Antropología de la educación social I
|
|
Título del Test:
![]() Antropología de la educación social I Descripción: Educación social 1 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. Hexemonía segundo Pierre Bourdieu (1977) ten que ver con: Que toda orde social trata de facer que as súas propias arbitrariedades parezan naturais. Exercicio da autoridade. Situacións que parecen ser conflitivas. 2. A perda dunha cultura e da identidade étnica dunha comunidade ou vila, sen que implique unha desaparición da unidade social é... : conflito social. un crime de lesa humanidade. xenocidio. etnocidio. 3. Que automaticamente se lle asigne a un fillo/a á pertenza ao grupo minoritario ao que pertence un dos proxenitores: Cálculo de parentesco. Regra de ascendencia. Hipodescendencia. 4. Que entendemos por estratexia adaptativa: Os medios para gañarse a vida, o sistema produtivo de acordo con Yehudi Cohen. O traballo de campo que se realiza para coñecer con criterio antropolóxico a produción dunha sociedade. Os medios necesarios para conseguir un sistema produtivo de acordo con Malinwski. 5. A autoridade é o exercicio... : de influír noutros contra a súa vontade. aprobado do poder. de impoñerse sobre os outros. 6. O racismo é... : un estereotipo baseado na cor da pel das persoas. a discriminación en base a características atribuídas as persoas cunha pretendida base biolóxica. a asignación de organismos e categorías. 7. Ao uso de técnicas sobrenaturais para lograr metas específicas chamámoslle... : relixión. ritual de paso. maxia. 8. Sinala a resposta incorrecta en relación coa identidade: As identidades están en continuo proceso. As persoas identificámonos con varios grupos. A identidade é unha marca social de carácter esencial. 9. A redistribución como forma de intercambio refírese a: Fluxo de bens cara o centro, e logo de regreso. É característico dos cacicazgos. Fluxo de bens cara o centro. É característico dos Estados. Fluxo de bens cara a periferia. É característico dos Estados. 10. A ciencia que se ocupa de estudar a orixe e desenvolvemento de toda a gama de variabilidade humana e os modos de comportamentos sociais a través do tempo e espazo, e dicir, ten por obxectivo o estudo científico e humanístico da especie humana e: Antropoloxía Xeral. Antropoloxía Arqueolóxica. Antropoloxía Física. 11. A que usos destinan as persoas das diversas sociedades os seus escasos recursos?: Fondo de subsistencia, fondo de reparación, fondo de renda, fondo asociativo e fondo cerimonial. Fondo de subsistencia, fondo de reposición, fondo de renda, fondo social e fondo cerimonial. Fondo de subsistencia, fondo de reparación, fondo insumos, fondo social e fondo cerimonial. 12. A economía dun pobo é... : as formas de organizar os produtos que necesitan para a súa subsistencia. o seu sistema de produción, distribución e consumo de recursos. o sistema de produción incluíndo os seus medios de produción. 13. Cales son as fases dos ritos de transición ou de paso?: Separación, atribución e agregación. Separación, definición e agregación. Separación, marxinalidade e agregación / Separación, liminidade e incorporación. 14. O comportamento formal, estilizado, repetitivo e estereotipado, realizado de forma seria como un acto social é... : a) unha cerimonia social. b) un ritual. c) un ritual de paso. 15. Xulgar outras culturas usando estándares culturais propios: a) Etnocentrismo. b) Estereotipo. c) Discriminación. 16. Cales son as prácticas comúns nas sociedades tribais para que a alianza do matrimonio perdure mais alá da vida dalgún dos cónxuxes?: a) Serivato e levirato. b) Polixinia. c) Poliandria. 17. Cales das seguintes afirmacións sobre o concepto de culturas non é correcta: a) Baséase no refinamento, o gusto e a sofisticación, educación e a apreciación das belas artes. b) É un atributo dos individuos como membros de grupos. c) Ten en conta as necesidades biolóxicas. 18. Cando falamos de “forrajeo”, “horticultura” e “industrialización” estamos falando de...?: a) Estruturas adaptantes segundo a tipoloxía de Polanyi. b) Estruturas adaptantes segundo a tipoloxía de Cohen. c) Fondos de subsistencia encargados da produción de bens. 19. Un grupo de parentes composto por ambos padres e os fillos que residen xuntos é.../ Un grupo de residencia común só por ambos padres e seus fillos é... : a) familia extensa. b) familia uxirocal. c) familia nuclear. 20. Os símbolos son signos que... : a) non teñen unha conexión necesaria ou natural coas cousas que significan. b) si teñen unha conexión necesaria ou natural coas cousas que significan. c) non teñen unha conexión natural pero si necesaria coas cousas que significan. 21. A relixión é... : a) unha técnica de compulsión externa sobre os poderes sobrenaturais. b) un complexo de ideas e nocións que deforman a realidade e que consiste nun sistema de crenzas e mitos sobrenaturais. c) ambas son certas. 22. Marvin Harris propuxo o paradigma teórico de... : a) neoevolucionismo. b) particularísmo histórico. c) materialismo cultural. 23. A acelerada interdependencia das nacións no sistema mundial actual é... : a) globalización. b) sociedade plural. c) multiculturalismo. 24. Segundo C.P Kottak a que autor e corrente teórica se lle adscribe a idea de que os “seres humanos tiñan unhas necesidades biolóxicas universais e que desenvolvemos costumes para satisfacelas”?: a) Marvin Harris e o Difusionismo. b) Malinowski e o Funcionalismo. c) Lévi Strauss e o Configuracionismo. 25. Un grupo étnico é... : a) un grupo culturalmente distinto entre moitos nunha sociedade. b) un conxunto de individuos que se converten en axentes políticos. c) un grupo con estatus adquiridos dentro dunha sociedade. 26. As palabras coas que se nomean a diferentes parentes nunha lingua particular son... : a) termos de parentesco. b) tipos xenealóxicos. c) grupos de ascendencia. 27. Cando falamos de correlacións no sentido que lle da Cohen falamos de...? : a) variables correlacionadas como factores que están vinculados. b) asociacións ou co-variacións entre dos o más variables. c) ambas son correctas. 28. O color de pel pode ser... : a) efecto de cantidade de melanina. b) un rasgo distintivo de pertenza a unha raza determinada. c) ambas son correctas. 29. A cultura é un dispositivo para encouzar unha elección?: a) Non. b) Si. c) Solo en colectivos non dominantes. 30. Que modelo lingüístico importará C. Levi Strauss á antropoloxía?: a) Modelo Morfológico. b) Modelo Fonológico. c) Modelo Sintético. 31. A forza sagrada impersoal existente no universo que pode residir en obxectos, animais, persoas ou plantas é... : a) Mana. b) Tabú. c) Alma. 32. Os emblemas sagrados que simbolizan una identidade como son... a) Tótems. b) Tabús. c) Manas. 33. A que fai referencia o concepto de “pertenzas persoais” acuñado por Elman Service?: a) A certas nocións de propiedade das persoas que viven en sociedades e Estado. b) Elementos que non son recursos estratéxicos e están indeblemente asociados a unha persoa específica. c) Ambas son correctas. 34. A ideoloxía ou orientación que promove o desenvolvemento dos grupos étnicos de inmigrantes, especialmente aqueles que sufriran discriminación ou exclusións de calquera tipo é: a) Difusionismo. b) Etnocentrismo. c) Multiculturalismo. 35. A agrupación en sentido horizontal dos diferentes grupos sociais recibe o nome de... : a) estratificación social. b) sistema de xerarquía socio-cultural. c) nin a nin b son certas / multiculturalismo. 36. A agrupación vertical dos diferentes grupos chamámoslle: a) Diversidade socio- cultural. b) Estratificación social. c) Multiculturalismo. 37. O obxecto central de estudo de Antropoloxía cultural (tamén chamada Etnoloxía e Antropoloxía social) é... : a) a explicación das diferenzas dos grupos dos homes. b) a explicación das semellanzas e as diferenzas das culturas, súa continuidade e o cambio no tempo. c) a análise das semellanzas entre as culturas máis primitivas e as máis complexas. 38. Cal é a definición de “reciprocaridade xeneralizada”?: a) Principio que caracteriza os intercambios entre individuos que non teñen unha relación frecuente. b) Principio que caracteriza os intercambios entre individuos que teñen unha relación ocasional. c) Principio que caracteriza os intercambios entre individuos estreitamente relacionados. 39. Cal é a verdadeira interpretación sobre a práctica de Potlach?: a) Responde a adaptacións culturais na procura dunha elite dentro das xefaturas xerarquizadas. b) Comportamento derrochador, resultado dun impulso irracional na procura de prestixio. c) Responde a adaptacións a períodos alternantes de abundancia e escaseza no plano local. 40. Que é o etnocentrismo?: a) É un resultado natural de aprendizaxe humano e dos estigmas culturais. b) É un ciclo del aprendizaxe humano. c) Trátase dunha característica da cultura aprendida que xera estigmas. 41. Podemos dicir que a cultura é un instrumento polo cal os seres humanos adáptanse o medio natural e social?: a) Si. b) Non. c) Depende do entorno social. 42. Lewis H. Morgan comparte escola teórica con... : a) Franz Boas. b) B.Malinowski. c) Edgar Burnet Taylor. 43. A enculturación leva consigo un proceso de aprendizaxe de símbolos e significados... por tanto a cultura pode verse como un texto que interpretar: a) É unha afirmación propia da Antropoloxía simbólica. b) É unha afirmación propia da Antropoloxía evolucionista. c) É unha característica da Evolución homínida. 44. Cando falamos de cambio socio-cultural dicimos que... : a) é constante. b) dáse en períodos de creses estrutural. c) implica unha revolución socio-cultural. 45. A evolución social... : a) non resposta á evolución biolóxica nin son de aplicación ás mesmas leis. b) resposta á evolución biolóxica nin son de aplicación ás mesmas leis. c) implica unha evolución biolóxica. 46. Como se chama o enfoque antropolóxico que outorga un maior crédito ao que o observador antropolóxico percibe e considera importante da cultura que se estuda, que ao que perciben e consideran importante os propios nativos que lle informan dela?: a) Enfoque Etic da cultura. b) Enfoque Emic da cultura. c) Enfoque Emic e Etic da cultura. 47. O proceso de asimilación e incorporación de elementos procedentes doutra cultura por contacto directo e continuo durante certo tempo denomínase... : a) trasculturación. b) aculturación. c) socialización. 48. Cando falamos de estratificación de xénero, referímonos a... : a) disasociación entre os roles asignados a mulleres e a homes. b) tarefas e actividades que se asignan a cada sexo. c) imaxes demasiado simplificadas a fortemente arraigadas sobre os homes e as mulleres. d) distribución desigual dos recursos sociais entre homes e mulleres. 49. Que entendemos por transcrición oculta?: a) Resistencia oculta dos oprimidos ante a dominación. b) Orde social non estratificada que a que subordinados acatan a dominación. c) Interaccións públicas abertas entre dominantes e oprimidos. 50. A riqueza invertida coa intención de producir gañancia, chámaselle: a) Sistema capitalista. b) Plusvalía. c) Capital. d) Produción. 51. A idea de que un sistema social discernible, con base nas diferenzas de riqueza e de poder, transcenda a países individuais chamámoslle a teoría... : a) de periferia. b) colonial. c) capitalista. d) sistema mundial. 52. Con que termo se definen as tarefas que culturalmente opóñense o traballo na casa fronte o mais valorado traballo no exterior: a) Sociedade patriarcal. b) Estereotipos de xénero. c) Dicotomía público-privada. d) Estratificación de xénero. 53. A compra, venta e valoración con base a oferta e a demanda, chámaselle: a) Sistema de produción. b) Principio de mercado. c) Subsistencia. d) Acumulación de bens. 54. Os seres humanos somos animais?. a) Si, temos un comportamento salvaxe que está a destruír o planeta. b) Si, somos seres bio – psico – socio- culturais. c) Non, somos seres bio – culturais e a cultura fainos distintos aos animais. 55. Que entendemos por antropoloxía aplicada?: a) A aplicación de datos, perspectivas, teorías, métodos antropolóxicos para identificar, avaliar e resolver problemas sociais contemporáneos. b) Aplicación perspectiva etnográfica a un problema ou fenómeno social. c) O traballo de campo que se realiza en contextos de cooperación internacional. 56. A relación xenealóxica a denominamos como... : a) Termo de parentesco. b) Tipo xenealóxico. c) Linaxe. d) Grupo ascendente. 57. Na introdución do libro Construtores de Otredade, considérase o “estrañamiento”: a) Como un recurso metodolóxico e como punto de partida necesario de toda investigación antropolóxica. b) Un concepto teórico aplicable ás relacións socioculturais que se derivan dos procesos migratorios. c) Como un recurso de análise dos datos cualitativos extraídos das entrevistas en profundidade. 58. Segundo Méndez (2919) o fin das metanarrativas da modernidade occidental... : a) está relacionado co mundo poscolonial. b) implica a difusión metodolóxica da antropoloxía. c) é unha hipótese non contrastada de Claude Levis-Strauss. 59. Transcrición oculta e pública son termos que... : a) axudan a entender a conduta dubxacente baixo o comportamento público evidente no análise dos sistemas políticos. b) fan referencia ás distintas formas de expresar a vinculación dunhas xeracións con outras, en termos de cálculo de parentesco. c) se refiren ás formas que toman as tres etapas nos ritos de paso e que son precisas para dar lugar á comunidade. 