Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEUD01

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
UD01

Descripción:
RECUPERACION

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
13/03/2024

Categoría:
Informática

Número preguntas: 60
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
A eficiencia indica a porcentaxe de enerxía que unha fonte de alimentación convirte de alterna a continua. A especificación ENERGY STAR esixe polo menos… Entre un 60% e un 90% Esta especificación é de procesadores, non de fontes de alimentación Un 80% de eficiencia Un 60% de eficiencia.
A fonte de alimentación (power supply) actúa como.… Rectificador Regulador Transformador Todas son correctas.
A fonte de alimentación encárgase de transformar, rectificar, filtrar e estabilizar a corrente externa. A súas voltaxes de saída son aproximadamente? 1,5V, 3,3V, 5V e 12V 3,3V, 5V e 15V 3,3V, 5V e 12V 3V, 5V e 12V.
A misión principal desta unidade é recoller as instrucións que compoñen un programa, interpretalas e controlar a súa execución. Trátase da: UC BIOS ALU UAC.
Á numeración das celas ou posicións de memoria da memoria central denomínase: MB ou GB Rexistros de entrada Palabra Enderezo de memoria.
Cal é a velocidade do reloxo de E/S do Módulo PC4-19200? 2400 MHz 1200 MHz 1600 MHz 800 MHz.
Cal sería o nome estándar do módulo PC4-12800? DDR-3200 DDR4-1600 DDR4-6400 DDR4-3200.
Dado o módulo RAM DDR4-3200, cal é a súa taxa de transferencia máxima por segundo? 12800 25600 1600 3200.
Cal é a latencia en ns dun módulo DDR5-4800 con 40 de latencia CAS? Aproxima a 2 decimais.
Cal é a latencia en ns dun módulo PC4-19200 con CL 17? Aproxima a 2 decimais.
Calcula a latencia en ns dun módulo PC3-10664 con CL9. Aproxima a 2 decimais.
Calcula o tempo de ciclo de reloxo (ns) dun módulo PC4-17064 con CL14. Aproxima a 2 decimais.
A que voltaxe traballa a memoria DDR4? 2,5v 1,1v 1,2v 1,8v.
A refrixeración por Heatpipes.... É un sistema de enfriamento basado nun metal líquido cunha conductividade térmica maior que a da auga Conta cun sistema de finas placas de cerámica e traspasan a enerxía calorífica dende unha das súas superficies á outra. Todas son correctas Trátase dun circuito pechado baseado no fenómeno térmico chamado “convención natural”, co que se produce unha recirculación do líquido interno.
Algúns sistemas teñen unha memoria caché L2 ou L3 externa á propia CPU, conectados mediante... Cpu bus cache Ram bus Back side bus Cache bus.
As caixas “slim” adoitan utilizarse en equipos con placas base... Nano-ATX Mini-ATX ATX Micro-ATX.
As fontes de alimentación permiten un aforro de enerxía capacitando ao ordenador para entrar en estados de baixo consumo... Non, o aforro de enerxía non depende de fonte de alimentación Si, dende as primeiras versións ATX Si, dende as versións II de ATX Si, dende as AT ata as últimas versións das ATX.
Caixas usadas para servidores industriais ou para montar servidores en armarios. Trátase das caixas.... TPV Barebone Gran torre Rack.
Cal das seguintes é característica das memorias volátiles? Úsanse en memorias Flash Almacenamento a corto prazo Non require corrente eléctrica para manter a información Todas son correctas.
Cal das seguintes memorias son de tipo non volátil? Caché L3 RAM Rexistros Flash.
Cal dos seguinte sockets teñen conectores para a inserción de patillas que contén o procesador? LGA PGA Slot A BGA.
Cal dos seguintes dispositivos é de E/S? Altofalantes Tarxeta de rede Impresora Pantalla.
Cal dos seguintes elementos soe coincidir co ancho de palabra da memoria? Bus de control Bus de memoria Bus de datos Bus de enderezos.
Cal é a taxa de transferencia do USB 3.1? Ata 600 MB/s Ata 40 Gbit/s Ata 20 Gbit/s Ata 10 Gbit/s.
Cal é o nivel de caché que recibe ou entrega instrucións e datos a ou dende os módulos de memoria? Caché nivel 3 Caché nivel 1 Ningunha é correcta Caché intermedia.
Cal pode ser o propósito de realizar underclocking ? Conseguir menores temperaturas de traballo Sincronizar a CPU coa memoria RAM Ter un procesador que realice máis operacións por segundo Non existe o underclocking.
Consiste nunha estrutura de plástico con pequenos buracos onde se insertan as patillas do microprocesador. Trátase de: Zócalo LGA Zócalo BGA Zócalo ZIF Zócalo ZIP.
Contén o enderezo da cela que se vai utilizar na operación, ben para gravar ou ler datos da memoria principal. Trátase de: Rexistro de intercambio de memoria Selector de memoria Rexistro acumulador Rexistro de enderezo de memoria.
É o tamaño de información que manexan en paralelo os compoñentes do sistema informático como pode ser a memoria, buses... Trátase de: Octeto Byte ASCII Palabra.
É un chip que se atopa fisicamente visible na placa base e ten entre outras funcións, comprobar o sistema e lanzar o seu arranque. Trátase de: ROM CMOS ROM BIOS Ningunha é correcta RAM-CMOS.
É un conxunto de biestables nos que se deixa constancia de algunha condición que se dou na última operación: Rexistro acumulador Rexistro de instrucións Rexistros de entrada Rexistro de estado.
En canto á refrixeración dun sistema informático, a refrixeración pasiva... Non é preciso o uso de pasta térmica Non produce ruído Todas son correctas Poden dispersar grandes cantidades de calor.
En canto á refrixeración líquida, cal das seguintes afirmacións é correcta? É máis eficaz que por aire Entre os seus elementos atópase un radiador. Todas son correctas Permite refrixerar todos os compoñentes á vez (procesador, gráfica, memoria…).
En que arquitectura a memoria almacena instrucións e datos de maneira conxunta?: Harvard Ningunha é correcta Von Neumann Ambas.
En que modo de arquitectura o acceso a datos e instrucións se realiza simultáneamente? Ambas son correctas Hardvar Ningunha é correcta Von Neumann.
Este elemento ocúpase de emitir ordes moi elementais que, sincronizadas polos impulsos do reloxo, fan que se vaia executando pouco a pouco a instrución. Trátase de: Contador de programa Secuenciador Decodificador Rexistro de instrucións.
Indica a que corresponde a seguinte definición: “Circuíto integrado e encapsulado principal da placa base que conecta e xestiona os compoñentes da mesma” CMOS Chipset CPU Pang.
Na execución dunha instrución, é o encargado de extraer o código da operación, analizalo e emitir os sinais necesarios para a súa execución a través do secuenciador. Trátase do: Rexistro de instrucións Reloxo Contador de programa Decodificador.
Nas operacións de lectura, recibo o dato da memoria. Nas operacións de lectura contén a información que hai que gravar en memoria procedente de calquera unidade funcional. Trátase de: Selector de memoria Rexistro de intercambio de memoria Rexistor acumulador Rexistro de enderezo de memoria.
Nun equipo con tecnoloxía Dual Channel empregando módulos RAM diferentes: O controlador de memoria axústase a cada un dos módulos para que traballen ás velocidades, latencias ou capacidades de cada un deles. O sistema non arrancará ao producirse un erro POST O controlador de memoria axústase ás velocidades, latencias ou capacidades máis baixas Non pode facer uso da mencionada tecnoloxía.
Nunha placa base, que elemento se encarga da xestión dos portos USB? CPU PCI Express Chipset Hub de placa.
O cable laranxa dun conector da fonte de alimentación proporciona... 12V 5V 3.3V 3.5V.
O conector ATX P2... Ten unha única versión de 4 pins e 5v Ten unha única versión de 4 pins e 12v Ten versión de 4 e de 8 pins e 12v Ten unha única versión de 8 pins e 12v.
O conector M.2 é empregado principalmente para: Alimentar ao procesador Conectividade e almacenamento Conexión dos novos módulos de memoria RAM DDR5 Transferir datos de discos duros externos Comentarios.
O conector MOLEX dunha fonte de alimentación.... Ten unha liña de 12v para os motores e outra de 5v para as placas Todas son correctas Alimenta a dispositivos serial ATA Conéctase á placa base como unha liña de reforzo para algúns circuitos.
Os avisos que efectúa a BIOS no caso de atopar un erro no arranque... Poden ser sonoros ou visuais Todos os modelos de BIOS producen os mesmos sinais Todas son falsas Son só sonoros.
Os circuitos integrados ROM que conteñen programas denomínanse: Chips firmware Chips flash Todas son falsas Chips BIOS.
Os discos SSD e tarxetas SD soen empregar, para almacenar a información, a tecnoloxía: Flash NAND ROM SDR EPROM.
Os discos SSD empregan para o almacenamento da información... Memorias flash Chips Prom Memorias rom Ningunha é correcta.
Os discos SSD fronte aos discos duros mecánicos: Todas son correctas Son máis lentos en operacións de escritura de arquivos grandes Son máis pesados Son máis resistentes.
Os estándares que determinan entre outros aspectos, as medidas dunha placa base, disposición e lugar onde se aloxan os seus compoñentes, potencia.... denomínanse: Variantes de placas Estándares AT/ATX Factores de forma Estándares factor placa.
Os USB 4.0 ofrecen potencias de carga de até... 20 watts 100 watts 50 watts 150 watts.
PCIe Express x1 v4.0 dispón dun ancho de banda aproximado de: 1Gb/s 2Gb/s 2GB/s 1GB/s.
Que tipo de memoria cache se soe situar fóra dos núcleos aínda que compartida entre varios: Caché de nivel 1 Caché intermedia Caché de nivel 3 Ningunha é correcta.
Son caixas que teñen entre 45 e 60 cm de altura. Trátanse das caixas.... Caixa mini torre Caixas Súper torre Caixas semitorre Caixas gran torre.
Son estruturas de almacenamento de moi pouca capacidade pero cuxo acceso e escritura son extremadamente rápidos. A maioría atópanse entre a UC e a UAL. Trátase de: Memoria caché Memoria intermedia Memoria de integración Rexistros.
Son medios de transmisión compartidos que conectan dous ou máis dispositivos. Ao sinal que transmiten pode ser recibida por todas as unidades conectadas. Trátase de: Conector serie Rexistro de intercambio Bus Conector paralelo.
Son os módulos encargados de aloxar as tarxetas para ampliar as características dun equipo. Trátanse de: DIMM Socket Ranuras de expansión UHD Graphics.
Supoñendo un bus de enderezos de 8 bits, a cantas posicións de memoria pode acceder o sistema? O tamaño do bus de enderezos non ten relación co número de posicións de memoria á que pode acceder o sistema 128 posicións 256 posicións 512 posicións.
Trátase da máxima potencia xerada por un dispositivo medida en watts... MaxWatts TDP Ningunha é correcta RMI.
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso