Usamos cookies para personalizar su experiencia. Si sigue navegando estará aceptando su uso. Más información.
option

AG19AUX

INFORMACIÓN ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del test:
AG19AUX

Descripción:
AG19AUX

Autor:
AVATAR

Fecha de Creación:
30/06/2020

Categoría:
Otros
Comparte el test:
Facebook
Twitter
Whatsapp
REALIZAR TEST
Últimos Comentarios
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
1. Sinala que potestades corresponden en todo caso ao municipio, na súa calidade de Administración Pública Territorial e dentro da esfera das súas competencias, segundo o artigo 4 da LBRL: a) A potestade regulamentaria. b) A potestade de programación ou planificación. c) A potestade expropiatoria. d) Todas as anteriores.
2. Segundo establece o artigo 21 da LBRL, a función de dirixir o goberno e a administración municipal é competencia de: a) O Pleno. b) O Alcalde. c) A Xunta de Gobernó Local. d) A Comisión Especial de Contas.
3. Segundo o artigo 26 da LBRL, a competencia dos municipios en materia de Protección Civil é obrigatoria: a) En todos os municipios. b) Nos de poboación superior a 500 habitantes. c) Nos de poboación superior a 1.000 habitantes. d) Nos de poboación superior a 20.000 habitantes.
4. ¿Quen ten a atribución de “exercer a xefatura da Policía Municipal” segundo o artigo 21 da LBRL? a) O Alcalde. b) O Pleno. ) Os tenentes de Alcalde. d) O concelleiro ao que o Pleno atribúa tal función.
5. ¿A quen corresponde a aprobación inicial das Ordenanzas locáis? a) Ao Presidente do Goberno. b) Ao Concelleiro de obras. c) Ao Pleno. d) Á Comisión Especial de Contas, se a houbese.
6. ¿A quen lle corresponde o exercicio da función de “ditar bandos, decretos e instrucións", segundo o artigo 124.4 da LBRL? a) Aos Presidentes dos Distritos. b) Ao Alcalde. c) Ao Ministro de Administracións Públicas. d) Ao concelleiro-secretario.
7. Cal das seguintes non é un tipo de licenza municipal: a) A licenza de obra. b) A licenza de primeira ocupación. c) A licenza de actividade. d) A licenza de pesca fluvial.
8. Segundo o artigo 21 da LBRL, ¿a quen corresponde a atribución de ordenar a publicación dos acordos do Concello? a) Ao Defensor do Pobo. b) Ao Alcalde. c) Ao primeiro tenente alcalde. d) Ao interventor-tesoureiro.
9. ¿De que formas se manifesta a potestade regulamentaria dos entes locáis? a) A través de Ordenanzas e Regulamentos. b) A través de comunicados de prensa. c) A través de Leis. d) Todas as anteriores son correctas.
10. Segundo o disposto no artigo 22 da LBRL, ¿quen integra o Pleno dun Concello? a) Todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. b) Todos os deputados e é presidido polo Alcalde. c) Un terzo do número legal de concelleiros e é presidido polo Alcalde. d) A metade dos concelleiros e é presidido polo Alcalde.
11. ¿Como poden ser as faltas que cometan os/as Policías Locáis de Galicia segundo o indicado no artigo 78 da Leí 4/20047, do 20 de abril? a) Leves, graves e moi graves. b) Leves e graves. c) Correctas e incorrectas. d) Graves e moi graves.
12. No réxime disciplinario da Policía Local de Galicia o acoso sexual é unha falta: a) Leve. b) Grave. c) Moi grave. d) Non se atopa tipificado.
13. ¿Cal e o tempo de prescrición das faltas moi graves? a) 20 anos. b) As faltas moi graves non prescriben. c) 1 mes. d) 3 anos.
14. ¿Cales son as función dos auxiliares de Policía Local? a) As mesmas funcións que os/as policías locáis. b) Aquelas que lles ordenen os xefes da Policía Local. c) De apoio e auxilio ao persoal da Policía Local. d) A Lei 4/2007, do 20 de abril non regula aos auxiliares de Policía Local nin as súas funcións.
15. ¿Que titulación se require para ser auxiliar de Policía Local? a) Bacharel ou equivalente. b) Grado ou equivalente. c) Non se requiren estudos. d) Graduado en ESO ou equivalente.
16. ¿Como se denominan as dependencias onde se aloxa o corpo da Policía Local dun Concello? a) Cuartel da Policía Local. b) Comisaría da Policía Local. c) Xefatura da Policía Local. d) Non se atopa definido a denominación das dependencias na Lei de coordinación.
17. ¿Poderán levar armas os auxiliares de Policía Local? a) Se acreditan formación suficiente e coñecemento das mesmas si poderán lévalas. b) Non, en ningún suposto. c) Si, nos mesmos termos que os/as axentes da Policía Local. d) So en casos de intervención con reféns.
18. ¿Quen efectúa o nomeamento do xefe da Policía Local? a) O pleno da corporación municipal. b) A persoa que ocupa a Alcaldía. c) Todos/as os/as policías locáis entre os compañeiros que se presenten á elección. d) A comisión de coordinación de policías locáis.
19. O apercibimiento é unha sanción pola comisión dunha falta: a) Leve. b) Moi grave. c) Grave. d) Non é ningunha sanción.
20. No exercicio das súas funcións, os/as axentes dos corpos da Policía Local teñen carácter de axentes da autoridade: a) Nunca. b) Si, e a todos os efectos legáis. c) Soamente cando empregan a arma regulamentaria. d) Si, cando conten con autorización xudicial.
21. Segundo o art. 33 do Código Penal son penas leves: a) A prisión permanente revisable. b) A multa de ata tres meses. c) A expulsión do territorio nacional. d) O presidio maior.
22. Están exentos de responsabilidade criminal: a) O que obre en cumprimento dun deber ou no exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo. b) O que obrigue a un terceiro a cometer un delito. c) O que se someta á proba de contraste en sangue nun delito contra a seguridade vial. d) Todas estas respostas son correctas.
23. Son responsables criminalmente dos delitos: a) Os que inducen directamente a outro ou outros a executalo. b) Os que cooperan a súa execución cun acto sen o cal non se tería efectuado. c) Os autores e os cómplices. d) Tódalas anteriores respostas son certas.
24. O que conduxere un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta kilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta kilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de: a) Privación da patria potestade. b) Prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos. c) Prisión permanente revisable. d) Inhabilitación para obter subvencións e axudas públicas, para contratar co sector público e para gozar de beneficios e incentivos fiscais ou da Seguridade Social, por un prazo que no poderá exceder de quince anos.
25. Considérase que en todo caso existe manifiesta temeridade na condución cando: a) Se conduza un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta kilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta kilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente e cunha taxa de alcohol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro ou cunha taxa de alcohol en sangue superior a 1,2 gramos por litro. b) Se circule sen facer uso do alumeado regulamentario. c) Non se preste o interesado a facer as probas de detección alcohólica. d) Se incumpra a obriga de todo conductor de verificar que as placas de matrícula do vehículo non presentan obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura e identificación.
26. Segundo o artigo 12 do Código Penal as accións ou omisións imprudentes castigaranse: a) Só cando o autor esté en rebeldía. b) Nunca se castigarán. c) Só cando expresamente o dispoña a Leí. ) En caso de asasinato.
27. Para que un feito poida ser un delito de lesións, o Código Penal esixe que: a) A lesión requira obxetivamente para a súa sanidade, ademáis dunha primeira asistencia facultativa, tratamento médico ou cirúrxico. b) Na agresión utilizaranse armas, instrumentos, obxectos, medios, métodos ou formas concretamente perigosas para a vida ou saúde, física ou psíquica, do lesionado. c) A vítima sexa unha persoa especialmente vulnerable que conviva co autor. d) Mediara ensañamento ou alevosía.
28. O error invencible nun feito constitutivo de delito: a) Exclúe a responsabilidade criminal. b) Só se aplica en feitos constitutivos dun delito contra a seguridade vial. c) Será castigado coa privación da patria potestade. d) Todas as anteriores respostas son correctas.
29. En todo caso será condenado como autor dun delito contra a Seguridade Vial: a) O que conduxere cunha taxa de alcohol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro. b) O que conduxere cunha taxa de alcohol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro sempre que, ademáis, se acredite unha condución temeraria. c) O que conduxere cunha taxa de alcohol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro sempre que, ademáis, se acredite unha expresa influencia na condución. d) O que conduxere cunha taxa de alcohol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro sempre que, ademáis, se pona en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas.
30. O conductor que, requerido por un axente da autoridade, se negara a someterse ás probas legalmente establecidas para a comprobación das laxas de alcoholemia e a presenza das drogas tóxicas, estupefacientes e sustancias psicotrópicas: a) Só poderá negarse se está involucrado nun accidente con lesións graves, co fin de non autoinculparse. b) Será castigado por unha infracción administrativa grave. c) Será castigado coas penas de prisión de seis meses a un ano e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos. d) Todas as respostas son correctas.
31. ¿Pódese denegar o acceso a un espectáculo deportivo a unha persoa que se encontré baixo os efectos do alcohol?: a) Si, pero soamente se é advertido mediante cartel de Reserva de Dereito de Admisión na entrada. b) Si, sen necesidade de cartel algún e aínda que aboase a entrada. c) Non, a condición de que non introduza bebidas alcohólicas no recinto. d) Non, xa que as persoas que controlan o acceso non son axentes da autoridade.
32. A partir da hora límite de peche dun establecemento: a) Non se servirán máis consumicións. b) Acenderanse as luces e deixará de soar a música ambiental. c) Non se permitirá o acceso ao establecemento. d) Todas as respostas son correctas.
33. As promocións que poidan inducir ao consumo abusivo de bebidas alcohólicas: a) Están prohibidas, en todo caso. b) Están permitidas, baixo supervisión da administración. c) Están permitidas en establecementos de venda por xunto. d) Non poden prohibirse debido á libre competencia en materia de prezos que impon a normativa do comercio comerciante polo miúdo.
34. Os concellos poden autorizar ampliacións dunha hora sobre os horarios límite de peche de establecementos públicos e actividades recreativas, nos seguintes supostos: a) Festas locáis, patronais, de Nadal e verbenas populares. b) Nas localidades turísticas, durante o período de maior afluencia, a condición de que non se altere a normal convivencia. c) As respostas a e b son correctas. d) Ningunha das respostas é correcta.
35. O comerciante ambulante debe ter exposto ao público e ás autoridades inspectoras, de forma fácilmente visible: a) Unha copia do seguro de responsabilidade civil. b) Unha dirección para a recepción de posibles reclamacións. c) A autorización autonómica de venda ambulante. d) Ningunha das respostas é correcta.
36. Nunha intervención policial á que acudimos ante a queixa dun consumidor/a o que non lie queren entregar unha Folla de Reclamacións, tras comprobar que o establecemento non dispon das mesmas: a) Informaremos ao xerente ou ao empregado da obrigación legal incumprida. b) Informaremos ao consumidor/a de o seu dereito para presentar a súa reclamación polo medio que considere máis axeitado, aínda que non dispoña das follas oficiáis. c) Identificaremos ao establecemento infractor e ao responsable para tramitar denuncia administrativa por non disponer das follas de reclamacións. d) Todas as respostas son correctas.
37. A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas a un establecemento de hostalería para cuxa apertura soamente foi necesaria unha comunicación previa: a) Non require autorización municipal. b) Require a concesión dunha licenza municipal. c) Require a presentación dunha nova comunicación previa no concello. d) Ningunha das respostas é correcta.
