Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESESexualidad

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Sexualidad

Descripción:
Examen sexualidad educación social

Autor:
Alba
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
04/01/2019

Categoría:
Universidad

Número preguntas: 90
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
1. En que consiste a Teoría da Dexeneración formulada por Bénédic Agus- tin Morel? a) Exponse que a persoa mala e a enferma coinciden, e a patoloxía sexual permanece como descendente da psiquiatría. b) Establece a vinculación entre sexualidade e psicopatoloxía. c) Ambas son correctas.
2. Sobre que dous concepts básicos se contrúe a Psicoanálise? a) Sexualidade e inconsciente. b) Elo e super eu. c) Conciencia e inconsciencia.
3. Cal era o pensamento da feminista Guillermine De Bohemia a) A creación dunha igrexa de mulleres baseada na crenza de que a redención de Cristo non alcanzou a muller. b) Necesidade da educación sexual. c) A igualdade política e sexual da muller.
4. Que feminista exaltada polas ideas da Revolución Francesa publica o manifesto da Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadanía (1789)? a) Marie de Gournay. b) Olympe de Gouges. c) Mary Astell.
5. Albert Möll, que idea defendeu? a) A existencia da pulsión sexual na infancia. b) A abstinencia sexual dos pobres para frear o crecemento da poboación. c) A importancia dos efectos pracenteiros das perversións sexuais no seu mantemento, anticipándose á modificación da conduta.
6. Que aspectos criticou Emilia Pardo Bazán da ideoloxía da súa coetánea e mestra Concepción Arenal? a) O dereito de visibilizar á muller no espazo público. b) O dereito da muller á educación académica. c) A defensa do rol de esposa e nai na vida das mulleres.
7. Que implicaron as revoltas e disturbios de «Stonewall» en 1969 para o movemento homosexual? a) O inicio da liberación homosexual. b) A «segunda onda» ou un renacemento para a liberación homo- sexual. c) Non supuxo ningún cambio significativo. .
8. Como entendía Karl Heinrich Ulrichs a homosexualidade? a) Como unha variante da sexualidade e non como unha patoloxía. b) Cunha dobre etioloxía, conxénita versus adquirida. c) Como unha inversión sexual.
9. Margaret Sanger defendeu: a) A educación profesional para as mulleres. b) Reclamou ao Estado unha educación igualitaria e gratuíta para mulleres e homes. c) O control da natalidade e do uso libre de anticonceptivos.
10. Havelok Ellis representa a principal figura na aparición do carácter sexual moderno e: a) Defende que a sexualidade non era unha ameaza moral nin un des- perdicio de enerxías vitais. b) Normaliza a abordaxe da sexualidade. c) Ambas opcións son correctas.
11. Cal é o posicionamento de Havelok Ellis en relación a masturbación? a) Como unha patoloxía. b) Defendía os beneficios da masturbación. c) Non se centrou no estudo da masturbación.
12. Cales son as fases da resposta sexual humana segundo Havelok Ellis? a) Tumescencia e detumescencia. b) Excitación, meseta, orgasmo e resolución. c) Meseta, orgasmo e resolución.
13. Segundo Magnus Hirschfeld, en que niveis se forman os estados sexuais? a) Xenital e somático. b) Xenital, somático, psíquico e impulso sexual. c) Somático e psíquicosexual.
14. Cales son as principais achegas de Freud ao estudo científico da sexua- lidade humana? a) A existencia da sexualidade dende o mesmo momento do nace- mento e o carácter construído da sexualidade. b) A separación da fronteira entre sexualidade normal e anormal e a visualización dos abusos sexuais a menores no núcleo familiar. c) Ambas opcións son correctas.
15. Que entende Sigmund Freud por sexualidade infantil «polimórfica»? a) Sexualidade perversa b) Que o corpo do menor incialmente ten capacidade eróxena para posteriormente reorientalo cara ás zonas eróxenas. c) Que na nenez están presentes tódalas posiblidades de perversión que os adultos poderían desenvolver.
