Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESETeoría y Práctica del Entrenamiento Deportivo

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
Teoría y Práctica del Entrenamiento Deportivo

Descripción:
CCAFyD - UDC (2022)

Autor:
-
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
25/06/2023

Categoría:
Deportes

Número preguntas: 30
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Cales son os compañentes da intensidade no adestramento da forza? a. a carga mobilizada, a velocidade e o volume. b. a carga mobilizada, a intención e o carácter do esforzo. c. o volume da carga, a intención e o carácter do esforzo. d. a carga mobilizada, o carácter do esforzo e o fallo muscular. e. a carga mobilizada, a velocidade e o carácter do esforzo.
Que fórmula ten a monotonía do adestramento, cando aplicamos a escala do esforzo percibido? a. a carga media da sesión de adestramento/frecuencia do adestramento. b. a carga total do microciclo de adestramento/número de sesións. c. a carga media diaria/desviación estándar. d. a carga media diaria/intensidade do adestramento. e. a carga media diaria/volume do adestramento.
Un deportista que ten un valor de 1.8 na ratio de carga aguda: crónica, en qué situación atópase? a. debe incrementarse o volume de adestramento. b. debemos manter o volume do adestramento. c. alta probabilidade de sufrir unha lesión. d. baixa probabilidade de sufrir unha lesióon. e. debe incrementarse a intensidade.
Cal de estas interconexións de carga é negativa: a. Velocidade, resistencia aeróbica. b. forza resistencia, coordinación e técnica. c. forza específica, técnica, velocidade. d. resistencia anaeróbica láctica, resistencia aeróbica. e. técnica, velocidad, resistencia aeróbica.
Que tipo de distribución de carga é a deste gráfico a. Acentuada. b. Lineal. c. Progresiva. d. Concentrada. e. Distribuída.
Nun exercicio de forza, canto maior sexa a velocidade de desprazamento ante a carga: a. máis forza aplicamos b. menos tempo de aplicación de forza. c. menos forza aplicamos. d. A e B son correctas. e. A e B son incorrectas.
A que nos podemos referir cando falamos de forza? a. Forza dinámica máxima, é dicir 1RM. b. á rfd, produción de forza-tempo. c. curva forza-velocidade. d. Forza inicial. e. Todas son correctas.
No quecemento, na parte de mobilidade, que elemento non forma parte da mesma: a. A doriflexión de nocello. b. A mobilidade de cadeira. d. a columna vertebral neutra. c. a mobilidade torácica. e. a mobilidade gleno humeral.
En relación ao adestramento da resistencia aeróbica. Sinala a afirmación correcta: a. O VO2 máx pode cambiar até un 200% co adestramento. b. O adestramento debe buscar aumentar o VO2 necesario para manter unha velocidade ou potencia determinada. c. O adestramento debe buscar diminuír o tempo que se pode manter dita velocidade ou potencia. d. O adestramento debe durar menos de 3 minutos. e. O adestramento debe buscar diminuír o VO2 necesario para manter unha velocidade ou potencia determinada.
En relación ao concepto de velocidade. Marca a opción correcta: a. A velocidade no ámbito deportivo exprésase pola relación entre o espazo eo tempo. b. A velocidade está moi limitada xeneticamente mentres que a rapidez ten unha maior marxe de mellora, con máis motivo maior é a distancia sobre a que se vai a medir. c. Isto débese a que a "rapidez" está mi relacionada coa forza e a resistencia, calidades que ten unhas amplas marxes de modificación. d. B e C son correctas. e. A rapidez é o medidor da velocidade.
Qué intensidade é a que se pode manter durante menos tempo? a. Velocidade do limiar anaeróbico. b. Velocidade do consumo máximo de osíxeno. c. 90% da velocidade do consumo máximo de osíxeno. d.105% da velocidade do limiar anaeróbico. e. C e D son correctas.
A monitorización da frecuencia cardíaca é unha medida válida para cuantificar: a. Carga aeróbica. b. Carga anaeróbica. c. Carga externa. d. Carga láctica. e. Todas son correctas.
Os cuestionarios de benestar, poderán darnos información dos nosos xogadores relacionada con: a. A carga externa. b. A fatiga xeral, muscular e calidade de soño c. Os trimps. d. O volume efectivo. e. Todas son correctas.
A capacidade aeróbica vén determinada por: a. A cantidade total de enerxía que poder fornecer o sistema aeróbico, e que varía en función da intensidade do exercicio. b. Depende en primeiro lugar da actividade de glucógeno fosforilasa e en segundo lugar da actividade da fosfofructoquinasa (PFK). c. Indica o máximo de ATP que pode chegar a fornecer o metabolismo anaeróbico nun só esforzo. d. A e B son correctas. e. B e C son correctas.
