TECNOLOGÍA PARA ESO
|
|
Título del Test:
![]() TECNOLOGÍA PARA ESO Descripción: TEST TECNO ESO |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Unha marca de decoración lanza ao mercado un novo produto: un garfo moi innovador que pode gardarse nun peto pequeno, como podes ver na seguinte imaxe. Porén, moitos consumidores que o probaron queixáronse de que é incómodo de usar. Cal das fases do proceso tecnolóxico cres que non foi tida en conta?. Deseño. Planificación. Verificación e avaliación. Análise. Tendo en conta as fases dun proceso tecnolóxico, en cal destas encaixaría mellor o orzamento dun proxecto?. Deseño. Planificación. Verificación e avaliación. Análise. Os alumnos do IES Xosé Cadarso deseñaron e imprimiron en 3D un soporte de móbil para un iPhone 12 mini pero, trala súa fabricación, déronse conta de que o dispositivo non encaixaba, que deberían facer?. Pasar directamente á facer a memoria. Volver á fase de deseño para mellorar o prototipo. Cambiar o material sen revisar o plano. Engadir decoración ao produto. Na seguinte imaxe móstrase un camión cruzando unha ponte. Tendo en conta a carga que soporta dita ponte, cales dirías que son os esforzos que sufre dita ponte tanto no lado superior (1) coma no inferior (2) sinalados na imaxe?. 1: compresión, 2: torsión. 1: flexión, 2: flexión. 1: tracción, 2: compresión. 1: compresión, 2: tracción. Neste circuíto de portas lóxicas formado por unha porta AND e unha porta NOR, controladas polos interruptores A, B e C, con cal das seguintes opcións se acenderá a lámpada (ollo! podería haber máis de unha opción)?. A = 1 / B = 0 / C= 0. A = 0 / B = 0 / C = 0. A = 0 / B = 1 / C = 0. Todas son correctas. No seguinte circuíto pneumático da figura, composto por dúas válvulas de accionamento mecánico por pulsador (A e B) que, a través dunha válvula selectora (C), alimentan o vástago dun cilindro, en cal das seguintes situacións o vástago non se activará?. Accionando só o actuador A. Accionando só o actuador B. Accionando simultaneamente os actuadores A e B. Ningunha das anteriores é correcta. A partir da vista isométrica representada, identifica cal das seguintes catro proxeccións corresponde ao alzado segundo o sistema americano de representación. Vista A. Vista B. Vista C. Vista D. Na seguinte figura obsérvase unha peza que pasa entre dous rolos e sae en forma de lámina máis fina sen chegar a romperse. Que propiedade do material se pon de manifesto neste proceso?. Elasticidade. Dureza. Ductilidade. Maleabilidade. Observa a imaxe da botella de plástico. Que información nos proporciona o símbolo resaltado?. O grao de pureza do plástico e a súa orixe. O tipo de plástico do que está feito o envase e a súa reciclabilidade. A porcentaxe e o tipo de plástico empregado na súa fabricación. O proceso de fabricación e o número de veces que se pode reutilizar a botella. Nunha casa intelixente, varios dispositivos están conectados entre si mediante IoT. Cal destes exemplos describe correctamente como funciona esta tecnoloxía?. A televisión apágase aos 90 minutos de inactividade. O móbil recibe unha alerta porque o sensor da porta detectou que se abriu mentres ti non estabas na casa. O envase de deterxente vértese por completo nun compartimento da lavadora e esta dosifícao automáticamente en cada lavado. O forno remata de facer un biscoito cun temporizador de 30 minutos. Cal das seguintes opcións describe correctamente o que é un sistema experto no ámbito da Intelixencia Artificial?. Un modelo computacional inspirado no cerebro humano que aprende a partir de exemplos, como as redes neuronais. Un programa que automatiza procesos manuais complexos sen necesidade de intervención humana. Un sistema capaz de simular o razoamento dun profesional para tomar decisións nunha área concreta, como diagnosticar enfermidades. Un método de procesado da linguaxe que permite ás máquinas comprender textos escritos por persoas. Segundo o esquema de Scratch representado na imaxe. Que fará o gato?. Xira 180 graos e repite 10 veces 10 pasos, todo isto en bucle. Repite 10 veces 10 pasos, xira 180 graos e volve a repetir o esquema 10 veces. O gato anda 10 pasos hacia a esquerda e xira 10 veces 180 graos. Anda 10 veces 10 pasos cara a dereita, xira 180 graos e repite o esquema cara a esquerda, todo isto en bucle. Estás na túa casa facendo unha videoconferencia coas túas amizades para planear unha viaxe. Nalgún momento comezas a decatarte de que a súa voz chega con menor intensidade, como se falasen máis baixo, aínda que o volume do teu dispositivo non cambiou. Que está a ocorrer na comunicación?. Ruído. Retardo. Interferencia voluntaria. Atenuación. Como se denomina á rede que conecta os ordenadores da aula de tecnoloxía, ou os dispositivos da túa casa, nunha área xeográfica limitada?. WAN. MAN. LAN. PAN. Estás preparando un vídeo para un traballo de clase e atopas unha canción na Internet co seguinte símbolo: CC BY-NC. Queres usala como música de fondo no teu proxecto, que só verán o teu profesor e os teus compañeiros. Que che indica esta licenza?. Que podes usar a canción libremente, mesmo para fins comerciais, sen mencionar o autor. Que podes usar a canción sempre que recoñezas ao autor e non lle deas un uso comercial. Que non podes usar a canción baixo ningunha circunstancia. Que podes modificar a canción, pero só se a volves publicar coa mesma licenza. |




