DIDÁCTICA 1AI✦
|
|
Título del Test:
![]() DIDÁCTICA 1 Descripción: Preguntas do exame dos últimos anos |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Os órganos colexiados de goberno dun centro educativo son: Claustro e Consello Escolar. Claustro, Consello Escolar e Equipo Directivo. Equipo directivo e Consello Escolar. Os órganos de goberno dun instituto de Educación Secundaria son: Unipersoais e Equipo Directivo. Unipersoais e colexiados. Claustro e Consello Escolar. O Claustro está formado por: Todo o profesorado do centro. Todo o profesorado do centro menos o orientador. Todo o profesorado do centro menos o Equipo Directivo. A Programación Xeral Anual (PXA): É realizada polo Claustro (coas propostas do consello escolar) e aprobada polo Consello Escolar. É realizada polo Equipo directivo (coas propostas do claustro e do consello escolar) e aprobada polo Claustro. É realizada polo Equipo directivo (coas propostas do claustro e do consello escolar) e aprobada polo Consello Escolar. Quen elabora e quen aproba o Proxecto Educativo (PE) do centro?. Elabórao o equipo directivo e apróbao o Consello Escolar. Elabórao e apróbao o director/a en solitario. Elabórao o Claustro e apróbao o director/a. Se dicimos que un centro conta con 12 unidades, estamos facendo referencia a: Que ese centro conta con 12 grupos de alumnos/as dentro da mesma etapa. Que ese centro conta con 12 grupos de alumnos/as. Que ese centro conta con 6 grupos de alumnos/as e dúas liñas. Cando falamos de ensinanza básica estamos facendo mención ás seguintes etapas: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Educación Secundaria Obrigatoria. Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. A escolaridade obrigatoria comprende de forma ordinaria as seguintes idades: De 0 a 16 anos. De 6 a 16 anos. De 3 a 16 anos. A Educación Secundaria Obrigatoria comprende: De 12 a 16 anos. De 6 a 16 anos. De 10 a 16 anos. O Bacharelato comprende normalmente: De 14 a 16 anos. De 16 a 18 anos. De 14 a 18 anos. A ESO e o Bacharelato estrúcturanse así: A ESO ten 4 cursos e o Bacharelato outros 4. A ESO ten 4 cursos e o Bacharelato 2. A ESO ten 2 cursos e o Bacharelato 4. As ensinanzas de réxime especial son: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas de idiomas e ensinanzas deportivas. Formación Profesional de grao medio. En que tipo de centro hai Educación Infantil, Primaria e Secundaria?. IES. CEIP. CPI (Centro Público Integrado). A partir de que idade se pode acceder á FP Básica (antigos PCPI)?. Desde os 12 anos. Só con 18 anos cumpridos. Desde os 15 anos, tras 2º ou 3º de ESO. Que lei orgánica rexe actualmente o sistema educativo español?. A LOMCE (2013). A LOGSE (1990). A LOMLOE (2020), que modifica a LOE e derroga a LOMCE. A elección do director/a nos centros educativos sostidos con fondos públicos foi modificada pola LOMLOE (2020) establecendo que: Existe unha comisión de selección na que ten preponderancia en número a Administración educativa. O Consello Escolar elixe ao director/a directamente. Existe unha comisión de selección na que ten preponderancia en número os membros procedentes do Claustro e do Consello Escolar. A orientación da LOMLOE (2020) á hora de establecer o proceso para elixir á dirección dos centros de ensinanzas non universitarias... Está pensada para reverter parcialmente o incremento do poder da Administración Educativa neste proceso que lle daba a LOMCE (2013). Ten como finalidade dotar de máis representantes do alumnado ás comisións de selección dos directores/as dos centros. Mantén as proporcións de representantes nas comisións de selección que establecía a LOMCE (2013) e polo tanto, non se fan cambios. En función dos factores que determinan o nivel de formalización da acción educativa (Sarramona, 2000), o programa socioeducativo dunha ludoteca (ou unha empresa de actividades extraescolares) é unha acción educativa propia da: Educación formal. Educación informal. Educación non formal. Que factores determinan o nivel de formalización da acción educativa (Sarramona, 2000)?. Intencionalidade educativa, sistematismo, titulación e provedor educativo. Idade do alumnado, duración da actividade e materiais empregados. Número de alumnos/as, ratio e espazo dispoñible. A concreción curricular do centro responde, entre outras, a estas preguntas: Que queremos conseguir? Que e cando ensinar? Como ensinar? Que, como e cando avaliar? Atención á diversidade. Que normativa aplica? Quen inspecciona? Que libros de texto se usan?. Quen ensina? Onde se ensina? Canto custa? Quen avalía?. Cando aludimos á dimensión procesual da escola, afirmamos que non existe unha única e mellor forma de desenvolver os procesos nos centros educativos. Isto implica que: Existen dificultades para establecer os procedementos ou estratexias máis convenientes. Tradicionalmente nos centros soe funcionarse sobre a base da experiencia e das características específicas do contexto. As dúas respostas anteriores