16. Cales foron as aportacións de Hildegart ao estudo da sexualidade na primeira metade do século XX en España? a) A visibilización da muller no estudo científico da sexualidade. b) Defender o carácter sexuado da muller, o seu dereito a maternidade consciente e a súa «fame sexual». c) Ambas opcións son correctas. .
17. Que concepción tiña Iwan Bloch sobre a masturbación? a) Como unha patoloxía. b) Como un recurso natural contra o insomnio e como sedativo para o sistema nervioso. c) Non a consideraba importante. .
18. Cal é a finalidade do movemento euxenésico? a) Mellorar as calidades das seguintes xeracións humanas a través da selección durante o proceso produtivo. b) Xustifica a planificación familiar para que as persoas estean libres de «taras» físicas ou psíquicas. c) Ambas opcións son correctas.
19. Cal era a concepción de Wilhem Reich sobre a homosexualidade? a) Considerábaa como resultado dunha líbido frustrada que desaparecía coa liberación progresiva da sexualidade. b) Aceptábaa e considerábaa como unha expresión sexual máis. c) Loitou pola igualdade de dereitos das persoas homosexuais.
20. En Gran Bretaña, o 18 de novembro de 1910 fronte ao Parlamento, máis de 150 mulleres sufraxistas foron detidas e posteriormente denuncia- ron agresións sexuais e tratos vexatorios. Como é coñecido ese día? a) Venres negro. b) Venres tráxico. c) Non significou nada para a sociedade.
21. Que elementos son a clave para que a sexoloxía puidera convertese nunha ciencia independente? a) Un obxecto de estudo propio. b) Unha metodoloxía específica. c) Ambas opcións son correctas.
22. Clara Campoamor en calidade de deputada e membro do Partido Radi- cal, que argumentos defendeu nas Cortes Constituíntes? a) Un tratamento legal igualitario para mulleres e homes. b) O sufraxio universal. c) Ambas opcións son correctas.
23. Alfred Kinsey crea unha escala do índice hetereosexual-homosexual, e considera que a) As persoas soamente podemos ser heterosexuais ou homosexuais. b) A idea de que non existen persoas homosexuais senón condutas homosexuais. c) A homosexualidade é unha enfermidade.
24. Cales son, segundo Landarroitajauregi (2009), as falacias «adhominem» contra Kinsey? a) O indocumentado e o revolucionario. b) O pornógrafo e o filopederastra. c) Ambas opcións son correctas.
25. Por que durante a ditadura franquista se perseguiu ás persoas homosexuais? a) Internábanse en centros de saúde mental porque se consideraban persoas enfermas. b) Por considerar as súas prácticas contrarias á «lei natural» e aos bos costumes. c) Ambas opcións son correctas.
26. Quen foron os primeiros sexólogos que priorizaron o estudo da sexua- lidade da muller fronte á do home? a) Harry Hay. b) Alfred Kinsey. c) William Master e Virginia Johnson.
27. En que ano se promulga en España a Lei sobre os Dereitos Políticos, Profesionais e Laborais das mulleres? a) 1942 b) 1961 c) 1974.
28. Por que se caracteriza o movemento feminista da «segunda onda»? a) Forte sentimento de colectividade e identidade de grupo. b) Accións individuais. c) Non tivo ningunha forza. .
29. Que cualificativos definían a muller durante o Réxime Franquista? a) Sacrificada, obediente, submisa ao varón, reprodutora de roles máis tradicionais e católica. b) Loitadora, reivindicativa, valente e feminista. c) Ningunha das opcións anteriores.
30. Cal foi a finalidade que perseguía o movemento homófilo? a) Cambiar a imaxe negativa do homosexual promiscuo e conseguir a súa aceptación na sociedade. b) Ir en contra da difusión do coñecemento científico sobre a homo- sexualidade. c) Lograr a penalización das condutas homosexuais.
31. A aproximación esencialista ao estudo da identidade sexual defende que: a) Sexo e xénero son dúas categorías naturais, sendo o sexo o destino do xénero. b) Sexo e xénero son dúas categorías construídas. c) O xénero é unha categoría construída e o sexo unha categoría natural.
32. Fronte á aproximación construtivista que defende que o sexo é unha categoría biolóxica e o xénero unha construción social, a Teoría Queer afirma que: a) Sexo e xénero son dúas categorías naturais. b) O sexo é unha categoría construída e o xénero é unha categoría natural. c) Sexo e xénero son construcións sociais.
33. Que autora ou autor sinalou que a división do traballo entre mulleres e homes non se corresponde con ningunha necesidade biolóxica real, senón coas marcas de xénero coas que se manteñen os intereses eco- nómicos dentro do marco normativo do matrimonio heterosexual? a) John Money. b) Gayle Rubin. c) Joan Hampson e John Hampson.
34. A Teoría Queer, na que a súa máxima representante é Judith Butler, caracterízase por: a) Esvaece os límites entre o centro e as marxes, entre o lexítimo e o ilexítimo, entre o normal e o anómalo de modo que o que se encontra privilexiado na súa posición hexemónica necesita do outro, do marxinado, para definirse e lexitimarse. b) Rexeita a clasificación das persoas en categorías universais binarias. c) Ambas opcións son correctas.
35. Que célebre filósofa afirmou que «unha non nace muller, senón que chega a selo»? a) Teresa de Lauretis na súa obra A Tecnoloxía do Xénero. b) Julia Kristeva na súa obra O Xenio Feminino. c) Simone de Beauvoir na súa obra O Segundo Sexo.
36. Que coñecida autora defendeu na súa obra Gender Trouble o carácter construído do sexo? a) Teresa de Lauretis. b) Judith Butler. c) Julia Kristeva.
37. A construción do dimorfismo sexual aparente prodúcese a través dos seguintes relevos: a) Xenético, gonadal, xenital, somático ou fenotípico. b) Xenético e psicosocial. c) Cromosómico, gonadal e psicosocial.
38. O sexo xenético establécese no momento da fecundación e ven condi- cionado a nivel cromosómico, no cal é o cromosoma responsable da determinación do «sexo»? a) Cromosoma 21. b) Cromosoma 22. c) Cromosoma 23.
39. A diferenciación dos xenitais internos da muller prodúcese: a) Polo desenvolvemento do conduto de Muller e a involución do conduto de Wolff. b) Polo desenvolvemento do conduto de Wolff e a involución do con- duto de Muller. c) Polo desenvolvemento do conduto de Muller e do conduto de Wolff.
40. Cal das seguintes identidades sexuais pon de relevo o carácter cultu- ralmente construído do sexo? a) A transexualidade. b) O tranxenerismo. c) A intersexualidade.
41. Como denomina Anne Fausto-Sterling ás modernas técnicas cirúrxicas que se aplican ás persoas intersexuadas para corrixir os seus xenitais ambiguos e forzalos a un dos dous sexos lexítimos? a) Técnicas performativas. b) Calzador cirúrxico. c) Técnicas de reasignación.
42. Segundo Teresa de Laurentis, os diferentes axentes de socialización (familia, escola ou medios de comunicación) que socializan de forma diferencial en función da marca corporal, denomínanse: a) Tecnoloxías do sexo. b) Tecnoloxías do xénero. c) Tecnoloxías identitarias.
43. Na Teoría de Judith Butler que significa o «carácter performativo» do xénero? a) A interiorización das normas de xénero. b) A interiorización de actitudes sexistas. c) A imitación ou teatralización das normas de xénero, representan- do aqueles estereotipos e roles que se consideran axeitados á marca corporal.
44. Entre os compoñentes dos estereotipos de xénero destacan: a) O compoñente prescritivo e o descritivo. b) O compoñente descritivo e o interiorizado. c) O compoñente descritivo e o inclusivo.
45. Os estereotipos de xénero no seu compoñente descritivo: a) Establecen as condutas e os roles que deben levar a cabo mulleres e homes. b) Establecen as ocupacións que deben desempeñar mulleres e homes na sociedade. c) Determinan como «deben ser» as mulleres e os homes en relación ás características intelectuais, de personalidade e en relación á aparencia física.
