ttt
|
|
Título del Test:
![]() ttt Descripción: hola yo quiero |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
En que consiste o modelo de intervención con familia centrado no profesional. A familia é responsable exclusiva do programa de intervención. O profesional ten todo o control e a familia ten un rol pasivo. O profesional e a familia traballan xuntos no programa. Que é a hipótese funcional (HF) na análise funcional da conduta?. A valoración que o orientador/a fai respecto ao problema que se quere solucionar. A descrición operativa da conduta a modificar. A representación gráfica dos datos recollidos na primeira fase. Que é o Contrato de continxencias do Modelo Cognitivo-Conductual. Unha técnica para diminuír o número de condutas negativas. Un acordo verbal entre as partes para incrementar condutas positivas. Un acordo escrito e asinado polas partes para incrementar condutas positivas. Cales son os tres tipos de inclusión de mindfulness na aula segundo Meiklejohn et al. (2012)?. Directa, indirecta e asistida. Indirecta, directa e combinada. Individual, grupal e combinada. Que enfoque se recomenda se se emprega con frecuencia o tempo fóra de reforzo nunha situación específica?. Reforzar as condutas positivas. Aumentar a duración do tempo fóra de reforzo. Cambiar o lugar de tempo fóra de reforzo. En cantas fases se divide a aplicación do Contrato de continxencias?. Unha soa fase. Tres fases. Dúas fases. Cal das seguintes afirmacións é verdadeira sobre a entrevista humanista ou de “relación de axuda”?. Está baseada en enfoques cognitivos e condutuais. Non permite a introspección e expresión de sentimentos. Búscase nos principios humanistas defendidos pola corrente humanista, fenomenolóxica ou existencial. Por que se considera o autorrecoñecemento (autorrefuerzo) unha técnica valiosa nas idades da puberdade á adolescencia?. Porque contribúe á súa maduración cognitiva e emocional. Porque é unha técnica fácil de implementar nesas idades. Porque nesas idades as persoas xa teñen habilidades de autocontrol desenvolvidas. Que factores determinan a interacción entre a persoa e o ambiente físico e social segundo a Modificación de Conduta Cognitivo-Conductual?. Os factores biolóxicos. A historia persoal e a aprendizaxe. Todos os factores mencionados. Que implica a fase de avaliación inicial no proceso de intervención?. Identificar e describir o problema central, definir a conduta de forma xenérica, establecer os obxectivos intermedios, aplicar o programa de intervención e avaliar os resultados. Identificar e describir o problema central, definir a conduta de forma operativa, formular os obxectivos finais, realizar a análise funcional da conduta e formular a hipótese funcional. Identificar e describir o problema central, establecer un diagnóstico da conduta da persoa, formular os obxectivos finais, realizar a análise funcional da conduta e seleccionar os reforzadores. No capítulo I do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da etapa de EI na C.A de Galicia: Resáltase a importancia da acción titorial. Non se aborda a organización do horario. Ambas son correctas. No capítulo III do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da etapa de EI na C.A de Galicia trátase: O papel da titoría. O papel da titoría, así como a atención á diversidade. Os principios pedagóxicos da intervención educativa, os elementos transversais e a importancia da coordinación entre ciclos e coa educación primaria. No capítulo III do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da EI na C.A de Galicia indícase no art.18 pto.3 que: Ao rematar a etapa de EI, o/a titor/a emitirá un informe sobre o desenvolvemento e as necesidades de cada alumno/a. A educación nesta etapa enténdese como un proceso compartido coas familias que se favorecerá desde o centro docente a través da titoría. Incluirase na EI a educación para o consumo responsable e sostible, e a promoción e a educación para a saúde que fomente uns hábitos saudables. No capítulo III do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da etapa de EI na C.A de Galicia indícase no art.18 pto.2 que: Desde a titoría coordinarase a intervención educativa do conxunto do profesorado que incida sobre o mesmo grupo de alumnos/as, de acordo co que estableza a consellería con competencias en materia de educación. A intervención educativa terá en conta a diversidade do alumnado adaptando a práctica educativa ás características persoais, ás necesidades, aos intereses e ao estilo cognitivo dos nenos/as, e identificando as características que poidan ter incidencia na súa evolución escolar co obxectivo de asegurar a plena inclusión de todo o alumnado. Os centros docentes adoptarán as medidas adecuadas dirixidas ao alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo. Así mesmo, adoptarán a resposta educativa que mellor se adapte ás características e ás necesidades persoais das nenas e dos nenos que presenten necesidades educativas especiais. No título II do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da etapa de EI na C.A de Galicia indícase no art.23 pto.3 que: As actas de avaliación non se asinan xa que se envían dixitalmente ás familias. As actas de avaliación serán asinadas polo/a coordinador/a de ciclo. As actas de avaliación serán asinadas pola persoa que exerza a titoría do grupo e levarán o visto e prace do/a director/a do centro. No título II do Decreto 150/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da etapa de EI na C.A de Galicia indícase no art.26 pto.2 que: O informe final de etapa será asinado polo/a orientador/a e levará o visto e prace do/a director/a do centro. O informe final de etapa será asinado pola persoa que exerza a titoría do grupo do alumno/a e levará o visto e prace do/a director/a do centro. O informe final de etapa será asinado pola persoa que exerza a titoría do grupo do alumno/a e o/a secretario/a ademais levará o visto e prace do/a director/a do centro. A Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación sinala como dereitos dos pais, nais ou titores/as, en relación coa educación dos seus fillos/as ou dos seus pupilos/as, entre outros o dereito a: Ser escoitados naquelas decisións que afecten á orientación académica e profesional dos seus fillos/as. Respectar e facer respectar as normas establecidas polo centro, a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado. Ambas son correctas. O proceso de apoio ás familias para afrontar conflitos e facilitar alternativas de solución que se poden dar en diferentes contextos ao longo da vida denomínase: Terapia. Orientación. Mediación. Os estilos educativos parentais estrutúranse de acordo con dúas dimensións: O nivel de control e responsabilidade que leven a cabo os proxenitores e, por outro lado, o afecto e os límites que establecen os pais/nais cara aos seus fillos/as. O nivel de control e responsabilidade que leven a cabo os proxenitores e, por outro lado, o afecto e a comunicación dos pais e das nais cara aos seus fillos/as. Os límites e o control que establecen os proxenitores cos menores. Tipos de familia: Familia unipersonal, familia espacial, familia extendida, familia de pais e nais separados, familia adoptiva, familia de acollida, familia reconstruída, familia agregada, familia monoparental, familia homoparental, familia tradicional e familia multinuclear. Familia unipersonal, familia nuclear, familia extensa, familia de pais e nais separados, familia adoptiva, familia de acollida, familia reconstruída, familia agregada, familia monoparental, familia homoparental, familia tradicional e familia multinuclear. Familia unipersonal, familia integral, familia extendida, familia temporal, familia reconstruída, familia agregada, familia monoparental, familia homoparental, familia tradicional e familia multinuclear. O estilo educativo parental que se caracteriza polo control e a obediencia denomínase: Autoritario. Democrático/asertivo. Neglixente/indiferente. A comunicación triádica é propia do modelo de: Counseling. Servizos. Consulta. O proxecto pedagóxico que supón a unión de éxito educativo e compromiso social denomínase: Comunidades de aprendizaxe. Aprendizaxe-servizo (ApS). Mediación escolar. Dar resposta a unha disfuncionalidade familiar alta, cristalizada e con alta resistencia ao cambio, así como atender procesos de dó patolóxicos, precisa de: Orientación. Terapia. Mediación. A toma de decisións conxunta e horizontal, que garante a implicación de todos os sectores dunha comunidade educativa para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe (E-A), denomínase. Parentalidade positiva. Partenariado. Partidario. Que nivel de participación familiar na vida escolar é o consello escolar do centro?. Segundo. Primeiro. terceiro. As estruturas familiares modifícanse ao longo do tempo en: Relación e compromiso. Relación. Compromiso. As “Xuntas Provinciais de Instrución Pública” recuperan a figura dos “Pais de familia”. Isto foi posible coa aprobación da Lei de Instrución Pública en 1857 (LIP), que se nomeou como: Lei do primeiro bienio da Segunda República. Plan do Duque de Rivas. Lei Moyano. Segundo a teoría do desenvolvemento familiar: As familias desenvólvense e cambian seguindo un patrón. O comportamento familiar é a suma das experiencias vividas incorporadas ao presente e expectativas de futuro. Ambas respostas son correctas. A función da orientación relacionada co traballo en grupo e dirixida aos axentes implicados no proceso socioeducativo da familia refírese a: Asesoramento e colaboración. Coordinación. Diagnóstico-avaliación. Que autor/a dos seguintes define a titoría como un “conxunto de actuacións de orientación persoal, académica e profesional deseñado polos docentes coa colaboración do alumnado e da propia institución”?. Lázaro e Asensi. Cano. Arnáiz. O ciclo vital das familias tradúcese en catro etapas seguindo a Morato et al. (2015): formación, expansión, consolidación e apertura e…. Disolución. Resolución. Peche. Que lei educativa establece que os centros incorporarán medidas para desenvolver a igualdade efectiva entre homes e mulleres nos plans de acción titorial e de convivencia?. LOMLOE (2020). LOE (2006). LOMCE (2013). Os tipos de crise polas que pasan as familias son. Espontáneas, vitais, significativas e de coidado. Accidentais, vitais, estruturais e de coidado. Variables, vitais, significativas e de coidado. Que lei establece que na composición dos consellos escolares se deberá fomentar a presenza equilibrada de mulleres e homes? Esa lei recupera tamén “que a comunidade educativa participará no goberno dos centros a través do consello escolar”: LOCE (2002). LOGSE (1990). LOMLOE (2020). Arcus et al. (1993) consideran que existen dúas tendencias na implantación dos programas de orientación familiar: A formal e a informal. A prescritiva e a non prescritiva. A individual e a grupal. Segundo o modelo de servizos actuando por programas (no sector educativo), existen tres niveis de organización: Titoría, departamento de orientación no centro escolar e equipo de orientación específico (EOE). Aula, institución e administración autonómica. Grupo, aula e institución. As fases do modelo de programas, segundo Álvarez e Bisquerra (2012), son. Formulación de obxectivos, deseño do programa e execución do programa. Álvarez e Bisquerra nunca traballaron co modelo de programas. Análise do contexto, descrición da análise de necesidades de orientación, formulación de obxectivos, deseño, execución, avaliación e custos do programa. Co análise do contexto, Álvarez e Bisquerra (2012) consideraban que. Refírese á necesidade de analizar o contexto onde se desenvolve a acción titorial. Refírese, exclusivamente, ao análise do contorno familiar para detectar posibles deficiencias que afecten á estabilidade da persoa. Debían analizarse as características da institución, as do destinatario do programa (familias, centro, etc.); servizos, recursos e variables socioeconómicas e culturais. a. Segundo o capítulo II, art. 5 da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da E.I na C.A. de Galicia e se regula a avaliación nesta etapa educativa: A xefatura do departamento de orientación apoiará e colaborará coas persoas titoras nos termos establecidos no plan de acción titorial (PAT. A xefatura do departamento de orientación apoiará e colaborará coas persoas titoras nos termos establecidos nas sesións de avaliación. A xefatura do departamento de orientación apoiará e colaborará coas persoas titoras nos termos establecidos no consello escolar polo membro representante da ANPA. En relación á captación e difusión de imaxes do alumnado para a promoción de actividades e eventos organizados polos centros educativos: Estas imaxes non poderán publicarse en aberto de maneira que poidan ser accesibles indiscriminadamente. As imaxes publicadas deberán limitarse ao imprescindible e preferiblemente optarase pola captación de planos xerais. Ambas son correctas. Pódese facilitar a información escolar do alumnado menor de idade a familiares?. Non, salvo que estivesen autorizados polos pais/nais que ostenten a patria potestade ou polos titores/as legais, e constase claramente esa autorización. Si, se estivesen autorizados polos pais/nais que ostenten a patria potestade ou polos titores/as legais, e constase claramente esa autorización. Ambas as dúas son correctas. En caso de separación ou divorcio, ambos os proxenitores teñen dereito a recibir a mesma información. Si. Nos supostos de patria potestade compartida, con independencia de quen teña a custodia. Si salvo que se achegue unha resolución xudicial que estableza a privación da patria potestade a algún dos proxenitores ou algún tipo de medida penal de prohibición de comunicación co menor ou coa súa familia. Ambas as dúas son correctas. Pode o profesorado en prácticas utilizar datos persoais do alumnado para traballos universitarios?. Non. Na medida en que non se estarían tratando os datos para a educación do alumnado senón para outra finalidade, como é a formación do profesorado, tería que procederse a disociar os datos de maneira que non se poida identificar o alumnado. En caso contrario, habería que contar co seu consentimento ou co dos pais, nais ou titores/as legais se son menores de 14 anos. Si se o autoriza un menor de 14 anos. Ambas as dúas son correctas. ¿A que parte do período de adaptación se refire a seguinte afirmación: “este primeiro contacto ten lugar cando se efectúa a solicitude da praza de ingreso do seu fillo/a”?. Primeira reunión. As familias entran e coñecen a EEI, o CRA, o CEIP ou o CPI. Entrevista persoal. Durante o período de adaptación pódense producir unha serie de manifestacións conflitivas (sinala a incorrecta): Condutas caracterizadas pola rebeldía. Reaccións depresivas e/ou trastornos dixestivos. Todas son correctas. No período de adaptación do neno/a á EEI, CRA, CEIP ou CPI pódense establecer unha serie de fases nas que. A familia pasa polas fases de achegamento e confianza, o neno/a pola de pertenza ao grupo. Os nenos/as, familia e docentes pasan polas fases de achegamento, confianza e pertenza. É só o neno/a o que pasa polas fases de achegamento, confianza e pertenza, pois é o que ten que aceptar a situación. De conformidade co establecido no Decreto 150/2022 de 9 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da E.I na C.A de Galicia, os desempeños que se consideran imprescindibles para que o alumnado poida progresar con garantías de éxito no seu itinerario formativo e afrontar os principais retos e desafíos globais e locais, denomínanse. Currículo. uCompetencias clave. Obxectivos de área. Segundo o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da C.A de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o Plan Xeral de Atención á Diversidade será aprobado por: O equipo directivo. O equipo docente. O Consello Escolar. O Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da E.I na C.A de Galicia, sinala no seu capítulo III o seguinte: A educación nesta etapa enténdese como un proceso compartido coas familias que se favorecerá desde o centro docente a través do equipo docente. A educación nesta etapa enténdese como un proceso compartido coas familias que se favorecerá desde o centro docente a través da titoría. A educación nesta etapa enténdese como un proceso compartido coas familias que se favorecerá desde o centro docente a través da dirección. De acordo co Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da E.I na C.A de Galicia, no intercambio de información (coñecer decisións das avaliacións…) da EEI, CRA, CEIP ou CPI coa familia, segundo o seu artigo 21.2: Respectaranse as garantías establecidas na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais e demais normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal. Respectaranse as garantías establecidas no decreto 2/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Respectarase o regulado na Convención dos Dereitos do neno/a das Nacións Unidas. Que nome recibe o seguinte trastorno alimentario: inxesta persistente de substancias non nutritivas (xeso, pintura, etc.)?. Intolerancia. Pica. Vómito. A que fase da adquisición de hábitos se refire a expresión: “favorecerase a repetición por parte do neno/a ata que chegue á súa execución sen a supervisión ou estímulo do adulto, conseguindo así unha autonomía real”?. Aprendizaxe. Consolidación. Automatización. Entre os dous e tres anos aproximadamente: Aparece o xogo simbólico. Predomina o xogo compartido. Abandónase definitivamente o xogo en paralelo. O xogo promove a creación de zonas de desenvolvemento potencial que é a zona pola que pode moverse o neno/a para construír aprendizaxes significativos. Este caso é un exemplo de como o xogo favorece: O desenvolvemento afectivo. O desenvolvemento cognitivo. O desenvolvemento motor e social. O xogo sensoriomotor, descrito por Piaget, caracterízase por: O neno/a actúa como se fose outra persoa. A necesidade de que o neno/a acate unhas normas. A imitación sistemática e a exploración do novo. Os nenos/as que buscan a proximidade da figura primaria de apego e ao mesmo tempo se resisten a seren tranquilizados por ela, mostrando agresión cara á nai, teñen un tipo de apego: Ansioso-evitante. Ansioso-ambivalente. Inseguro. Segundo Kohlberg, os nenos/as menores de seis anos: Entenden perfectamente as normas de comportamento. Aínda non son capaces de seguir unhas normas de comportamento. Aprenden algunhas normas sobre como comportarse, pero non entenden o seu significado. Unha das actividades que pode axudar á motricidade gráfica é o: Enfiado, rasgado e coloreado. É a lectura. É a escoita activa. A que tipo de apego se corresponden as seguintes condutas (en presenza da nai: exploración baixa ou nula da contorna, en ausencia da nai: ansiedade pola separación moi intensa, ao regreso da nai: buscan e procuran manter a proximidade coa figura de apego. Despois mostran oposición)?. Apego ansioso-ambivalente.Apego ansioso-evitante. Apego ansioso-evitante. Apego inseguro. O modelo pedagóxico de ensino-aprendizaxe (E-A) adoptado pola LOGSE denomínase: Aprendizaxe cooperativa. Aprendizaxe significativa. Construtivismo. Segundo a LOE considéranse órganos colexiados de goberno: O consello escolar, o claustro e o equipo directivo. Os departamentos didácticos e os equipos de profesores. O equipo directivo e o consello escolar. O elemento fundamental para asegurar a calidade da acción educativa nos centros educativos é: Departamento de orientación (Dpto. de orientación). PAT (Plan de acción titorial. PE (Proxecto Educativo). Os tipos de órganos de goberno unipersonais son. Director/a, xefe/a de estudos e secretario/a. Director/a, xefe/a de estudos e consello escolar. Claustro e Consello escolar. O Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA): Trata de lograr que todo o alumnado teña oportunidades para aprender. É un marco teórico-práctico para a práctica docente desde a perspectiva inclusiva. Todas as anteriores son verdadeiras. A evolución da normativa española en materia de Educación foi: Lei Moyano-LXE-LOGSE-LOE-LOMCE. LGE-LODE-LOGSE-LOPEGC-LOCE-LOE-LOMCE-LOMLOE. LGE-LOCE-LODE-LOGSE-LOPEG-LOE-LOMCE-LOMLOE. A primeira Lei que pretendeu ordenar e planificar o sistema educativo foi: Lei Xeral de Educación. Lei Moyano. Lei Orgánica de Calidade Educativa. Os centros públicos (EEI, CEIP, CEP) na C.A de Galicia polo número de alumnado clasifícanse (a efectos retributivos): A: 40 ou máis unidades, B: de 18 a 39 unidades e centros específicos de Educación Especial, C: de 12 a 17 unidades, D: de 6 a 11 unidades, E: de 3 a 5 unidades. A: máis de 1.350 alumnos/as, B: de 751 a 1.350 alumnos/as, C: menos de 750 alumnos/as, D: menos de 450 alumnos/as, E: extensións ou seccións delegadas. A: 40 ou máis unidades, B: de 18 a 39 unidades, C: de 6 a 17 unidades, D: de 3 a 5 unidades só a efectos retributivos. Que é o PAT?. Trátase dun documento onde se mostran as experiencias persoais e sociais de cada membro do alumnado. Trátase dun informe onde se recollen as distintas medidas necesarias para atender a diversidade do alumnado. Trátase dun plan de acción titorial onde aparecen contidos como os obxectivos, as actividades, os recursos e a temporalización entre outras, para determinar o traballo titorial. ¿En que Lei se mencionou por primeira vez a Acción Titorial?. LGE. LOGSE. LOMLOE e LOE. Segundo Pastor (2009) ¿Como colaboran as familias na acción titorial?. A través de entrevistas persoais e colaborando coas decisións que toma o titor/a. A través de entrevistas persoais, reunións informativas e participación en actividades educativas. Ningunha é correcta. Cales son as fases no proceso de planificación e desenvolvemento do Plan de acción titorial (PAT)?. Avaliación de contexto e de necesidades, deseño do PAT, implantación, avaliación. Deseño do PAT, avaliación de contexto e de necesidades, implantación, avaliación. Avaliación do contexto e de necesidades, deseño do PAT, avaliación. Que ferramentas pode usar o titor/a para efectuar correctamente a acción titorial?. A entrevista e o sociograma. O sociograma e o cuestionario. O sociograma, o cuestionario e a entrevista. Quen son os destinatarios da acción titorial?. Alumnos/as, familias e docentes. Titoría, docentes, familias e outros axentes. Docentes e alumnos/as. Que é a acción titorial?. A acción formativa de orientación e axuda que o titor/a realiza co seu alumnado a nivel individual. A acción formativa de orientación e axuda que o titor/a e o resto do equipo docente realizan co seu alumnado a nivel individual e grupal. A acción formativa de orientación e axuda que o titor/a e o resto do equipo docente realizan co seu alumnado a nivel individual. Que representa a titoría. É unha actividade complementaria á función docente que se realiza con cada grupo clase de maneira colectiva. É unha actividade inherente á función docente que se realiza de maneira individual e colectiva cunha clase. É unha actividade complementaria á función titorial que se realiza con todo o alumnado do centro á vez. A que ámbitos están dirixidas as actuacións do Plan de Acción Titorial?. Desenvolvemento persoal e social do alumno/a, seguimento do alumno/a-familias e orientación académica e profesional. Desenvolvemento persoal e social do alumno/a, seguimento do alumno/a-familias. Orientación académica e desenvolvemento persoal. Segundo o marco lexislativo xeral, ¿cando xorde a acción titorial?. LOGSE (1990). LOE (2006). LGE (1970). Durante as entrevistas persoais coas familias, o titor/a debe: Aclarar ás familias que, ante un desacordo, o seu criterio debe imperar por ser un profesional da educación. Comparar os roles dos proxenitores e docentes. Manter unha actitude neutral. Para analizar os resultados dunha escala Likert os pasos que podemos seguir son: Codificación de respostas, cálculo de promedios, análise por bloques temáticos, detección de desviacións estándar, cruce de variables, representación gráfica, complemento con respostas abertas. É unha ferramenta utilizada para recoller a opinión sobre aspectos como a calidade da ensinanza, a utilidade dos contidos ou a eficacia da comunicación. Unha análise ben estruturada da escala Likert permítenos tomar decisións baseadas na evidencia e mellora o proceso educativo de forma continua. |




