option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Descripción:
OPOSICION

Fecha de Creación: 2022/02/26

Categoría: Otros

Número Preguntas: 10

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1. En que ano se crearon os Departamentos de Orientación? (Pensa no ano do Decreto 120 e Orde do 24 de xullo). En 1998. En 1990. En 2006. En 2013.

2. Creanse os Departamentos de Orientación: Nos IES e nos CPI. Nos CEIP e CEP de doce ou máis unidades e nos centros específicos de educación de adultos. Poderán crearse departamentos de orientación nos colexios de educación infantil e primaria e nos colexios de educación primaria de menos de doce unidades, cando as circunstancias de dispersión da poboación así o aconsellen. Todos os centros deberán ter Departamento de Orientación propio.

3. Que membros compoñen os DO nos centros de EI e EP?. O xefe do departamento de orientación. O profesor ou profesora de PT e de AL, que exercen a función de apoio á atención do ACNEAE. Os coordinadores de ciclo e, se é o caso, un mestre de educación infantil, designado pola dirección, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica. O mestre responsable ou o director dos colexios incompletos da zona de escolarización que se determinen. O director do centro. O xefe de estudos.

4. Son competencias do DO: Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos PE e CC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas. Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relación interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado. Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico e de orientación de profesores e alumnos, en relación co proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. Coordina-la actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación, adaptación curricular e actividades de recuperación, reforzo e ampliación.

5. Documentos que elaborará e/ou cubrirá o DO na súa integridade: PXAD: Plan Xeral de Atención á Diversidade. POAP: Plan de Orientación Académica e Profesional. PAT: Plan de Acción Titorial. DRD ADI. DRD Orienta. Plan de Convivencia. Plan de Igualdade.

6. Sinala os enunciados correctos: O plan de actuación incorpórase á PXA e enviarase antes do 15 de outubro a Inspección. A memoria do DO incluirase á Memoria Anual e enviarase antes do 10 de xullo a Inspección. O plan de actuación incorpórase á Memoria Anual e enviarase antes do 10 de xullo a Inspección. O mestre responsable da orientación nos centros nos que non exista departamento de orientación recollerá nun informe anual a avaliación do desenvolvemento do plan de orientación e as modificacións adoptadas, se é o caso, que se incorporará no anexo da memoria final do instituto de educación secundaria ou centro público integrado ó que estean adscritos.

7. A Circular 18/2007, establece que: Os centros con 5 ou menos unidades non terán orientador, estarán adscritos a outro centro base. Os centros que posúan entre 6 e 11 unidades disporán dun DO compartido. Os centros con 12 ou máis unidades terán DO propio. Os centros educativos galegos terán todos DO propio.

8. Que significan as siglas ROEGAL?. Rede de Orientación Educativa de Galicia. Rede de Orientación Empresarial Galega. Real Orientación Educativa Galega. Roedores de Galicia.

9. En que normativa se establecen as bases de actuación en DO compartidos?. Circular 10/2010... Circular 18/2007... Decreto 120/98... Ordedo 24 de xullo de 1998...

10. Segundo a Circular 10/2010, as actuacións prioritarias dos servizos de orientación estarán relacionadas: Coa inclusión e a diversidade. Coa acción titorial. Coa convivencia e coa educación en valores. Co plan de orientación, co plan anual e coa memoria de cada curso. Cos procesos de avaliación e calidade. Co drdorienta. Coas competencias clave.

Denunciar Test