Didáctica udc 25-26AI✦
|
|
Título del Test:
![]() Didáctica udc 25-26 Descripción: Didáctica udc 25-26 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Dentro das dimensións de análise que establece González (2003) para os centros escolares, as condicións formais para o desenvolvemento do ensino nas aulas, como por exemplo a ratio profesor/a-alumnado, forman parte: Da dimensión relacional. Da dimensión procesual. Da dimensión estrutural. Segundo Manganielo (1970), podemos definir a didáctica como: A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora non sistemática. A rama técnica da pedagoxía que se ocupa de orientar a acción educadora sistemática. O conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas. Cando dentro dun IES un grupo de profesores/as decide apostar pola codocencia como sinal de identidade reflectida no Proxecto Educativo, mentres que outros prefiren avogar pola redución da ratio, que está sucedendo no centro?. Estase utilizando por parte de individuos ou grupos o poder formal e informal para lograr as súas metas na organización e, polo tanto, é unha cuestión que se dirime no ámbito da micropolítica. Están coexistindo na mesma organización distintas subculturas profesionais docentes. A falta de autonomía dos centros respecto da Administración está limitando a contextualización ou adaptación das accións educativas á contorna e ás realidades específicas do alumnado. Á hora de deseñar actividades ou tarefas dentro das situacións de aprendizaxe (LOMLOE, 2020), estas deben ser significativas e de complexidade crecente, o que implica que é preciso empregar como referente: O Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). A taxonomía de Bloom. Un proceso de coavaliación. Que é o perfil de saída que establece a LOMLOE e que se recolle no Decreto 156/2022, que regula o currículo da ESO en Galicia?. O perfil de saída é aquel que identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe desenvolver ao finalizar a educación básica. O perfil de saída é o título básico que o alumnado debe obter para incorporarse ao mercado laboral ou acceder a outros estudos dentro do sistema educativo. O perfil de saída constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado no alumnado dos programas de diversificación curricular. A orientación da LOMLOE (2020) á hora de establecer o proceso para elixir a dirección dos centros de ensinanzas non universitarias... Está pensada para reverter parcialmente o incremento do poder da Administración educativa neste proceso que lle daba a LOMCE (2013). Ten como finalidade dotar de máis representantes do alumnado as comisións de selección dos directores/as dos centros. Mantén as proporcións de representantes nas comisións de selección que establecía a LOMCE (2013) e, polo tanto, non se fan cambios. O significado funcional da distribución espacial e arquitectónica da aula tradicional é: Establecer un rol do alumnado pasivo, como figura dependente do mandato docente. Manter a orde como valor determinante da convivencia socioescolar e facilitar a vixilancia e o control do alumnado. Promover que sexa o educador/a a única referencia omnipresente para o alumnado. Cando nos referimos á etimoloxía latina da palabra «educar» como Educo-as-are (criar, aleitar, alimentar), estamos facendo referencia ao significado de: Transmitir pautas culturais e sociais (alumnado como táboa rasa). Preparar o escenario o menos invasivo posible para favorecer o desenvolvemento natural. Promover unha aprendizaxe experiencial. O obxectivo da organización escolar como disciplina académica é: Promover unha xestión e organización dos centros educativos acordes cos principios xerais dos Dereitos Humanos. Organizar de forma eficiente os elementos formais e institucionais dos centros educativos, así como as actividades complementarias e extraescolares. Entender mellor a dinámica das escolas, así como o seu proxecto educativo e a cultura do centro que orienta e define a educación que nel se desenvolve. Cando Martínez Rodríguez (2013) alude a que as escolas se afastaron das comunidades nas que están inseridas e se dedicaron á divulgación de coñecementos «fragmentados e atomizados», está sinalando que: O sistema educativo se esqueceu de incentivar o cultivo doutro tipo de dimensións do ser humano, como a emocional, afectiva, social ou ecolóxica. A institución escolar dá resposta ás necesidades socioeducativas da contorna na que se sitúa, ofrecendo un servizo de interese social e comunitario. O contido que se imparte na escola ten escasa vinculación