ED Física
|
|
Título del Test:
![]() ED Física Descripción: Examen preguntas adriano y test de la tía |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Na elaboración das programacións didácticas de educación física segundo os elementos mínimos recollidos no D.155/2022... a/o mestra/e pode incorporar novos obxectivos, contidos e criterios de avaliación que non están recollidos no currículo, se considera que son aprendizaxes motrices importantes para o seu grupo-aula. no apartado de avaliación, ao marxe do peso establecido para cada criterio de avaliación, a/o mestra/e pode reservar un ou varios puntos da nota final para avaliar a actitude do alumnado e/ou o nivel de competencia motriz. a/o mestra/e distribúe os obxectivos da área de educación física en cada un dos trimestres do curso académico que está programando. as programacións elabóranse e entréganse habitualmente por áreas curriculares (unha programación para cada área), pero é posible mesturar criterios de avaliación e contidos de diferentes áreas dentro dunha mesma programación (ex. Educación Física e Ciencias da Natureza) se o centro traballa por ámbitos e estou a elaborar unha programación combinada. Nos subapartados 3.1. Relación de UD e 3.2. Distribución do currículo nas unidades didácticas da aplicación Proens (aplicación informática para a entrega de programacións didácticas en Galicia) debo ter en conta que... se programo unha unidade didáctica con 5 sesións e outra unidade didáctica con 10 sesións, cando sinalo o peso de cada unidade didáctica sobre o total da área, debo ter en conta que a cualificación da primeira unidade didáctica debe supoñer a metade que a cualificación da segunda unidade. a suma das porcentaxes do peso de cada unidade didáctica dentro dun trimestre debe sumar o 100%. todos os criterios de avaliación e contidos deben estar seleccionados. A/o mestra/e decide cales vai traballar en cada unidade didáctica e trimestre, pero non pode eliminar ningún. un mesmo criterio de avaliación pode traballarse e avaliarse en diferentes unidades didácticas, pero NON en diferentes trimestres. Como mestra/e, cando estou programando a educación física en Proens (aplicación informática para a entrega de programacións didácticas en Galicia), debo ter en conta que... o número de sesións que teño que dedicar ao desenvolvemento de cada bloque de contidos da área de educación física debe ser o mesmo, respectando así o dereito do alumnado a recibir todas as ensinanzas indicadas no currículo (por exemplo, 15 sesións para “resolución de problemas en situacións motrices” e 15 sesións para “manifestacións da cultura motriz”). NON podo mesturar criterios de avaliación de diferentes bloques de contidos dentro dunha mesma unidade didáctica (por exemplo, se a unidade é de “vida activa e saudable” non podo desenvolver contidos do bloque “interacción eficiente e sustentable coa contorna”). o mínimo de consecución de cada criterio de avaliación ten que redactalo a mestra ou mestre de educación física, e a redacción debe ser clara e sinxela, de xeito que aporte información ao alumnado, ás familias e ao propio profesorado sobre a aprendizaxe imprescindible para superar o criterio. atendendo ás características do grupo-aula, a/o mestra/e decide cales dos criterios de avaliación e contidos de educación física que establece o currículo vai traballar nese curso e cales non, e os distribúe en unidades didácticas e trimestres. Unha vez entregada a programación didáctica ao inicio do curso, cal ou cales dos seguintes elementos debo manexar para deseñar situacións de aprendizaxe?. Os contidos porque son os saberes básicos que o alumnado debe adquirir, pero NON os criterios de avaliación porque estes determinan o que temos que avaliar, e NON o que temos que ensinar. Os obxectivos de etapa e os obxectivos da área, xa que son as aprendizaxes concretas que o alumnado ten que adquirir. Os criterios de avaliación e os contidos, xa que os primeiros indican o que o alumnado debe lograr e os segundos son os saberes básicos a través dos cales alcanzamos os criterios. Os descritores operativos, xa que son os únicos elementos que determinan o perfil de saída e, polo tanto, o que o alumnado debe saber cando finaliza a etapa de educación primaria. Nunha avaliación formativa, auténtica e integrada da educación física na educación primaria, as actividades de avaliación…. deben ser todas as actividades de aprendizaxe que se realicen durante un trimestre nas clases de educación física. deben ser todas as actividades de aprendizaxe que se realicen durante un trimestre nas clases de educación física. poden ser parte das propias actividades de aprendizaxe que se levan a cabo de forma habitual nas sesión de educación física. deben ser deseñadas especificamente para aplicarse de forma puntual no momento no que pretendemos avaliar (por exemplo, unha actividade de lanzamento a canastra na última sesión da UD). Le a seguinte experiencia de avaliación (Pérez-Pastor e López-Pueyo, 2017) e sinala de que tipo de avaliación se trata: Utilízase unha escala gráfica (cara sorrindo=moi ben, cara neutra=regular, cara triste=mal) e unha folla de rexistro tamaño mural. Esta folla reflexa na primeira fila os días do mes e na primeira columna dúas normas consensuadas con pictogramas en amarelo, as mesmas dúas normas en laranxa, as dúas mesmas normas en violeta e as dúas mesmas normas en verde. Cada unha das catro cores refírese a cada un dos catro equipos nos que está dividido o grupo-clase. Cada día un compoñente de cada equipo encárgase de completar na fase de reflexión da sesión