38. Segundo a Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, o dereito de admisión: a) Pode ser exercido en calquera momento polo titular dun establecemento, soamente coa exposición dun cartel nos dous idiomas oficiáis de Galicia coa lenda “Resérvase o dereito de admisión”. b) O dereito de admisión desapareceu na comunidade autónoma de Galicia desde a entrada en vigor da norma. c) Os criterios de admisión deberán ser lexibles e estar expostos en lugar visible ao público. d) Ningunha das respostas é correcta.
39. ¿Que se necesita para exercer a venda ambulante de lambetadas nun posto instalado na vía pública con motivo dunha verbena que dure menos de 48 horas? a) Comunicación previa. b) Licenza municipal. c) Autorización da comisión de festas. d) Ningunha é correcta.
40. Segundo a Lei 7/2011, do 27 de outubro, do Turismo de Galicia, o feito de permitir a venda ambulante ilegal de obxectos no interior dun establecemento: a) Constitúe unha infracción leve, sancionable con multa ata 900 euros. b) Constitúe unha infracción grave, sancionable con multa de 901 ata 9.000 euros. c) Non constitúe infracción ao non ser fácil evítalo por parte do establecemento. d) Ningunha das respostas é correcta.
41. ¿ En que parte da vía están situados as beiravías? a) No medio da calzada. b) Aos lados da calzada. c) Entre os carrís. d) Só no carril esquerdo.
42. O tempo que transcorre desde que o condutor recibe un estímulo, que pode proceder dun obstáculo, un sinal, un ruido, etc., ata que da resposta a ese estímulo chámase: a) Tempo de espera. b) Tempo de freada. c) Tempo de parada. d) Tempo de reacción.
43. ¿Que debes facer cando ao chegar a unha intersección con sinal de STOP ves que pola estrada transversal non vén ninguén? a) Pasar amodo con moita precaución. b) Deterse obrigatoriamente. c) Pasar sen determe. d) Reducir a velocidade, mirar aos lados e pasar.
44. ¿Pode o Concello pechar ao tráfico unha vía urbana da súa titularidade? a) Si, cando sexa necesario. b) Si, previa autorización da Xefatura Provincial de Tráfico. c) En ningún caso. d) Só para a celebración de probas deportivas.
45. ¿Pódese conducir con presenza de drogas no organismo? a) Si, sempre que a cantidade sexa inferior a 3 mg por litro de sangue. b) Non, xa que a lei di que basta coa mera presenza de drogas no organismo para que non se poida conducir. c) Si, se non se van a percorrer máis de 10 km. d) Só en vías urbanas.
46. Se un condutor vira á dereita para entrar noutra vía e atópase con peóns cruzándoa, ¿quen ten preferencia? a) O vehículo. b) Os peóns aínda que non exista paso para eles. c) Os peóns, pero só se existe paso de peóns. d) Ningunha é correcta.
47. As velocidades máximas fixadas para as estradas convencional, agás travesías, poderán ser rebasadas por turismos e motocicletas cando adianten a outros vehículos que circulen a velocidade inferior a aqueles en: a) 30 Km/h. b) 20 km/h. c) 40 km/h. d) Ningunha é correcta.
48. Queda prohibido estacionar en: a) En zonas sinalizadas para carga e descarga. b) Nas zonas de parada e uso exclusivo do transporte público urbano. c) Nas interseccións e nas súas proximidades. d) Todas son correctas.
49. Non están obrigados a utilizar o alumeado: a) Motocicletas. b) Vehículos que circulen por carril reversible. c) Os vehículos que circulen por tramos de vía afectados pola sinal túnel. d) Ningunha é correcta.
50. ¿Pode un furgón estacionar preto dun paso de peóns se con iso impide ver o sinal que o advirte? a) Si, porque a norma só prohíbe estacionar sobre o mesmo paso. b) Non, porque está prohibido impedir a visibilidade da sinalización aos usuarios a quen lle afecte. c) Si, sempre que estea polo menos a 3 metros do paso de peóns. d) Sempre pode estacionar.
Denunciar test Condiciones de uso
INICIO
CREAR TEST
INFORMACIÓN
ESTADÍSTICAS
RÉCORDS
Otros tests del Autor