option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Dúas letras. Léxico-1

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Dúas letras. Léxico-1

Descripción:
Sinala o senso axeitado destas palabras do relato de F. Casalderrey

Fecha de Creación: 2014/03/08

Categoría: Idiomas

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Rueiros. "Áurea camiña polos rueiros de Cedofeita con pasos de elefanta ferida". praza ou terreo común nunha aldea. paseo ou alameda no rural. rúa de uso exclusivo para peóns.

Canseira. "Vella é a súa canseira". fatiga, cansazo. camisa que se lle pon ao can. pano que se pon ao pescozo.

Mitigar. "Só existe unha menciña capaz de mitigar as súas severas doenzas". diminuír, acalmar. sedar. facer desaparecer.

Silandeira. "A súa dor é máis profunda e silandeira que calquera dor física". silenciosa, calada. traizoeira. aguda, insoportable.

Trousar. "E así trousar de vez todo o que lle anda a roer no coiro da alma". golsar, vomitar. aspirar pola boca. remoer.

Lecer. "No seu tempo de lecer, o mesmo fai de lectora que de escribente". tempo de ocio. tempo dedicado ás horas extras. tempo dedicado a un segundo traballo.

Chaga. "Ata o extremo de conservaren entre si chagas sen cicatrizar que unha absurda guerra provocou anos atrás". ferida. negrón. altercado.

Recender. "Que recende a mazás, a leña, a cirio". oler ben. feder. alcatrear.

Pendurar. "Estampas de santos que a anciá recorta dos calendarios e pendura nas paredes". colgar. apegar. enmarcar.

Esgallada. "Colle do bolso o tinteiro e a pluma, comproba que non está esgallada...". fendida (na punta). sucia de tinta. torcida.

Trepia. "Pon a pota enriba da trepia". Trebello con tres pés que serve para pór as cazolas ao lume. Trebello distribuidor de calar nas cociñas vitrocerámicas. Trebello que protexe a mesa da calor das potas.

Viacrucis. "Fai unha parada no seu viacrucis para continuar reprobando ausencias". (fig.) sufrimento prolongado. requilorio. sermón.

Folgos. "Daquela volve atopar folgos, que lle fan medrar o xenio". forza, valor. tempo libre. motivos.

Louza. "A louza repenica entre a auga e as súas mans". vaixela (pratos, xerras...). esfregón. lavavaixelas.

Vertedoiro. "Seca o mesado do vertedoiro". pía para fregar a louza. esterqueira. cisterna.

Mandil. "Saca do peto do mandil un pano de man e asóase". peza de roupa que se coloca por diante para non mancharse. peza de roupa que identifica o capataz ou a quen estea ao mando. peza de roupa que se coloca para non manchar o cabelo.

Salouco. "En cada gran que debulla vai o salouco de quen non está afeita a mostar as súas emocións". salaio, impo. gargarexo. carraspexo.

Millo. "O millo continúa a caer do mandil á cesta". planta graminácea e o seu gran. planta e gran semellante ao centeo. calquera planta de gran redondo.

Debullar. "Áurea segue a debullar, calada". sacar os grans dalgún froito. pensar con teimosía. chorar en silencio.

Cachote. "Duros e fríos coma os cachotes dunha parede". pedra irregular que forma parte dunha parede. marco dunha porta ou calquera oco dunha parede. anaco de parede que se mantén en pé.

Denunciar Test