46. Trazos como a independencia, a dominancia e a actividade inclúense no polo da: a) Expresividade. b) Instrumentalidade. c) Ambas opcións son correctas.
47. Peter Glick e Susan Fiske (1996) defenden que o sexismo ambivalente está formado por: a) O sexismo hostil. b) O sexismo benevolente. c) Ambas opcións son correctas.
48. O sexismo benevolente caracterízase por: a) Ter un ton afectivo positivo que considera a muller como diferente, pero adscrita a estereotipos e roles de xénero tradicionais. b) Ter un ton afectivo negativo que considera a muller como diferente, pero adscrita a estereotipos e roles de xénero tradicionais. c) Ningunha é correcta.
49. Sinala cal das seguintes afirmacións expresa unha actitude sexista hostil: a) En caso dunha catástrofe, as mulleres deben ser rescatadas antes que os homes. b) As mulleres intentan gañar poder controlando os homes. c) As mulleres deben ser queridas e protexidas polos homes.
50. Segundo Luis Bonino (2004) os «micromachismos»: a) Son actitudes de dominación «suave» ou de «baixa intensidade» que implican formas de negación de abusos sobre as mulleres. b) Implican actos, chistes, xestos ou comentarios, na súa maioría pou- co evidentes, realizados por homes que forzan e coartan a autoestima das mulleres. c) Ambas opcións son correctas.
51. Que autor introduce por primeira vez, en 1917, o termo «intersexual»? a) Joan Vendrell. b) Richard Goldschmit. c) Harold Garfinkel.
52. As persoas intersexuadas: a) Non encaixan no binario varón-muller, senón que o superan. b) Posúen corpos heterodoxos e ambiguos, desafiando as normas anatómicas e as regras sociais da normalidade. c) Ambas opcións son correctas.
53. Segundo Anne Fausto-Sterling (2006), nunha poboación de 100.000 habitantes habería un número estimado de persoas intersexuadas de: a) 1700. b) 170. c) 17.
54. Segundo Anne Fausto-Sterling (2006) a intersexualidade é: a) Unha variación sexual normal, pero infrecuente. b) Unha variación sexual anormal e correxible. c) Unha patoloxía que debe ser urxentemente corrixida.
55. As persoas transxénero, a diferenza das persoas transexuais: a) Renuncian á asociación do xénero psicosocial cos xenitais, de modo que poden sentirse homes aínda tendo xenitais “femininos” ou mulleres aínda tendo xenitais “masculinos” sen necesidade de facer congruente o seu corpo e o seu xénero. b) Opéranse os seus xenitais para asumir o xénero co que se identifican. c) As opcións a e b son correctas.
56. As persoas transexuais: a) A diferenza das transxénero, reproducen o modelo dous sexos/ dous xéneros. b) Habitualmente sométense a procedementos cirúrxicos para reasig- nar os seus xenitais e facelos congruentes con xénero psicosocial. c) Ambas opcións son correctas.
57. As crenzas, comportamento e actitudes negativas dirixidas cara ás per- soas transexuais ou transxéneros, incluíndo sentimentos de aversión e medo irracional a encontrarse con estas persoas denomínase: a) Homofobia. b) Transfobia. c) Bifobia.
58. A homofobia interiorizada consiste en: a) A asunción de actitudes negativas entre os propios homosexuais e lesbianas cara ao colectivo homosexual. b) A discriminación cara as persoas heterosexuais. c) Ambas opcións son correctas.
59. O prexuízo cara ás mulleres lesbianas denomínase: a) Bifobia. b) Lesbofobia. c) Transfobia.
60. Ane Bolin (2003), na súa tipoloxía de cinco formas de variación de xénero que pretenden abranguer o universo da diversidade sexual nas distintas culturas, inclúe aos xanith, considerados un terceiro xénero da sociedade Omaní e aos muxes, terceiro xénero no Istmo de Tehuantepec en: a) As tradicións dous espíritos. b) Os xéneros hermafroditas. c) Os roles de xénero cruzados.