co que sucede fóra desta, de aí que se aluda a coñecementos fragmentados, moi abstractos e con pouco vínculo coa vida cotiá do alumnado. A escola como realidade construída (González González, 2003) implica que: Esta, como construción social, xorde das interaccións e interpretacións das persoas que a compoñen; é dicir, as escolas son as persoas no seu interior, sendo preciso enfatizar o compoñente humano. A escola se pode entender como unha organización construída polo burocrático e administrativo (a normativa e a burocracia determinan como son as escolas). Existe unha estrutura formal correctamente definida (actores, roles, funcións, etc.) que garante un bo funcionamento escolar. Desde a socioloxía da educación, a teoría da reprodución social (Bourdieu e Passeron, 1970) confronta coa corrente estrutural-funcionalista cando sinala que: A escola debe garantir a igualdade de oportunidades mediante a neutralidade e obxectividade na selección cultural que conforma o currículo escolar, evitando así a violencia simbólica como situación de desvantaxe social. A pretendida función seleccionadora da escola non é xusta nin responde exclusivamente a criterios meritocráticos, pois o esforzo e as capacidades individuais están influídos polo capital económico, social e cultural da contorna de orixe do alumnado. A escola non ten en conta o capital social, cultural e económico da contorna de orixe do alumnado, polo que non pode desenvolver unha función de distribución das posicións sociais nin de preparación para o traballo. Cando Gimeno Sacristán (1988) alude á expresión e concreción do plan cultural que unha institución escolar fai realidade, está definindo «cal é o ideal de ser humano na nosa sociedade?» e «que modelo de persoa (cidadán) é o que se busca coa educación formal?». Estas son preguntas que é preciso responder cando atendemos: Aos fundamentos psicolóxicos. Aos fundamentos sociolóxico-ideolóxicos e filosóficos do currículo. Ás funcións da escola. Entre os factores que favorecen o individualismo docente, Hargreaves e Fullan (2014) sinalan: A arquitectura dos centros e a resistencia ao cambio existente nos centros educativos. A presión e o tempo limitados, así como a interpretación da axuda dos compañeiros/as como avaliación ou xuízo da propia práctica docente. A culpa e o perfeccionismo que derivan no desenvolvemento acelerado do plan de estudos. Cal dos seguintes documentos se sitúa no segundo nivel de concreción curricular?. A programación didáctica de aula. A adaptación curricular individualizada. O proxecto educativo do IES. Unha avaliación formativa en función da súa finalidade é aquela que temos que empregar para: Mellorar ou optimizar a acción formativa durante o transcurso da mesma, en función das incidencias que van xurdindo. Medir e valorar ata que punto os destinatarios/as dun programa educativo cambiaron as súas prácticas. Coñecer se se conseguiron os obxectivos de aprendizaxe, que cambios se produciron ou verificar a valía dunha programación didáctica. Cando desenvolvemos un proceso de toma de decisións que permite deseñar ambientes e experiencias de ensino-aprendizaxe antes de que ocorran, estamos situándonos no: Currículo editado, porque avaliamos o currículo. Currículo como plan de acción ou dimensión estratéxica, porque estamos realizando unha programación didáctica. Currículo como campo de estudo ou dimensión reflexiva, porque estamos modificando o currículo a través da práctica. Os referentes que ofrece o Decreto 156/2022 para a avaliación dos contidos de cada materia favorecen unha: Avaliación criterial. Avaliación normativa. Avaliación individualizada. Cando no Decreto 156/2022 do currículo da ESO se sinala que se debe «afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico», está facendo mención a: Contidos transversais ao currículo. Contidos específicos das materias vinculadas. Contidos actitudinais orientados ás competencias do século XXI. Unha das diferenzas entre aprendizaxe e rendemento académico ten que ver con que: O rendemento mide a capacidade de relacionar a información entrante coa experiencia e os coñecementos previos para xerar significados persoais, mentres que a aprendizaxe é un proceso de cambio nos coñecementos, habilidades ou actitudes dunha persoa. O rendemento é o resultado numérico obtido polo alumnado tras aplicar un ou varios instrumentos de avaliación, mentres que a aprendizaxe é aquilo que efectivamente medimos con eses instrumentos. Aprender é construír significados propios e transformarse con certa permanencia no tempo, mentres