educacion fisica
|
|
Título del Test:
![]() educacion fisica Descripción: todo un poco |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
Le a seguinte tarefa: “Retos paracaidistas”: Todo o grupo clase de pé en círculo arredor dun paracaídas (de 6 m. de diámetro). Unha pelota de goma-espuma enriba do paracaídas. Coller o paracaídas coas mans e intentar: 1º) que a pelota se eleve todo o alto que poidamos sen colarse polo burato do centro do paracaídas; 2º) metela no burato; 3º) que chegue ao alumno/a que nomee a mestra/e. A que dominio de acción motriz pertence a tarefa?. Psicomotriz. Sociomotriz de oposición. Sociomotriz de cooperación-oposición. Sociomotriz de cooperación. Segundo o modelo de execución motriz de Marteniuk, se tomamos como punto de partida o xogo “limpar a casa” (nun espazo de 18x9 metros debúxase unha liña no chan que divide o espazo en dous campos iguais. Fórmanse dous equipos e cada equipo colócase nun campo. No fondo de cada campo haberá 10 pelotas de foam (brandas). Ao sinal deben lanzar as pelotas que están no seu campo ao campo contrario. Ao sinal de stop, todos/as quedan quietos e realízase o reconto de pelotas en cada campo. Gaña o equipo que teña menos pelotas no seu campo) podemos afirmar o seguinte: Se introducimos máis pelotas estamos modificando predominantemente o mecanismo de percepción. Se cambiamos a pelota de foam por unha máis grande estamos modificando predominantemente o mecanismo de decisión. Se reducimos o tempo da tarefa estamos modificando predominantemente o mecanismo de execución. Se establecemos que todos os lanzamentos deben realizarse saltando estamos modificando predominantemente o mecanismo de decisión. Le a seguinte tarefa: “Retos paracaidistas”: Todo o grupo clase de pé en círculo arredor dun paracaídas (de 6 m. de diámetro). Unha pelota de goma-espuma enriba do paracaídas. Coller o paracaídas coas mans e intentar: 1º) que a pelota se eleve todo o alto que poidamos sen colarse polo burato do centro do paracaídas; 2º) metela no burato; 3º) que chegue ao alumno/a que nomee a mestra/e. Segundo o nivel co que se explicita cada compoñente da tarefa, a tarefa é.. semidefinida. definida. un ambiente de aprendizaxe. non definida. Para a ensinanza dunha canción motriz recitamos a primeira frase da canción realizando simultaneamente a acción motriz proposta e invitamos ao alumnado a que repita en forma de eco a acción motriz acompañada da frase. A continuación, recitamos a segunda frase da canción realizando simultaneamente a seguinte acción motriz proposta e esperamos a que o alumnado repita a acción motriz ao tempo que verbaliza a segunda frase. A continuación, realizamos o mesmo coa terceira e cuarta frase. Finalmente, cantamos a canción enteira executando as accións motrices, introducindo a melodía e buscando que o alumnado tamén execute connosco as accións motrices e cante os fragmentos da letra que lembre. Que método estou empregando segundo a forma de progresión?. Global con modificación da situación real. Analítico secuencial. Analítico progresivo. Global con polarización da atención. En relación á presenza da motricidade no currículo da educación infantil, podemos afirmar que... todos os criterios de avaliación e contidos do currículo relacionados coa educación física están na área Crecemento en Harmonía. o currículo recolle criterios de avaliación que deben ser desenvolvidos necesariamente a través de tarefas motrices e outros criterios de avaliación que deben ser desenvolvidos necesariamente a través de tarefas non motrices. os criterios de avaliación e contidos do currículo relacionados coa espacialidade e coa expresión corporal están na área Descubrimento e Exploración da contorna. os criterios de avaliación e contidos do currículo relacionados coa expresión corporal están na área Comunicación e Representación da Realidade. Que debemos ter en conta cando deseñamos situacións de aprendizaxe na educación infantil?. Os criterios de avaliación, xunto cos seus contidos asociados, son os elementos máis concretos que ofrece o currículo como punto de partida para o deseño destas situacións de aprendizaxe. O punto de partida para o deseño de situacións de aprendizaxe máis operativo e concreto que nos ofrece o currículo son os obxectivos da área. Por iso debemos deseñar partindo destes obxectivos. O punto de partida para o deseño de situacións de aprendizaxe NON son os elementos do currículo senón o contexto de aula e o grupo-clase co que estamos a traballar. Só despois de deseñar as situacións de aprendizaxe debemos identificar no currículo aquelo que temos traballado. Os criterios de avaliación e contidos que ofrece o currículo son o suficientemente operativos como para poder traballarse nunha sesión, sen necesidade de establecer obxectivos e contidos específicos máis concretos. Por que son importantes os criterios de avaliación do currículo para un mestre/a de educación infantil ?. Porque son as concrecións dos contidos de cada área e, na medida en que o alumnado acumule estes contidos ou saberes básicos, estará adquirindo as competencias clave e os obxectivos da etapa. Porque, aínda que NON se utilizan no momento de programar e deseñar os procesos de ensino e aprendizaxe, son o referente de avaliación e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procedementos e instrumentos de avaliación. Porque a educación infantil está baseada no traballo por criterios de avaliación, que son xerais para toda a etapa educativa e que concrétanse en competencias clave e obxectivos de área para cada ciclo. Porque describen o que se pretende lograr e, polo tanto, deben orientar o deseño dos procesos de aprendizaxe para o logro dos obxectivos e a adquisición das competencias clave. Cal dos seguintes NON é un elemento transversal segundo o artigo 16 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia?. A diversidade familiar. As formas e as cores. A educación para a saúde. O consumo responsable e sustentable. Que debemos ter en conta cando decidimos a estrutura dunha sesión de educación física na educación infantil?. Que a estrutura básica habitual é unha sesión divida en tres partes: unha asemblea inicial ou momento de encontro, unha parte de actividade motriz e unha asemblea final ou momento de despedida. A fase de animación e a fase de desenlace son fases sen movemento dedicadas, entre outras cousas, a explicacións iniciais, postas en común e verbalización do que se está a traballar. Que sempre debemos comezar cun quecemento e rematar cunha fase de volta á calma para evitar posibles lesións. A asemblea inicial e a asemblea final debemos eliminalas das sesións de educación física porque é tempo sen compromiso motor e reduce o tempo de actividade física dos nosos alumnos e alumnas. Cal das seguintes tarefas é máis adecuada para alcanzar o obxectivo motriz “Mellorar os lanzamentos e recepcións con móbiles”?. Todo o grupo-clase (20 alumnos/as) en círculo cun frisbee (disco volador). As/os alumnas/os deben pasarse o frisbee (disco volador) dicindo previamente o nome da/o compañeira/o ao que van a pasarlle. A tarefa ten unha duración de 5 minutos. En parellas, un membro da parella en fronte do outro. Cada parella terá un frisbee (disco volador). Pasarse o frisbee durante os 5 minutos que dura a tarefa. Calquera da tarefas anteriores cumpre co obxectivo de forma específica xa que a organización do grupo e a utilización do espazo son cuestións que non inflúen na consecución dos obxectivos didácticos. Todo o grupo-clase en fronte dunha diana xigante. Cada alumno/a cunha pelota. Os alumnos/as deben lanzar un frisbee (disco volador), intentando acertar na diana, dicindo o seu nome e unha palabra que empece coa inicial do seu nome. A tarefa ten unha duración de 5 minutos. Imaxina un circuíto lineal, no que cada alumno/a tarda aproximadamente un minuto en completar o circuíto. O alumnado colocado en fila ao inicio do percorrido (20 alumnos/as). Ao sinal da mestra/e, sae o primeiro da fila, completa o percorrido e regresa á fila. Mentres tanto o resto do alumnado espera. Nese momento inicia o percorrido o/a seguinte da fila. Cando finaliza o percorrido, sae o/a seguinte e así sucesivamente. A tarefa remata cando os/as 20 alumnos/as realizaron o percorrido. Sinala a resposta correcta sobre este suposto. O tempo de compromiso motor é de 20 minutos, aproximadamente. Na educación física todos os tempos sen práctica motriz considéranse tempos sen aprendizaxe. Tanto o tempo de compromiso motor como o tempo empregado na tarefa é de 1 minuto, aprox. O tempo empregado na tarefa é de 20 minutos, aproximadamente. Cales dos seguintes poden ser obxectivos específicos dunha sesión de educación física na educación infantil?. Progresar no coñecemento do corpo e das súas posibilidades motrices; e Aproximarse á temporalidade. Adquirir nocións básicas de motricidade e coordinación; e Alimentos saudables non habituais nas merendas: caqui, mango, melva, hummus e guacamole. Desenvolver a espacialidade e as capacidades socio-motrices a través das habilidades motrices básicas; e Fomentar hábitos saudables de alimentación, hixiene e actividade física. Coñecer os usos negativos das pantallas antes de durmir; e Localizar o meu corpo respecto a diferentes obxectos: dentro-fóra, diante-detrás e encima-debaixo. Cal dos seguintes procedementos ou instrumentos de avaliación NON podería utilizar para realizar unha heteroavaliación do seguinte criterio: CA1.5. Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá, mostrando un variado repertorio motriz?. Observación sistemática. Intercambios orais co alumnado. Lista de control. Escala numérica. Que debo ter en conta á hora de articular o proceso de avaliación na educación infantil?. Podo avaliar varios criterios de avaliación cun mesmo instrumento de avaliación e podo utilizar varios instrumentos de avaliación para avaliar un mesmo criterio de avaliación. Os indicadores observables dun instrumento de avaliación son os mínimos de consecución incluídos na programación didáctica. NON podo avaliar un criterio de avaliación con diferentes instrumentos. Debo deseñar un instrumento de avaliación para cada criterio de avaliación que pretenda avaliar. Se na miña aula teño un alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo, debo ter en conta que nas sesións de educación física... podo combinar a modelaxe (utilización do modelo) coa guía física, segundo as necesidades. o moldeamento ou método de aproximacións sucesivas consiste en dividir a tarefa en partes, ensinar todas as partes por separado e xuntalas ao final para alcanzar a conducta final desexada. Todo o alumnado debe poder realizar as mesmas tarefas do mesmo xeito. En caso contrario, estariamos discriminando ao alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo. se o alumno/a non ten linguaxe oral, NON debemos acompañar a utilización de pictogramas con instrucións verbais, xa que estaremos saturando ao alumno/a con información que non comprende. |




