Test AD 2026
|
|
Título del Test:
![]() Test AD 2026 Descripción: Test ad del año 2026 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
A inviolabilidade do domicilio, regulada no artigo 18 da Constitución Española, supón que: a. Ningunha entrada ou rexistro poderá facerse nel sen consentimento do titular ou resolución xudicial, salvo en caso de flagrante delito. b. Ningunha entrada ou rexistro poderá facerse nel sen consentimento do titular ou indicación superior, salvo en caso de flagrante delito. c. Ningunha entrada, rexistro ou inspección, poderá facerse nel sen consentimento do titular ou resolución xudicial, salvo en caso de flagrante delito. d. Ningunha opción é correcta. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, regula no seu Título III baixo a rúbrica “Dos actos administrativos” que, respecto da súa eficacia, cando así o esixa o contido do acto ou esta estea supeditada á súa notificación, publicación ou aprobación superior: a. A eficacia será retroactiva. b. Carecerá de eficacia. c. Esta quedará suspendida. d. A eficacia quedará demorada. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, establece entre outras cuestións, o funcionamento dos órganos necesarios dos Entes locais territoriais, regulando que a Xunta de Goberno Local, realizará sesión constitutiva a convocatoria do alcalde/ alcaldesa, ou presidente/a: a. Dentro dos vinte días seguintes a aquel en que este/esta designe os membros que a integran. b. Dentro dos trinta días seguintes a aquel en que este/esta designe os membros que a integran. c. Dentro dos dez días seguintes a aquel en que este/esta designe os membros que a integran. d. Dentro dos quince días seguintes á constitución do Pleno. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece no seu artigo 77.2 que, cando a Administración non teña por certos os feitos alegados polos/as interesados/as: a. O instrutor do mesmo acordará a apertura dun período de proba por un prazo non superior a trinta días nin inferior a dez, a fin de que poidan practicarse cantas xulgue pertinentes. b. O instrutor do mesmo acordará a apertura dun período de proba por un prazo non superior a vinte días nin inferior a dez, a fin de que poidan practicarse cantas xulgue pertinentes. c. O instrutor do mesmo acordará a apertura dun período de proba por un prazo non superior a trinta días nin inferior a cinco, a fin de que poidan practicarse cantas xulgue pertinentes. d. O instrutor do mesmo acordará a apertura dun período de proba por un prazo non superior a quince días nin inferior a cinco, a fin de que poidan practicarse cantas xulgue pertinentes. A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, regula entre outras previsións, que corresponde ao/á presidente/a da Deputación, concertar operacións de crédito: a. Sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 3 por 100 dos seus recursos ordinarios. b. Sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 5 por 100 dos seus recursos ordinarios. c. Sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 por 100 dos seus recursos ordinarios. d. Sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 20 por 100 dos seus recursos ordinarios. Entre os principios que, respecto da actuación da Administración, consagra o art. 103.1 da Constitución Española, non está: a. Desconcentración. b. Participación. c. Descentralización. d. Todos eles están considerados no artigo 103.1. A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establece no seu artigo 8, que: a. Constitúe discriminación directa por razón de sexo todo trato desfavorable ás mulleres relacionado co embarazo ou a maternidade. b. Constitúe acoso por razón de sexo todo trato desfavorable ás mulleres relacionado co embarazo ou a maternidade. c. Constitúe discriminación por razón de sexo todo trato desfavorable ás mulleres relacionado co embarazo ou a maternidade. d. Ningunha opción é válida. A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no seu artigo 36, indica que son competencias propias da Deputación, as que lle atribúan neste concepto as leis do Estado e das Comunidades Autónomas nos diferentes sectores da acción pública e, en todo caso, a seguinte: a. A prestación dos servizos de administración electrónica e a contratación centralizada nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes. b. A prestación dos servizos de administración electrónica e a contratación centralizada nos municipios con poboación inferior a 50.000 habitantes. c. A