que o rendemento só é un reflexo da inferencia que podemos facer tras tentar medir un desempeño na actualidade, sen ter presente, na maior parte dos casos, a evolución futura. Os elementos considerados básicos do currículo, independentemente do establecido na normativa legal, son: Obxectivos, contidos, competencias, actividades e avaliación. Obxectivos, competencias, tarefas ou actividades e avaliación. Obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. Para desenvolver a metodoloxía nunha proposta didáctica, podemos tomar en consideración que... A investigación sobre metodoloxías didácticas non puido probar que determinadas metodoloxías son máis proclives a favorecer un mellor rendemento académico. Existen algunhas metodoloxías que parecen ser, en xeral, máis eficaces en termos de comprensión e retención das aprendizaxes (mellora do rendemento). En educación podemos aplicar as mesmas receitas (metodoloxías) a distintas realidades obtendo exactamente os mesmos resultados durante o proceso e na avaliación final. As editoriais que elaboran os libros de texto: Poden estar dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o segundo e o terceiro nivel de concreción curricular. Poden situarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o primeiro e o segundo nivel de concreción curricular. Interprétanse como currículo editado e sitúanse entre o terceiro e o cuarto nivel de concreción curricular. Para unha integración efectiva das competencias no currículo é preciso: Deseñar actividades de aprendizaxe integradas e globais que dean resposta ás competencias clave. Achegar a escola a situacións, cuestións e problemas reais da vida cotiá. Introducir a competencia en comunicación lingüística e a competencia dixital como transversais en todas as materias do currículo. O modo de desenvolver a práctica docente que pon de manifesto as intencións educativas do profesorado e as súas premisas didácticas, así como a súa concepción da educación, é a: Metodoloxía. Avaliación. Competencia. Cando prestamos especial atención ás prácticas cotiás docentes e as relacionamos cos discursos (maneira de relacionarnos co alumnado; comportamentos susceptibles de ser imitados ou de influír no alumnado), estamos falando do: Currículo vivido ou experiencial. Currículo oculto. Currículo explícito. O grao de familiaridade e proximidade previa do alumnado cos contidos académicos e a realidade escolar que se dá na súa contorna de orixe forma parte do que Bourdieu e Passeron (1970) denominaron: Capital social. Capital económico. Capital cultural. Resumir o contido, repetilo, focalizar en aspectos clave, clarificar ou usar preguntas en momentos concretos son estratexias que se poden asociar ao método: Ensino directo ou explícito. Ensino recíproco ou dialóxico. Aprendizaxe por indagación. Desde o punto de vista dos fundamentos epistemolóxicos do currículo, o coñecemento considerado diferente tanto do saber vulgar ou cotián que o alumno/a achega desde a súa experiencia persoal como do coñecemento puramente científico, que é referente do quefacer educativo, é o: Coñecemento epistemolóxico. Coñecemento curricular. Coñecemento escolar. Cando pasamos unha enquisa de satisfacción ao alumnado para coñecer o seu parecer sobre a materia impartida, estamos a falar dun procedemento de: Coavaliación. Autoavaliación. Heteroavaliación. O obxectivo da organización escolar como disciplina académica é: Promover unha xestión e organización dos centros educativos acordes aos principios xerais dos Dereitos Humanos. Organizar de forma eficiente os elementos formais e institucionais dos centros educativos, así como as actividades complementarias e extraescolares. Entender mellor a dinámica das escolas, así como o seu proxecto educativo e a cultura do centro que orienta e define a educación que nel se desenvolve. A organización do material por especializacións/usos e a distribución do espazo educativo en áreas polivalentes que ofrecen distintas opcións pedagóxicas responde ao modelo arquitectónico de: Institución total. Edificios alternativos. Disposición da aula tradicional. Que é o perfil de saída que establece a LOMLOE e que se recolle no Decreto 156/2022 que regula o currículo da ESO en Galicia?. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica. O perfil de saída é o título básico que o alumnado debe obter para incorporarse ao mercado laboral ou acceder a outros estudos dentro do sistema educativo. O perfil de saída constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado no alumnado da FP básica. Cando nos referimos á etimoloxía latina da palabra «educar» como «Educo-as-are» (criar, amamantar, alimentar), estamos facendo referencia ao significado de: Transmitir pautas culturais e sociais (alumnado como táboa rasa). Preparar o escenario o menos invasivo posible para favorecer o desenvolvemento natural. Promover unha aprendizaxe experiencial. Cal dos seguintes documentos se sitúa no 2.º nivel de concreción curricular?. A programación didáctica de aula. A adaptación curricular individualizada. O proxecto educativo do IES. A empresa «Ludoarte - Servizos de conciliación» desenvolve actividades extraescolares no IES no que traballo como docente. En que nivel de formalización da acción educativa se ubicarían?. Educación formal. Educación informal. Educación non formal. Á pregunta de que contidos son imprescindibles a nivel do ensino básico, pode responderse aludindo aos fundamentos: Psicolóxicos. Sociolóxico-ideolóxicos. Epistemolóxicos e sociolóxico-ideolóxicos. Dentro das dimensións de análise que establece González (2003) para os centros escolares, as condicións formais para o desenvolvemento do ensino nas aulas, como por exemplo, a ratio profesor/a-alumnado, forman parte: Da dimensión relacional. Da dimensión procesual. Da dimensión estrutural. A colexialidade artificiosa (Hargreaves e Fullan, 2014): Pode ser unha forma útil de impulsar a colaboración, aínda que está baseada en procedementos burocráticos formais para acreditar que existe unha planificación conxunta. Quédase sempre nunha competencia colectiva que non rompe a rutinizacion do funcionamento dos centros. É un espazo onde os/as docentes poden investigar xuntos co modo de mellorar a súa práctica e posteriormente implementar o aprendido nas aulas. Cal das seguintes metodoloxías se ve favorecida co modelo de escola-control?. Traballo en grupo. Aprendizaxe baseado en proxectos. Instrución directa. O significado funcional da distribución espacial e arquitectónica da aula tradicional é: Establecer un rol do alumnado pasivo, como figura dependente do mandato docente. Manter a orde como valor determinante da convivencia socio-escolar e así facilitar a vixilancia e o control do alumnado. Promover que sexa o educador/a a única referencia omnipresente para o alumnado. A orientación da LOMLOE (2020) á hora de establecer o proceso para elixir a dirección dos centros de ensinanzas non universitarias... Está pensada para reverter parcialmente o incremento do poder da Administración educativa neste proceso que lle daba a LOMCE (2013). Ten como finalidade dotar de máis representantes do alumnado ás comisións de selección dos directores/as dos centros. Mantén as proporcións de representantes nas comisións de selección que establecía a LOMCE (2013) e, polo tanto, non se fan grandes cambios. Cando dentro dun IES un grupo de profesores/as decide apostar pola codocencia como sinal de identidade reflectida no Proxecto Educativo, mentres que outros prefiren avogar pola redución da ratio desde unha lóxica de un profesor/a por grupo, que está sucedendo no centro?. Estase utilizando por parte de individuos ou grupos o poder formal e informal para lograr as súas metas na organización e, polo tanto, é unha cuestión que se dirime no ámbito da micropolítica. Están coexistindo na mesma organización distintas subculturas profesionais docentes. A falta de autonomía dos centros respecto da Administración está limitando a contextualización ou adaptación das accións educativas á contorna e ás realidades específicas do alumnado. Cando Martínez Rodríguez (2013) alude a que as escolas se afastaron das comunidades nas que están inseridas e se dedicaron á divulgación de coñecementos «fragmentados e atomizados», está sinalando que: O sistema educativo se esqueceu de incentivar o cultivo doutro tipo de dimensións do ser humano, como a emocional, afectiva, social ou ecolóxica. A institución escolar dá resposta ás necesidades socioeducativas da contorna na que se ubica, ofrecendo un servizo de interese social e comunitario. O contido que se imparte na escola ten escasa vinculación co que sucede fóra desta, de aí que se aluda a coñecementos fragmentados, moi abstractos e con pouco vínculo coa vida cotiá do alumnado. Entre os factores que favorecen o individualismo docente, Hargreaves e Fullan (2014) sinalan: A arquitectura dos centros e a resistencia ao cambio existente nos centros educativos. A presión e o tempo limitados, así como a interpretación da axuda dos compañeiros/as como avaliación ou xuízo da propia práctica docente. A culpa e o