option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Didáctica 2
AI✦

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Didáctica 2

Descripción:
Segunda parte das preguntas de exame

Fecha de Creación: 2026/10/31

Categoría: Otros

Número Preguntas: 49

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

Como se clasifica ou currículo segundo a súa visibilidade?. Explícito e oculto (e nulo). Formal e non formal. Pechado e aberto.

Que caracteriza ao currículo oculto?. Ponse de manifesto nas programacións de aula porque o profesorado traslada nelas as súas crenzas e valores. Non se pon de manifesto en ningún documento, é omnipresente, implica múltiples formas de influencia, é reiterativo e non se avalía. É intencional, establece obxectivos e tarefas a realizar de forma clara e planificada e responde aos distintos niveis de concreción curricular.

Cando prestamos especial atención ás prácticas cotiás docentes e as relacionamos cos discursos (maneira de relacionarnos co alumnado; comportamentos susceptibles de ser imitados ou de influír no alumnado), a que estamos falando?. Currículo vivido ou experiencial. Currículo oculto. Currículo explícito.

Cando afirmamos que o profesorado é un axente curricular activo, a que aludimos?. Que o profesor/a é un técnico capaz de mellorar as propostas legais acerca do currículo. Que o profesor/a participa do deseño do currículo prescritivo, reinterprétao no seu contexto, toma decisións e introduce cambios no mesmo acordes á súa realidade. Que o profesor/a participa do redeseño do currículo no seu contexto exclusivamente e é quen de introducir certos cambios.

O profesorado é o encargado de adaptar o currículo á realidade do seu grupo-aula, polo que podemos afirmar que desenvolve o: Terceiro nivel de concreción curricular. Segundo nivel de concreción curricular. Segundo ou terceiro nivel, en función de se o realizan os Departamentos ou o profesorado de aula.

O Decreto 156/2022 polo que se establece o currículo da ESO e do Bacharelato en Galicia correspóndese co: Primeiro nivel de concreción curricular. Segundo nivel de concreción curricular. Terceiro nivel de concreción curricular.

Cal dos seguintes documentos se sitúa no 2º nivel de concreción curricular: A programación didáctica de aula. A adaptación curricular individualizada. O proxecto educativo do IES.

As editoriais que elaboran os libros de texto: Poden ubicarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 2º e 3º nivel de concreción curricular. Poden ubicarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 1º e 2º nivel de concreción curricular. Interprétanse como currículo editado e sitúanse entre o 3º e o 4º nivel de concreción curricular.

Segundo Manganiello (1970, p. 211 cit. en Ferrández & Sarramona, 1978), podemos definir a didáctica como: A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora non sistemática. A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora sistemática. O conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas.

Cando nos referimos á etimoloxía latina da palabra 'educar' como 'Educo-as-are' (Criar, amamantar, alimentar), a que significado nos estamos referindo?. Transmitir pautas culturais e sociais (alumnado como tábula rasa). Preparar o escenario o menos invasivo posible para favorecer o desenvolvemento natural. Promover unha aprendizaxe experiencial.

O obxectivo da organización escolar como disciplina académica é: Promover unha xestión e organización dos centros educativos acordes aos principios xerais dos Dereitos Humanos. Organizar de forma eficiente os elementos formais e institucionais dos centros educativos, así como as actividades complementarias e extraescolares. Entender mellor a dinámica das escolas, así como o seu proxecto educativo e a cultura do centro que orienta e define a educación que nel se desenvolve.

Se desenvolvemos un proceso de toma de decisións que nos permita deseñar ambientes e experiencias de ensino-aprendizaxe antes de que ocorran, en que nos estamos ubicando?. Currículo editado porque avaliamos o currículo. Currículo como plan de acción ou dimensión estratéxica porque estamos realizando unha programación didáctica. Currículo como campo de estudo ou dimensión reflexiva porque estamos modificando o currículo a través da práctica.

Cales son os elementos considerados básicos do currículo, independentemente do establecido na normativa legal?. Obxectivos, contidos, competencias, actividades e avaliación. Obxectivos, competencias, tarefas ou actividades e avaliación. Obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación.

Que é o perfil de saída que establece a LOMLOE e que se recolle no Decreto 156/2022 que regula o currículo da ESO en Galicia?. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica. O perfil de saída é o título básico que o alumnado debe obter para incorporarse ao mercado laboral ou acceder a outros estudos dentro do sistema educativo. O perfil de saída constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado no alumnado da FP básica (ou dos programas de diversificación curricular).

A combinación de coñecementos, capacidades ou destrezas e actitudes adecuadas ao contexto correspóndese co concepto de: Perfil competencial. Competencia. Contido.

Para unha integración efectiva das competencias no currículo é preciso: Deseñar actividades de aprendizaxe integradas e globais que dean resposta ás competencias clave. Achegar a escola a situacións, cuestións e problemas reais da vida cotiá. Introducir a competencia en comunicación lingüística e a competencia dixital como transversais en tódalas materias do currículo.

Cando no Decreto 156/2022 se sinala que se debe 'afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico', a que se está facendo mención?. Contidos transversais ao currículo. Contidos específicos das materias vinculadas. Contidos actitudinais orientados ás competencias do século XXI.

A educación para a saúde aparece recollida na LOMLOE (2020) como un contido: Específico de Bioloxía e Xeoloxía. Transversal. Lineal.

Os obxectivos como elemento do currículo responden na programación didáctica á pregunta de: Que ensinar?. Como e cando ensinar?. Para que ensinar?.

Como se denominan os obxectivos relacionados coas unidades didácticas?. Terminais de etapa. Xerais. Específicos.

'Comprender e expresarse con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, mensaxes e textos complexos, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura' é un obxectivo de Lingua e Literatura Galega que, pola súa formulación, podemos caracterizar como: Obxectivo didáctico. Obxectivo xeral. Obxectivo específico.

Se sinalamos dentro do contexto dunha programación didáctica: 'Metodoloxía científica: características básicas'. Segundo a súa formulación, a que elemento do currículo estamos facendo referencia?. A un obxectivo. A un contido específico e conceptual. A un contido específico e procedimental.

O modo de desenvolver a práctica docente que pon de manifesto as intencións educativas do profesorado e as súas premisas didácticas, así como a súa concepción da educación é a: Metodoloxía. Avaliación. Competencia.

O modelo de escola reprodutora e homoxeneizadora, responde a un modelo de sociedade: Meritocrática. Equitativa. Eficiente.

Cal é a teoría que entende que a función homoxeneizadora da escola non suprime as diferencias sociais de partida, senón que as confirma e ata as transforma en diferencias individuais?. Metateoría curricular. Teoría da comunicación educativa (Heinemann & Gancho, 1980). Teoría da reprodución social (Bourdieu & Passeron, 1977).

Dende a socioloxía da educación, a teoría da reprodución social (Bourdieu & Passeron, 1970) confronta coa corrente estrutural-funcionalista (Durkheim, Parsons) cando sinala que: A escola debe garantir a igualdade de oportunidades mediante a neutralidade e obxectividade na selección cultural que conforma o currículo escolar, evitando así a violencia simbólica como situación de desvantaxe social. A pretendida función seleccionadora da escola non é xusta nin responde exclusivamente a criterios meritocráticos, pois o esforzo e capacidades individuais están influídos polo capital económico, social e cultural do entorno de orixe do alumnado. A escola no ten en conta o capital social, cultural e económico do entorno de orixe do alumnado, polo que non pode desenvolver unha función de distribución das posicións sociais nin de preparación para o traballo.

O grao de familiaridade e proximidade previa do alumnado cos contidos académicos e a realidade escolar que se da seu entorno de orixe forma parte do que Bourdieu & Passeron (1970) denominaron: Capital social. Capital económico. Capital cultural.

'O fracaso é do individuo, a escola é igual para todos/as' é unha idea chave que serve para avogar por un modelo de escola: Reprodutora/conservadora. Reconstrutora/transformadora. Renovadora.

Elaborar no marco do IES un 'mapa-web que resucita a las mujeres compositoras de todos los tiempos' poderiamos denominalo como un proxecto que se ubica nas: Teorías da reprodución (Bourdieu, 1977) do currículo. Teorías da resistencia ao currículo (Giroux, 1992; Apple, 1996). Teorías do currículo oculto.

Dende a lóxica construtivista e da aprendizaxe significativa: Os contidos débense adecuar ao nivel do aprendiz: un mesmo contido pode presentarse dende enfoques diferentes segundo o nivel de coñecemento do alumnado con respecto a esa área. Ten que ser posible relacionar os contidos novos cos coñecementos previos do alumnado, partindo do próximo e coñecido para avanzar cara os novos coñecementos que deberán adquirir. As dúas respostas anteriores son correctas.

Unha característica esencial das tarefas deseñadas para aprender ten que ver con que: A súa dificultade debe ser a suficiente como para representar un reto pero non tan alta como para supoñer un obstáculo. É mellor seleccionar contidos esenciais e deixar fóra os complementarios. É imprescindible desenvolvelas de forma conxunta con outros profesores/as.

A hora de deseñar actividades ou tarefas dentro das situacións de aprendizaxe (LOMLOE, 2020), estas deben ser significativas e de complexidade crecente, o que implica que é preciso empregar como referente: O Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). A taxonomía de Bloom. Un proceso de coavaliación.

Se clasificamos as actividades en función da súa finalidade e o momento no que se levan a cabo, as actividades de desenvolvemento: Serven para reforzar, insistir ou practicar aquilo que o alumnado debe aprender. Permiten continuar construíndo novos coñecementos a aqueles alumnos/as que realizaron de maneira satisfactoria todas as actividades previas. Afondan e desenvolven os conceptos, procedementos e actitudes que debe aprender o alumnado ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Os métodos e principios didácticos xerais dunha programación didáctica establécense: Nos apartados de metodoloxía e actividades. Nos apartados de actividades e tarefas. No apartado de Metodoloxía.

Que elementos esenciais é preciso abordar para deseñar a metodoloxía dunha programación didáctica?. Os principios didácticos xerais, o tipo de actividades a empregar e a organización das mesmas no tempo, a organización dos grupos de traballo na aula e o uso e organización que se vai facer do espazo e dos medios e recursos didácticos. A descrición polo miúdo de cada tarefa a empregar para que non queden cabos soltos no momento de desenvolvela. Os principios didácticos xerais, os obxectivos da programación didáctica, a organización dos grupos de traballo na aula e o uso e organización que se vai facer do espazo e dos medios e recursos didácticos.

Que preguntas debe responder o apartado de metodoloxía dunha programación?. Que queremos conseguir?. Como e cando ensinar?. Que, como e cando avaliar?.

O método de traballo que responde á necesidade de organizar os contidos na escola desde unha perspectiva integradora, ordenando unhas condicións de aprendizaxe que permitan garantir a comunicación e o intercambio nun proceso de aprendizaxe autónomo e compartido, denomínase: Aprendizaxe Cooperativa. Contrato de aprendizaxe. Aprendizaxe baseado en proxectos (ABP).

Cales das seguintes estratexias podería ter en conta o profesorado ao aplicar o método expositivo ou de instrución directa?. Resumo e repetición da información. Uso de preguntas en momentos concretos. Ámbalas dúas respostas anteriores son correctas.

Resumir o contido, repetilo, focalizar en aspectos clave, clarificar ou usar preguntas en momentos concretos, son estratexias que se poden asociar ao método: Ensinanza directa ou explícita. Ensinanza recíproca ou dialóxica. Aprendizaxe por indagación.

Para desenvolver a metodoloxía nunha proposta didáctica, podemos tomar en consideración que... A investigación sobre metodoloxías didácticas non puido probar que determinadas metodoloxías son máis proclives a favorecer un mellor rendemento académico. Existen algunhas metodoloxías que semellan ser, en xeral, máis eficaces en termos de comprensión e retención das aprendizaxes (mellora do rendemento). En educación podemos aplicar as mesmas receitas (metodoloxías) a distintas realidades obtendo exactamente os mesmos resultados durante o proceso e na avaliación final.

A aprendizaxe de cuestións relacionais e experienciais que trascenden ao rendemento individual, poden desenvolverse en maior medida acudindo a: Propostas interdisciplinares. Propostas que desenvolvan unha metodoloxía activa. Propostas orientadas á lección maxistral.

Cando aplicamos unha avaliación formativa ou de proceso, o que pretendemos é: Coñecer se se conseguiron os obxectivos, que cambios se produciron e verificar a valía dunha programación didáctica. Mellorar ou optimizar a acción formativa durante o transcurso da mesma, en función das incidencias que van xurdindo. Analizar os resultados dun programa a medio e longo prazo.

A finalidade última da avaliación dende o punto de vista da súa conceptualización teórica é: Establecer ránkings de resultados que permitan comparar o rendemento do alumnado para determinar que centros son os máis idóneos e reforzalos. A mellora constante do proceso de ensino-aprendizaxe e das accións dos actores que participan del (alumnado, profesorado, centros educativos e comunidade educativa). A mellora constante do proceso de ensino-aprendizaxe centrándonos especificamente nos resultados do alumnado, que é o axente principal.

Se avaliamos ao noso alumnado de forma individualizada e tomando como referente a súa propia evolución, independentemente do seu curso ou do rendemento dos compañeiros/as, estamos realizando unha avaliación: Normotípica. Criterial. Ideográfica.

Segundo o Decreto 156/2022 polo que se establece o currículo da ESO na comunidade autónoma de Galicia, a avaliación tendo en conta os seus referentes é fundamentalmente: Individualizada. Criterial. Normativa.

Se pedimos ao noso alumnado que revise e valore os traballos de aula realizados polos seus propios compañeiros/as baixo unha serie de criterios establecidos previamente polo profesor/a, que estamos levando a cabo?. Coavaliación. Heteroavaliación. Autoavaliación.

Cando pasamos unha enquisa de satisfacción ao alumnado para coñecer o seu parecer sobre a materia impartida, estamos a falar dun procedemento de: Coavaliación. Autoavaliación. Heteroavaliación.

Unha das diferenzas entre aprendizaxe e rendemento académico ten que ver con que: O rendemento mide a capacidade de relacionar a información entrante coa experiencia e os coñecementos previos para xerar significados persoais, mentres que a aprendizaxe é un proceso de cambio nos coñecementos, habilidades ou actitudes dunha persoa. O rendemento é o resultado numérico obtido polo alumnado tras aplicar un ou varios instrumentos de avaliación, mentres que a aprendizaxe é aquilo que efectivamente medimos con eses instrumentos. Aprender é construír significados propios e transformarse con certa permanencia no tempo, mentres que o rendemento só é un reflexo da inferencia que podemos facer tras tentar medir un desempeño na actualidade, sen ter presente a evolución futura.

A avaliación de diagnóstico (avaliacións externas): Realízase ao final de 4º de ESO e ten efectos académicos para a titulación. Realízase en 4º de Primaria e 2º de ESO, ten carácter informativo, formativo e orientador e non ten efectos académicos. Serve para elaborar ránkings de centros e repartir recursos.

Denunciar Test