option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Intervención empleando SAAC con ayuda

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Intervención empleando SAAC con ayuda

Descripción:
Repaso examen

Fecha de Creación: 2025/12/02

Categoría: Otros

Número Preguntas: 89

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Cal é a función principal dos cadros transparentes Etran?. Permitir que varias persoas lean simultaneamente un libro. Facilitar a comunicación entre dúas persoas cando unha está paralizada. Organizar pictogramas en filas de velcro. Ensinar a ler e escribir a nenos con dificultades.

Como se usan normalmente os cadros transparentes Etran para sinalar información?. Só coa voz do interlocutor. Mediante un punteiro, a man ou os ollos. Colocándoos sobre a mesa e xirándoos. Con códigos de luz e son.

Que é un PCM tabliercom?. Un taboleiro con pictogramas para usar na parede. Un caderno con imaxes por páxina. Un peto con filas de velcro onde se colocan pictogramas. Unha aplicación informática para comunicarse.

Cal é a diferenza principal entre taboleiros, paneis de parede e cadernos personalizados?. Os taboleiros úsanse só en grupo, os paneis só individual e os cadernos só dixital. Os taboleiros e paneis sinalan directamente; nos cadernos, pasan páxinas ou sinalan imaxes segundo o seu deseño. Os cadernos son para pictogramas e os taboleiros só para palabras. Os paneis de parede non se poden usar con pictogramas.

Cal é a función principal dos comunicadores de baixa tecnoloxía?. Substituír completamente a comunicación verbal. Potenciar a intención comunicativa, participar nas primeiras conversas e preparar o acceso a sistemas máis complexos. Servir só para reproducir música ou sons. Utilizarse unicamente en terapias físicas.

Que caracteríza o comunicador Bigmack?. Permite gravar múltiples mensaxes secuenciais. Permite gravar e reproducir un único mensaxe de forma sinxela e activar xoguetes ou dispositivos ao mesmo tempo. Só funciona con mensaxes escritas. Ten entre 7 e 23 casillas para mensaxes.

Que é o QuickTalker?. Un comunicador progresivo configurable de 1 a 8 posicións. Un dispositivo electrónico con varias versións de 7, 12 ou 23 casillas, e tres casillas para mensaxes comúns. Un caderno con imaxes para indicar mensaxes. Un xogo interactivo para contar historias.

Que distingue ao Story Sequencer doutros comunicadores de baixa tecnoloxía?. Permite gravar ata 16 minutos en cada botón. É unha multiferramienta sinxela para crear historias ou anticipar, con 6 botóns que graban mensaxes de ata 10 segundos. Só pode gravar un único mensaxe de audio. Requiere conexión a internet para reproducir os sons.

Que é o SuperTalker?. Un comunicador que só permite un mensaxe curto. Un comunicador progresivo adaptable ás necesidades da persoa usuaria, con 1, 2, 4 ou 8 posicións e ata 16 minutos de gravación. Un caderno con varias imaxes por páxina. Un taboleiro con pictogramas para uso grupal.

Que usuarios ou situacións se benefician do Bigmack?. Exclusivamente adultos con dificultades motoras. Persoas con parálise cerebral, TEA, dano cerebral, diversidade intelectual, nenos/as pequenos e atención temperá. Só nenos/as sen necesidades especiais. Únicamente persoas que saben ler.

Cal destes comunicadores permite reproducir mensaxes de forma secuencial ou con múltiples audios?. Bigmack. QuickTalker. SuperTalker. Story Sequencer.

Por que son útiles os comunicadores de baixa tecnoloxía?. Porque permiten substituír a comunicación complexa sen preparación. Porque preparan á persoa usuaria para acceder a sistemas máis complexos, fomentan a participación e facilitan primeiras conversas. Porque son obrigatorios en todas as escolas. Porque só funcionan con pictogramas impresos.

Segundo a clasificación UNE-EN ESO, que son os comunicadores?. Dispositivos de papel con pictogramas. Dispositivos electrónicos portátiles de comunicación que axudan á comunicación directa. Aplicacións de mensaxería en teléfonos móbiles. Xoguetes educativos con sons pregrabados.

