option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Preguntas galego

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Preguntas galego

Descripción:
Bolsa de preguntas que poden aparecer no exame

Fecha de Creación: 2025/04/21

Categoría: Idiomas

Número Preguntas: 46

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

En que século se afirma que o galego está constituído como lingua independente do latín vulgar?. Século VII. Século IX. Século XII.

En que época o galego parece que comeza a deixar de ser a lingua maioritariamente falada na comunidade?. Idade media. Nos Séculos Escuros. No século XXI.

En que século existe un movimento reivindicativo da conciencia lingüística galega?. No XIII coa poesía trobadoresca galaico-portuguesa. No XVIII cos ilustrados. No XVII coas primeiras gramáticas e dicionarios escritas en galego.

As cantigas de amor caracterízanse por: Estar contadas por un home que eloxia a unha “amiga”. Estar contadas por un home que eloxia a unha “senhor”. Estar contadas por unha muller que eloxia a un “senhor”.

Cal das seguintes características non é propia das cantigas de amor: A presenza da natureza. A coita de amor. A dama idealizada.

Que dous tipos de cantigas de amor podemos atoparnos: De mestría e de refrán. De finda e de verso. Dobres e mordobres.

Cal é a diferenza fundamental entre as cantigas de escarnio e maldicir?. A sátira encuberta nas de escarnio e o ataque directo nas de maldicir. A sátira encuberta nas de maldicir e o ataque directo nas de escarnio. Non existe ningunha diferenza.

Que tipo de sátiras se encontran nas cantigas de escarnio e maldicir?. Sátiras literarias contra outros poetas. Sátiras de eloxio á nobreza. Sátiras con carácter fantástico.

Que tipo de léxico é frecuente nas cantigas de escarnio e maldicir?. Vocabulario culto e linguaxe poética. Palabras propias da lingua falada con carácter obsceno e escatolóxico. Linguaxe formal e eloxiosa.

Que recurso adoita atoparse nas cantigas de amigo?. Paralelismo. Hipérbole. Hipérbaton.

Cal destas características é propia das cantigas de amigo?. A muller está casada. A presenza da natureza. Aparece a palabra “senhor”.

Cales das seguintes características se corresponden ás cantigas de amigo? : Presenza da palabra amigo, referencias habituais á natureza e a existencia de recursos como o leixaprén ou o refrán. Existencia de recursos como o refrán e o leixaprén e ausencia da natureza na historia. As personaxes habituais son o amigo e a amiga, presenza da ironía ao longo da cantiga e utilización de léxico popular.

Quen é a voz poética das cantigas de amigo?. Un crego. Unha muller. Un home.

Que recursos estilísticos aparecen nas cantigas de amigo?. Paralelismo, refrán e leixapréns. Leixaprén, metáfora e refrán. Paralelismo, poliptoto e leixaprén.

Cal dos seguintes é un dos temas que se abordan en Cantares Gallegos?. Denuncia a marxinación á que están sometidos os labregos, os emigrantes e as mulleres. Manifesta o seu estado anímico, caracterizado polo desasosego e o pesimismo. Rosalía quere deixar clara a súa plena identificación co pobo galego.

Cal é a principal característica formal dos poemas de Follas Novas?. Extensos e con abundantes recursos estilísticas. Breves e con combinacións métricas pouco ríxidas. Escritores en verso libre e con gran complexidade formal.

Cales son as liñas temáticas que trata Curros Enríquez na súa obra, aínda que unha delas apareza en poucos poemas: Cívica, costumista e social. Cívica-social, intimista e costumista. Lírica, costumista e cívico-social.

Que tema aparece na poesía cívica de Curros Enríquez?. As tradicións de Galicia. A defensa da monarquía, a Xustiza e a Administración Xeral. Os abusos da Igrexa.

O divino sainete está inspirado en: A divina comedia de Dante. Follas novas de Rosalía de Castro. Os miserables de Vítor Hugo.

Quen foi o promotor das irmandades da Fala?. Vicente Risco. Antón Villar Ponte. Ramón Cabanillas.

Cal dos seguintes non forman parte dos obxectivos das Irmandades fa Fala: Cooficialidade lingüística entre galego e castelán. Unha ampla autonomía que permitise resolver os problemas económicos e sociais do país. Fomentar a cultura propia de Galicia. Crear unha lingua común con Portugal.

Cal das dúas tendencias que existían nas Irmandades da fala foi a que se impuxo finalmente?. Participar activamente na vida política. Centrarse na actividade cultural. Establecer o galego como lingua principal por riba do castelán.

Cal destas obras non pertence a Castelao?. Os dous de sempre. Os vellos non debes de namorarse. Follas Novas.

Cal é a temática da obra de Castelao “Un ollo de vidro”. Tematica costumista. Temática anticaciquil. Temática nacionalista.

En qué consiste a obra de “Cousas”. Conxunto de relatos. Conxunto de debuxos con breve texto ao pé. Novela.

