de lactato.
Segundo Karvonen, a FC para realizar un traballo en torno ao 60% do máximo, para un individuo de 25 anos e con unha FC Basal de 70 lat/min é de: 145 --> % x (FC Máx - FCB) + FCB 91 --> % / FCB x IDADE + FCB Ningunha é correcta.
O golpe de calor é un dos problemas máis graves que pode acontecer a un deportista durante unha competición, cando se realiza en condicións de moita calor. Do golpe de calor sabemos que: Falla o hipotálamo como termostato Está dificultada a sudoración Aparecen arrepíos, tiritonas Hai afectación das meninxes e polo tanto rixidez da caluga Cursa con diarrea e vómitos dando lugar á deshidratación Poden aparecer vómitos e diarrea.
David Meca, nadador de travesías, ten en repouso unha FC cardíaca de 55 batementos por minuto. Cal será o motivo principal? Por ser capaz de liberar maior cantidade de catecolaminas Por ter unha gran potencia aeróbica Por un menor influxo parasimpático Por un maior influxo simpático Todas son incorrectas.
"Súas coma un porco" é unha expresión pouco acertada, pois estos paquidermos caracterízanse por non suar; pero sobre a sudoración dun deportista coñecemos que: É sempre isotónica A evaporación da suor é favorecida pola convección A humidade elevada favorece a suoración e evaporación O uso de plásticos os días moi calurosos pode provocar un golpe de calor A suor dun destreinado é hipertónica A suor é hipotónica.
O test de Cooper é archicoñecido e aplicado no mundo deportivo, del sabemos que: Nos permite avaliar a potencia aeróbica Nos informará do VO2 Máx en ml/kg/min Hai que ter en conta a FC acadada ao final do test Ten unha duración de 15 min Ten unha duración de 12 min Ten en conta a distancia percorrida.
Se consideramos a radiación, o grao de humidade e a temperatura en ºC, para saber o estrés ambiental ao que se somete un deportista durante unha competición celebrada en Barcelona, durante o mes de agosto e ás cinco da tarde, utilizaremos o seguinte termómetro: Termómetro do globo de bulbo húmido Termómetro do globo de bulbo seco Termómetro do globo de bulbasaur Termómetro do globo de bulbo vermello Termómetro do globo de bulbo negro.
O test de Wingate caracterízase por: Ser óptimo para avaliar a potencia aeróbica dun ciclista Ser óptimo para avaliar a potencia anaeróbica Necesita dun cicloergómetro Indícanos o índice de fatiga anaeróbica Informanos da potencia aeróbica máxima É óptimo para avaliar a capacidade anaeróbica.
Durante unha carreira de 100m en 10", acontece: O lactato non sobrepasará os 10 milimoles O ATP e fosfocreatina esgótanse O pH intramuscular disminuirá Utilizarase parte da glucosa múscular Hidrólisis do ATP O lactato pode chegar aos 14 mmol.
Un deportista acada o estadio 12 do test de Montreal, a unha velocidade de 18 Km/h, polo tanto podemos afirmar que o seu consumo de O2 é de 63 ml/kg/min (Km/h x 3,5) 180 ml/kg/min (Km/h x 10) 9 ml/kg/min (Km/h : 2) y20 (y20 y20 y20) Todas son incorrectas.
A ADH (hormona antidiurética) é unha das responsables da función renal. Da mesma sabemos que: A súa administración dá lugar á deshidratación É a encargada de disminuír a produción de ouriños durante o exercicio É a responsable do aumento da filtración glomerular nos riles durante o exercicio Aparecendo nos ouriños, é considerada dopaxe diurético Enmascara os esteroides anabolizantes É responsable do aumento da absorción glomerular nos riles durante o exercicio.
O test de Astrand é un dos clásicos para avaliar a deportistas. É certo que Relaciona a FC coa concentración de lactato Relaciona a FC coa velocidade de carreira Utiliza o tapíz rodante como ergómetro Utiliza un cicloergómetro ou un banco como ergómetro Estima a potencia aeróbica máxima É ideal para coñecer o umbral anaeróbico.
Durante unha proba de atletismo de 1500 m disminúe o pH muscular. Isto provoca: Inhibición da fosfo-lacto-quinasa Inhibición da fosfo-fructo-quinasa Inhibición da glutamatotransferasa Inhibición da lactato-transferril-quinasa Aumento da concentración de ADP Fatiga por acidose metabólica Inhibición da Estrela Ferrín Descenso da concentración de ADP.