a folla-mural, valorando se os outros tres equipos cumpriron as dúas normas consensuadas. Os alumnos/as responsables de valorar transmiten a súa valoración aos equipos, xustificando o motivo de dita valoración e aportando suxestións para poder mellorar. Avaliación da práctica docente. Heteroavaliación. Coavaliación. Autoavaliación. Observa o seguinte fragmento dun instrumento da avaliación e indica que tipo de instrumento é: Rúbrica. Lista de control. Escala verbal. Escala de valoración diferenciada. Cal dos seguintes procedementos de avaliación NON podería utilizar para realizar unha heteroavaliación do seguinte criterio de avaliación da área de educación física no 3º curso da educación primaria: CA3.3. Empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade en distintos contextos e situacións motrices, adquirindo un progresivo control e dominio corporal sobre eles. Corrección de probas específicas. Intercambios orais co alumnado. Análise das producións. Observación sistemática. Cal dos seguintes indicadores observables pode incluirse nun instrumento de avaliación que pretende avaliar o criterio para valorar el criterio “CA7.5. Valorar las producciones de los demás de forma crítica, respetuosa y empática.” mediante una actividad de aprendizaje-evaluación de teatro de sombras (xogo de dramatización): Identifica os erros cometidos polos compañeiros durante o xogo segundo as premisas facilitadas pola mestra (manterse entre o foco de luz e a saba, colocarse de perfil cando se moven os brazos por diante do corpo para que se vexan e transmitir unha mensaxe entendible) e é quen de explicalos sen risas ou burlas. Participa activamente no xogo seguindo as premisas facilitadas pola mestra (mantense entre o foco de luz e a saba, colócase de perfil cando se moven os brazos por diante do corpo para que se vexan). Utiliza posutras e xestos corporais que lle permiten transmitir unha mensaxe (acción, emoción ou idea) que resulta entendible para o resto de compañeiros. Elabora propostas novidosas sen copiar ao resto de compañeiros (non repite mensaxes que xa se fixeron e inclúe xestos ou posturas que ninguén empregou antes). Unha mestra deseña unha tarefa de educación física para 3.º de Primaria. Primeiro selecciona un criterio de avaliación relacionado coa cooperación e un contido sobre xogos motores; despois formula un obxectivo específico de sesión e finalmente crea unha tarefa de reto cooperativo. Que idea reflicte mellor esta forma de deseñar?. Que a tarefa debe crearse antes que os elementos curriculares. Que os criterios e contidos do currículo orientan a concreción didáctica da sesión. Que os obxectivos específicos substitúen os criterios de avaliación. Que a avaliación debe pensarse só ao rematar a unidade. Nunha sesión, o alumnado tarda moito en colocarse para empezar cada actividade. Cada transición require novas explicacións e o tempo de práctica redúcese moito. Que decisión organizativa sería máis adecuada?. Establecer sinais e rutinas comúns para reunirse, cambiar de tarefa e recoller material. Aumentar o número de tarefas para compensar o tempo perdido. Reducir o tempo da reflexión final. Deixar que cada grupo decida libremente cando cambia de actividade. Nunha actividade musical e rítmica, o alumnado debe executar unha secuencia de catro movementos, respectar as pausas e coordinar un xesto final ao mesmo tempo que o resto do grupo. Que compoñente perceptivo-motriz aparece especialmente implicado?. Temporalidade. Imaxe corporal. Lateralidade. Capacidade aeróbica. Unha docente prepara unha sesión para todo o grupo e ofrece explicación de oral, demostración, pictogramas de apoio, diferentes niveis de dificultade e varias formas de participar. Non hai ningún alumno con diagnóstico específico NEAE. Que enfoque está aplicando?. Unha adaptación curricular significativa. Deseño Universal para a Aprendizaxe. Unha modificación curricular. Mando directo. Cal das seguintes propostas traballa de forma máis completa a corporeidade ou conciencia corporal?. Unha tarefa na que o alumnado realiza diferentes posturas, identifica que segmentos corporais interveñen, regula a respiración e verbaliza as sensacións que ten co seu corpo durante a actividade. Unha tarefa na que o alumnado percorre un circuíto de equilibrio e desprazamentos, centrada principalmente en mellorar a orientación espacial e a velocidade de execución. Unha tarefa na que o alumnado practica lanzamentos e recepcións con distintos móbiles, axustando forza, dirección e coordinación óculo-manual, e comenta cómo se sente. Unha tarefa na que o alumnado executa unha coreografía seguindo un ritmo externo, priorizando a sincronización co grupo e a organización temporal. Nunha sesión de educación física, unha docente quere empregar SAAC cun alumno que ten dificultades para comprender explicacións orais longas e tamén para expresar o que necesita durante a práctica. Cal das seguintes propostas sería máis completa e coherente co uso dos SAAC?. Sinalizar os espazos do ximnasio con pictogramas e usar sempre os mesmos sinais visuais para indicar onde comeza e remata cada actividade. Preparar un panel de anticipación coa orde da sesión e un taboleiro de comunicación con opcións para que o alumno poida expresar necesidades ou responder durante as tarefas. Explicar cada tarefa oralmente e, ao rematar a sesión, ensinar pictogramas das actividades realizadas para que o alumno lembre o que fixo. Utilizar xestos consensuados co grupo para accións frecuentes como "parar", "sentar", "beber" ou "facer círculo", sen introducir outros apoios visuais. |