Canto maior sexa o tempo do que dispomos para aplicar forza: a. Menos forza poderemos aplicar. b. Máis forza poderemos aplicar. c. O tempo non inflúe. d. Maior potencia pode ser alcanzada en contraccións isométricas. e. Ningunha é correcta.
Os estiramentos dinámicos melloran: a. a capacidade de estiramento estático. b. a flexibilidade. c. a elasticidade. d. O reflexo miotático e.Os fusos neuromusculares.
En cal destas teorías non está baseado o modelo sistémico e complexo do adestramento deportivo actual? a. a teoría da acción. b. a teoría do caos. c. a teoría xeral dos sistemas. d. a teoría catástrofes. e. a teoría cognitiva.
A análise da porcentaxe da graxa dun deportista, a que factor do prognóstico pertence: a. pasado deportivo. b. maduración biolóxica. c. anamnese. d. evolución biolóxica. e. perfil morfológico.
Cal é a orde correcta dos factores da pirámide da eficiencia do movemento: a. movemento correcto, forza, potencia e acodicionamento e habilidades. b. movemento correcto, potencia e acodicionamento, forza e habilidades. c. movemento correcto, forza, habilidades, potencia e acodicionamento. d. movemento correcto, forza resistencia, forza potencia e habilidades. e. Ningunha é correcta.
Cales son os modelos de preparación física? a. de sobrecarga, de prevención de lesións e de activación b. de activación, de prevención de lesións, de sobrecarga e coadyuvante. c. de activación, de prevención de lesións, de sobrecarga e de equilibrio. d. de optimización, coadyuvante, de activación e de sobrecarga. e. ninguha presenta todos os modelos.
A calidade do movemento conséguese con: a. mobilidade, estabilidade resistencia do core, patróns motores. b. mobilidade, core, estiramentos dinámicos, coordinación. c. mobilidade, estiramentos dinámicos, coordinación, pliometría. d. mobilidade, coordinación, estiramentos dinámicos, patróns motores. e. mobilidade, estiramentos dinámicos, patróns motores, coordinación.
Que factor non forma parte do concepto de periodización? a. microciclo. b. período preparatorio. c. sesión de adestramento. d. volume do adestramento. e. mesociclo.
Que é a reserva de adaptación nun deportista? a. O estímulo que altera a homeostase do organismo. b. a alteración de todos os equilibrios do organismo. c. a anticipación fisiológica á tensión do exercicio. d. a relación entre o límite da capacidade de rendemento e o rendemento actual do deportista. e. a capacidade de expresar o potencial xenético do deportista ao seu nivel máximo.
A que concepto define esta frase: os organismos manteñen a estabilidade fisiolóxica anticipando as necesidades antes de que xurdan. a. volume da carga. b. lei do limiar. c. a carga alostática. d. a homeostase. e. A teoría de Hans Selye.
O efecto retardado caracterízase por: a. os cambios bioquímicos no deportista. b. a carga interna. c. por ter unha fase de carga e outra de realización de cárgaa d. por ter o efecto residual do adestramento. e. polos cambios nas capacidades motoras.
Cal destes ítems non pertence á clasificación das cargas pola súa finalidade de preparación ou a súa forma de aplicación: a. cargas de adestramento. b. cargas de desenvolvemento. c. cargas acentuadas. d. cargas de competición. e. cargas concentradas.
Que é o potencial de adestramento dun exercicio: a. o efecto que provocan o deportista. b. as características cinemáticas e dinámicas do efecto do adestramento. c. as características do exercicio e as súas posibilidades de xerar adaptacións. d. o efecto da carga sobre o organismo. e. ningunha é certa.
Que é o o tempo durante o cal o contido de adestramento funciona como un estímulo sobre o organismo: a. a intensidade. b. o volume. c. a duración. d. a frecuencia. e. o volume relativo.
Que é o volume adaptativo máximo? a. É a cantidade de adestramento, que en calquera unidade de tempo, produce a maior resposta adaptativa. b. é o volume máis baixo de adestramento que un deportista pode realizar nunha situación concreta e aínda así mellorar o seu rendemento. c. é o volume máis baixo de adestramento que un deportista pode realizar nunha situación concreta e aínda así conservar as súas capacidades físicas. d. é o maior volume de adestramento que o atleta pode realizar nunha situación concreta e aínda así recuperarse para poder realizar a seguinte sobrecarga completa na próxima escala de tempo. e. é o volume que o atleta pode realizar para reter as adaptacións do ciclo de adestramento.
Que se expresa a través da intensidade da carga? a. o mantemento da etapa da forma deportiva. b. as adaptacións a longo prazo. c. as características do período preparatorio. d. o estado de forma do deportista. e. ningunha é certa.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso