Cuestiones
ayuda
option
Mi Daypo

TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESEABSENTISMO ESCOLAR GALICIA

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
ABSENTISMO ESCOLAR GALICIA

Descripción:
PROTOCOLO ABSENTISMO GALICIA

Autor:
SANDRA C
(Otros tests del mismo autor)

Fecha de Creación:
13/03/2021

Categoría:
Oposiciones

Número preguntas: 20
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Escolle a definición correcta de "absentismo" Ausencia ao centro escolar do alumnado en idade de escolarización obrigatoria sen causa debidamente xustificada que supoña unha ausencia de como mínimo un dez por cento do horario lectivo mensual. Ausencia ao centro escolar do alumnado en idade de escolarización obrigatoria sen causa debidamente xustificada que supoña como mínimo unha ausencia dun dez por cento do horario lectivo anual. Ausencia ao centro escolar do alumnado en idade de escolarización sen causa debidamente xustificada que supoña como mínimo unha ausencia dun vinte por cento do horario lectivo mensual. Ausencia ao centro escolar do alumnado en idade de escolarización sen causa debidamente xustificada que supoña como máximo unha ausencia dun dez por centro do horario lectivo.
Considérase falta de asistencia a clase por parte do alumnado... A non presenza dun alumno ou alumna nunha hora de clase. A non presenza dun alumo ou alumna nun día de clase. A non presenza dun alumno ou alumna nunha sesión completa de clase. A non presenza dun alumno ou alumna á clase.
Cáles son as faltas que computarán para a cualificación do posible absentismo? Faltas xustificadas. Faltas non xustificadas. Faltas de asistencia non debidamente xustificadas. Faltas por asistencia ao centro sanitario.
Cál das seguintes faltas non sería xustificable? Citación que implique un deber inescusable. Morte ou enfermidade dun familiar de primeiro ou segundo grao. Tramitación de doumentos oficiais. Morte ou enfermidade dun familiar de terceiro grao. .
Elixe cál das seguntes faltas de asistencia se consideraría xustificable Presentación a un exame oficial. Enfermidade dun familiar de segundo grao. Indisposición dun familiar de primeiro grao. Morte dun familiar de terceiro grao de afinidade.
Para a prevención do absentismo e a promoción da asistencia a clase os centros educativos non deben: Facer uso das tecnoloxías para relacionarse coas familias. Realizar campañas informativas e de sensibilización sobre as causas e consecuencias do absentismo escolar sobre todo nas zonas de maior risco. Facilitar a presenza das familias no centro, promovendo as escolas de nais e pais do alumnado. Promover a formación sobre as consecuencias de non asistir á clase ao alumnado.
Qué profesional é o/a encargado/a de velar pola inclusión das actuacións de prevención do absentismo nos Plans de acción titorial, xeral de atención á diversidade e nos diferentes plans que se desenvolvan ademáis de asesorar á comunidade educativa sobre as posibles medidas ou recursos destinados a facer realidade a presenza e participación activa do alumnado no centro e no proceso de aprendizaxe? Psicólogo/a do centro O xefe ou xefa de estudos O director ou directora do centro O orientador ou orientadora do centro.
O control da asistencia á clase do alumnado debera realizarse por parte do profesorado correspondente: Cada día Cada mes Cada ano Cada hora.
A xustificación das faltas de asistencia á clase do alumnado realizarase ante: O profesorado titor e por parte da nai, pai, titor/a ou gardador/a. O profesorado e por parte da nai, pai, titor/a ou gardador/a. O xefe ou xefa de estudos e por parte da nai, pai, titor/a ou gardador/a. O director/a do centro e por parte do pai, nai, titor/a ou gardador/a.
Á hora de xustificar as faltas éstas irán acompañadas segundo proceda (Elixe a resposta incorrecta) Xustificante médico no caso de enfermidade. Xustificante médico no caso dunha enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. Documento acreditativo no caso de deberes inescusables, presentación a exames ou morte de familiares de primeiro ou segundo grao. Documento acreditativo da circurstancia que xustifique a ausencia. .
O rexistro das faltas de asistencia a clase xustificadas farase: Na folla de faltas. No rexistro da aplicación informática de xestión académica. No expediente de absentismo. Na folla de faltas xustificadas.
O profesorado titor deberá comunicar ás nais, pais ou persoas titoras legais ou gardadoras as faltas de asistencia: Cada semana. Cada mes. Cada mes dentro dos dez primeiros días do mes seguinte diferenciando faltas xustificadas das non xustificadas. Cada mes dentro dos primeiro cinco días naturais do mes seguinte diferenciando faltas xustificadas das non xustificadas. .
Cando as faltas á clase do alumnado presenten dificultades para a súa xustificación ou cando se incremente de forma significativa o número de faltas sen xustificar o profesorado titor convocará á persoa ou persoas responsables do eneno ou nena para: Abrir un expediente de absentismo. Levar a cabo unha entrevista. Analizar a situación e tratar de corrixila antes de abrir un expediente. Levar a cabo unha entrevista para paralizar a tramitación do expediente. .
Un expediente de absentismo é: O conxunto de documentos nos que se recollen as actuacións derivadas da aplicación do protocolo de absentismo. O conxunto de documentos nos que se recollen o número de faltas. O conxunto de documentos onde se recollen o número de faltas xustificadas e sen xustificar. O número de faltas sen xustificar.
O inicio do expediente deberá facerse: Nos cinco días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia a clase sen xustificar superaron o 10% do horario lectivo mensual. Como máximo nos sete días hábiles seguintes á data na que as faltas de asistencia á clase sen xustificar superaron o 10% do horario lectivo mensual. Como máximo nos sete días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia á clase sen xustificar superaron o 10% do horario lectivo mensual. Como máximo nos sete días hábiles seguintes á data na que as faltas de asistencia á clase sen xustificar superaron o 30% do horario lectivo anual.
Despois de que o profesor/a titor/a convoca á familia/ titor/a gardador/a a unha entrevista para analizar e correxir a situación qué situación pode darse: Que coa intervención do profesorado se reconducise a situación, pero o expediente seguiría adiante. Que coa intervención do profesorado se reconducise a situación, polo tanto paralizaríase o proceso e arquivaríase o expediente. Que coa intervención do profesorado non se reconducise a situación polo que se notificará a situación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente e ao concello de residencia do alumno/a. Que coa intervención do profesorado, nos dous días seguintes, arquivaríase o expediente de absentismo.
Qué documentos non conforman expediente de absentismo? Rexistro de contactos do centro educativo coa nai, pai, titores ou gardadores que elabora a xefatura de estudos. Acta das entrevistas do profesorado e da xefatura de estudos coa nai, pai, titores ou gardadores. Listaxe de faltas de asistencia a clase xustificadas e non xustificadas. Listaxe de faltas de asistencia non xustificadas.
Activado o protocolo de absentismo, a xefatura de estudos: Recollerá información de todos os profesionais que realizan algunha actuación e incorporaa ao rexistro de contactos. Levantará acta. Incorporará o motivo da intervención. Convocará á nai/ pai/titor/a, gardador/a a unha entrevista.
Activado o protocolo de absentismo o profesorado titor: Convocará ao pai, nai, titor/a, gardador/a a unha entrevista para analizar e resolver a situación. Desa reunión levantará acta o profesorado titor. Convocará ao pai, nai, titor/a, gardador/a a unha entrevista para analizar e resolver a situación. Desa reunión levantará acta o xefe ou xefa de estudos. Informará á xefatura de estudos de que iniciou un expediente de absentismo. Informará aos pais, nais, titores/as, gardadores/as de que se iniciou un expediente de absentismo.
De non ocorrer o arquivo do expediente nin na entrevista realizada polo profesorado titor, nin pola xefatura de estudos: A xefatura notificarao ao Servizo Territorial de Inspección Educativa e ao Concello de residencia do alumno ou alumna. O profesorado notificarao ao Servizo Territorial de Inspección Educativa e ao Concello de residencia do alumno ou alumna. O director ou directora do centro notificarao ao Servizo Territorial de Inspección educativa correspondente e ao Concello de residencia do alumno ou alumna. O director ou directora do centro notificarao ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspodente e ao Concello de residencia do alumno ou alumna xunto coa listaxe de faltas de asitencia a clase non xustificadas e rexistro de cumprimento das actuacións e os prazos nos que se desenolveron. .
Denunciar test Consentimiento Condiciones de uso