option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

autoarquivo minerva

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
autoarquivo minerva

Descripción:
30/11/2026 minerva

Fecha de Creación: 2026/10/30

Categoría: Otros

Número Preguntas: 20

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Segundo a Normativa de Minerva aprovada no Consello de Goberno da USC en 2011, quen pode depositar a súa produción científica de forma autónoma?. Calquera investigador externo previa solicitude e pago de taxas. Todo o persoal docente e investigador da USC. Unicamente o persoal de administración e servizos da biblioteca. Exclusivamente o alumnado de doutoramento e máster.

Que dominio de correo electrónico é obrigatorio utilizar no formulario de rexistro inicial de Minerva?. Calquera correo persoal comercial como gmail. O correo de calquera universidade pertencente ao SUG. O correo institucional co dominio .gal. O correo institucional co dominio .es.

Que datos deben enviarse por correo a minerva@usc.gal para solicitar autorización para depositar documentos?. Copia do DNI, contrato laboral vixente e currículo vitae. Firma dixital do director de departamento e código ORCID. Nome, apelidos, unidade da USC e correo institucional. Título do traballo e arquivo PDF definitivo que se pretende subir.

En que coleccións ten permiso para autoarquivar un usuario por defecto unha vez autorizada a súa solicitude?. En absolutamente todas as coleccións e repositorios de Minerva. Nas coleccións de calquera outra universidade española. Nas coleccións do seu Departamento, Centro ou Grupo de Investigación. Unicamente na colección xeral de Teses Doutorais.

Cal é o procedemento de identificación no sistema para poder iniciar o depósito de documentos unha vez obtida a autorización?. Prema iniciar sesión e no botón Acceso Conta USC. Introducir usuario e contrasinal creados manualmente na opción Novo usuario. Acceder unicamente introducindo o número de certificado dixital FNMT. Enviar o documento por correo electrónico a minerva@usc.gal para que a biblioteca faga o login.

En cal dos seguintes casos se permite depositar o PDF editorial sen problema nun repositorio?. Cando o autor non asinou ningún contrato de edición coa revista. En calquera libro comercial despois de pasar un ano da súa publicación. En artigos de revistas de acceso aberto ou con licenza CC. Sempre que o documento fose financiado con fondos privados.

Que base de datos debe consultarse para coñecer as políticas de autoarquivo de revistas españolas?.

Se unha editorial non figura nas bases de datos de referencia nin na súa web, que debe facer o autor antes de autoarquivar?. Depositar unicamennte o título e o resumo sen anexar ningún ficheiro PDF. Pagar unha taxa de regularización de dereitos á biblioteca da USC. Solicitar autorización expresa ao titular e enviar a resposta recibida a minerva@usc.gal. Realizar o depósito inmediatamente asumindo que non hai restricións.

Que ocorre cos metadatos e a difusión do documento unha vez finalizado o envío por parte da persoa usuaria?. O usuario debe aprobar manualmente cada metadato desde o menú de administración. O documento elimínase a menos que o autor vaia presencialmente á biblioteca. O documento publícase automaticamente de xeito instantáneo sen revisión. A biblioteca revisa o rexistro, amplía metadatos se cómpre e difunde o documento.

Como se deben realizar correccións na descrición dun traballo cando o depósito xa foi completado?. Comunicándoo por correo a minerva@usc.gal cunha explicación das correcións. Editando directamente os campos desde a conta persoal no menú Acceso conta USC. Eliminando o rexistro antigo e volvendo a facer autoarquivo desde cero. Solicitando un novo código Hadle System a través de Dulcinea.

Se un docente desexa depositar un documento nunha colección diferente á do seu Departamento, Centro ou Grupo de Investigación, como debe proceder?. Pode seleccionala directamente na plataforma sen necesidade de permisos adicionais. Debe crear unha nova conta de usuario específica para esa outra colección. Debe indicalo explicitamente na solicitude de autorización enviada por correo electrónico á administración. Debe solicitar permiso por escrito directamente ao Director da Biblioteca.

A duración da autorización concedida para depositar documentos en Minerva está limitada no tempo?. Si, ten unha validez máximo de 5 anos dende a súa emisión. Non, é válida mentres a persoa usuaria manteña a súa vinculación coa USC. Debe renovarse cada vez que se publique un novo traballo científico. Si, caduca anualmente e debe renovarse ao inicio de cada curso académico.

Que dominio de correo electrónico se indica explicitamente que NO debe utilizarse durante o proceso de rexistro en Minerva?. .com. .net. .gal. .org.

Cal destas bases de datos é a específica para consultar as políticas editoriais de revistas de ámbito francés?.

Con que sistema se rexistran os identificadores persistentes (URI) asignados aos documentos en Minerva?. Handle System. ORCID. DOI System. ISBN System.

Que propiedade principal ten a URI asignada a un documento tras ser publicado en Minerva?. Expira aos 5 anos se o documento non recibe visitas. Modifícase automaticamente se o autor cambia de departamento na USC. Non cambiará nin se alterará aínda que haxa migracións a outros equipos ou sistemas. É provisional ata que o traballo é citado por primeira vez.

Se un autor desexa saber se a súa publicación ten un período de embargo para o autoarquivo, onde NON se indica consultar na guía?. No Rexistro Mercantil ou de Propiedade Intelectual da CA. O contrato orixinal asinado coa editorial. A sección "Rights & Permissions" da propia revista ou editorial. Bases de datos como Open Policy Finder, Dulcinea ou Mir@bel.

Cando se permite subir o PDF editorial directamente a Minerva sen necesidade de permisos especiais adicionais?. Sempre que o autor sexa o único asinante do traballo. Cando o artigo é de acceso aberto, ten licenza CC ou o autor pagou por publicar en aberto. En calquera traballo publicado hai máis de 6 meses. Sempre que se trate dunha monografía completa en lugar dun artigo.

Antes de iniciar un novo envío, cal é o motivo principal polo que se recomenda facer unha busca previa no repositorio?. Para comprobar que o documento non se atopa en Minerva e evitar duplicados. Para verificar se a revista xa ten unha colección propia creada. Para comprobar Cantos puntos de investigación outorga a plataforma por esa publicación. Para copiar os metadatos exactos doutros autores da mesma área.

Unha vez que o depósito dun documento é finalizado polo usuario, quen se encarga de revisar o rexistro e ampliar os metadatos se fose preciso?. O departamento ao que pertence o auutor. O Consello de Goberno da USC. Un comité externo de avaliación científica. A biblioteca.

Denunciar Test