prestación dos servizos de administración electrónica e a contratación centralizada nos municipios con poboación inferior a 5.000 habitantes. d. Asistencia na prestación dos servizos de xestión da recadación tributaria, en período voluntario e executivo, e de servizos de apoio á xestión financeira dos municipios con poboación inferior a 10.000 habitantes. Segundo o Protocolo básico de intervención contra os malos tratos infantís no ámbito familiar do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en función do autor ou perpetrador dos malos tratos, distínguese entre: a. Maltrato familiar e maltrato extra familiar. b. Maltrato intrapersonal e extra persoal. c. Maltrato familiar e maltrato externo. d. Maltrato directo e maltrato indirecto. Que é “o grooming”?. a. É un problema de adicción a Internet. b. É un virus informático. c. É unha forma delituosa de acoso a través de internet e implica a unha persoa adulta que se pon en contacto cunha persoa menor para gañarse a súa confianza para logo involucralo nunha actividade sexual. d. É unha forma delituosa de acoso a través de internet e implica a unha persoa menor que humilla a outra persoa menor. Segundo o Manual de Nutrición da Asociación Española de Pediatría, ¿que nome recibe a dificultade para tragar ou deglutir os elementos líquidos ou sólidos por afectación dunha ou máis fases da deglución?. a. Disglosia. b. Disfagia. c. Disfemia. d. Marasmo. Cal dos seguintes é un elemento paraverbal a ter en conta na comunicación?. a. A entoación. b. A aparencia persoal. c. Os xestos. d. A expresión facial. No Protocolo de actuación en abusos sexuais a menores en Galicia, aparecen establecidos diferentes tipos de indicadores de abuso sexual. Os síntomas de ansiedade, terrores nocturnos, depresión, medo ás persoas adultas, agresións e/ou conflitos coa familia ou coas amizades son indicadores de tipo: a. Emocionais. b. Físicos. c. Somatizados. d. Conductuales. Segundo se recolle no artigo 18.2 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamento Civil; considerarase situación de desamparo: a. Cando os proxenitores ou titores non poidan coidar dunha persoa menor por circunstancias graves e transitorias. b. A que, por mor de circunstancias, carencias ou conflitos familiares, sociais ou educativos, a persoa menor de idade véxase prexudicada no seu desenvolvemento persoal, familiar, social ou educativo. c. A que se produce de feito a causa do incumprimento, ou do imposible ou inadecuado exercicio dos deberes de protección establecidos polas leis para a garda dos menores, cando estes queden privados da necesaria asistencia moral ou material. d. A situación de desamparo non vén regulada na mencionada Lei. Son entidades prestadoras de servizos sociais segundo o artigo 66, da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia: a. As entidades de iniciativa social, as entidades de iniciativa mercantil, as entidades locais e a administración autonómica. b. As entidades de iniciativa social, as entidades de iniciativa mercantil e as entidades locais. c. As entidades de iniciativa social e as entidades de iniciativa mercantil. d. Todas as respostas son falsas. Segundo o recollido na Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cal das seguintes NON é unha das medidas que poden impor os Xuíces de Menores?. a. Arresto domiciliario. b. Tratamento ambulatorio. c. Internamento en réxime cerrado. d. Asistencia a un centro de día. Segundo o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, os centros de menores estarán situados: a. En lugares illados. b. En núcleos de poboación preferentemente. c. En lugares próximos a centros de saúde preferentemente. d. En lugares próximos a centros escolares. Segundo o Manual da Boa Práctica para a Atención Residencial á Infancia e adolescencia, os menores que están suxeitos a programas de Atención de Urxencia, a súa estancia recoméndase limitala a un máximo de: a. A un máximo de 20 días, podéndose prolongar outros 20. b. A un máximo de 30 días, podendo prolongarse outros 30. c. En función do Plan do Caso. d. A un máximo de 30 días. Segundo a Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores. Cal destas medidas que o xuíz pode impor a un menor de 15 anos pola comisión dun delito debe ter a autorización expresa do menor para cumprila?. a. A liberdade vixiada. b. Prestacións en beneficio da comunidade. c. Realización de tarefas socioeducativas. d. Permanencia de fin de semana. Segundo o art.173.bis do Código Civil, o acollemento familiar poderá adoptar as seguintes modalidades atendendo á súa duración e obxectivos: a. Acollemento simple, con familia allea, con familia extensa. b. Acollemento preadoptivo, simple, familiar. c. Acollemento permanente, simple, con familia allea ou extensa. d. Acollemento de urxencia, temporal e permanente. Segundo establécese na Lei 13/2008 do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, é obxectivo do sistema galego de servizos sociais: a. Garantir a vida dependente e a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia. b. Dar protección e oportunidades sociais e educativas a menores de idade e a aqueloutras persoas que se atopen en situación de conflito ou de desamparo. c. Sensibilizar, informar e promover valores de autonomía e independencia. d. Dar protección e oportunidades educativas e económicas a menores de idade e a aqueloutras persoas que se atopen en situación de conflito ou de desamparo. Segundo o artigo 15 da Lei 13/2008 de 3 de decembro de SS. SS de Galicia, sinala cal destas funcións é propia dos SS. SS especializados: a. A elaboración dun plan de intervención municipal acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social. b. A participación na xestión das prestacións non económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención. c. Promover medidas de reinserción no seu ámbito de actuación e desenvolver medidas de rehabilitación social orientadas a normalizar as condicións de vida das persoas usuarias. d. A identificación de grupos de poboación non vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social. Segundo o Protocolo de actuación en abusos sexuais a menores, inducir ou infudir, vender ou exhibir, por calquera medio directo, material pornográfico entre menores de idade é un tipo de abuso sexual identificado como: a. Abuso sexual en sentido non estrito. b. Exhibicionismo sexual. c. Vexación sexual. d. Provocación sexual. Segundo o art. 17 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamento Civil, será considerado como un indicador de risco: a. O risco para a saúde mental do menor, a súa integridade moral e o desenvolvemento da súa personalidade como consecuencia da grave deterioración da contorna. b. A falta de asistencia reiterada e non xustificada adecuadamente ao centro educativo. c. A neglixencia no coidado das persoas menores de idade e a falta de seguimento médico por parte dos proxenitores, ou polas persoas que exerzan a tutela, garda ou acollemento. d. Prexuízos graves ao recentemente nado causados por malos tratos prenatais. Segundo Anguera, M.T. (2003) en La observación, o formato de campo: a. Equivale a unha lista de trazos. b. É un instrumento de observación. c. É un instrumento de rexistro. d. É un instrumento específico para a conduta espacial. Cal dos seguintes é un instrumento de observación segundo Anguera, M.T. (1997)?. a. Escala de Likert. b. Entrevista estruturada. c. Rexistro anecdótico. d. Cuestionario pecho. De acordo co artigo 9 da Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores; cando os feitos cometidos sexan cualificados de falta, poderase impor unha medida de: a. Liberdade vixiada ata un máximo de seis meses. b. Permanencia de fin de semana ata un máximo de oito fins de semana. c. Prestacións en beneficio da comunidade ata sesenta horas. d. Privación do permiso de conducir ou doutras licenzas administrativas ata un máximo de 2 anos. Segundo o artigo 15 da Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores; os feitos delictivos cometidos polos menores prescriben: a. Con arranxo ás normas contidas no Código Penal, cando se trate dos feitos delictivos tipificados nos artigos 118, 119, 129, 130 e 671 a 680 do Código Penal ou calquera outro sancionado no Código Penal ou nas leis penais especiais con pena de prisión igual ou superior a quince anos. b. Aos cinco anos, cando se trate dun delito grave sancionado no Código Penal con pena superior a dez anos. c. Aos dous anos, cando se trate de calquera outro delito grave. d. Aos seis meses, cando se trate dunha falta. Tal e como se expón no 27 da Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores; durante a instrución do expediente, o Ministerio Fiscal requirirá do equipo técnico, a elaboración dun informe ou actualización dos anteriormente emitidos, que deberá serlle entregado no prazo de: a. Máximo de quince días, prorrogable por un período non superior a un mes en casos de gran complexidade. b. Máximo de quince días, prorrogable por un período non superior a dous meses en casos de gran complexidade. c. Máximo de dez días, prorrogable por un período non superior a un mes en casos de gran complexidade. d. Máximo de dez días, prorrogable por un período non superior a dous meses en casos de gran complexidade. De acordo co artigo 32 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, cal das seguintes opcións NON se corresponde cun nivel de apoio familiar?. a. Axuda persoal e emocional. b. Orientación. c. Terapia e tratamento. d. Mediación. En relación ao xogo, a teoría do excedente enerxético baseada en que a través do xogo o individuo elimina o excedente de enerxía, foi postulada por: a. Karl Groos. b. Granville Stanley Hall. c. Herbert Spencer. d. Lazarus. Segundo Piaget, en que etapa do desenvolvemento aparece xeralmente o xogo de exercicio?. a. Etapa preoperacional. b. Etapa sensoriomotora. c. Etapa das operacións concretas. d. Etapa das operacións formais. Para Piaget, o xogo é principalmente unha forma de: a. Acomodación. b. Imitación. c. Asimilación. d. Socialización. Robert K. Merton explica a inadaptación social principalmente como: a. Un problema de apego temperán. b. Unha resposta individual á frustración emocional. c. Unha adaptación desviada ante a discrepancia entre fins e medios. d. Un déficit cognitivo na toma de decisións. Segundo Barraca, J. e Artola, B. (2006), cal dos seguintes NON é un factor de risco do suxeito na inadaptación social?. a. Historia de aprendizaxe. b. Características do contexto social próximo (incluíndo tanto o barrio como o centro de estudos). c. Destrezas, habilidades ou capacidade de resolución de problemas. d. Determinantes biolóxicos, fisiolóxicos, patoloxías ou problemas de saúde. De acordo coa Orde de 1 de agosto de 1996 pola que se regula o contido mínimo do Regulamento de Réxime Interno e do Proxecto educativo dos centros de atención a menores, presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención aos menores, é: a. Un dereito dos menores. b. Un dereito do persoal. c. Unha obrigación do persoal. d. Ningunha é correcta. Quen debe elaborar e avaliar a memoria anual de actividades segundo a Orde de 1 de agosto de 1996 pola que se regula o contido mínimo do Regulamento de Réxime Interno e do Proxecto educativo dos centros de atención a menores?. a. O director de centro. b. O Consello de centro. c. A Xunta educativa. d. O subdirector de centro. De acordo coa información facilitada pola Xunta de Galicia, o Programa Mentor establece un rango de idade determinado para o acompañamento, que pode ampliarse de maneira excepcional, se fose necesario, até: a. Os 18 anos. b. Os 21 anos. c. Os 25 anos. d. Os 30 anos. Segundo o Protocolo de reforzo educativo e medidas correctivas da Xunta de Galicia, a situación persoal, familiar e social do neno, nena ou adolescente no momento da conduta, considérase: a. Un criterio de proporcionalidade. b. Unha circunstancia intensificadora. c. Unha circunstancia paliativa. d. Ningunha é correcta. O DSM-5 clasifica o Trastorno do espectro autista (TEA) en tres niveis de apoio. O nivel 3 indica que o alumno ou alumna: a. Necesita axuda moi notable e apoio moi significativo para manexar a vida diaria e escolar. b. Funciona con axuda mínima tanto no ámbito escolar como na súa vida diaria, xa que só require apoio na organización de tarefas e trátase dun grao moderado de TEA. c. Require apoio limitado; a persoa pode funcionar con certa independencia, pero necesita axudas en contextos sociais ou académicos. d. Non necesita apoio educativo especial, dado que se trata dun grao moi baixo de TEA. O equipo encargado da intervención ante un posible caso de acoso escolar nun centro educativo é: a. O claustro de profesores. b. O titor, o departamento de orientación e o equipo directivo exclusivamente. c. O equipo ACAE. d. O consello escolar. Segundo a Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os Programas de Diversificación Curricular están dirixidos a alumnado que: a. Alumnado que presenta necesidades educativas especiais (NEE) e non ten posibilidade de obter o título da ESO, debido a un importante desfasamento curricular, cursando o ensino primario con adaptacións curriculares individualizadas, e que se incorpora na ESO a estes programas para continuar a súa formación. b. Están en 3º e 4º da ESO e teñen dificultades relevantes de aprendizaxe e risco de non conseguir o título da ESO. c. Están en 2.º e 3.