Que característica define a voz dixitalizada nos comunicadores?. Non require gravación previa e non ten límite de vocabulario. Os arquivos de voz se gravan previamente, permitindo boa calidade de son e adaptación á persoa usuaria. Imitan a voz dun ordenador sen posibilidade de gravación. Non se poden reproducir palabras, só frases completas.

Que característica define a voz sintetizada?. Ten mellor calidade de son que a voz dixitalizada. É creada artificialmente e imita o fala humana, sen necesidade de gravación previa. Só se pode usar en comunicadores de baixa tecnoloxía. Limítase a 16 minutos de grabación.

Que requisito é necesario para usar o Lightwriter?. Saber ler e escribir, porque converte texto escrito en voz sintetizada. Non necesita ningunha habilidade de lectura ou escritura. Só se pode usar con pictogramas. Requírese conexión a internet.

Que é o Chatbox?. Comunicador portátil ideado para a iniciación ao sistema Minspeak, con varias casillas que poden ter pictogramas e gravacións de mensaxes. Un comunicador que só reproduce texto escrito. Un caderno con imaxes para sinalar. Un xogo interactivo para aprender palabras.

Que particularidade ten o Delta Talker?. Só funciona con voz dixitalizada. Permite comunicarse mediante Minspeak, e tamén ten síntese de voz e voz dixitalizada. É un comunicador de baixa tecnoloxía. Non se pode personalizar o vocabulario.

Que vantaxe teñen os comunicadores dinámicos?. Limítanse a reproducir mensaxes pregrabadas. Aumentan as posibilidades de interacción e desenvolven o linguaxe, ofrecendo voces integradas e infinitas opcións de vocabulario. Son exclusivamente para persoas que saben ler e escribir. Non poden adaptarse a diferentes niveis de linguaxe.

Para quen están indicados os comunicadores dinámicos?. Só nenos pequenos sen dificultades. Persoas con dificultades na fala ou ausencia total dela, así como para desenvolver intención comunicativa e linguaxe. Só persoas con TEA. Ningunha é correcta.

Que tipo de persoas usuarias poden beneficiarse dos comunicadores dinámicos?. Só persoas con discapacidade física. Persoas con TEA, síndrome de Angelman, síndrome de Rett, atrofia muscular espinal, parálise cerebral, ELA, enfermidades neuromotoras, dano cerebral ou discapacidade intelectual. Só nenos en educación infantil. Persoas que só precisan imaxes para comunicarse.

Cal é a función principal dos comunicadores dinámicos?. Só permiten reproducir mensaxes pregrabadas de audio curto. Facilitan unha comunicación eficaz e desenvolven o linguaxe en persoas con dificultades na fala ou ausencia total dela, ofrecendo infinitas opcións de vocabulario e voces integradas. Son exclusivamente para nenos pequenos que están a aprender a ler. Limítanse a usar símbolos sen conexión co texto ou a escrita.

Que permiten os dispositivos que se usan con un dedo?. Mover o ratón por pantalla con pouco movemento e facer clics levantando e baixando o dedo. Só reproducir sons pregrabados. Controlar xogos sen necesidade de pantalla. Escribir texto sen usar o cursor.

Cal é a vantaxe dun teclado de tamaño superior?. Exixe máis precisión e coordinación motora. Facilita a visión e non require tanta precisión. Só pode usarse cunha man. Permite controlar o punteiro do ratón automaticamente.

Que función teñen os cobertores de teclado?. Evitan a pulsación simultánea de varias teclas e permiten apoiar a man sobre o teclado. Transforman o teclado en pantalla táctil. Aumentan a velocidade de escritura automática. Só serven para teclados virtuais.

Que poden facer os teclados programables?. Configurar a distribución de teclas, realizar funcións de ratón e programar palabras ou conceptos completos. Só enviar letras simples unha a unha. Todas son correctas. Reproducir sons pregrabados.

Como se pode acceder ao teclado mediante un ratón?. Non é posible. Mediante teclados virtuais, permitindo escribir e deletrear. Só utilizando un joystick físico. Só cun teclado ergonómico.

Que son os trackball ou ratones de bola?. Joysticks especiais para xogos. Ratóns con unha bola na parte superior que se move co dedo, a man, a barbilla ou outras partes do corpo. Pantallas táctiles sen punteiro. Teclados que se conectan ao ratón.

Que diferenzas poden ter os distintos trackball?. Tamaño da bola, aspecto infantil ou adulto, facilidade de clics e funcións extra como bloqueo de eixo, botón de arrastre, acceso alternativo aos clics, regulación de velocidade e botón de dobre clic. Só tamaño da caixa do ratón. Tipo de pantalla conectada. Non teñen diferenzas.

Que son os ratones tipo joystick e como se utilizan?. Son palancas para mover o punteiro e pódense usar coa man, a barbilla ou outras partes do corpo, con variacións en empuñaduras, movemento progresivo, facilidade de clics e funcións extra. Son teclados especiais con botóns pregrabados. Ratones que funcionan só en tabletas. Dispositivos que só permiten xogar a videoxogos.

Que permiten os ratones de cabeza?. Controlar o punteiro do ordenador mediante o movemento da cabeza. Só enviar mensaxes de texto. Reproducir sons pregrabados. Non necesitan ningún tipo de conexión.

Que é o Glassouse?. Un ratón convencional con cable. Un ratón de cabeza que controla teléfono, tablet, PC ou TV mediante Bluetooth, permitindo o “click” cos dentes ou os labios. Un teclado especial con voz sintetizada. Un lector ocular.

Que función ten o BJOY CHIN?. Permite controlar o ordenador coa barbilla. É un teclado virtual por voz. Permite controlar dispositivos coa mirada. Convierte texto en braille.

Como se controla o punteiro no Licornio?. Mediante un joystick conectado ao teclado. Mediante unha varilla na cabeza, podendo usar tamén lápiz ou pincel. Só mediante o movemento dos ollos. Con pulsadores preprogramados.

Que permite o Integramouse Plus?. Controlar o punteiro do ordenador coa boca ou os labios, sen usar as mans. Enviar mensaxes por voz. Reproducir libros falados en DAISY. Ler textos en braille.

Que vantaxes ofrece o control por mirada?. Non require movemento doutros músculos e permite controlar ordenador, navegador, Skype, luces e TV. Só permite abrir programas de mensaxería. Exixe o uso de pulsadores adicionais. Só funciona en Windows 10.

Que función teñen os conmutadores ou pulsadores?. Reproducen sons de forma automática. Permiten establecer relación causa-efecto, iniciar a participación e seleccionar símbolos mediante barrido. Convierten texto a voz. Son exclusivos para teclados grandes.

Que permite o control por voz?. Dictado natural ao ordenador, realización de funcións de teclado e ratón, precisando regularidade na voz. Só abrir programas específicos. Navegar pola web mediante ollos. Crear libros falados en DAISY automaticamente.

Que dispositivos existen para persoas sen resto visual?. Impresora braille, liña braille, lectores de pantalla como NVDA e conversores texto-voz como LectoText. Magnificadores de pantalla e teclados de teclas grandes. Ratones de cabeza e pulsadores. Solo teclados grandes.

Que dispositivos se usan para persoas con resto visual?. Impresora braille e lectores de pantalla. Magnificadores de pantalla (como ZoomText) e teclados de teclas grandes. Ratones de cabeza e control por mirada. Pulsadores e conmutadores.

Como se realiza a función de “click” no Glassouse?. Só pulsando un botón manual. Mediante os dentes ou os labios, co mordedor antibacteriano incluído. Co movemento dos ollos. Coas mans.

Que diferenza principal hai entre control por mirada e ratón de cabeza?. O control por mirada require movemento da cabeza; o ratón de cabeza require só os ollos. O control por mirada require só movemento dos ollos, sen usar outros músculos; o ratón de cabeza require movemento da cabeza. Non hai diferenza. Ambos requiren o uso dos pulsadores.

Que permite facer un conmutador ou pulsador?. Acceder e controlar o ordenador con movemento da cabeza. Establecer relación causa-efecto, iniciar participación e seleccionar símbolos mediante barrido. Crear libros falados en formato DAISY. Ampliar a pantalla mediante magnificadores.

Que función ten un magnificador de pantalla?. Converte texto en audio. Simula unha lupa que amplía o contido da pantalla para persoas con resto visual. Permite controlar o ordenador coa boca. Reproduce mensaxes pregrabadas.