perfeccionismo que derivan na aplicación acelerada do plan de estudos. A escola como realidade construída (González González, 2003) implica que: Esta, como construción social, xorde das interaccións e interpretacións das persoas que a compoñen; é dicir, as escolas son as persoas no seu interior, sendo preciso enfatizar o compoñente humano. A escola se pode entender como unha organización construída polo burocrático e administrativo (normativa e burocracia determinan como son as escolas). Existe unha estrutura formal correctamente definida (actores, roles, funcións, etc.) que garante un bo funcionamento escolar. Cando Gimeno Sacristán (1988) alude á expresión e concreción do plan cultural que unha institución escolar fai realidade dentro dunhas determinadas condicións que matizan ese proxecto, está definindo «cal é o ideal de ser humano na nosa sociedade?» e «que modelo de persoa (cidadán) é o que se busca coa educación formal?» Estas son preguntas que é preciso responder cando atendemos: Aos fundamentos psicolóxicos. Aos fundamentos sociolóxico-ideolóxicos e filosóficos do currículo. Ás funcións da escola. Elaborar no marco do IES un «mapa-web que resucita as mulleres compositoras de todos os tempos» poderiamos denominalo como un proxecto que se ubica nas: Teorías da reprodución (Bourdieu, 1977) do currículo. Teorías da resistencia ao currículo (Giroux, 1992; Apple, 1996). Teorías do currículo oculto. A aprendizaxe de cuestións relacionais e experienciales que transcenden ao rendemento individual poden desenvolverse en maior medida acudindo a: Propostas interdisciplinares. Propostas que desenvolvan unha metodoloxía activa. Propostas orientadas á lección maxistral. «Ο fracaso é do individuo, a escola é igual para todos/as» é unha idea chave que serve para avogar por un modelo de escola: Reprodutora/conservadora. Reconstrutora/transformadora. Renovadora. Cando se sinala que sen o experto/a que deseña (sen poder intervir máis no deseño) é complexo para o profesorado desenvolver procesos de innovación e mellora na aula, estamos ubicando nun currículo: Aberto. Pechado. Básico. As editoriais que elaboran os libros de texto: Poden ubicarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 2.º e 3.º nivel de concreción curricular. Poden ubicarse dentro das institucións intermediarias do currículo situadas entre o 1.º e 2.º nivel de concreción curricular. Intérpretanose como currículo editado e sitúanse entre o 3.º e o 4.° nivel de concreción curricular. Se desenvolvemos un proceso de toma de decisións que nos permita deseñar ambientes e experiencias de ensino-aprendizaxe antes de que ocorran, estamos ubicándonos no: Currículo editado porque avaliamos o currículo. Currículo como plan de acción ou dimensión estratéxica porque estamos realizando unha programación didáctica. Currículo como campo de estudo ou dimensión reflexiva porque estamos modificando o currículo a través da práctica. As ideas-eixo arredor das que converxen as necesidades fisiolóxicas, psicolóxicas e sociais da persoa: Son os referentes para deseñar proxectos de aprendizaxe tal como propuxo John Dewey (1859-1952). Son os referentes para establecer os centros de interese que promoveu Ovide Decroly (1871-1932). Son os referentes para deseñar unha unidade didáctica, tal como propuxo María Montessori (1870-1952). Os elementos básicos do currículo, independentemente do establecido na normativa legal, son: Obxectivos, contidos, competencias, actividades e avaliación. Obxectivos, competencias, tarefas ou actividades e avaliación. Obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. «Comprender e expresarse con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, mensaxes e textos complexos, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura», é un obxectivo de Lingua e Literatura Galega que, pola súa formulación, podemos caracterizar como: Obxectivo didáctico. Obxectivo xeral. Obxectivo específico. A idea de que a escola é unha organización debilmente artellada (González González, 2003) implica que: Existe liberdade de cátedra e iso implica que cada docente non ten superiores xerárquicos que lle indiquen como ten que desenvolver a súa labor docente. O sistema no que os elementos interactúan son interdependentes, mais esa interdependencia é feble, existindo mecanismos de coordinación vertical e horizontal tamén febles. Está constituída por persoas que se relacionan entre si de múltiples maneiras. Na proposta didáctica os obxectivos responden á pregunta de: Que ensinar. Para que ensinar. Como ensinar. |