º da ESO e teñen dificultades relevantes de aprendizaxe e risco de non conseguir o título da ESO. d. É alumnado maior de 18 anos que abandonou o sistema educativo sen obter o título da ESO e desexa reincorporarse ao centro educativo para completar os seus estudos. Un alumno que se atopa nun centro residencial, cursa actualmente 2.º da ESO con pouco éxito escolar e un grao elevado de desmotivación, e cumpre 15 anos durante o verán, pode acceder o próximo curso a un ciclo de Formación Profesional Básica (FPB)?. a. Si, con informe do centro residencial. b. Si, pero con proposta do equipo docente e consentimento da familia ou representantes legais. c. Si, con solicitude directa do menor e informe social exclusivamente. d. Non pode acceder con 15 anos, xa que á Formación Profesional Básica accédese sempre con 16 anos ou máis. Segundo o Decreto 229/2011, desenvolvido pola Orde de 8 de setembro de 2021, a atención á diversidade defínese como: a. Un conxunto de medidas destinadas exclusivamente ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEE). b. Un conxunto de medidas para alumnado con desfasamento curricular grave. c. O conxunto de medidas e accións deseñadas para adecuar a resposta educativa ás diferentes características do alumnado. d. Un programa específico do departamento de orientación. Segundo o DSM-5, a discapacidade intelectual defínese fundamentalmente por: a. Un cociente intelectual inferior a 70. b. Dificultades académicas persistentes. c. Déficits no funcionamento intelectual e adaptativo. d. Problemas de conduta asociados ao baixo rendemento académico. Segundo a OMS – Alimentación do lactante e do neno pequeno (2023), que combinación describe correctamente as recomendacións nutricionais globais para nenos menores de 2 anos?. a. Lactación materna exclusiva durante 6 meses, introdución gradual de alimentos complementarios nutrientemente axeitados e continuar lactación ata os 2 anos ou máis. b. Introdución temperá de alimentos sólidos aos 4 meses para cubrir necesidades nutricionais e limitar a lactación. c. Lactación materna exclusiva até 12 meses e evitar alimentos complementarios ata os10 meses. d. Alimentación con fórmula desde o nacemento para asegurar maior diversidade de nutrientes. Segundo o artigo 12 da Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia; os poderes públicos proporcionarán aos nenos, nenas e adolescentes vítimas de violencia unha atención integral, en aras do interese superior da persoa menor, que comprenderá especialmente medidas de: a. Sobresemento das denuncias ou reclamacións. b. Atención médica e legal. c. Apoio informativo, especialmente en materia de desigualdade e solidariedade. d. Acompañamento e asesoramento nos procedementos xudiciais nos que deba intervir, se fose necesario. Cal é un dos Protocolos facultativos da Convención sobre os Dereitos do Neno que aprobou a Asemblea Xeral da ONU?. a. Protocolo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo a un procedemento para intervir nos países subdesenvolvidos en guerra. b. Protocolo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo a un procedemento de comunicacións. c. Protocolo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo a un procedemento penal que afecta a nenos, nenas e adolescentes. d. Protocolo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo á participación dos nenos e nenas na familia. De acordo co artigo 10 do Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia; son requisitos específicos das casas de familia: a. Ter unha capacidade máxima de 10 prazas, cunha superficie mínima útil de 10 m por praza. b. Contar cun despacho de dirección/administración, un despacho para o equipo educativo e unha sala de reunións. c. Ter unha capacidade máxima de 8 prazas, cunha superficie mínima útil de 10 m por praza. d. A capacidade máxima destes equipamentos será de 15 prazas, debendo contar cunha superficie mínima de 15 m por praza. Segundo o artigo 19 do Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia; son requisitos de persoal dos centros de día: a. Nos centros específicos para a atención de día haberá un mínimo dun/a educador/a para cada 8 menores; nas unidades integradas en centros, haberá un/a educador/a para a atención de día por cada 10 menores. b. Nos centros específicos para a atención de día haberá un mínimo dun/a educador/a para cada 10 menores; nas unidades integradas en centros, haberá un/a educador/a para a atención de día por cada 8 menores. c. Nos centros específicos para a atención de día haberá un mínimo dun/a educador/a para cada 10 menores; nas unidades integradas en centros, haberá un/a educador/a para a atención de día por cada 10 menores. d. Nos centros específicos para a atención de día haberá un mínimo dun/a educador/a para cada 8 menores; nas unidades integradas en centros, haberá un/a educador/a para a atención de día por cada 8 menores. A estrutura do Regulamento de Réxime Interno que establece a Orde do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a menores, recolle entre os seus apartados: a. Obxectivos da acción educativa. b. Características da poboación atendida. c. Organización educativa. d. Estrutura organizativa. O protocolo de Ingreso e Acollida da Xunta de Galicia sinala que se deberá solicitar o cambio de centro sanitario e solicitar unha revisión médica no prazo de: a. máximo de 10 días. b. máximo de 15 días. c. máximo de 20 días. d. máximo de 1 mes. De acordo co Protocolo de elaboración e seguimento do proxecto educativo individualizado, o Equipo técnico do menor expresará a súa desconformidade co PEI nun prazo de: a. 45 días. b. 15 días. c. 60 días. d. 30 días. Segundo Pérez Paredes, A educación Intercultural (2016), cal é a definición de educación intercultural?. a. Unidade pedagóxica para homoxeneizar culturas na aula. b. Unha metodoloxía para ensino de idiomas e a alfabetizaión. c. Un dereito humano e un deber social para o desenvolvemento da persoa. d. Unha práctica minoritaria na educación formal e non formal. De acordo coa Estratexia Nacional para a Igualdade, Inclusión e Participación do Pobo Xitano 2021-2030, no eixo de inclusión social establécense liñas de actuación transversais, cal NON é unha delas?. a. A igualdade de oportunidades, a igualdade de xénero, a loita contra o antigitanismo estrutural e non discriminación. b. O coñecemento sobre a historia e cultura xitana e a reconciliación e recoñecemento. c. A participación e empoderamento; elementos que reverten na mellora da inclusión social da poboación xitana. d. Incorporar a liña estratéxica de Pobreza e exclusión social, de forma que se establezan obxectivos específicos para mellorar as condicións de vida da poboación xitana nunha situación de maior vulnerabilidade. Conforme o artigo 26 da Lei Orgánica 1/1996 de 15 de xaneiro, en relación co ingreso en centros de protección específicos de menores con problemas de conduta: a. Poderán ser ingresados nestes centros os menores que presenten enfermidades ou trastornos mentais que requiran un tratamento específico por parte dos servizos competentes en materia de saúde mental ou de atención ás persoas con discapacidade. b. Se razóns de urxencia, convenientemente motivadas, fixesen necesaria a inmediata adopción do ingreso, a Entidade Pública ou o Ministerio Fiscal poderá acordalo previamente á autorización xudicial, debendo comunicalo ao Xulgado competente canto antes e, en todo caso, dentro do prazo de corenta e oitos horas, aos efectos de que se proceda á preceptiva ratificación do mesmo para o que deberá achegar a información de que dispoña e xustificante do ingreso inmediato. c. O Xulgado resolverá no prazo máximo de vinte e catro horas desde que reciba a comunicación, deixándose de inmediato sen efecto o ingreso no caso de que non o autorice. d. Para o ingreso dun menor nestes centros será necesario que a Entidade Pública ou o Ministerio Fiscal soliciten previamente a correspondente autorización xudicial. Segundo o artigo 35 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos supostos en que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado localicen a un estranxeiro indocumentado cuxa minoría de idade non poida ser establecida con seguridade, procederase: a. Dándolle, polos servizos competentes de protección de menores, a atención inmediata que precise, de acordo co establecido na lexislación de protección xurídica do menor. b. Póndose o feito en coñecemento inmediato do Xulgado de garda, que disporá a determinación da súa idade, para o que colaborarán as institucións sanitarias oportunas que, con carácter prioritario, realizarán as probas necesarias. c. Trasladándoo de inmediato a un centro de internamento en réxime semiaberto. d. Ningunha é correcta. De acordo co artigo 7 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamento Civil, sinala a resposta correcta en relación ao dereito de participación, asociación e reunión: a. Os e as menores non teñen dereito a participar en reunións públicas e manifestacións pacíficas, convocadas nos termos establecidos pola Lei. b. Os e as menores teñen dereito a participar en reunións públicas e manifestacións pacíficas, convocadas nos termos establecidos pola Lei; e a promovelas e convocalas co consentimento expreso dos seus pais, titores ou gardadores. c. Os e as menores teñen dereito a participar en reunións públicas e manifestacións pacíficas, convocadas nos termos establecidos pola Lei co consentimento expreso dos seus pais, titores ou gardadores. d. Ningunha é correcta. De acordo coas achegas de Soriano (2001) Bartolomeu (2002) e Aguado (2003), un dos obxectivos principais que debe proporse toda educación intercultural nun contexto social determinado, é: a. Potenciar unha auténtica desigualdade de oportunidades que permita ao suxeito elixir e acceder aos recursos. b. Promover actitudes para que respecten só a parte positiva da cultura e rexeiten as diferenzas. c. Mellorar e potenciar a autoestima das persoas, e especialmente daquelas que pertencen a grupos minoritarios. d. Fomentar o racismo ideolóxico. De acordo co disposto no artigo 75 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia en Galicia, a quen lle corresponde xestionar os procedementos de declaración de idoneidade das persoas interesadas en adoptar?. a. As autoridades públicas. b. A servizos sociais comunitarios específicos. c. Á Administración da Xunta de Galicia. d. A servizos sociais comunitarios básicos. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, regula no seu Título IV, baixo a rúbrica “Das disposicións sobre o procedemento administrativo común” que, a audiencia aos/as interesados/as: a. Producirase ao mesmo tempo que a solicitude do informe do órgano competente para o asesoramento xurídico ou á solicitude do Ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma, no caso que estes formasen parte do procedemento. b. Será anterior á solicitude do informe do órgano competente para o asesoramento xurídico ou á solicitude do Ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma, no caso que estes formasen parte do procedemento. c. Será posterior á solicitude do informe do órgano competente para o asesoramento xurídico ou á solicitude do Ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma, no caso que estes formasen parte do procedemento. d. Será anterior á proposta de resolución do órgano competente para o asesoramento xurídico, ou á solicitude do Ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma, no caso que estes formasen parte do procedemento. A Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, regula no seu artigo 15.2 que, o responsable poderá conservar os datos identificativos do afectado necesarios co fin de impedir tratamentos futuros para fins de mercadotecnia directa: a. Cando a supresión derive do exercicio do dereito de acceso con arranxo ao artigo 21.2 do Regulamento (UE) 2016/679. b. Cando a supresión derive do exercicio do dereito de portabilidade con arranxo ao artigo 21.2 do Regulamento (UE) 2016/679. c. Cando a supresión derive do exercicio do dereito de rectificación con arranxo ao artigo 21.2 do Regulamento (UE) 2016/679. d. Ningunha opción é correcta. Tal e como se recolle no artigo 52 da lei orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cando o menor pretenda interpor ante o Xuíz de Menores recurso contra calquera resolución adoptada durante a execución das medidas que lle foron impostas, presentarao de forma escrita ante o Xuíz ou director do centro de internamento, quen o porá en coñecemento daquel; en que prazo?. a. Nun prazo máximo de dous días. b. Dentro do seguinte día hábil. c. De forma inmediata no xulgado de garda. d. Nun prazo máximo de 5 días. A Carta Social Europea garante o exercicio efectivo ao dereito á protección dos nenos e adolescentes a través de diversos compromisos no seu artigo: a. Artigo 7. b. Artigo 9. c. Artigo 11. d. Artigo 25. Segundo o Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, as condutas inadecuadas realizadas a través de medios electrónicos desde o ámbito familiar ou desde o centro residencial, que inflúen no ámbito escolar: a. Son competencia exclusiva da familia ou do centro residencial. b. Non constitúen nin falta leve nin grave para o centro educativo, dado que non son competencia do centro escolar. c. Para o centro educativo teñen a mesma consideración que o acoso presencial. d. Son competencia exclusiva da policía, xa que se realizaron fóra do centro escolar. |