Que función principal cumpre Grid 3. Reproducir libros falados automaticamente. Servir para comunicarse de forma eficaz, desenvolver o linguaxe e permitir comunicación a distancia, ademais de controlar ordenador e elementos do fogar. Crear pictogramas pero sen saída de voz. Só funciona en tablets con iOS.

Que característica destaca en Communicator 5. Converte texto e pictogramas en voz clara, permite personalización por usuario e é compatible con todos os métodos de acceso (ratón, joystick, mirada, etc.). Só permite acceder ao correo electrónico. Non se pode usar en escolas con múltiples usuarios. Só funciona con pictogramas pregrabados.

Que é TD Snap?. Un software CAA centrado en crecemento, participación e desenvolvemento da lectoescritura, accesible mediante táctil, ratón, pulsadores ou seguimento ocular, con saída de voz clara. Un lector de pantalla para persoas con diversidade visual. Un teclado especial para unha soa man. Un xogo educativo para nenos sen dificultades.

Que permite AraBoard?. Crear taboleiros de comunicación con pictogramas ARASAAC en dispositivos Android e Windows, incluíndo rutinas e anticipación de tarefas. Reproducir libros en DAISY automaticamente. Convertir texto en voz sen pictogramas. Funcionar só en iPads.

Para que se utiliza BoardMaker?. Crear e personalizar materiais didácticos con pictogramas, actividades interactivas, taboleiros de comunicación e secuencias, adaptados ás necesidades de cada alumno, con opción de imprimir ou usar en pantalla táctil. Só serve para buscar pictogramas na web. Permite xogar a xogos educativos sen personalización. Funciona exclusivamente para tablets iOS.

Cando é necesario elaborar un tablero de comunicación?. Só cando a persoa usuaria sabe ler e escribir. Cando non hai un SAAC establecido, cando a persoa non pode usar un soporte informático ou cando o produto de apoio se rompeu. Só para persoas con diversidade visual. Sempre que se use un ordenador.

Que factores debemos ter en conta á hora de elixir o soporte dun tablero de comunicación?. Se será portátil ou fixo, uso individual ou colectivo, materiais (cartón, plástico, madeira…), risco de mollarse, peso e se terá color. Só o tamaño do soporte. Só se se pode usar cunha man. Ningún, calquera soporte vale.

Que tipo de materiais son recomendables para un soporte flexible e transportable?. Ferro de metal. Cartón, goma EVA, cuadernos ou materiais lixeiros e fáciles de manexar. Pantallas táctiles grandes. Unicamente madeira dura.

Segundo a Clave Fitzgerald, que cor se utiliza para os símbolos de verbos?. Azul. Verde. Naranxa. Rosa.

Que factores debemos considerar ao colocar os símbolos?. Características físicas da persoa, modo de sinalización, importancia dos símbolos, agrupación por categorías e código de cores. Só o tamaño das imaxes. Só as cores sen importar a súa función. A orde alfabeticamente.

Cal é o obxectivo de usar palabras acompañando aos símbolos?. Decorar o tablero. Fomentar o aprendizaje, asentamento da lectoescritura e comprensión do mensaxe por persoas que non coñecen o tablero. Impedir que se usen cores. Só para as persoas con boa visión.

Unha persoa usuaria sinala un símbolo azul nun taboleiro baseado na Clave Fitzgerald. Que tipo de palabra está a seleccionar?. Un verbo. Un adxectivo. Un obxecto. Un símbolo social.

Nun taboleiro con Clave Fitzgerald, se ves símbolos de cor verde, laranxa, amarelo, azul, branco e rosa, que podes deducir?. Hai símbolos de verbos, obxectos, persoas/pronomes, adxectivos, miscelánea e sociais. Só hai verbos e obxectos. Só hai símbolos sociais e miscelánea. Só hai adxectivos e persoas.

Ao comezar a usar un tablero de comunicación, cal é a recomendación principal sobre os símbolos?. Usar moitos símbolos dende o primeiro día. Empezar con poucos símbolos, comprensibles sen dúbida pola persoa usuaria, e ir ampliando pouco a pouco. Só usar palabras escritas, non pictogramas. Cambiar constantemente os símbolos para manter o interese.

Cal é a orde correcta para introducir un símbolo nun SAAC ou primeiro sistema de comunicación?. Señalar o símbolo, asociar con significado, entender que indicar o símbolo representa algo,xeneralizar o significado. Xeneralizar o significado, asociar con significado, sinalar o símbolo, usar o obxecto real. Asociar con significado,xeneralizar, sinalar ,presentar o símbolo. Presentar o obxecto real, sinalar o símbolo, asociar con significado, esquecer símbolos antigos.

Que palabras forman o vocabulario núcleo nun SAAC?. Substantivos pouco frecuentes e nomes propios. Pronomes, verbos, descriptores e preposicións, cunha localización consistente para facilitar a planificación motora. Só substantivos e adxectivos. Palabras longas e complexas para mellorar o vocabulario.

Que función cumpre o vocabulario núcleo?. Representa o 20% das palabras pero supón o 80% do uso, servindo para pedir, comentar, negar ou dirixir accións. Representa palabras que se usan só en contexto escolar. Inclúe exclusivamente substantivos. Non ten relación co uso real do día a día.

Que vantaxes ten o crecemento baseado en localización dos pictogramas?. Aumenta a interacción, estabilidade na localización e facilita o traballo do interlocutor. Reduce a interacción e obriga a cambiar continuamente as rutas. Só se usa con vocabulario novo. Impide que a persoa usuaria aprenda a usar o vocabulario núcleo.

Que vantaxe ten o crecemento baseado en tamaño?. Facilita o aprendizaxe a persoas con menos precisión motora, é menos abrumador, pero require reaprender rutas. Só se usa en comunicación escrita. Elimina a necesidade de planificación motora. Non permite aumentar o vocabulario a longo prazo.

Que significa “modelar” no contexto da LNA (Lenguaje Natural Asistido)?. Explicar verbalmente a persoa usuaria o significado de cada palabra. Usar o SAAC para falar coa persoa usuaria, sinalando palabras e combinándoas en contextos reais. Crear símbolos novos sen explicalos. Ensinar só palabras escritas.

Cando é recomendable modelar coa persoa usuaria?. Só durante sesións formais de terapia. Só cando a persoa coñece o SAAC. Sempre que se poida, en calquera contexto da vida diaria (xogo, comedor, clase…). Só cando se usan dispositivos de alta tecnoloxía.

Que estratexias se usan para modelar palabras ou enunciados curtos?. Expandir o enunciado da persoa para incluír máis palabras ou terminacións, usar frases simples e practicar previamente. Ignorar o que di a persoa usuaria e falar só ti. Empregar sempre oracións longas e complexas. Cambiar constantemente os símbolos para manter a atención.

Que palabras/pictogramas comezan a ensinarse primeiro nun SAAC ou SPC?. Palabras raras ou pouco frecuentes. Símbolos máis significativos e de uso frecuente para a persoa usuaria. Só substantivos. Palabras longas para mellorar vocabulario.

Cales son as cores usadas en SPC para adxectivos/sentimentos e verbos/accións?. Azul (adxectivos/sentimentos) verde (verbos/accións). Verde(adxectivos), azul (verbos). Laranxa(adxectivos), rosa( verbos). Amarelo (adxectivos), branco (verbos).

Que condicións se consideran necesarias para usar o SPC?. Capacidade cognitiva, atención mínima de 5 minutos, comprensión auditiva, visión adecuada, intención comunicativa e capacidade motriz para seleccionar pictogramas. Saber ler e escribir obrigatoriamente. Non necesita intención comunicativa. Só se usa en dispositivos electrónicos.

Como se debe presentar o vocabulario no aprendizaxe do SPC?. Primeiro en tarxetas, logo en taboleiros, posteriormente en libros de comunicación, e finalmente en dispositivos electrónicos segundo a capacidade da persoa usuaria. Sempre en dispositivos electrónicos. Soamente en libros impresos. Aleatoriamente sen orde de aprendizaxe.

Que significa que os símbolos SPC se poidan acompañar da palabra escrita?. Facilita a comprensión a persoas con menos habilidade, reforza o significado e permite combinar pictogramas con texto. É só decorativo. Impide usar cores. Só se usa con adultos.

Cal é a característica cognitiva principal que deben ter as persoas usuarias de Bliss?. Nivel de abstracción e boa capacidade cognitiva para emitir e comprender mensaxes. Saber ler e escribir perfectamente. Capacidade de memorizar centos de símbolos. Ningunha capacidade cognitiva específica.

