tt
|
|
Título del Test:
![]() tt Descripción: holaa hola hoal |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
A técnica de recollida de datos, onde se describen, de forma gráfica, as relacións que se establecen entre os distintos subsistemas e entre estes axentes e os axentes das entornas próximas denomínase: Familiograma-genograma. Sociograma. Ecomapa. toma de decisións conxunta e horizontal, que garanten a implicación de todos os sectores dunha comunidade educativa para a mellora do proceso de E-A, denomínase. Parentalidade positiva. Paridariado. Partenariado. O proxecto pedagóxico que supón a unión de éxito educativo e compromiso social, denomínase: Mediación escolar. Aprendizaxe servizo. Comunidades de aprendizaxe. Os tres estilos de control parental descritos por Baumrid (1966) son: Democrático, permisivo e neglixente. Autoritario, democrático e permisivo. Democrático, autoritario e neglixente. O “genograma” é unha técnica da que se fai uso para: Obter información sobre os membros da familia e as dinámicas que se establecen entre eles. Describir as relacións que se establecen entre os distintos subsistemas. Analizar a información sobre a familia e outros axentes das entornas próximas á. Entre as formas de colaboración máis frecuentes que soemos atopar nun centro educativo son: Comunicación verbal e non verbal. Comunicación formal e non formal. Comunicación formal, informal e formativa. O PROA+ é un programa dirixido a: A orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa nos centros docentes públicos de EI, EP e ESO dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na C.A de Galicia. alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, alumnado en situación de vulnerabilidade socioeducativa nas etapas de EI, EP e ESO asemade o alumnado de ciclos formativos de grao básico de formación profesional, matriculado en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que conten cun 30% de alumnado vulnerable. Aos centros educativos públicos cun 30% de alumnado vulnerable. O Plan de Acción Titorial (PAT) busca fundamentalmente:3. Programar actividades de lecer e organizar saídas culturais. Orientar a acción titorial e a relación coas familias. Definir normas de centro. Os membros da Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) na C.A de Galicia inclúen: O director/a, o/a xefe de estudos, os coordinadores/as de ciclo (EI e EP), outros como a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e de Biblioteca, o/a xefe do departamento de orientación, alomenos 1 representante de PT e de AL. O director/a, o/a xefe de estudos, o secretario/a, os coordinadores/as de ciclo (EI e EP), outros como a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e de Biblioteca, o/a xefe do departamento de orientación, alomenos 1 representante de PT e de AL. O director/a, o/a xefe de estudos, o secretario/a, os coordinadores/as de ciclo (EI e EP), outros como a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e de Biblioteca, o/a representante de nais/pais do consello escolar, o/a xefe do departamento de orientación, alomenos 1 representante de PT e de AL. Os membros da Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) teñen entre outras acompetencia de: Coordinar as funcións de titoría dos alumnos/as de ciclo. Establecer as directrices xerais para a elaboración do PAT. Dirixir e coordinar as actividades académicas do equipo de ciclo. Que persoa actuará como secretario/a na CCP: O director/a. O docente de menor idade. O secretario do centro educativo. A participación dos pais/nais e/ou titores/as legais dos alumnos/as realizarase a través do: Consello escolar. Asociación de nais e pais de alumnos/as (ANPA). Titorías individuais. Cada mestre/a titor/a, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, alomenos, as seguintes funcións. Participar no desenvolvemento do PAT. Organizar a utilización da biblioteca del centro. Velar para que a elaboración do PAT se realice conforme aos criterios establecidos polo claustro. A titoría e orientación dos alumnos/as: Forma parte da función docente. Precisa a autorización da nai/pai e/ou titor/a legal do alumno. É competencia da xefatura do departamento de orientación. Desde a diversidade familiar: Non existe unha única estrutura familiar como factor determinante para un bo funcionamento familiar. Existe un único tipo de familia que permanece inalterable ante os cambios que se producen ao seu redor. Non existe variedade de familia. A boa funcionalidade familiar dependerá das relacións persoais. O subsistema conxugal establécese: Como primeiro contexto social no que os irmáns se relacionan entre iguais e se produce un intercambio de aprendizaxes. Cando dous adultos se unen en parella, cunha modalidade vincular simétrica, con roles e funcións entre iguais. Cunha relación simétrica para que os fillos e fillas se desenvolvan e medren sans. O estilo educativo parental no que predominan pais moi agarimosos pero faltan límites claros denomínase: Neglixente. Asertivo. Permisivo. ecoloxía parental defínese como: O contexto psicosocial onde se exerce a parentalidade. A intervención dos servizos de apoio á familia. A evitación de restricións. As técnicas de autocontrol aluden a un conxunto de técnicas como: Autoinstrucións, resolución de problemas e autocorrección. Autoguía, autoeficacia e autoeficiencia. Autorrexistro, autoavaliación e autorreforzo. A parentalidade positiva defínese como. As redes de apoio das que dispoñen os adultos (ámbito escolar, sanitario, profesional e comunitario). As características persoais dos adultos que exercen a figura parental e pola ecoloxía que rodea dito exercicio. Un fogar caracterizado por un clima autocrático e cunha alta competencia social. Desde a teoría do intercambio, na intervención coas familias, o nivel de comparación refírese a: As condicións que se acorda para un membro da familia. avaliación das recompensas e os custos dunha relación. A calidade de respostas máis baixas que unha persoa acepta. Na teoría do interaccionismo simbólico, as fases do proceso para a creación dos roles familiares son: As accións sobre a situación e o desenvolvemento da resolución do conflito. As definicións temporais sobre a situación e as accións tentativas. A metodoloxía cualitativa e as significacións que empregan os membros da familia para construír o seu contexto social. Na teoría de sistemas, a intricación refírese a: A excesiva proximidade nas relacións. O distanciamento progresivo que se produce nas interaccións. A distorsión da realidade a través de pensamentos irracionais. No modelo ecolóxico, as características do contorno comunitario no que a persoa interactúa de maneira indirecta denomínanse: Exosistema. Ontosistema. Cronosistema. Para promover e avaliar a parentalidade é necesario distinguir os seus compoñentes: Os ámbitos sociais e os contextos dos centros educativos. As capacidades parentais fundamentais e as habilidades parentais. As competencias do profesorado titor e as etapas de consolidación e apertura. Nos subsistemas familiares, o subsistema fraternal caracterízase por ser unha modalidade: Asimétrica, na que a función fundamental é medrar e se desenvolver. Simétrica con expectativas semellantes entre ambos. Simétrica con conflitos para solicitar axuda e aceptala. En Orientación Familiar, a prevención terciaria: Intenta buscar solucións a problemas patolóxicos. Intervén sobre persoas cun problema moi avanzado, para minimizar o impacto. Reduce o número de casos no seu momento inicial, para evitar a súa extensión. En relación cos modelos de intervención en orientación familiar, unha das características do modelo de programas é: A persoa considérase como un axente pasivo. Céntrase na acción indirecta sobre grupos de persoas. Ten un carácter máis preventivo e de desenvolvemento que terapéutico. As asociacións de nais e pais (AMPAS) con intereses comúns poden unirse en: Núcleos. Federacións. Consellos. Nos centros educativos, a comunicación colaborativa caracterízase por: Que todas as persoas que interveñen no acto comunicativo teñan o mesmo nivel. Unha participación informativa cando o centro educativo o considere oportuno. As comisións permanentes creadas no centro educativo que incorporan ás familias na súa composición. No ámbito escolar, os canais de relación e comunicación poden dividirse nos seguintes bloques: Informativa, consultiva e formativa. Sincronizado, interdependente e participativo. Formal, informal e institucional. Os modelos de partenariado segundo a finalidade son: Crianza, comunicación, colaboración e comunidade. Coordinar, consultar, complementar e criticar. Recoñecemento, seguimento, diagnóstico e toma de decisións. Entre os modelos teóricos que orientan a acción titorial están: Sistémico e escolas inclusivas. Terapéutico e remedial. Histórico e construción. Un dos obxectivos xerais dun titor ou titora pode ser: Coordinar os axentes de toda a comunidade educativa. Fomentar