EDUCADOR/A FAMILIAR CONCELLO DE OROSO 2018 - RPT 06.00.03
|
|
Título del Test:
![]() EDUCADOR/A FAMILIAR CONCELLO DE OROSO 2018 - RPT 06.00.03 Descripción: Parte 2 |



| Comentarios |
|---|
NO HAY REGISTROS |
|
31.-Un dos grandes teóricos do apego foi Ainsworth. Según este autor tódolos nenos normais desenvolven apegos especiais coas persoas que se atopan ao seu cargo. Os tipos de interacción que establecen coa figura de apego para afrontar o estrés, explorar obxectos novos e interactuar con adultos estraños, darán lugar a distintos tipos de apego: a) Apego de protesta, apego de ambivalencia e apego de adaptación. b) Apego temporal, apego permanente e apego prolongado. c) Apego seguro, apego inseguro de evitación e apego inseguro de resistencia ou ambivalencia. d) Todas son incorrectas. 32.- Según Piaget, o desenvolvemento concíbese coma unha sucesión de diferentes estadios ou períodos evolutivos caracterizados polo emprego e a organización duns esquemas determinados. Piaget describiu tres períodos: período sensoriomotor, período de operacións concretas e período das operacións formais. Que idade comprende o período sensoriomotor según Piaget?. a) Do nacemento ata 1 ano. b) Do nacemento ata os 2 anos. c) Do nacemento ata os 3 anos. d) Do nacemento ata os 4 anos. 33.- Nas actuacións recollidas no artigo 60 da lei galega de apoio á familia e á convivencia, relacionadas co apoio á familia, cal das seguintes non se atopa?. a) A educación familiar. b) A axuda a domicilio. c) As medidas xudiciais a menores. d) As axudas e prestacións económicas temporais. 34.- Cando estudiamos o tema da motivación podemos distinguir varios tipos en función do lugar ou a orixe desa forza que impulsa ao individuo. En referencia á “motivación de logro”, cal dos seguintes enunciados fai referencia a ela?. a) Aquela que empuxa e dirixe á consecución exitosa, de forma competitiva, dunha meta ou obxectivo recoñecido socialmente. O ser humano vese sometido a dúas forzas contrapostas: por un lado a motivación ou necesidade de éxito ou logro; e por outro a motivación ou necesidade de evitar o fracaso ou facer o ridículo. b) Aquela que trae, pon, executa, activa o individuo por sí mesmo cando o desexa, para aquelo que lle apetece. É por tanto unha motivación que leva consigo, non depende do exterior e pona en marcha cando o considera oportuno. c) Aquela provocada dende fóra do individuo, por outras persoas ou polo ambiente, é dicir, depende do exterior, de que se cumpran unha serie de condicións ambientais ou haxa alguén disposto e capacitado para xerar esa motivación. d) Todas fan referencia á motivación de logro. 35.- León Rubio e Medina Anzano definen a habilidade social como “a capacidade de executar aquelas condutas aprendidas que cubren as nosas necesidades de comunicación interpersoal e/ou responden ás esixencias e demandas das situacións sociais de forma efectiva”. Deste concepto despréndense catro características centrais das habilidades: a) O seu carácter aprendido, a dependencia doutro suxeito, a especificidade situacional e a eficacia do comportamento interpersoal. b) O seu carácter aprendido, a complementariedade e interdependencia doutro suxeito, a especificidade situacional e a eficacia do comportamento interpersoal. c) O seu carácter aprendido, a complementariedade e interdependencia doutro suxeito, a especificidade situacional e a eficacia do comportamento individual. d) O seu carácter aprendido, a complementariedade e interdependencia doutro suxeito, a xeneralidade situacional e a eficacia do comportamento interpersoal. 36.- Sinala cal é unha técnica de modificación de conduta de uso xeral (Def.: técnicas de modificación da conduta cuxo uso pode levarse a cabo nunha ampla gama de condutas e situacións. Son as técnicas que máis frecuentemente se utilizan dado que o seu uso non está restrinxido a unha conduta ou situación): a) Técnica da cadeira baleira. b) Técnica de parada e arranque. c) Técnica de autoestimulación. d) Reforzamento positivo e negativo. 37.- A definición de “grupo” podería delimitarse coma a formación de dúas ou máis persoas que comparten obxectivos e metas comúns ou lazos afectivos e, por suposto, existe interacción entre os membros do mesmo. Dentro deste concepto diferenciamos entre grupos primarios e grupos secundarios. Cal é a definición de grupo secundario?. a) Son aqueles que están ao servizo dos obxectivos dunha organización e onde as persoas se relacionan dacordo ás normas que o sistema estableceu. As relacións son máis impersoais e menos íntimas, definidas polos roles establecidos. Os suxeitos “considéranse” do grupo, pero non sempre se “senten” del, polo xeral é máis frecuente que non nos sintamos parte do grupo. b) Son grupos pequenos e constitúen o campo social onde as persoas soen expresar as súas emocións. Neles lévase a cabo a principal actividade da socialización. c) Son aqueles que se crean espontaneamente, tanto na organización coma no sistema social e presentan as seguintes características: teñen un ou máis líderes, os obxectivos non están especificados explicitamente e a súa función principal é satisfacer as necesidades sociais e psicolóxicas do individuo. d) Ningunha é correcta. 