Didáctica, Currículo e Organización Escolar 2025/2026 1ª Oportunidade
|
|
Título del Test:
![]() Didáctica, Currículo e Organización Escolar 2025/2026 1ª Oportunidade Descripción: Examen UDC, versión A, grupo 1 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Dentro das dimensións de análise que establece González (2003) para os centros escolares, as condicións formais para o desenvolvemento da ensinanza nas aulas como por exemplo, a ratio profesor/a-alumnado, forma parte: Da dimensión relacional. Da dimensión procesual. Da dimensión estrutural. Segundo Manganiello (1970, p. 211 cit. en Ferrández & Sarramona, 1978), podemos definir a didáctica como: A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora non sistemática. A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora sistemática. O conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas. Cando dentro dun IES un grupo de profesores/as decide apostar pola codocencia como seña de identidade reflectida no Proxecto Educativo, mentres que outros prefiren avogar pola redución da ratio dende unha lóxica de 1 profesor/a por grupo, que está sucedendo no centro?. Estase utilizando por parte de individuos ou grupos o poder formal e informal para lograr as súas metas na organización e polo tanto, é unha cuestión que se dirime no ámbito da micropolítica. Están coexistindo na mesma organización distintas subculturas profesionais docentes. A falta de autonomía dos centros respecto da Administración está limitando a contextualización ou adaptación das accións educativas á contorna e realidades específicas do alumnado. Á hora de deseñar actividades ou tarefas dentro das situacións de aprendizaxe (LOMLOE, 2020), estas deben ser significativas e de complexidade crecente, o que implica que é preciso empregar como referente. O Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). A taxonomía de Bloom. Un proceso de coavaliación. Que é o perfil de saída que establece a LOMLOE e que se recolle no Decreto 156/2022 que regula o currículo da ESO en Galicia?. O perfil de saída é aquel que identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe desenvolver ao finalizar a educación básica. O perfil de saída é o título básico que o alumnado debe obter para incorporarse ao mercado laboral ou acceder a outros estudos dentro do sistema educativo. O perfil de saída constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado no alumnado dos programas de diversificación curricular. A orientación da LOMLOE (2020) á hora de establecer o proceso para elixir á dirección dos centros de ensinanzas non universitarias... Está pensada para reverter parcialmente o incremento do poder da Administración Educativa neste proceso que lle daba a LOMCE (2013). Ten como finalidade dotar de máis representantes do alumnado ás comisións de selección dos directores/as dos centros. Mantén as proporcións de representantes nas comisión de selección que establecía a LOMCE (2013) e polo tanto, non se fan cambios. O significado funcional da distribución espacial e arquitectónica da aula tradicional é: Establecer un rol do alumnado pasivo, como figura dependente do mandato docente. Manter a orde como valor determinante da convivencia socio-escolar e así facilitar a vixilancia e o control do alumnado. Promover que sexa o educador/a a única referencia omnipresente para o alumnado. Cando nos referimos á etimoloxía latina da palabra "educar" como "Educo-as-are" (Criar, amamantar, alimentar), estámonos referindo ao significado de: Transmitir pautas culturais e sociais (alumnado como tábula rasa). Preparar o escenario o menos invasivo posible para favorecer o desenvolvemento natural. Promover unha aprendizaxe experiencial. O obxectivo da organización escolar como disciplina académica é: Promover unha xestión e organización dos centros educativos acordes aos principios xerais dos Dereitos Humanos. Organizar de forma eficiente os elementos formais e institucionais dos centros educativos, así como as actividades complementarias e extraescolares. Entender mellor a dinámica das escolas, así como o seu proxecto educativo e a cultura do centro que orienta e define a educación que nel se desenvolve. Cando Martínez Rodríguez (2013) alude a que as escolas se afastaron das comunidades nas que están insertas e se dedicaron á divulgación de coñecementos "fragmentados e atomizados" está sinalando que: O sistema educativo se esqueceu de incentivar o cultivo doutro tipo de dimensións do ser humano como a emocional, afectiva, social ou a ecolóxica. A institución escolar da resposta ás necesidades socioeducativas da contorna na que se ubica ofrecendo un servizo de interese social e comunitario. O contido que se imparte na escola ten escasa vinculación co que sucede fóra desta, de aí que se aluda a que se trata de coñecementos fragmentados, moi abstractos e con pouco vínculo coa vida cotiá do alumnado. A escola como realidade construída (González González, 2003) implica que: Esta como construción social xorde das interaccións e interpretacións das persoas que a compoñen. A escola pode entenderse como unha organización construída principalmente polo burocrático e administrativo. Existe unha estrutura formal correctamente definida (actores, roles, funcións, etc.) que garante un bo funcionamento escolar. Dende a socioloxia da educación, a teoria da reprodución social (Bourdieu & Passeron, 1970) confronta coa corrente estructural-funcionalista (Durkheim, Parsons) cando sinala que: A escola debe garantir a igualdade de oportunidades mediante a neutralidade e obxectividade na selección cultural que conforma o currículo escolar, evitando así a violencia simbólica como situación de desvantaxe social. A pretendida función seleccionadora da escola non é xusta nin responde exclusivamente a criterios meritocráticos, pois o esforzo e capacidades individuais están influídos polo capital económico, social e cultural do entorno de orixe do alumnado. A escola no ten en conta o capital social, cultural e económico do entorno de orixe do alumnado, polo que non pode desenvolver unha función de distribución das posicións sociais nin de preparación para o traballo. Cando Gimeno Sacristán (1988, cit. en Bravo Garrido, 2007, p.158) alude á expresión e concreción do plan cultural que unha institución escolar fai realidade dentro dunhas determinadas condicións que matizan ese proxecto, está definindo "Cal é o ideal de ser humano na nosa sociedade? Que modelo de persoa (cidadán) é o que se busca coa educación formal?" Estas son preguntas que é preciso responder cando atendemos: Aos fundamentos psicolóxicos. Aos fundamentos sociolóxico-ideolóxicos e filosóficos do currículo. Ás funcións da escola. Entre os factores que favorecen o individualismo docente, Hargreaves e Fullan (2014) sinalan: A arquitectura dos centros e a resistencia ao cambio existente nos centros educativos. A presión e o tempo limitados, así como a interpretación da axuda dos compañeiros/as como avaliación ou xuízo da propia práctica docente. A culpa e o perfeccionismo que derivan no desenvolvemento acelerado do plan de estudos. Cal dos seguintes documentos se sitúa no 2º nivel de concreción curricular?. A programación didáctica de aula. A adaptación curricular individualizada. O proxecto educativo do IES. Unha avaliación formativa en función da finalidade é ternos que empregar para: Mellorar ou optimizar a acción formativa durante o transcurso da mesma, en función das incidencias que van xurdindo. Medir e valorar ata que punto os destinatarios/as dun programa educativo cambiaron as súas prácticas. Coñecer se se conseguiron os obxectivos de aprendizaxe, que cambios se produciron, ou verificar a valía dunha programación didáctica. Cando desenvolvemos un proceso de toma de decisións que permite deseñar ambientes e experiencias de ensino-aprendizaxe antes de que ocorran, estámonos ubicando no: Currículo editado porque avaliamos o currículo. Currículo como plan de acción ou dimensión estratéxica porque estamos realizando unha programación didáctica. Currículo como campo de estudo ou dimensión reflexiva porque estamos modificando o currículo a través da práctica. Os referentes que ofrece o Decreto 156/2022 para a avaliación dos contidos de cada materia, favorecen unha: Avaliación criterial. Avaliación normativa. Avaliación individualizada. Cando no Decreto 156/2022 do currículo da ESO se sinala que se debe "afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico", está facendo mención a: Contidos transversais ao currículo. Contidos específicos das materias vinculadas. Contidos actitudinais orientados ás competencias do século XXI. Unha das diferenzas entre aprendizaxe e rendemento académico ten que ver con que: O rendemento mide a capacidade de relacionar a información entrante coa experiencia e os coñecementos previos para xerar significados persoais, mentres que a aprendizaxe é un proceso de cambio nos coñecementos, habilidades ou actitudes dunha persoa. O rendemento é o resultado numérico obtido polo alumnado tras aplicar un ou varios instrumentos de avaliación, mentres que a aprendizaxe é aquilo que efectivamente medimos con eses instrumentos. Aprender é construír significados propios e transformarse con certa permanencia no tempo, mentres que o rendemento só é un reflexo da inferencia que podemos facer tras tentar medir un desempeño na actualidade, sen ter presente, na maior parte dos casos, a evolución futura. Os elementos considerados básicos do currículo, independentemente do establecido na normativa legal, son: Obxectivos, contidos, competencias, actividades e avaliación. Obxectivos, competencias, tarefas ou actividades e avaliación. Obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. Para desenvolver a metodoloxía nunha proposta didáctica, podemos tomar en consideración que... A investigación sobre metodoloxías didácticas non puido probar que determinadas metodoloxías son máis proclives a favorecer un mellor rendemento académico. Existen algunhas metodoloxías que semellan ser, en xeral, máis eficaces en termos de comprensión e retención das aprendizaxes (mellora do rendemento). En educación podemos aplicar as mesmas receitas (metodoloxías) a distintas realidades obtendo exactamente os mesmos resultados e polo tanto o proceso de avaliación final. As editoriais elaboran os libros de texto: Poden tender das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 2º e 3º nivel de concreción curricular. Poden ubicarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 1º e 2º nivel de concreción curricular. Interprétanse como currículo editado e sitúanse entre o 3º e o 4º nivel de concreción curricular. Para unha integración efectiva das competencias no currículo é preciso: Deseñar actividades de aprendizaxe integradas e globais que dean resposta ás competencias clave. Achegar a escola a situacións, cuestións e problemas reais da vida cotiá. Introducir a competencia en comunicación lingüística e a competencia dixital como transversais en todas materias do currículo. O modo de desenvolver a práctica docente que pon de manifesto as intencións educativas do profesorado e as súas premisas didácticas, así como a súa concepción da educación é a: Metodoloxía. Avaliación. Competencia. Cando prestamos especial atención ás prácticas cotiás docentes e as relacionamos cos discursos (maneira de relacionarnos co alumnado; comportamentos susceptibles de ser imitados ou de influír no alumnado), estamos falando do: Currículo vivido ou experiencial. Currículo oculto. Currículo explícito. O grao de familiaridade e proximidade previa do alumnado cos contidos académicos e a realidade escolar que se da seu entorno de orixe forma parte do que Bourdieu & Passeron (1970) denominaron: Capital social. Capital económico. Capital cultural. Resumir o contido, repetilo, focalizar en aspectos clave, clarificar ou usar preguntas en momentos concretos, son estratexias que se poden asociar ao método: Ensinanza directa ou explícita. Ensinanza recíproca ou dialóxica. Aprendizaxe por indagación. Dende o punto de vista dos fundamentos epistemolóxicos do currículo, o coñecemento considerado diferente tanto do saber vulgar ou cotiá que o alumnado aporta dende a súa experiencia persoal, como do coñecemento puramente científico, que é referente no quefacer educativo é: Coñecemento epistemolóxico. Coñecemento curricular. Coñecemento curricular. Cando pasamos unha enquisa de satisfacción ao alumnado para coñecer o seu parecer sobre a materia impartida, estamos a falar dun procedemento de: Coavaliación. Autoavaliación. Heteroavaliación. |