son correctas. Cando falamos da dimensión estrutural da escola aludimos, segundo González (2003), aos seguintes elementos: Estrutura do centro e normativa legal que o regula. Normativa legal que regula o centro, estrutura física e infraestrutura do mesmo e mecanismos formais de coordinación e relación. Estrutura física e infraestrutura, normativa legal e o clima relacional. Dentro das dimensións de análise que establece González (2003) para os centros escolares, as condicións formais para o desenvolvemento da ensinanza nas aulas como, por exemplo, a ratio profesor/a-alumnado, forma parte: Da dimensión relacional. Da dimensión procesual. Da dimensión estrutural. Por que o edificio escolar encadrado dentro do que se coñece como 'institución total' se inclúe no modelo denominado 'escola control'?. Porque os longos corredores con aulas e os teitos altos facilitan a constatación por parte do profesorado do cumprimento das normas de convivencia por parte de toda a comunidade educativa. Porque a finalidade do edificio e, polo tanto, a súa arquitectura e distribución do espazo (longos corredores con aulas e teitos altos), está orientada a facilitar o control do profesorado sobre o alumnado. Ningunha das dúas respostas anteriores é correcta. Cando afirmamos que o centro educativo é unha institución social estamos querendo dicir: Que o seu funcionamento debe responder ás necesidades da contorna, favorecer o desenvolvemento comunitario e a equidade e xustiza social, así como xogar un papel preponderante na formación da cidadanía. Que a escola é un centro onde se desenvolven accións pedagóxicas, propias das ciencias sociais. Que é preciso facer que outras organizacións da contorna participen da escola, independentemente de se o alumnado o demanda ou non. Cando afirmamos que a escola é unha organización feblemente artellada, que queremos dicir?. Que a escola é un sistema no que os elementos interactúan e son interdependentes, mais esa interdependencia é feble, mantendo cada persoa ou unidade organizativa certa autonomía e entidade propia. Que a escola é un sistema que se xestiona a través da experiencia previa, polo que o seu artellamento é pouco rigoroso. Que a escola é unha organización complexa cunha tarefa saturada de compoñentes valorativos e éticos que non poden ser realizada de modo mecánico. As escolas son sistemas nos que cada persoa mantén certa autonomía e entidade propias, o que significa que: A escola é unha realidade construída. A escola é unha organización debilmente artellada. Ámbalas dúas son correctas. A escola é unha organización complexa cunha tarefa saturada de compoñentes valorativos e éticos que non pode ser realizada de modo mecánico, o que implica que: A escola é unha realidade construída. A escola é unha organización debilmente artellada. Ámbalas dúas son correctas. A escola como realidade construída (González González, 2003) implica que: Esta como construción social xurde das interaccións e interpretacións das persoas que a compoñen, é dicir, as escolas son as persoas no interior dela, sendo preciso enfatizar o compoñente humano. A escola se pode entender como unha organización construída polo burocrático e administrativo (normativa e burocracia determinan como son as escolas). Existe unha estrutura formal correctamente definida (actores, roles, funcións, etc.) que garante un bo funcionamento escolar. Que é a micropolítica nas organizacións escolares?. O conxunto de normas escritas que regulan o funcionamento do centro. Calquera acción consciente ou inconsciente, motivada ou implícita, que pode ter significación política nunha situación dada. A xestión económica do centro por parte do Consello Escolar. Cando dentro dun IES un grupo de profesores/as decide apostar pola codocencia como seña de identidade reflectida no Proxecto Educativo, mentres que outros prefiren avogar pola redución da ratio dende unha lóxica de 1 profesor/a por grupo, que está sucedendo no centro?. Estase utilizando por parte de individuos ou grupos o poder formal e informal para lograr as súas metas na organización e polo tanto, é unha cuestión que se dirime no ámbito da micropolítica. Están coexistindo na mesma organización distintas subculturas profesionais docentes. A falta de autonomía dos centros respecto da Administración está limitando a contextualización ou adaptación das accións educativas á contorna e realidades específicas do alumnado. O significado funcional da distribución espacial e arquitectónica da aula tradicional é: Establecer un rol do alumnado pasivo, como figura dependente do mandato docente. Manter a orde como valor determinante da convivencia socio-escolar e así facilitar a vixilancia e o control do alumnado. Promover que sexa o educador/a a única referencia omnipresente para o alumnado. A organización do material por especializacións/usos e a distribución do espazo educativo en áreas polivalentes que ofrecen distintas opcións pedagóxicas responde ao modelo arquitectónico de: Institución total. Edificios alternativos. Disposición da aula tradicional. Cal das seguintes metodoloxías se ve favorecida co modelo de escola-control?. Traballo en grupo. Aprendizaxe baseado en proxectos. Instrución directa. Cando Martínez Rodríguez (2013) alude a que as escolas se afastaron das comunidades nas que están insertas e se dedicaron á divulgación de coñecementos 'fragmentados e atomizados' está sinalando que: O sistema educativo se esqueceu de incentivar o cultivo doutro tipo de dimensións do ser humano como a emocional, afectiva, social ou a ecolóxica. A institución escolar da resposta ás necesidades socioeducativas da contorna na que se ubica ofrecendo un servizo de interese social e comunitario. O contido que se imparte na escola ten escasa vinculación co que sucede fóra desta, de aí que se aluda a que se trata de coñecementos fragmentados, moi abstractos e con pouco vínculo coa vida cotiá do alumnado. Dentro dos elementos que, no marco da dimensión cultural da escola (González, 2003), favorecen o individualismo docente segundo Hargreaves e Fullan (2014) podemos atopar: A asociación da axuda coa avaliación e da valoración coa supervisión que pode facer o profesorado. A arquitectura dos centros e as relacións de poder ou micropolítica. O clima relacional do centro. O profesionalismo docente segundo Hargreaves e Fullan (2014) vese incrementado: Polo manexo da incerteza que faga o profesorado. Pola experiencia do profesorado e as características do contexto. Pola capacidade do profesorado para estandarizar os procesos de Ensino-Aprendizaxe. A colexialidade artificiosa (Hargreaves & Fullan, 2014): Pode ser unha forma útil de impulsar a colaboración, aínda que está baseada en procedementos burocráticos formais para acreditar que existe unha planificación conxunta. Quédase sempre nunha compracencia colectiva que non rompe a rutinización do funcionamento dos centros. É un espazo onde os/as docentes poden investigar xuntos o modo de mellorar a súa práctica e posteriormente implementar o aprendido nas aulas. Cales das seguintes voces son voces ausentes na cultura escolar segundo Torres Santomé (2008)?. Relixión católica. Clase traballadora e pobreza. Primeiro mundo occidental. Que tres ámbitos ou dimensións pode ter o currículo?. Explícito, oculto e nulo. Pechado, básico e aberto. Campo de estudo (reflexivo), plan de acción (estratéxico) e praxe (operativo). Os fundamentos do currículo son: Aquiloas bases filosóficas e sociolóxicas que sustentan os contidos que forman parte do mesmo. As fontes sociolóxicas, epistemolóxicas, psicolóxicas e pedagóxicas que proporcionan bases e razóns para discriminar os obxectivos, contidos, os procesos metodolóxicos e avaliativos en cada unha das etapas. Os motivos que esgrimen os lexisladores/as para introducir cambios nos procesos didácticos propios do sistema educativo. A análise da realidade e a práctica educativa é o apoio fundamental das formulacións que compoñen os fundamentos: Psicopedagóxicos. Pedagóxicos. Sociolóxicos e ideolóxicos. A pregunta de que contidos son imprescindibles a nivel do ensino básico, pode responderse aludindo aos fundamentos: Psicolóxicos. Sociolóxico-ideolóxicos. Epistemolóxicos e sociolóxico-ideolóxicos. Cando Gimeno Sacristán (1988) alude á expresión e concreción do plan cultural que unha institución escolar fai realidade, está definindo 'Cal é o ideal de ser humano na nosa sociedade? Que modelo de persoa (cidadán) se busca coa educación formal?'. Estas son preguntas que é preciso responder cando atendemos: Aos fundamentos psicolóxicos. Aos fundamentos sociolóxico-ideolóxicos e filosóficos do currículo. Ás funcións da escola. Desde o punto de vista dos fundamentos epistemolóxicos do currículo, o coñecemento considerado diferente tanto do saber vulgar ou cotián que o alumno/a aporta desde a súa experiencia persoal, como do coñecemento puramente científico, que é referente do quefacer educativo, é o: Coñecemento epistemolóxico. Coñecemento curricular. Coñecemento escolar. As ideas-eixo arredor das que converxen as necesidades fisiolóxicas, psicolóxicas e sociais da persoa: Son os referentes para deseñar proxectos de aprendizaxe tal como propuxo John Dewey. Son os referentes para establecer os centros de interese que promoveu Ovide Decroly. Son os referentes para deseñar unha unidade didáctica, tal como propuxo María Montessori. Como se clasifica o currículo segundo o seu nivel legal (grao de prescrición)?. Explícito, oculto e nulo. Cognitivo, afectivo e psicomotor. Pechado, básico e aberto. En termos de desprofesionalización docente, o currículo que máis favorece a desprofesionalización é: O currículo aberto. O currículo básico. O currículo pechado. Cando se sinala que sen o experto/a que deseña (sen poder intervir máis no deseño) é complexo para o profesorado desenvolver procesos de innovación e mellora na aula, estámonos ubicando nun currículo: Aberto. Pechado. Básico. |




