option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

ana

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
ana

Descripción:
examen educación primaria 30-60

Fecha de Creación: 2026/05/19

Categoría: Otros

Número Preguntas: 30

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Quen constitúe o "equipo de intervención" nun centro educativo cando se detecta un risco autolítico alto?. O titor/a. O equipo directivo, orientación e o titor/a. O profesorado de garda. A asociación de nais e pais (ANPA).

Cal das seguintes é considerada unha sinal de alerta ante un posible risco suicida?. Mellora repentina do rendemento académico sen causa aparente. Aillamento social, cambios de humor e notas de despedida. Participación activa en actividades extracurriculares. Mellora nas relacións familiares.

Ante un risco autolítico inmediato (perigo inminente), que acción debe tomar o centro educativo?. Chamar á familia e pedir que veñan a recoller ao alumno/a sen acompañamento médico. Agardar a que remate a xornada escolar. Chamar ao 112/061 e asegurar que o alumno/a nunca estea só. Levar ao alumno/a ao centro de saúde máis próximo en transporte público.

Que labor realiza o EOE segundo o protocolo autolítico?. Intervención terapéutica directa a longo prazo. Avaliación psicopedagóxica e coordinación co servizo sociosanitario. Expediente disciplinario. Organización de actividades deportivas.

Que se debe evitar facer ao falar con un alumno/a con ideas autolíticas?. Escoitar activamente. Mostrar empatía. Minimizar o problema ou dicir frases como "non é para tanto". Preguntar directamente se ten un plan de suicidio.

No seguimento do alumno/a tras unha crise autolítica, que medida é aconsellable?. Facilitar a súa reincorporación progresiva e adaptación curricular. Esixir o mesmo rendemento que antes para evitar que se sinta diferente. Prohibirlle a participación en actividades de grupo. Ignorar o tema para que non se lembre.

O protocolo establece que a información sobre o risco autolítico: Debe ser pública para concienciar a todo o centro. Debe ser confidencial e compartida soamente co persoal estritamente necesario. Debe enviarse por correo electrónico a todos os pais/nais. Non necesita ser rexistrada no expediente do alumno/a.

Segundo o protocolo TEA da C.A de Galicia, que tipo de avaliación é a recomendada para a detección inicial de sinais de alerta (non diagnósticos) no contexto educativo?. Avaliación psicométrica estandarizada obrigatoria a todo o alumnado. Observación sistemática en contextos naturais (recreo, aula, comedor). Avaliación exclusivamente sanitaria realizada polo pediatra. Entrevista directa coa familia cada trimestre.

O protocolo TEA establece que, ante a sospeita de sinais de alerta, o profesorado debe: Iniciar a adaptación curricular significativa (ACI) de inmediato. Comunicar ao titor/a e rexistrar as observacións para trasladar á xefatura do departamento de orientación. Avaliación exclusivamente sanitaria realizada polo pediatra. Entrevista directa coa familia cada trimestre.

Cal das seguintes é unha medida organizativa recomendada para o alumnado con TEA?. Cambios frecuentes na disposición da aula para aumentar a flexibilidade. Emprego de axendas visuais e anticipación de rutinas. Redución do tempo de lecer para maximizar a aprendizaxe. Aprendizaxe baseada estritamente en materiais verbais.

Que se busca fundamentalmente coa adaptación metodolóxica para o alumnado con TEA?. Fomentar a competitividade co resto da clase. Descompoñer as tarefas en pasos ordenados e claros. Eliminar todo tipo de avaliación escrita. Evitar calquera interacción social.

Os "intereses restrinxidos" no TEA deben ser considerados como: Unha conduta a eliminar inmediatamente pola súa rixidez. Unha ferramenta para motivar/integrar ao neno/a na aprendizaxe. Unha perda de tempo que non afecta á educación. Un sinal de que o alumno/a non necesita atención educativa.

Cando se realiza a avaliación psicopedagóxica no protocolo educativo TEA?. Unicamente despois de que a familia presente un informe clínico privado. Despois da detección o proceso educativo segue a orde de comunicación, avaliación psicopedagóxica e establecemento de medidas educativas. Soamente ao final da EP. Nunca, o protocolo educativo é independente da avaliación.

Que define mellor a comunicación aumentativa e alternativa (CAA)?. O conxunto de técnicas para aprender idiomas estranxeiros. Un conxunto de ferramentas e estratexias para mellorar a comunicación de persoas con dificultades na fala. Unicamente o uso de sistemas informáticos de voz. O método exclusivo para persoas xordas.

Cando se considera que a CAA é "Alternativa"?. Cando acompaña e apoia o uso da fala. Cando a persoa ten un fala funcional pero lenta. Cando o sistema substitúe totalmente a comunicación oral. Cando se utiliza só no ámbito escolar.

Cal dos seguintes é un sistema de CAA "sen axuda" (non asistido)?. Un taboleiro de pictogramas. Un comunicador de voz (tipo iPad). Os xestos, mímica ou a linguaxe de signos. Un libro de comunicación.

Que son os pictogramas e que sistema se usa habitualmente para a súa creación e distribución gratuíta?. Fotos reais; Google Images. Debuxos sinxelos que representan conceptos; ARASAAC. Símbolos de tráfico; DGT. Letras maiúsculas; Word.

O modelado" ou "linguaxe natural asistida" (LNA) consiste en: Que o usuario/a aprenda a usar o taboleiro el só. Que o interlocutor utilice o sistema de CAA mentres fala co usuario/a. Avaliar a capacidade motora do usuario/a. Corrixir ao usuario/a cando sinala un pictograma incorrecto.

Cal é un obxectivo clave na implementación dun sistema de CAA?. Que a persoa poida expresarse e participar activamente. Que a persoa fale en voz alta nun mes. Substituír a interacción humana por tecnoloxía. Limitar a comunicación a necesidades básicas (comer, beber).

Ante unha persoa con TEA que necesita estruturación visual, que estratexia é a máis adecuada?. Usar frases longas e complexas. Utilizar axendas visuais e historias sociais con pictogramas. Non usar ningún apoio visual para forzar a verbalización. Usar só o xesto manual.

Que se busca ao elixir un sistema de comunicación robusto"?. Que sexa moi pesado para que non o perdan. Que soamente teña pictogramas de obxectos. Que teña vocabulario amplo e variado para comunicar calquera idea. Que sexa de plástico resistente.

Na avaliación inicial para a CAA, que é o máis importante considerar?. O prezo do dispositivo. As capacidades motoras, cognitivas e comunicativas da persoa. Que o sistema sexa o máis moderno. A opinión dos veciños/as.

Os sistemas de sinalización táctil inclúense en: Sistemas con axuda. Sistemas non asistidos. Ningún dos anteriores. Sistemas de alta tecnoloxía.

Que é un sistema aumentativo e alternativo de comunicación (SAAC)?. Un dispositivo exclusivo para persoas con parálise cerebral. Un conxunto de métodos, estratexias e ferramentas (pictogramas, símbolos, voz) que complementan ou substitúen a fala. Unha aplicación para aprender a escribir. Un método de rehabilitación física.

Cal das seguintes é unha función principal do software "Grid" de Smartbox?. Permitir a comunicación mediante símbolos e texto. Controlar o entorno (televisión, luces) mediante o computador. Ofrecer acceso mediante mirada, pulsadores ou pantallas táctiles. Todas as anteriores.

No contorno de Grid, que é un "Grid Set" (conxunto de cuadrículas)?. A peza física do comunicador. Unha configuración específica de vocabulario, temas ou actividades deseñada para o usuario/a. A voz artificial utilizada polo software. A cámara de seguimento ocular.

Que recurso de vocabulario predefinido de alta calidade atopamos en Grid para usuarios de símbolos?. Fast Talker. Super Core. Teclado dinámico. Ningunha das anteriores.

Que é a "modelación" (ou linguaxe natural asistida - LNA) ao traballar con Grid?. Corrixir ao usuario/a cando se equivoca de pictograma. Utilizar o comunicador Grid para falar co usuario/a, amosándolle como se usa mentres nos comunicamos. Facer un exame de nivel para saber que vocabulario usar. Cambiar a foto do usuario no perfil.

A función "Find Word" (buscar palabra) en Grid serve para: Borrar palabras que non usamos. Localizar automaticamente onde está un pictograma ou palabra específica dentro do vocabulario. Traducir do galego ao inglés. Cambiar o tamaño dos pictogramas.

Que tipo de saídas de voz ofrece Grid 3?. Soamente voces robóticas. Voces de alta calidade, incluíndo tecnoloxía de IA (11 Labs). Soamente a opción de gravar a voz dun familiar. Non ten saída de voz, soamente o texto.

Denunciar Test