Referíndonos á bioenerxética, cal das seguintes afirmacións son correctas? O NAD correspóndese con nicotin-adenin dinucleótido A fosfofructoquinasa é unha enzima oxidativa O lactato pode ser precursor neoglucoxénico O ácido palmítico será metabolizado se intervén na beta-oxidación A reacción de dúas moléculas de ADP poden dar dúas ATP.
O hematocrito dun ciclista pode ser mellorado fraudulentamente mediante a administración de: Darbepoetín Eritropoietina Propanolol Hematocrina Salbutamol.
A capacidade vital dunha ximnasta de 45 kg e 160 cm de talla, aprox é de: 3'5 L 3 L 2,5 L 2 L Ningunha é correcta.
A presión parcial do osíxeno a nivel alveolar durante un exercicio de intensidade submáxima é: 100 mm/Hg 40 mm/Hg 120 mm/Hg 200 mm/Hg Todas son incorrectas.
A presión parcial do CO2 a nivel alveolar durante un exercicio de intensidade submáxima é: 40 mm/Hg 60 mm/Hg 46 mm/Hg 100 mm/hg Ningunha é correcta.
A presión parcial do osíxeno a nivel muscular durante un exercicio de intensidade submáxima é: 100 mm/Hg 40 mm/Hg 46 mm/Hg 35 mm/Hg 120 mm/Hg.
A presión parcial do CO2 a nivel muscular durante un exercicio de intensidade submáxima é 46 mm/Hg 20 mm/Hg 40 mm/Hg 100 mm/Hg 120 mm/Hg.
É bastante común atopar deportistas mulleres con anemia. Esta caracterízase por: Baixos niveis de ferritina Baixos niveis de transferrina Baixos niveis de hemoglobina Baixos niveis de ferritina e transferrina Baixos niveis de hemosiderina.
Tras a realización dunha proba de 200 m lisos os fosfáxenos (ATP e PCr) acadan baixas concentracións a nivel muscular, destos cabe esperar unha pronta recuperación en aprox: 150 segundos 30 segundos 2 horas 10 minutos 1 minuto.
O umbral anaeróbico dun ciclista de élite no seu mellor estado de forma en relación ao VO2 máx está a: 80% 70% 30% 90% 25%.
A hemodinámica circulatoria está en parte determinada pola tensión arterial. Desta sabemos que: A tensión arterial sistólica en repouso é de 80 mm/Hg A tensión arterial diastólica en repouso é de 120 mm/Hg Durante o exercicio dinámico só aumenta a sistólica Durante o exercicio isométrico só aumenta a diastólica Durante o exercicio isométrico aumentan a diastólica e a sistólica.
Cal das seguintes fórmulas é correcta? Ventilación pulmonar = Frecuencia Respiratoria x Volume Corrente Ventilación pulmonar = Frecuencia Respiratoria + Volume Corrente Gasto Cardíaco = FC x Vol. Sis. Ventilación pulmonar= vol. reserva inspiratorio + vol. reserva espiratorio VO2= GC x FC x dif A-V de O2 VO2 Máx = FC x dif A-V de O2.
Se realizamos unha espirometría ao profesor Martín Acero (Hannibal Lecter) podemos coñecer: Umbral anaeróbico Volume reserva inspiratorio Volume reserva espiratorio Capacidade vital Frecuencia respiratoria.
A velocidade aeróbica máxima dun corredor de maratona, infórmanos de: a velocidade acadada no umbral anaeróbico a velovidade acadada no VO2 máx a velocidade ideal durante a carreira a velocidade para non sobrepasar a concentración de 4 mmol de lactato a velocidade acadada á máxima potencia aeróbica.
O cociente respiratorio dunha deportista durante o exercicio é: VO2/VCO2 VCO2/VO2 En ningunha situación de esforzo é capaz de superar á unidade Superior á unidade por riba do umbral anaeróbico Superior á unidade utilizará só carbohidratos.
Dos ácidos graxos utilizados polo organismo dun futbolista para obter enerxía, sabemos: Son combustionados no interior das mitocondrias Precisan de cadea de transporte de electróns para a súa oxidación Teñen un factor Adwater de 9 kcal/g Necesitan ser metabolizadas mediante o ciclo de Krebs En parte a súa metabolización acontece na beta-oxidación.
O test da doble intensidade de Mader é utilizado para avaliar a nadadores. Deste test podemos afirmar que: Precisa da determinación do lactato Permite coñecer o umbral anaeróbico Precisa da determinación da FC Permite coñecer o consumo máximo de osíxeno Permite a determinación da capacidade aeróbica máxima.