60. Cando se indica que as persoas debemos inverter no fondo de reemplazo, falamos de...: a) axudar a amigos e familia a cubrir os gastos da vivenda. b) traballar para comer e recuperar enerxía para poder vivir. c) tecnoloxía e outros artigos esenciais para a produción. 61. Que entendemos por totemismo?: a) Unha cosmoloxía, un sistema relixioso para imaxinar e comprender o universo. b) É unha arma dos débiles para conquistar o poder e subverter a orde social e cultural nunha cultura coma a maorí. c) Un tipo de configuración artística que expresa as relacións de interdependencia nas relixións de cargo. 62. O oculto cultural non é un feito real senón unha construción da antropoloxía social: a) Non é correcto, a outredade marca a realidade das persoas que non pertencen a unha etnia. b) É correcto, pois ese oculto cultural construíuse de maneira científica polas distintas teorías que dominaron en cada momento histórico. c) É correcto, non existen os procesos de indentificación e alterización pois son constructos metodolóxicos propios da disciplina. 63. A antropoloxía posmoderna introduciu... : a) un novo conflito epistemolóxico ao desterrar a reflexibilidade. b) a aceptación do discurso da modernidade occidental aplaudindo o vello paradigma evolucionista. c) o eu testifical, a experiencia autobiográfica procurando que a disciplina escapara do positivismo. 64. Os catro niveis de organización sociopolítica de Service son: a) Banda, Tribu, Cazicadgo e Potlach. b) Banda, Tribu, Cazicadgo e Estado. c) Banda, Forraxeo, Estado e Pastoreo. 65. É correcto falar de cultura galega en relación coa acción social desenvolvida polas persoas que se identifican coa nación galega?: a) Non é correcto, a identificación ten que ser coa Comunidade autonómica galega. b) Non é correcto, non se trata dunha identificación senón de ter nacido en Galicia ou ter ascendentes de primeiro grado galegas. c) Non é correcto, non podemos falar de cultura coma unha cualidade das persoas. 66. Claude Levis-Strauss é o fundador dos estruturalismo en Antropoloxía?: a) Non é correcto, en realidade foi o fundador do Evolucionismo. b) É correcto, tentando construír un modelo teórico de sociedade. c) Non é correcto, en realidade foi o fundador do Materialismo histórico. 67. Cando usamos a palabra cultura estamos indicando unha visión, un enfoque por medio do cal establecemos criterios para percibir... : a) os estereotipos de xénero. b) como persoas e grupos dun estado nación articulan a súa propia idiosincrasia. c) formas convencionais en cada entorno concreto de acción social. 68. A reciprocidade equilibrada pode verse cando... : a) o sistema de produción inclúe os seus medios de produción. b) as formas de organizar os produtos que se necesitan para a subsistencia circula de forma igualitaria. c) hai intercambios entre individuos cunha relación máis distante que as persoa dun fogar. 69. Cando falamos de estratexias adaptativas falamos... : a) de describir os sistemas de produción dun grupo. b) de diferentes estadios evolutivos de diferentes grupos. c) de diferentes formas de adaptarse ás condicións ecolóxicas no sistema de intercambio. 70. A conta que leva a xente, nunha sociedade particular, das súas relacións de parentesco recibe o nome de... : a) grupo de ascendencia. b) cálculo de parentesco. c) termo de parentesco. 71. As tribus: a) Non son un nivel de organización sociopolítica senón unha categoría de adscrición prenatal. b) Como organización sociopolítica poden ser diversas debido a cuestións políticas e socioeconómicas. c) Fan parte dun criterio antropolóxico para coñecer a produción dunha sociedade. 72. Para Magli o matriarcado é un mito masculino: a) Solo atribuído a sociedades antigas. b) Atribuído a sociedades antigas e tamén en Europa Occidental. c) Para Magli o matriarcado é o antónimo de patriarcado. 73. De acordo co texto de Méndez (2019), a Antropoloxía social e cultural na posmodernidade tiña como obxectivo... : a) formar parte da economía globalizada. b) conseguir unha visión positivista da realidade social. c) romper coa ficción da obxectividade. 74. Con reflexibilidade epistémica Méndez (2019) refírese entre outras cuestións a... : a) evitar os rumbos (sesgos) de clase, etnia e sexo. b) utilizar a primeira persoa como recurso narrativo nas monografías. c) á visión emic na que un suxeito pensa e analiza a outro suxeito. 75. Communitas é un concepto que se refire a... : a) un intenso sentimento de solidariedade social. b) a crenza nas almas ou dobres entre natureza e comunidades humanas. c) a un estado inducido a través da práctica da maxia simpática. |




