Unha verdade amarga. Léxico-1
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() Unha verdade amarga. Léxico-1 Descripción: Atine co significado correcto da palabra que se destaca da novela de Celia Díaz. |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
Nogueira. "O avogado acariñou cos ollos as pezas da escribanía de prata que adornaban a gran mesa de nogueira do país". árbore de madeira apreciada que dá noces. importante fábrica de mobiliario do país. apelido do avogado. Loura. "Ao seu lado, unha muller loura, vestida coa elegancia estándar das tendas de Inditex". que ten o cabelo castaño tirando a dourado. que ten a pel escura e con pencas. que ten unha face ríspeta. Hostilidade. "O avogado continuou, indiferente á hostilidade da muller". actitude adversa, animadversión. hospitalidade. actitude atenta. Ateigado. "Estaba afeito a oír de todo naquel despacho ateigado de libros". completamente cheo. baleiro. estrado. Aceno. "Moveu a cabeza cun aceno afirmativo". xesto. movemento compulsivo. movemento de ollos. Aceso. "O seu ordenador mantíñase aceso, mais non era un aparello que empregase demasiado". acendido. apagado. en estado de aforro enerxético. Trato. "Vive aquí cunha filla, mais non temos ningún trato". relación. poder notarial. pacto oral ou escrito. Bufete. "O avogado tomaba anotacións nun folio coa cabeceira do bufete". despacho de avogados. caderno especial para notas. libreta de deseño personalizado. Toquear. "Aurelio Salgado toqueaba sentado nunha cadeira de brazos". dar cabezadas co sono. tamborilar cos dedos. seguir un ritmo cos pés. Guindar. "O rapaz guindou a mochila sobre o sofá e achegouse ao home". tirar, lanzar. pousar con moito coidado. pór un obxecto encol doutro. Esmorecido. "Pola ventá coábanse as últimas raiolas dun sol xa esmorecido de outono". amortecido. morno. oblicuo. Sinuosas. "Bombas a punto de estoupar, sinuosas escaleiras sen fin, plataformas colgadas do abismo, saltos vertixinosos...". retorcidas, tortuosas. escorregadizas, esvaradías. vernizadas ou lacadas. Refulxir. "Ignorante da alarma que refulxía nos ollos da filla". brillar con intensidade. saltar coma muxicas. quedar estantío. Bastardo. "E acabou case esquecéndose daquel bastardo que agora descobre tan próximo". fillo ilexítimo. fillo pouco educado. fillo tardo, lento, pousón. Catequese. "Enredaran no patio da escola ou nas horas de catequese". catecismo, ensinanza da doutrina. instrución paramilitar. horas de estudo libre. Treboada. "Unha ameaza, coma unha escura nube de treboada, abátese sobre a súa familia". trebón, temporal. discusión familiar forte. ameaza de divorcio. Degrañar. "Devagariño, ía degrañando para o neto recordos da aldea". debullar, degraer; fig.: relatar os recordos como tirándoos gran a gran. contar historias tristes. contar historias en anacos sen sentido. Rabil. "Dándolle ao rabil cunha man mentres coa outra termaba de que a tea non esvarase e as puntadas saísen dereitiñas". manivela. aparello para axotar moscas. dar ao rabil: 'xesticular coas mans'. Alfándega. "Logo viña o paso da alfándega onde había que abrir a equipaxe". aduana. porta de embarque. mostrador de facturación de equipaxe. Enxiva. "Sorría amosando os dentes pequeniños, xa próximos ás enxivas, pero coa dentadura completa". carne que recobre a base dos dentes. óso maxilar inferior. óso maxilar superior. |