Reo (de Xesús Fraga). Léxico-1.
![]() |
![]() |
![]() |
Título del Test:![]() Reo (de Xesús Fraga). Léxico-1. Descripción: Escolla a resposta que corresponda. |




Comentarios |
---|
NO HAY REGISTROS |
Acougar. "Sinto que vou acougando, relaxándome, ata que o tempo semella deterse". calmarse, apazugarse. azougarse. adormecer. Ateigada. "A mesa está ateigada. Hai planos, bosquexos, debuxos". completamente chea. completamente sucia. completamente desordenada. Amorearse. "As ideas amoréanseme no maxín nunha nube de confusión que non me abandona". amontoarse en exceso. dar voltas. estar confuso e de morros. Trabar. "Lee non alcanzara a trabar a ninguén e non se produciran feridos". abocar, morder. rodear cos brazos. bater cunha tranca. Minguar. "Era unha desas aldeíñas nas aforas da cidade, que fora minguando en poboación e casas". diminuír, decrecer. encherse de forasteiros. medrar indiscriminadamente. Flanquear. "A nai choraba nun pano, flanqueada por dous homes". situarse aos lados. consolar. ameazar. Padiola. "Cando se volve abrir aparecen nos estremos da padiola, que empuxan a toda présa". utensilio en forma de cama para o transporte de feridos. utensilio en forma de pa para despexar vías. utensilio en forma de esquí para desprazar cargas. Rebumbio. "Porque po un botellón no se monta este rebumbio". alboroto, barafunda. música de romaría. ruído que fan moitos bombos. Enxergar. "A porta está fechada e non hai quen enxergue nada". ver, albiscar. pasar con dificultade. non poder pasar. Albiscar. "Ao erguela para entrar na ambulancia albisco uns pantalóns rotos". ver sen poder distinguir con claridade. ver con claridade. ver con rapidez. Arremuiñarse. "Ante a fachada principal arremuíñase unha multitude". xuntarse moita xente de forma desordenada. manifestarse acaloradamente. facer rolda arredor de algo. Maxín. "Aínda teño o maxín ocupado con esta idea cando Lee fai un amago de botarse a nós". imaxinación, entendemento. maxia. man esquerda. Bosquexo. "É só un bosquexo. Pero se queres un día quedamos e fágocho en serio". esbozo, borrador. bosque pequecho. bocexo. Arreguizo. "Ao pensar nela sinto un fugaz arreguizo nervioso". arrepío, estremecemento. ataque de nervios. alegría descontrolada. Cambaleante. "Alí está, como unha aparición, a figura cambaleante de Chagui". que se move coma quen vai caer. que se move a saltiños. que se move engordiño. Barafunda. "De súpeto a barafunda transfórmase nun bruído gutural e celebratorio". barullo, algareo. masa humana. carraspexo. Fochicar. "Non deixa de fochicar nos programas". fedellar, chafallar. rectificar. curiosear. Somnámbulo. "Igual saías somnánbulo polas noites e volvías onde taguearas polo día". que se move durmido coma se estivese esperto. que fai as cousas sen pensar. que padece insomnio. Morna. "Camiño amodo por unha rúa inundada coa luz morna do sol". tépeda. cegadora. molesta. Escrutar. "Parece escrutarme". mirar con moita atención. cuspir. mirar con noxo. |