Que son os símbolos Bliss?. Son fotos de obxectos reais sen significado propio. Son símbolos gráfico-visuais que representan significados e se poden combinar para formar novos conceptos. Son letras do abecedario adaptadas a pictogramas. Son ideogramas que non poden combinarse.

Que características require unha persoa usuaria de Minspeak?. Alta capacidade cognitiva e boa memoria e simbolización. Vista perfecta e habilidades motoras finas. Saber ler e escribir previamente. Ningunha capacidade cognitiva específica.

Cal é a función principal do PECS?. Aprender a ler e escribir. Intercambiar símbolos plastificados cun interlocutor para comunicar ideas, necesidades ou eleccións. Combinar secuencias de símbolos para 12.000 mensaxes. Crear mensaxes só con ideogramas abstractos.

Que tipo de símbolos usa Picsyms?. Só pictogramas simples. Ideogramas e pictogramas clasificados en categorías semánticas, máis realistas para conceptos concretos e menos realistas para abstractos. Letras e números impresos. Fotografías en blanco e negro.

Para que se creou o sistema Rebus nos anos 60?. Para comunicación oral avanzada. Para ensinar lectoescritura a persoas con diversidade intelectual leve. Para programar comunicadores electrónicos. Para rehabilitación motora.

Que particularidade ten o sistema PIC?. Ten máis de 12.000 combinacións de mensaxes. Usa símbolos ideográficos e pictográficos, 1000 símbolos brancos sobre fondo negro, e non permite crear novos símbolos. Está baseado en intercambios de fotos plastificadas. Utilízase principalmente para aprender verbos.

Cantas combinacións posibles ten o signo xerador do Braille?. 36. 64. 12. 128.

Canto puntos ten cada signo xerador en Braille?. 4. 6. 8. 12.

Que capacidades son necesarias para aprender Braille?. Soamente motivación e curiosidade. Capacidades cognitivas, atención, memoria, sentido do tacto e motivación. Solamente boa memoria e visión parcial. Ningunha capacidade especial.

Cal é a peculiaridade da escritura manual do Braille con punzón e regleta?. Os signos escríbense en espello de dereita a esquerda. Non require plantilla ou regleta. Permite escribir só de esquerda a dereita. Os puntos son dibuxados en lugar de perforados.

Cal é a máquina máis usada para escribir en Braille?. Máquina de escribir tradicional. Perkins. Impresora láser. Computadora portátil.

Que son os sistemas non estandarizados de comunicación con axuda?. Sistemas que se usan só en escolas. Sistemas creados temporalmente para comunicación inmediata. Sistemas oficiais para persoas con discapacidade visual. Sistemas para escribir textos longos en Braille.

Cal destes elementos se pode usar nun sistema non estandarizado de comunicación?. Obxectos reais ou miniaturas. Computadoras sen Braille. Só debuxos abstractos. Ningún material visual.

Que vantaxe teñen os SAAC coas persoas usuarias?. Permiten ampliar vocabulario e melloran as competencias comunicativas. Sempre fan a comunicación máis lenta. Non permiten integración social. Non se poden adaptar ás necesidades da persoa.

Que inconveniente teñen os SAAC?. Non necesitan ningún produto de apoio. Limitan o número de símbolos e poden facer a comunicación lenta. Son sempre familiares para todas as persoas. Impiden acceder a distintos contextos.

No Braille, o símbolo xerador ten seis puntos distribuidos en dúas columnas de tres. En determinados contextos, estas combinacións poden ter significados diferentes. Cal das seguintes afirmacións é correcta?. Cada combinación de puntos só representa sempre unha letra do alfabeto. As combinacións poden representar letras, números, símbolos musicais ou abreviaturas dependendo do contexto. O Braille só serve para escribir palabras, non números nin sinais matemáticos. Os significados das combinacións dependen exclusivamente da dirección de escritura (de esquerda a dereita ou de dereita a esquerda).

Por que se utilizan fotografías en sistemas non estandarizados de comunicación?. Porque permiten a comprensión de algo máis abstracto e representan persoas, obxectos ou lugares. Porque substitúen completamente o uso de obxectos reais ou miniaturas. Porque non require que a imaxe teña boa calidade. Porque só se usan para ensinar cores e formas básicas.

Denunciar Test