61. A análise de Elisabeth Badinter (1984) sobre a maternidade nos séculos XVIII ata XX caracterízase: a) Por defender o rol biolóxico de nai das mulleres. b) Por arremeter duramente contra o instinto biolóxico maternal. c) As opcións a e b son correctas.
62. Cales son as fases da Resposta Sexual Humana (R.S.H.) segundoWilliam Masters e Virginia Johnson (1966)? a) Meseta, Orgasmo e Resolución. b) Excitación, Meseta, Orgasmo e Resolución. c) Desexo, Orgasmo e Resolución.
63. En que difiren as fases da Resposta Sexual Humana de William Mas- ters e Virxinia Johnson (1966) das que formulan Jose Antonio Carro- bles e Ángeles Sanz (1991)? a) Son as mesmas fases. b) En que Carrobles e Sanz unen a fase da excitación e a da meseta. c) En que inclúen o desexo como primeira fase, seguido da excitación, meseta, orgasmo, resolución e satisfacción sexual.
64. En que fase se produce o período refractario? a) No orgasmo. b) Na excitación. c) Na resolución.
65. Que críticas achega Helen Kaplan (1979) ao modelo de R.S.H. de Wi- lliam Masters e Virginia Johnson (1966)? a) Incorpora a fase do desexo e inclúe unha variable psicolóxica. b) Considera que a fase de resolución non se debería considerar como unha fase. c) As opcións a e b son correctas.
66. Que implica ter capacidade multiorgásmica e quen goza dela? a) É a obtención de múltiples orgasmos. Disfrutan dela os homes. b) É a obtención de múltiples orgasmos. Disfrutan dela as mulleres. c) É a obtención dun único orgasmo.
67. Helen O’Connell e o seu equipo (2005) a través da resonancia magnética constatan a forte relación entre o clítoris, a vaxina e a uretra, formando un tecido piramidal complexo que desencadea a resposta sexual feminina. Isto avala a súa hipótese de: a) O orgasmo vaxinal e clitorídeo. b) O orgasmo uterino, vulvar e mixto. c) Un único tipo de orgasmo derivado da estimulación directa ou indirecta do clítoris.
68. As críticas cara aos modelos da resposta sexual humana diríxense: a) Á artificialidade da secuenciación en fases lineais e a súa visión xenitalista e reducionista. b) Á ignorancia dos aspectos cognitivos e subxectivos da resposta sexual. c) As opcións a e b son correctas.
69. Que se entende por falocéntrico? a) O pene é o centro da expresión e experimentación do pracer. b) O clítoris é o centro da expresión e experimentación do pracer. c) O pene e o clítoris son o centro da expresión e experimentación do pracer.
70. Que pensamento sobre o amor defende Fina Sanz (1995) na súa obra dos vínculos amorosos? a) Non confundir amor con posesión, anulación ou opresión. b) Que as mulleres deben saber situar o amor nas súas vidas e iso require un crecemento persoal. c) As opcións a e b son correctas.
71. Nas sociedades hipermodernas, o concepto de “amor” que xurdiu como alternativa ao que Eric Fromm (1994) denominou “separatidade”, Gi- lles Lipovestky (2006) denominouno: a) Individuación. b) Unión. c) Vinculación amorosa.
72. Na tipoloxía do Amor de Alan Lee (1977) cales son os tres estilos primarios? a) Eros, ludus e storge. b) Eros, manía e pragma. c) Eros, storge e ágape.
73. Cales son os elementos que incorpora Robert Sternberg (1986) na súa Teoría triangular do Amor? a) Intimidade, paixón e decisión/compromiso. b) Intimidade, posesión e altruísmo. c) Intimidade, manipulación e compromiso.
74. Que cuarto elemento incorpora Carlos Yela (1996) no modelo triangular do amor de Robert Sternberg? a) Paixón romántica. b) Manipulación. c) Celos.