Castelao ademais de escritor foi un destacado. Debuxante de viñetas e político. Pintor surrealista. Médico que exerceu en moitos hospitais e humorista.

Celso Emilio Ferreiro é o principal representante da... Poesía intimista. Poesía costumista. Poesía social.

Cal é a obra máis salientable de Celso Emilio Ferreiro?. O soño sulagado. Viaxe ao país dos ananos. Longa noite de pedra.

Cal destas NON é unha temática de Celso Emilio Ferreiro?. Defensa do idioma. A paisaxe. Fascismo.

Cal das seguintes temáticas non é tratada por Celso Emilio: Intimista. Social. Fantástica.

A obra de Celso Emilio caracterízase por: Tratar de ser accesible para todo o pobo. Estar dirixida a grupos intelectuais. Ser escrita para el mesmo.

Celso Emilio Ferreiro pertencía a: Grupo Nós. Irmandades da Fala. Xeración do 36.

Longa noite de Pedra de Celso Emilio trata sobre: A loita contra a ditadura. A súa experiencia coa xente de Caracas. A emigración.

Con que bloque se corresponden as áreas mindoniense e lucu-auriense?. Bloque Oriental. Bloque Central. Bloque Occidental.

En que bloques se intercambia o -e polo -i no pretérito perfecto (por exemplo colleches en vez de colliches)?. Bloque Oriental. Bloque Central. Bloque Occidental.

En que bloque se utiliza o -i no lugar de -e en pronomes demostrativos como por exemplo “este”?. Bloque Oriental. Bloque Central. Bloque Occidental.

Que é a normalización dunha lingua?. Elaboración dunha variedade estándar dunha lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada. Converter unha lingua en vehículo habitual e normal de comunicación dunha comunidade en todos os ámbitos. Normalizar o uso dunha lingua únicamente nos contextos legais e formais.

Por que é importante a normalización dunha lingua minorizada?. Para evitar a perda de falantes e promover a dignificación e aceptación por parte da comunidade lingüística. Para elaborar un dicionario oficial da lingua. Porque así o recolle a Constitución española de 1978.

Cal é o obxectivo da normativización dunha lingua?. Establecer a variedade dialectal occidental como único uso correcto da lingua. Eliminar as variedades dialectais do uso cotiá dos galegofalantes. Fixar unha normal fónica, gráfica, morfosintáctica e léxica que sirva para o uso correcto dunha lingua.

Cal é a definición de prexuízo?. Xuízo de valor negativo ou positivo cara unha poboación. Xuízo de valor, xeralmente negativo, cara unha persoa ou grupo de persoas. Xuízo de valor negativo cara unha persoa e a súa lingua.

Cal dos seguintes é un prexuízo?. O galego é un idioma que ten que saber toda a poboación de Galicia porque é unha das nosas linguas oficiais e forma parte da nosa cultura. O galego é un idioma que non se debería falar nas institucións oficiais porque é un idioma más coloquial que o castelán. O galego é un idioma que debería de estar máis normalizado.

Estás de acordos con isto? O uso do galego é unha descortesía perante persoas foráneas... Debemos ser nós os que debamos adaptarnos á lingua das persoas foráneas castelan-falantes que viven na nosa comunidade. A falta de comprensión do galego é máis un problema de actitude que un problema real de comunicación, dado a gran parecido existente entre galego e castelán. Os foráneos non están obrigados a adaptarse á lingua do lugar que visitan ou aprendela.

Continúa a oración coa opción axeitada: O galego é.... Unha lingua minorizada. Unha lingua máis antiga que o castelán. Unha marca ideolóxica ou política.

O galego normativo é un idioma inventado?. Non porque é un idioma perfectamente diferenciado do castelán e mesmo se basea no portugués, polo que non é inventado. Si, porque non se corresponde co galego que se fala na rúa. Non, porque se basea en diferentes criterios para establecer a norma, como a historia literaria, a cantidade de persoas que utilizan esa variedade ou o nivel de expansión territorial desa variedade.

Cal consideras que é a mellor opción para combater o seguinte prexuízo lingüístico “o uso do galego é unha descortesía perante persoas foráneas”: Explicar que perante persoas foráneas deberíamos falar outro idioma para que nos entenda correctamente, mais deberiamos ensinarlles palabras típicas galegas. Normalmente as persoas castelanfalantes que veñen a Galicia non intentan entender o galego, normalmente é mais un problema de actitude que de comunicación. Por educación deberíaselle falar castelán as persoas con dificultades para entender o galego.

Porque este prexuízo “o galego é imposto” é falso?. Porque é unha lingua que é oficial en Galicia e a lexislación busca a paridade entre as dúas linguas oficiais. Porque so hai medios de comunicación en galego e a educación é toda en galego. Porque noutros países non se produce o mesma situación que en Galicia: so hai unha língua oficial.

Denunciar Test