a educación integral do alumnado. Configurar os espazos externos ao centro educativo. A Aprendizaxe-Servizo articula tres dinamismos educativos básicos: Necesidades, servizo e aprendizaxe. Individualismo, contexto e etapa infantil. Formación, difusión e restauración. Xeralmente, na etapa de EI o encargado de deseñar a proposta inicial do Plan de Acción Titorial (PAT) é: A Comisión de Coordinación Pedagóxica. O claustro. O departamento de Orientación. O quinto nivel de participación familiar na vida escolar é: A liberdade de ensino e creación de centros docentes. A comunicación entre o equipo educativo do centro e as familias. O Consello Escolar do Estado e o Consello Escolar autonómico. Un dos trazos básicos que describen as comunidades de aprendizaxe é: Básase na aprendizaxe dialóxica. Ten un carácter adaptativo. Intervén de maneira individual. A mediación escolar é unha ferramenta beneficiosa para. O terapeuta que exerce de mediador no centro educativo. Os pais e nais que queiran participar. Toda a comunidade educativa. Entre os obxectivos máis representativos das escolas de familias está: Xerar a liña de actuación do equipo directivo do centro escolar. Priorizar os contidos en torno ás unidades didácticas da aula. Favorecer o intercambio comunicativo de todos os suxeitos da comunidade educativa. Como se define operativamente unha conduta na fase de avaliación inicial?. De maneira abstracta e subxectiva. En termos observables, medibles e verificables. Baseada en opinións persoais sen datos empíricos. Que se debe considerar na fase de planificación do PAT?. Definir claramente obxectivos, actividades, metodoloxía e recursos necesarios. Asignar todas as tarefas a un só titor ou titora. Centrar exclusivamente a avaliación final. Na técnica do contrato de continxencias, que deben facer as partes antes de redactar e asinar?. Elaborar un informe. Consensuar os termos do contrato. Realizar unha entrevista estruturada. Quen é a persoa responsable do tratamento de datos nos centros educativos públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación?. O/a director/a do centro. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería. O/a orientador/a do centro. Cando se deben suprimir os datos de saúde do alumnado (alerxias, informes médicos)?. Ao rematar cada curso escolar. No momento en que xa non sexan necesarios para a función educativa. Nunca, porque forman parte do expediente permanente. Pode o titor/a modificar un informe de avaliación psicopedagóxica mediante o dereito de rectificación?. Non, porque o dereito de rectificación refírese a modificar datos persoais inexactos ou incompletos (p.ex., cambio de enderezo), pero non pode usarse para modificar a opinión profesional dun informe rexido pola súa normativa específica. Si, se se detecta algún erro material. Si, sempre que o solicite o titor legal. Que implica o principio de intervención social na orientación familiar?. Considerar unicamente os factores internos da familia. Abordar a conduta humana e a realización persoal como procesos de interacción co contexto. Focalizarse en intervencións a curto prazo sen ter en conta o contexto social. Con respecto á comunicación e colaboración familia–escola–comunidade, cal é un dos obxectivos específicos?. Desenvolver unha comprensión da historia da educación. Estudar a psicoloxía do desenvolvemento infantil. Analizar as limitacións para unha relación equilibrada entre familia e escola. Na primeira fase do modelo sistémico, que tipo de información é básica para un diagnóstico exhaustivo?. Datos de identificación, contexto familiar, escolar e social. Datos socioeconómicos da familia. Exclusivamente datos de carácter evolutivo e social. En que consiste a fase de intervención propiamente dita no modelo sistémico?. No diagnóstico e toma de decisións sen necesidade de seguimento. Aplicar o deseño de intervención establecido e axustar segundo sexa necesario. Centrar exclusivamente na avaliación final dos resultados. Entre os pasos que se seguen na aplicación da técnica de moldeamento destácase. Abordar unha determinada conduta de forma integrada. Traballar do mesmo modo cada unha das aproximacións sucesivas. Ensinar a mesma conduta en contextos diferentes. Xunto coa incorporación do concepto de participación democrática, amplíanse os ámbitos de intervención a: O contexto comunitario. As posibilidades de establecer unha comunicación colaborativa. A implementación de probas estandarizadas anuais. A