75. Segundo Cynthia Hazan e Phillip Shaver (1987) os tres estilos nas rela- cións de apego que se manifestan no amor romántico adulto son: a) Seguro, evitación, ansiedade ambivalente. b) Intimidación, paixón e compromiso. c) Ningunha das opcións anteriores.
76. Que autora afirma que “o amor, tan central na vida das mulleres, resulta o espazo máis tradicional nas mulleres modernas”? a) Fina Sanz. b) Marcela Lagarde. c) Elena Burgos.
77. Cal é a finalidade da conduta sexual na infancia? a) Non existe conduta sexual nesta etapa. b) Autoexploratoria e lúdica. c) Relacional.
78. A sexualidade entre os seis e os dez/doce anos destaca por: a) Os xogos sexuais de exhibición. b) A conduta masturbatoria autoexploratoria ou mutua. c) As opcións a e b son correctas.
79. Segundo diversos estudos no noso país, quen inicia antes as relacións sexuais? a) Os mozos. b) As mozas. c) Os mozos e as mozas.
80. Na nosa sociedade, á sexualidade na vellez aplícaselle un modelo: a) Novo, masculino, xenitalizado e reducionista. b) Que prima a cantidade fronte á calidade e a rapidez. c) As opcións a e b son correctas.
81. O DSM-IV-TR define as disfuncións sexuais como: a) Alteracións do desexo sexual por cambios psicofisiolóxicos no ciclo de resposta sexual humana e pola provocación de malestar e problemas interpersoais. b) Dor asociado coa realización do acto sexual. c) Perturbacións psicofisiolóxicas na zona xenital.
82. Dentro do modelo tipolóxico funcional dos problemas sexuais de Jose Antonio Carrobles e Ángeles Sanz (1991) diferencian entre: a) Disfuncións sexuais e parafilias. b) Desviacións sexuais e variacións ou alternativas sexuais. c) Disfunción sexual e fobias sexuais.
83. Leonor Tiefer (1996) critica duramente os sistemas de clasificación dos trastornos sexuais, defendendo que asumen de forma implícita que: a) A sexualidade é universal e innata e que consiste en reaccións de partes do corpo. b) A sexualidade é xenitalizada e que o coito heterosexual é a activi- dade sexual normativa. c) As opcións a e b son correctas.
84. Félix López (1995) identifica como criterios para delimitar o rango dos abusos sexuais contra menores: a) A simetría da idade e o tipo de condutas sexuais. b) As estratexias que o agresor/a pon en xogo para someter á vítima. c) As opcións a e b son correctas.
85. Segundo os últimos datos sobre incidencia dos abusos sexuais a menores en España poñen de manifesto que: a) Nos últimos anos aumentaron os casos de nenas vítimas de abusos sexuais. b) Debido á actual lexislación do menor produciuse un descenso. c) Os nenos sofren máis abusos sexuais cás nenas.
86. O informe do Eurobarómetro (2009) sobre os abusos sexuais a menores conclúe que: a) Os abusos sexuais a menores diminúen en Europa. b) A maioria dos nenos e as nenas en España non saberían como pedir axuda en caso de sufrir abusos sexuais. c) Un alto número de abusos sexuais son denunciados en España.
87. O termo anglosaxón que define a violencia nas relacións de parella dos e das adolescentes é: a) Dating violence. b) Intimate Partner violence. c) Violence of Gender.
88. Que Infección de Transmisión Sexual está a ter unha forte incidencia nos últimos anos nas mulleres novas? a) Sífilis. b) Gonorrea. c) Virus do Papiloma Humano.
89. Que método, xunto co condón masculino, cumpre a dobre finalidade anticonceptiva e preventiva? a) O diafragma. b) O DIU. c) O preservativo feminino.
90. Segundo María Lameiras e Mª. Victoria Carrera (2009) cales son os prin- cipais obstáculos da educación sexual? a) Unha actitude permisiva que a limita á reprodución, á xenitalidade e á hixiene. b) Unha educación sexual sanitarizada e para a reprodución social. c) As opcións a e b son correcta.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso