option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

C2 RN

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
C2 RN

Descripción:
RECNAT C2

Fecha de Creación: 2024/04/23

Categoría: Otros

Número Preguntas: 50

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Que é un arado chisel (Cicel- Cultivador pesado)?. É un arado de brazos non ríxidos que fisura a terra pero non a voltea. É un arado que voltea a terra, enterrando os restos da colleita anterior. É un arado formado por discos en forma de casquete esférico, que viran ao redor dun eixo oblicuo á dirección de desprazamento. É un apeiro formado por elementos de sección circular colocados sobre un eixo común perpendicular á marcha que rodan ao ser arrastrados.

Cal dos seguintes compoñentes da motoserra forma parte do conxunto de corte?. Sistema de engraxamento. Guiador. Sistema de carburación. Filtro catalizador dos gases de escape.

Cal dos seguintes elementos é unha ferramenta auxiliar que serve como apoio na execución de traballos con motoserra?. Xiratroncos. Silenciador. Guiador. Espada.

O sistema de lubricación da motoserra debe inspeccionarse realizando as seguintes tarefas, sinala a INCORRECTA: Compróbase periodicamente o nivel de aceite no depósito. Verifícase que a espada ten limpo o orificio de entrada e a rañura. Se ten piñón de reenvío, compróbase que xira adecuadamente. Faise o axuste por medio de 3 parafusos.

Nun monte elimináronse brotes de Acacia melanoxylon empregando glifosato, este herbicida é sistémico, isto quere dicir que: Se se aplica na parte aérea da planta introdúcese no tecido, fíxase e non se traslada a outras partes da planta. É un produto que se incorpora ao fluxo do zume e chega a todo o vexetal. É un produto que queda na superficie da planta. É un produto inflamable.

Nas repoboacións forestais, como se denomina á preparación do chan consistente nunha cava superficial en forma rectangular ou cadrada de 40x40 cm, realizada con aixada, sen extraer a terra removida profundando 10 cm?. Buratos superficiais. Buratos profundos. Raspas ou cavas superficiais. Raspas ou cavas profundas.

Cando ao facer unha repoboación se leva a cabo un furado mecanizado con ripper en liña de máxima pendente, cal é a limitación por pendente máxima?. Da orde do 65%. Da orde do 75%. Da orde do 45%. Da orde do 30%.

Cal é a época que se recomenda para a poda das nogueiras?. Todo o ano. De mediados de xuño a mediados de xullo. De mediados de novembro a mediados de febreiro. O inverno.

En que consiste un rareo?. Na extracción dos pés sobrantes da masa principal nos estados de repoboado e monte bravo cando aínda non teñen aproveitamento comercial. Na eliminación dos pés do estrato dominante da masa principal. Na eliminación dos brotes de cepa de frondosas dunha masa adulta. Na eliminación de matogueira baixo a masa forestal.

En relación cos obxectivos de realizar claras en masas de Pinus pinaster, sinale a resposta INCORRECTA: Reducir a densidade de piñeiros e, polo tanto, a competencia. Conseguir unha selección de árbores de mellor calidade desde o punto de vista da produción de madeira. Obter un aproveitamento madeireiro intermedio antes da corta final. Favorecer o crecemento en altura da masa.

Cal das seguintes características non é apropiada para un contedor de planta forestal?. Manexabilidade. Presenza de costelas na paredes. Paredes lisas. Resistencia á manipulación e transporte.

En viveiros forestais, sinale cal é un INCONVENIENTE de empregar a fertirrigación: Maior gasto de auga. Necesidade de manexo por persoal especializado. Menor rendibilidade dos fertilizantes. Imposibilidade de adaptar os fertilizantes ao tipo de cultivo ou substrato.

Cal dos seguintes modelos de rega NON é apropiado para os viveiros con planta en contedor?. Rega a manta. Rega por goteo. Rega por aspersión. Rega por microgoteo.

Nun lote de planta en contedor, cal dos seguintes atributos nos indica mellor que a planta ten unha calidade apropiada?. O número de zumes. O diámetro a 20 cm do pescozo da raíz. A proporción entre o tamaño aéreo e o radical. O número de xemas.

Cales dos seguintes compoñentes de substratos de cultivo é un produto mineral?. Vermiculita. Casca de arroz. Vermicompost. Turba de Sphagnum.

En cal das fases do desenvolvemento da planta é máis conveniente reducir a rega?. Na fase de sementeira. Na fase de crecemento. Na fase de endurecemento. Nas tres anteriores debe aplicarse a mesma cantidade de auga.

Os estercos e xurros non se poderán aplicar a menos de: 5 m das beiras de ríos e lagos. 10 m das beiras de ríos e lagos. 2 m das beiras de ríos e lagos. 15 m das beiras de ríos e lagos.

Establécese no Código de Boas Prácticas Agrarias de Galicia unha pendente límite a partir da cal non se deba fertilizar?. Si, do 10%. Si, do 30%. Si, do 45%. Non, xa que os riscos de escorredura dependen de varios factores.

Os envases baleiros de produtos fitosanitarios débense levar a: Un punto de recollida previa enxaugadura manual 3 veces ou con equipo a presión. Un punto limpo. Un xestor de residuos autorizado. Un punto de recollida de envases domiciliarios previa enxaugadura manual 3 veces.

Para minimizar a emisión de contaminantes atmosféricos da maquinaria forestal, segundo o referente de boas prácticas forestais, é aconsellable. Sinale a resposta INCORRECTA. Manter en perfecto estado a maquinaria e equipos. Planificar adecuadamente os tempos de transporte. Evitar os traballos en tempo chuvioso. Posuír, cando cumpra, o marcado CE ou a ITV.

Os aceites lubricantes dos tractores: Son residuos perigosos e deben ser levados a un punto limpo. Poden ser residuos perigosos ou non segundo a súa composición. Son residuos perigosos e deben ser entregados polo posuidor ao fabricante do aceite, a un xestor autorizado ou a un sistema de xestión autorizado para este tipo de residuos. Poden ser levados a calquera taller.

Os equipos de tratamento con fitosanitarios non se poden lavar a distancias inferiores a: 5 metros das masas de auga superficiais e dos pozos. 5 metros das augas superficiais e 50 metros dos pozos. 50 metros das augas superficiais e dos pozos. A menos de 10 metros de pozos.

Unha forma de evitar que as troitas liberadas nun couto de pesca intensiva supoñan un risco de contaminación xenética da poboación autóctona é empregar exemplares estériles. Habitualmente, estes exemplares estériles son: Haploides. Diploides. Triploides. Tetraploides.

A máxima solubilidade do osíxeno na auga doce a presión atmosférica normal acádase a unha temperatura de: 0º C. 4º C. 12,3 ºC. 25 ºC.

A duración da xestación da coella silvestre é aproximadamente de: 21 días. 30 días. 45 días. 60 días.

O período de incubación da perdiz rubia (Alectoris rufa) ten unha duración aproximada de: 30 días. 23 días. 21 días. 18 días.

O coccidiostático que o fabricante indica como aditivo na lista de ingredientes do pienso para perdices ten a función de: Evitar o deterioro do pienso por enranciamento. Reducir a infestación por piollos das plumas. Aumentar a produción de ovos das reprodutoras. Evitar unha enfermidade parasitaria intestinal nas perdices.

Temos unha orde de traballo para retirar unha vaca nunha área recreativa no Parque Natural do Xurés, que medidas preventivas deberemos tomar? Sinale a resposta correcta : Os ruminantes teñen perigosos os cornos e a forza. Recoméndase empregar luvas de vinilo para agarrar os cornos. No caso de que a vaca dea unha patada, ter en conta que a dan en ángulo de 45º polo que hai que situarse xusto detrás dela, detrás do rabo. No caso de que a vaca dea unha patada, ter en conta que a dan en ángulo de 180º polo que hai que situarse xusto detrás dela, detrás do rabo. No caso de que a vaca dea unha patada, ter en conta que a dan en ángulo de 195º polo que hai que situarse xusto detrás dela, detrás do rabo.

Todos os traballos nos cales existe contacto con animais e /ou os seus produtos (sangue, ouriños, feces, secrecións nasais, ovos, …) poden poñer en contacto ao traballador con axentes biolóxicos infecciosos. Sinale a resposta INCORRECTA: As enfermidades que se transmiten entre os animais vertebrados e os seres humanos chámanse zoonoses. Os animais poden transmitir diferentes zoonoses, ás veces sen mostraren síntomas da enfermidade. Os axentes biolóxicos patóxenos poden penetrar no noso organismo e producir infección atopando a súa porta de entrada por diferentes vías: por inhalación de material contaminado (respiratoria), atravesando a pel intacta, a través de cortes, rabuñaduras, rascaduras, etc. (dérmica) pola adherencia das superficies mucosas oral e nasal ou por vía dixestiva (oral/nasal), polas superficies mucosas dos ollos (ocular) ou a través de picadas, picaduras, cortes ou lesións na pel (parenteral). De ocorrer calquera corte, rabuñadura, mordedura, etc. lavar inmediatamente con lixivia e auga corrente ou cunha solución desinfectante e aplicar un apósito impermeable.

Os Centros de Recuperación de Fauna teñen estas finalidades. Sinale a resposta INCORRECTA: O coidado e a recuperación dos exemplares da fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural. Reintegrar ao medio natural a fauna recuperada. Soltar sempre a fauna recollida en lugares afastados de onde os atopamos, por normativa europea. Se a fauna que temos no centro de recuperación non a podemos reintegrar ao medio natural, podemos empregala en programas de conservación ex situ.

En Galicia temos Centros de Recuperación de Fauna (CRF) para atender todo o territorio da Comunidade Autónoma. Sinale a resposta INCORRECTA : CRF de Carballedo. Concello de Cerdedo - Cotabade. CRF Alto do Rodicio. Concello de Maceda. CRF de Antas. Concello de Antas de Ulla. CRF de Santa Cruz de Oleiros. Concello de Oleiros.

Nos ríos de Galicia podemos atopar estas aves, sinale a resposta correcta: Lavandeiras reais. Merlos rieiros. Picapeixes. Todas son correctas.

Para descender cunha carretilla elevadora cargada por unha rampla de pendente superior á inclinación máxima da forquita, debemos facelo: Marcha adiante. Marcha atrás. Non pode circularse con seguridade por esa pendente. Atravesando a rampla en diagonal.

As dimensións dun “europalé” EPAL/EUR 1 ou UIC/EUR 1 fabricado segundo a norma UNE-EN 13698-1:2003 son: 800 x 1200 mm. 1000 x 1200 mm. 1219'2 x 1016 mm. 600 x 800 mm.

O peso máximo en condicións ideais que recomenda o INSST para a manipulación manual de cargas e que permite protexer ao 85% da poboación é de: 40 kg. 30 kg. 25 kg. 15 kg.

En relación coas condicións xerais de almacenamento de produtos fitosanitarios de uso profesional e coas condicións de almacenamento de produtos fitosanitarios de uso profesional en explotacións agrarias, cal das seguintes afirmacións é falsa?: Os locais de almacenamento disporán de medios axeitados para recoller derrames accidentais. Estes medios deberán conter produtos específicos que neutralicen os posibles efectos adversos en función das características dos formulados almacenados. Os produtos manteranse nos seus envases de orixe, pechados, en posición vertical co peche cara arriba e a etiqueta orixinal íntegra e perfectamente lexible. Unha vez aberto o envase, se non se utiliza todo o seu contido, o resto poderá transferirse a outro recipiente sempre que non sexa de uso alimentario. Os produtos gardaranse en armarios, cuartos ou partes debidamente identificadas dos locais, ventilados e provistos de fechadura, co obxecto de mantelos fóra do alcance do persoal alleo á explotación, en especial dos menores de idade. A súa localización garantirá a separación dos produtos fitosanitarios do resto de aveños do almacén, especialmente do material vexetal e os produtos de consumo humano ou animal. Teranse á vista os consellos de seguridade e procedementos de emerxencia, así como os teléfonos de emerxencia.

De cal dos seguintes materiais está prohibida a utilización de escadas?. Madeira pintada. Madeira sen vernizar. Fibra de vidrio. Aluminio.

O albarán é: Unha copia da factura. Un documento xustificante da entrega dos produtos. O documento no que aparece rexistrado o listado dos produtos solicitados. Unha factura simplificada.

En traballos forestais e tódalas actividades de mantemento e conservación que se fan nas instalacións e espazos naturais debemos ter en conta. Sinale a resposta correcta: Antes de facer calquera traballo no monte, requirir información sobre as traxectorias e voltaxes das posibles liñas eléctricas que existan no lugar de traballo e sobre a obriga de non cortar a subministración para evitar problemas. Cando se fagan traballos preto de pistas, estradas, camiños polos que poida circular calquera tipo de vehículo evitarase dotar ao persoal dun chaleco reflectante de seguridade para que poidan ser vistos e traballar sen público que moleste. En terreo con pendente non colocarse xusto encima ou debaixo do tractor que estea a traballar, para evitar esvarar cara a el ou que caian pedras ou outros materiais desde a rúa que abre o tractor. Recoméndase adquirir sinais de obra que advirtan da presenza de persoal traballando e cintas delimitadoras (de bandas moradas e negras).

Estamos apilando residuos forestais en Pena Corneira, como actuaremos? Sinale a resposta correcta: Manter unha distancia con respecto a outros operarios. Dar tempo a que se retiren antes de aproximarse cargados ao lugar de apilado. Cando non se empreguen as galletas deixalas nun sitio visible apoidas contra unha árbore, pila de residuos, etc. cos ganchos cara abaixo. Empregar botas de seguridade antideslizantes, luvas, gafas de protección ou pantalla facial e casco. Ó transportar as ramas manteránse preto do corpo e a carga levarase equilibrada e mantendo o lombo recto e vendo onde se pisa cando se vai cargado. Todas son correctas.

Estamos no Parque Natural do Monte Aloia, facendo una poda desde o chan a unha árbore na capela de San Xiao, teremos que cumprir unhas medidas preventivas para a poda, cal é a resposta correcta?. Sempre que nos sexa posible situarémonos xunto a árbore a podar, de forma que o tronco nos protexa de posibles cortes. Gardar a distancia de seguridade respecto doutros compañeiros e traballar mínimo tres operarios en cada árbore. Coller a tesoira cunha man. Se se emprega un serrón, ao iniciar o corte suxeitalo con ambas mans e dar movementos rápidos e con moita presión ata profundar o corte, evitando que nos salte a ferramenta.

Hoxe pola tarde teremos que facer una poda en altura a unha árbore no Parque Natural das Fragas do Eume que pode provocar danos no centro de información, preto da estrada cara o mosteiro de Caaveiro, teremos que cumprir unhas medidas para a poda preventivas para levar a cabo a tarefa urxente. Cal é a resposta correcta?. Pódese traballar en días con mala visibilidade ou mal tempo ou cando a árbore estea cuberta de xeo, chova ou neve, sempre que levemos chaleco. Estudar previamente os puntos de corte nas ramas que estean en situación inestable e podalas. Disporase de arneses anticaída e sistemas de enganche homologados para o traballo en árbores altas, cando o risco de caída sexa superior a 10 m. Como mínimo traballarán catro persoas, dúas subidas á árbore, expertas que sexan competentes para facer o traballo e en boa forma física e as outras abaixo, encargadas da corda de seguridade e que sexan coñecedoras das técnicas de salvamento. Entre ambas haberá contacto visual e verbal.

Na corta de eucaliptos na Illa de Ons, teremos que cumprir unhas medidas preventivas para levar a cabo unha corta na contorna da Praia de Melide, cal é a resposta correcta ?. No apeo ter claro a ruta de escape en caso de emerxencia, que serán dúas en diagonal, respecto do eixe de caída, pero nunca cruzando dito eixo, e eliminar os obstáculos que se encontren nelas. Empregar xiratroncos para as árbores enganchadas, facendo panca dende o lado oposto cara a aquel onde queiramos que o tronco xire. Se unha árbore ten as ramas secas, prestar maior atención a o seu posible desprendemento polas vibracións. Todas son correctas.

Entendemos como signos de vida: Pulso e respiración. Respiración e tose. Pulso e temperatura. Ningunha é correcta.

Se nos atopamos a unha persoa no chan, inconsciente, que respira e ten pulso, como actuaremos?. Incorporarémola e chamaremos ao servizo de emerxencias. Chamaremos ao servizo de emerxencias e comenzaremos con RCP. Porémola en posición lateral de seguridade e chamaremos ao servizo de urxencias. Chamaremos ao servizo de urxencias.

Cal é a técnica máis eficaz para tomar o pulso carotídeo?. Achegar os dedos índice e polgar á noz de Adán e deixar caer no oco que hai na larinxe. Achegar os dedos índice e corazón e situalos na noz de Adán. Deixaremos caer ambos dedos sobre el oco que existe entre a larinxe e o músculo esternocleidomastoideo. Co dedo polgar tomarémolo na noz de Adán. Co dedo índice e medio tomarémolo na noz de Adán.

Nun caso de atragoamento o primeiro paso a seguir será: Abriremos a boca para extraer o corpo estraño. Animaremos a seguir tusindo. Realizaremos RCP. Ningunha é correcta.

Na manobra de reanimación cardiopulmonar (RCP), a relación entre a masaxe cardíaca e as insuflacións de aire será respectivamente: 1-1. 30-2. 2-30. 30-30.

Durante a reanimación cardiopulmonar, o tempo máximo que poderemos interromper as compresións para realizar as insuflacións é, de acordo coa guía 2021 do European Resuscitation Council, de: 2 s. 5 s. 10 s. 20 s.

O plan anual de aproveitamento cinexético é a norma que rexerá toda a actividade cinexética. Indique a resposta correcta: Durante unha tempada concreta suxeitándose as directrices fixadas polo correspondente plan de ordenación cinexética e tendo en conta as capturas dos anos anteriores. Durante unha tempada concreta suxeitándose as directrices fixadas polo correspondente plan de ordenación cinexética sen ter en conta as capturas dos anos anteriores. En calquera prazo, suxeitándose ás directrices fixadas polo correspondente plan de ordenación cinexética sen ter en conta as capturas dos anos anteriores. En calquera prazo, suxeitándose ás directrices fixadas polo correspondente plan de ordenación cinexética e tendo en conta as capturas dos anos anteriores.

Denunciar Test