partir das diversas definicións de Orientación Familiar, un elemento común a todas elas é: Prover solucións educativas estandarizadas. Ten un carácter cognitivo-conductual. Refírese aos distintos contextos nos que se desenvolve a persoa. A entrevista caracterízase por. Unha reunión de amigos/as. Unha relación que consiste nunha conversa. Unha relación indirecta que se establece entre dúas persoas. Ao longo do Ciclo Vital Familiar poden aparecer situacións de crise. As crises vitais son: Cando un membro da familia pode dedicarse ao coidado dunha persoa dependente. As relacionadas coa pasada dunha etapa evolutiva á outra. Unha tensión de carácter temporal e extrínseca que afecta a todos os membros da familia. O papel relevante que ten o profesional da orientación como axente dinamizador e de apoio á acción titorial e á formación do profesorado titor, é unha característica básica do Modelo: Tecnolóxico. Counseling. Servizos actuando por Programas. En relación coas funcións da orientación familiar, a función de innovación: Procura a mellora constante da súa actuación profesional. Así, a orientación familiar debe promover actuacións relacionadas coa creatividade na resolución de problemas. Promove habilidades relacionadas co pensamento científico e o orientador familiar debe ser investigador da súa práctica para mellorar a calidade da orientación. Facilita espazos comúns e relacións sinérxicas co obxecto de xerar capacidade de consenso e chegar a unha solución entre as partes implicadas en conflito. Un exemplo de técnica de Reforzo intermitente de intervalo variable é: Unha mestra establece eloxiar en catro ocasións unha alumna mentres está debuxando durante un tempo máximo de 30 minutos, nos minutos 1, 5, 10 e 25. Unha mestra quere mellorar o rendemento dunha alumna en matemáticas con eloxios polo seu esforzo. Así, eloxia á alumna nas dúas primeiras clases por cada dúas tarefas ben resoltas, nas seguintes dúas clases dálle o reforzo por cada catro tarefas ben resoltas. A mestra recompensa unha alumna cando comproba cada 20 minutos que está xogando sen berrar, e cando é así, dentro do tempo establecido, felicítaa. Na Orientación Familiar, a prevención primaria consiste en: Evitar novos casos da situación de que se trate. Reducir o número ou intensidade de casos, no seu momento de inicio, para así evitar a súa extensión. Intervir sobre as persoas que teñen un problema, en estado avanzado, para minimizar o impacto. Na intervención coas familias, desde o Modelo Educativo Construtivista, a relación do orientador (asesor) con outros profesionais do centro é: Directiva. Unilateral na toma de decisións. Colaboradora. O contrato de continxencias é unha técnica que se aplica seguindo as seguintes fases: A selección e a aplicación do reforzador. A preliminar e a de interacción e acordos. A realización da análise e a redacción e sinatura do contrato. Seguindo a Ríos (1994), os tres niveis de intervención na Orientación Familiar son: Nivel de diagnóstico, nivel de asesoramento e nivel de compensación. Nivel de prevención, nivel conductual e nivel de avaliación. Nivel Educativo, nivel de orientación e nivel terapéutico. Para abordar a orientación familiar nos centros escolares e garantir o éxito nas intervencións, débese utilizar. Un único modelo de intervención. Modelos mixtos de intervención para dar resposta a unha situación específica. Unha organización da intervención con carácter remedial. A orientación é un concepto. Máis amplo ca tutoría. Que se centra na tarefa do titor/a. Sinónimo da acción titorial. A tutoría consiste en: Que sexa unha labor de acompañamento ao grupo. Que o profesorado se converta nun profesional da orientación. Que na función docente se inclúa a función titorial. Unha das características da función titorial é: Específica. Homoxénea. Puntual. O Segundo nivel de intervención na tutoría é: EOE. O/a Xefe do departamento de orientación do centro educativo. Equipo directivo. Unha das actividades que pode levar o titor/a para intervir na mellora da organización e a xestión do grupo é: A imposición das normas da aula. Os plans de acollida ás familias. A disposición do mobiliario en mesas individuais. No proceso de intervención desde o modelo cognitivo-conductual, a análise funcional da conduta concrétase en: Os obxectivos. A hipótese funcional. As técnicas. Unha das características que debe reunir o deseño do PAT é: A análise de necesidades realízase cando non se cumpren os obxectivos. Séguense