A recuperación completa dos depósitos de glucóxeno case esgotados tras unha proba deportiva longa de 3 horas de duración e elevada intensidade, consumindo unha dieta equilibrada, durará aprox: 40 horas 24 horas 6 horas 30 minutos 48 horas.
O ácido pirúvico resultante da metabolización aeróbica dunha molécula de glucosa, para introducirse no denominado ciclo de Krebs deberá transformarse en: Acetil-CoA ATP ADP Lípido Radical libre.
A capacidade de extraer O2 dos capilares pola fibra muscular ven determinado pola diferenza artero-venosa de O2. É certo que: É maior nas fibras cardíacas que nas do cuádriceps Non existe diferenza entre os músculos treinados e destreinados Os valores en repouso son aprox de 5-7 ml de O2/100 ml de sangue Consiguen valores superiores os velocistas que os fondistas É maior nas fibras de contracción lenta que rápidas.
O gasto cardíaco en repouso dun xogador de balonman de 180 cm de estatura e 90 kg de peso é aprox: 5 L/min 3 L/min 1,5 L/min 8 L/min 2,5 L/min.
Dos diferentes parámetros cardiovasculares, podemos asegurar que: A FC ten unha relación lineal co incremento de esforzo físico Os deportistas treinados acadan maior FC máx que os destreinados Os treinados teñen un maior influxo parasimpático que os destreinados En "Steady state" a FC non sufre modificacións A reserva cardíaca é = FC Máx - FC Basal.
Unha cantidade do lactato formado durante unha proba de 200 m pode ter como destino final durante a recuperación: Conversión en bicarbonato sódico Ser metabolizado polo corazón Ser transformado en CO2 e auga Ser tamponado polo citrato sódico Todas son incorrectas.
Da carnitina sabemos: Atópase na membrana mitocondrial É capaz de sintetizala o propio organismo Favorece a entrada de aminoácidos ramificados no interior da mitocondria A metionina e lisina forman parte da súa estrutura química É abundante na carne de tenreira coa que nos alimentamos.
Nas fibras musculares dun deportista existe Máis ATP que fosfocreatina, nas fibras de contracción lenta Máis fosfocreatina que ATP, nas fibras de contracción rápida Máis ATP que fosfocreatina, nas fibras de contracción rápida Máis fosfocreatina que ATP, nas fibras de contracción lenta Sempre máis fosfocreatina nas de contracción rápida que nas lentas.
A lisina e valina son aminoácidos que administrados en cantidades superiores ás terapéuticas poden incrementar a produción endóxena de: Glóbulos vermellos Testosterona Hormona do crecemento Transaminasas Todas son incorrectas.
Fisiolóxicamente falando, cales das seguintes cuestións son certas? Non é posible adelgazar de forma localizada Os traxes de plástico sobre o corpo permiten adelgazar máis A suor por ser isotónica precisa dunha recuperación con bebidas isotónicas O uso de estimulantes incrementa a produción endóxena de testosterona O ciclo de Krebs é común para a oxidación da glucosa e dos ácidos graxos.
Un velocista como Xian Lui, ouro de 110 m vallas, recurre sempre á vía anaeróbica aláctica. Desta relevante vía coñecemos que: Necesita da fosfofructoquinasa Precisa das enzimas oxidativas do ciclo de Krebs Intervén o NAD (nicotina-adenina dinucleótido) Ten lugar no interior da mitocondria Provoca incrementos do pH muscular.
Durante a manobra de Valsalva A FC aumenta A presión intratorácica elévase A FC disminúe O marcapasos do corazón deixa de ser o nódulo sinusal A presión arterial sistólica disminúe.
Un judoca saudable en repouso é capaz de transportar en 100 ml de sangue aproximadamente: 12 g de hemoglobina se é home 11 g de hemoglobina se é muller 15 g de hemoglobina en todos os casos 10 g de hemoglobina no caso de ser home e 8 se é muller 15 g de hemoglobina se é home e 14 se é muller.
Se a Gervasio Deferr, ximnasta olímpico (ouro en Atenas na modalidade de salto), lle detectamos mediante o alento presencia de acetona, significa que: Metaboliza en exceso proteínas Metaboliza aminoácidos ramificados Metaboliza en exceso ácidos graxos Metaboliza corpos cetónicos Metaboliza en exceso beta-hidroxbutirato.
Tras a realización dunha analítica sanguínea a unha bailarina de 50 kg de peso e óptima de saúde podemos esperar que: O hematocrito sexa de 43% O número de hematíes sexa de 4.500.000 por mililitro Teña unha hemoglobina en torno a 14g por 100 ml de sangue Teña unha poliglobulia O número de eritrocitos sexa de 100.000 por mililitro.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso