Cuestionario sobre Lei de Saúde de Galicia e Estatuto do Persoal SanitarioAI✦
|
|
Título del Test:
![]() Cuestionario sobre Lei de Saúde de Galicia e Estatuto do Persoal Sanitario Descripción: opos sergas |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
1. Indique cal é a resposta correcta. A Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, no artigo 92, establece que o Servizo Galego de Saúde está adscrito a: Ao Parlamento. Ao Consello Asesor de Pacientes da Xunta de Galicia. Á Consellería de Sanidade. Á Secretaria Xeral Técnica en materia de Sanidade. 2. Na Constitución española de 1978, no Título I: dos dereitos e deberes fundamentais, no capítulo III establécense os principios reitores da política social e económica. Indica cal dos seguintes enunciados non é un destes principios: O dereito á protección da saúde. O dereito á propiedade privada e á herdanza. O dereito a desfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo. O dereito dos españois a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada. 3. Indica cal é a resposta correcta. A Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, no artigo 31, establece que a dirección do sistema público de saúde de Galicia lle corresponde: Á Xerencia do Sergas. Á Consellería competente en materia de Sanidade. Á Secretaria Xeral Técnica competente en materia de Sanidade. Á Dirección Xeral de Saúde Pública. 4. A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde establece os dereitos dos mesmos. Indica cal dos seguintes é un dereito individual indicado no artigo 17. Á acción social nos termos e ámbitos subxectivos que se determinen nas normas, acordos ou convenios aplicables. Á folga, garantíndose en todo caso o mantemento dos servizos que resulten esenciais para a atención sanitaria da poboación. Á libre sindicación. A dispoñer de servizos de prevención e de órganos representativos en materia de seguridade laboral. 5. Indica cal é a resposta correcta. Na Lei 14/1986, de 25 de abril, Xeral de Sanidade, establecese no artigo 63, que o desenvolvemento de forma integrada e mediante o traballo en equipo de todas as actividades encamiñadas á promoción, prevención, curación e rehabilitación da saúde, tanto individual como colectiva, dos habitantes da zona básica realizarase: Nos centros de saúde. Nos complexos hospitalarios. Nos hospitais públicos e/ou privados. En calquera centro sanitario dependente da Área Sanitaria. 6. Indica cal das seguintes afirmacións é correcta: O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na disposición adicional novena establece que o persoal estatutario que consolide un determinado grao persoal terá dereito a percibir as contías correspondentes a un posto de traballo de idéntico nivel ao do grado consolidado no referente ao: Complemento de destino. Complemento de produtividade variable. Complemento de carreira profesional. Complemento específico. 7. Segundo a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, o artigo 7 establece que o tratamento de datos persoais dun menor de idade unicamente poderá fundamentarse no seu consentimento, agás nos casos nos que a lei exixa a asistencia dos titulares da patria potestade ou tutela para a celebración do acto ou negocio xurídico, cando sexa maior de: 14 anos. 15 anos. 16 anos. 17 anos. 8. A Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece que as retribucións destinadas a retribuír a función desempeñada, a categoría e a dedicación son unha retribución: Básica. Complementaria. De atención continuada. Persoal. 9. Indica cal das seguintes afirmacións é correcta: O artigo 45 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece o modo de provisión para a cobertura do posto de supervisor de área: Será provisto por un sistema de avaliación colexiada. Será provisto por un sistema de concurso de méritos. Será provisto por un sistema de libre designación. Será provisto por un concurso de traslados. 10. Indique a resposta correcta. Na Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia, o artigo 9 establece que os poderes da Comunidade Autónoma exércense a través de: Dos grupos parlamentarios. Do Consello Consultivo do Parlamento. Por Orde do/a Presidente/a da Xunta. Do Parlamento, da Xunta e do/da seu/sua Presidente/a. 11. Na Lei 14/1986, de 25 de abril, Xeral de Sanidade o artigo 56 establece as estruturas fundamentais do sistema sanitario, responsabilizadas da xestión unitaria dos centros e establecementos do Servizo de Saúde da Comunidade Autónoma na súa demarcación territorial e das prestacións sanitarias e programas sanitarios a desenvolver por estes. Estas estruturas son: Os complexos hospitalarios. Os servizos de saúde. Os distritos sanitarios. As áreas de saúde. 12. Indica a resposta correcta. Na Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia, o artigo 15 establece que a dirección e a coordinación da Xunta lle corresponde: Ao Parlamento. Ao Presidente/a da Xunta. Aos grupos parlamentarios. Aos Conselleiros/as. |