accións propostas polo equipo directivo do centro educativo. Abarca actuacións nas dimensións de desenvolvemento: persoal, académico, profesional e social. O primeiro nivel de participación familiar na vida escolar é: Dereito á educación e liberdade de ensinanza. Asociacións de Nais e Pais. Consello Escolar do Centro. Na participación parental educativa: As familias están representadas en órganos colexiados, pero só con voz e sen voto. As familias participan activamente na toma de decisións, con voz e voto. As familias impícanse nos procesos de ensino-aprendizaxe. No modelo cognitivo-conductual, a Hipótese de intervención (HI) consiste en: Formular unha frase condicional, que exprese desexos respecto ao cambio de conduta. Facer predicións sobre a dirección do cambio na conduta. Valorar o problema que se quere solucionar para modificar a conduta. A comunicación colaborativa caracterízase en que as achegas de todos os membros implicados se valoran por igual levando a cabo actividades de maneira. Asíncrona. Interdependente. Dividida. Os modelos de partenariado, en función da finalidade, pódense clasificar en: Criar, comunicar, colaborar e comunicar. Comprender, apoiar, tomar decisións e aprender. Coordinar, consultar, complementar e criticar. Un dos obstáculos para o desenvolvemento dunha relación familia-escola-comunidade equilibrada é: A cultura participativa. A falta dun maior apoio da Administración. Os puntos de encontro das familias cos docentes. Unha das características básicas da Aprendizaxe Servizo é: A participación reflexiva de todos. A prevalencia da defensa da persoa fronte ao colectivo. A falta de coordinación dos organismos sociais coa escola. Na intervención con familias no marco da comunicación e colaboración familia-escola, o modelo enfocado na familia considera o rol da familia como: Activo. Pasivo. Algo activo. As fases para levar a cabo a intervención desde o modelo cognitivo-conductual son. Identificación do problema, aplicación do programa e avaliación. Análise de necesidades, formulación de obxectivos, intervención e avaliación continua. Avaliación inicial, intervención e seguimento e avaliación final. Desde o modelo sistémico, o proceso de intervención coas familias caracterízase por dous elementos: A formación e o esquema ríxido. Ser aberto e integrador. O problema e os límites difusos. No modelo cognitivo-conductual, a diferenza entre a identificación e descrición do problema coa definición operativa da conduta é: O problema exprésase en termos concretos e a definición operativa da conduta é máis xenérica. O problema defínese respecto a unha persoa e a definición operativa da conduta rexistra o estado biolóxico da persoa. O problema fórmase de forma xenérica e a definición operativa da conduta é máis concreta. O moldeamento consiste en: Establecer de maneira progresiva condutas sinxelas. Observar o comportamento dun modelo. Utilizar a linguaxe verbal para facilitar a aprendizaxe de condutas positivas. O xenograma utilízase para: Recoller información sobre os membros da familia e a dinámica que se establece entre eles. Representar as relacións que se establecen entre os diferentes subsistemas e entre estes e outros axentes dos contornos próximos á familia. Obter unha visión dos membros dunha aula dun centro educativo. Para abordar a diversidade familiar, a formación do profesorado e profesionais da educación debe comezar en: Outros axentes educativos. A experiencia adquirida. A formación inicial. Desde a teoría do Conflito, na intervención coas familias, a estrutura da situación fai referencia a: Os materiais que están á disposición das persoas ou grupos. A distribución dos recursos. As normas que organizan unha actividade. Na Teoría do interaccionismo simbólico, as fases do proceso para a creación dos roles familiares son. As accións sobre a situación e o desenvolvemento da resolución do conflito. As definicións temporais sobre a situación e as accións tentativas. A metodoloxía cualitativa e as significacións que utilizan os membros da familia para construír o seu contexto social. Na Teoría do Intercambio, o nivel de comparación de alternativas fai referencia a: Ás condicións que se acordan nas relacións para que se teñan en conta as necesidades de cada un. Á calidade de respostas máis baixas que unha persoa acepta a partir das alternativas das que dispoña. Aos menos recursos que unha das persoas da interrelación ten. A conexión emocional da familia co titor/a durante unha entrevista fai referencia: Ao vínculo persoal que se establece coa familia. A seguridade que a familia debe ter durante a entrevista. Aos obxectivos que se traballarán na entrevista. A técnica do reflexo durante a entrevista consiste en: Devolver a información que proporcionou a familia ao titor/a con outras palabras. Devolver a información que proporcionou a familia ao titor con nova información. Valoracións positivas que realiza o titor da familia para animalos. Devolver a información que proporcionou a familia ao titor/a, pero con outras palabras e sen introducir información nova, ¿a que técnica de entrevista corresponde?: Comentarios regulativos. Reflexos. Resumo. Cal é a actitude óptima dun titor/a durante a realización dunha entrevista individual cunha familia?. Unha actitude clara e sincera, pero impositiva e con vistas á mellora do alumno/a. Unha actitude realista e correctiva que faga fincapé nos aspectos negativos a mellorar. Unha actitude receptiva, positiva e empática. Se queres convencer nunha entrevista aos pais/nais/titores/as legais: Debes cambiar de argumento. Debes tratar de ser breve. Non debes repetirte. Cal é a técnica de entrevista que supón un reforzo do que a familia realiza ben para fomentar a autoestima e motivación. As solucións intentadas eficaces. As valoracións positivas. Os comentarios de apoio. Que obxectivo persegue o titor/a cando utiliza a técnica dos comentarios de apoio na entrevista familiar?. Demostrar á familia que a está escoitando atentamente e comprendeu o que lle explicou. Reforzar os aspectos que a familia fai ben, para aumentar a súa motivación e así facilitar a prescrición de tarefas. Poñerse no lugar da familia para favorecer a confianza que van depositar nel/ela. Que calidade do mestre/a-titor/a se define por solucionar as diferenzas que poidan aparecer tanto dentro como fóra da aula entre o alumnado?. Posuír a capacidade de comunicarse. Posuír unha adecuada formación psicopedagóxica. Ser mediador/a nos conflitos. As funcións de deseñar e aplicar as medidas organizativas e curriculares para atender a diversidade do alumnado así como manter actualizada a metodoloxía didáctica a aplicar nas aulas, correspóndenlle a: Aos titores/as. Ao equipo docente. Ao equipo directivo. A técnica da mesa redonda, que se utiliza nas escolas de pais, consiste en. Partir dun tema imaxinario ou real que se debe resolver entre todos ao finalizar a reunión. Unha persoa, familia ou grupo, expón e comparte a súa vivencia persoal con outras familias. Un grupo de 3 a 5 persoas dialoga sobre un tema do que o resto se enriquece mentres escoitan. As características das escolas de familia son: Adaptadas ao centro educativo e ás súas características sociais. Mellorar o rendemento académico do alumnado. Temática non estruturada. As escolas de familias tratan de solucionar de forma rápida os problemas”. Non, porque os cambios esixen tempo e constancia. Si, porque asisten os nenos/as e trabállase directamente o problema. Si, porque o titor/a favorece solucións a familias concretas. Que tipo de familia é a que está configurada por familias separadas que volven formar outra familia?. Familia ensamblada. Familia extensa. Familia nuclear extendida. A familia reconstituída caracterízase porque: Os dous cónxuxes proveñen dunha unión familiar anterior. Os pais/nais non existen ou abandonaron os fillos/as e están cos avós/as. Un dos cónxuxes, polo menos, provén dunha unión familiar anterior. Que tipo de familia é a que acolle a un menor de forma permanente e non hai vínculo consanguíneo?. Familia adoptiva. Familia de acollida, en familia allea. Familia de acollida, en familia extensa. Sobre a definición de tutoría, cal é a que máis se achega á realidade: Debe ser entendida como unha actuación educativa colectiva e coordinada. Debe ser entendida como unha actuación educativa que non implica a todos os docentes. A tutoría non está suxeita a planificación. Os puntos que debe conter un PAT son: Antecedentes e contexto, xustificación, obxectivos e actividades. Xustificación, obxectivos xerais, contidos, organización da tutoría, programas de acción titorial e avaliación do PAT. Xustificación, obxectivos, contidos, actividades, cronograma, avaliación. Cando poida existir unha discrepancia cun docente o primeiro que debo facer é: Solicitar un mediador externo. Solicitar unha titoría grupal. Solicitar unha titoría individual. Dentro das habilidades para evitar malos entendidos debemos. Interpretar e publicitar a información recibida desde a propia vivencia. Xulgar as intencións. Solicitar e facilitar aclaracións individualmente. A figura do mediador/a debe cumprir unha serie de requisitos. Debe improvisar a resposta ante o conflito porque o importante é erradicalo. Son facilitadores do diálogo entre as dúas partes, para promover solucións pacíficas. Poden realizar a súa función sen coordinarse co resto de docentes. Os obxectivos do Plan de Acción Titorial: Deben estar de acordo cos do Proxecto educativo de centro (PE). Deben proporcionar orientación ao alumnado a través dunha actuación titorial grupal e planificada. Non contemplan unha axuda personalizada para o alumnado NEE e/ou NEAE. Traballar de forma colaborativa o titor/a de EI co titor/a de 1º EP facilita: O traballo co alumnado que non promociona. O tránsito entre etapas educativas. A xestión do cambio derivado de deixar de ser o centro de atención. No Modelo Ecolóxico, o sistema que se formula como os contornos nos que a persoa interactúa de maneira máis directa, denomínase: Mesosistema. Exosistema. Microsistema. Para a calidade da vida familiar débese contemplar: A reprodución da especie. Os límites. O respecto ás diferenzas. Na Teoría da Fenomenoloxía e Construción Social da realidade, considérase o discurso familiar como: A proximidade nas relacións que leva consigo a anulación do eu dunha das persoas que forman o núcleo familiar. A fuxida das relacións conflitivas para non plantexar a resolución dos conflitos. A atribución de significados que se producen a través das relacións interpersoais. Na Orientación Familiar, a prevención secundaria. Intenta buscar solucións a problemas patolóxicos. Intervén sobre as persoas que teñen un problema en estado moi avanzado, para minimizar o impacto. Reduce o número de casos, no seu momento de inicio, para así evitar a súa extensión. Na intervención familiar desde o modelo sistémico, ten relevancia: A persoa que presenta o problema. As características das interaccións familiares. O problema como fenómeno illado. A Orientación Familiar é unha función: Inherente á praxis do docente. Abarca as intervencións terapéuticas que se dan no contexto comunitario. Colectiva que se realiza a través de sesións. Na Orientación Familiar, o modelo de Consulta caracterízase por levar a cabo unha intervención. De carácter directo, remedial e terapéutico. De carácter preventivo, asimétrico e reactivo. De carácter indirecto, individual e/ou grupal. No modelo tecnolóxico en Orientación Familiar, o papel do orientador caracterízase por: Potenciar a información. A súa función de asesor. A intervención grupal. En relación cos modelos de intervención, paralevar a cabo a Orientación Familiar nos centros escolares: Céntranse en funcións e horarios que veñen marcados pola comunidade. Caracterízanse basicamente por centrarse nun enfoque remedial e terapéutico. Utilízanse modelos de intervención mixtos para dar resposta a unha situación específica. Entre os modelos teóricos que orientan a acción titorial están. Psicoanalítica e humanismo. Construtivista e interaccionista. Estruturalismo e personalidade. Un dos obxectivos xerais do titor/a pode ser: Contribuír á coordinación e interacción adecuada da comunidade educativa. Favorecer a “receita pedagóxica” xeral para todos/as. Aumentar o número de valoracións psicopedagóxicas para recibir o tratamento específico. O Plan de Acción Titorial (PAT) debe aparecer incluído en. O Plan de convivencia. O Plan de Orientación e Acción Titorial. O Proxecto Educativo de Centro. Na etapa de EI, cando o centro educativo ten un número menor a 12 unidades, o encargado de deseñar a proposta inicial do Plan de Acción Titorial (PAT) é: A Comisión de Coordinación Pedagóxica. O claustro. O departamento de Orientación. O primeiro nivel de participación das familias é: O dereito á educación e liberdade de ensino. A comunicación entre o equipo educativo do centro e as familias. Os poderes públicos. A participación dos pais e nais do alumnado no Consello Escolar do Estado realízase a través de: A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de alumnos/as. As confederacións de asociacións de pais e nais. Non conta coa participación dos pais e nais. As asociacións de nais e pais con intereses comúns e similares pódense unir en. Grupos escolares do Estado ou Autonómicos. Consello escolar de centros públicos ou privados concertados. Federacións ou confederacións. |