38.- Olweus define o acoso escolar como: a) Condutas grupais de agresión no contexto escolar. b) Condutas de agresividade do alumnado ao profesorado. c) Un alumno é acosado ou victimizado cando está exposto de maneira repetitiva a accións negativas por parte de un ou máis estudantes. d) Ningunha é a resposta correcta. 39.- A prestación do Servizo de Educación e apoio Familiar, segundo se establece no decreto que regula os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento: (artigo 21 do Real Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento). a) Realízase por persoal técnico dos equipos técnicos do menor. b) Realízase por persoal técnico dos equipos interdisciplinares dos servizos de protección de menores. c) Realízase por personal técnico de entidades prestadoras de servizos sociais. d) Realízase por persoal técnico ao servizo da administración pública local titular do servizo, de maneira que forme parte do equipo interdisciplinar dos servizos sociais comunitarios. 40.- A Lei 3/ 2011, do 30 de xuño de Apoio á familia, infancia e adolescencia, no seu artigo 49 considera entre outras, como situación de risco: a) A non asistencia puntual ao centro escolar. b) Enfermidade mental de algún dos proxenitores. c) A utilización do castigo físico ou emocional sobre a menor que, sen constituír episodio severo ou patrón crónico de violencia perxudique o seu desenvolvemento. d) O conflito aberto e puntual entre os pais, nais, titores, titoras, gardadores ou gardadoras, ou entre calquera de eles e o/a menor, cando poda perxudicar o desenvolvemento persoal ou social do/a mesmo/a. 41.- O síndrome de Munchhausen por poderes defínese como aquela situación de maltrato na que: a) A nai padece un trastorno mental con vínculo obsesivo co seu fillo/a que o incapacita na súa autonomía. b) Os proxenitores provocan, somatizan e inventan os síntomas no/na menor para aparentar que éste/a sofre unha verdadeira enfermidade non diagnosticada, nin tratada. c) A e B son correctas. d) Ningunha é a resposta correcta. 42.- ¿Qué institucións deben participar na aplicación dos protocolos básicos de intervención ante o maltrato infantil: a) Sanitario, policial, social e educativo. b) Educativo, sanitario e social. c) Sanitario, policial e xudicial. d) Educativo, sanitario, social, policial e xudicial. 43.- O artigo 5 do Capítulo I da Lei 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Xénero, establece que a administración educativa competente, respecto dos menores víctimas de violencia de xénero procederá á: a).-Escolarización no prazo dun mes en caso de violencia de xénero, desde que se ditan as medidas civís e penais correspondentes. b).-Escolarización inmediata dos fillos que se vexan afectados por un cambio de enderezo, derivado de actos de violencia de xénero. c) Escolarización inmediata dos fillos que se vexan afectados ou non por un cambio de enderezo, derivado de actos de violencia de xénero. d) Ninguna respuesta é correcta. 44.-A nivel autonómico, ¿Cal é a lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero?. a). A Lei 7/2004, do 16 de xullo. b). A Lei 1/2004, do 28 de decembro. c). A Lei 11/2007, do 27 de xullo. d). A lei 27/2006, do 14 de xuño. 45.- Na Estratexia Nacional sobre adiccións 2017-2024 contémplanse como eixes fundamentais: a) Drogas legais e ilegais. b) Drogas ilegais e os fármacos de prescrición médica e outras sustancias con potencial adictivo. c) Drogas legais e ilegais, e os fármacos de prescrición médica e outras sustancias con potencial adictivo, incluíndo adiccións sen sustancias ou comportamentais. d) Ningunha é a resposta correcta. 46.- Entre as actividades socio-educativas específicas do educador/a social no ámbito familiar, non se contempla: a) Organización e economía familiar. b) Sustitución das funcións parentais de maneira provisional. c) Entrenamiento en habilidades sociais. d) Integración dos/as menores no medio escolar. a) Organización e economía familiar. a) Método Americano de Resolución de Conflitos. b) Método Anglosaxón de Resolución de Conflitos. c) Mecanismo Alternativo de Resolución de Conflitos. d) Mecanismos actitudinais para a Resolución de Conflitos. 48.-Según Alzate (2013) as catro fases dun conflito son: a) Explosión do conflito, o conflito en sí, a resposta, actitudes e crenzas. b) Actitudes e crenzas, o conflito, a resposta e o resultado. c) Actitudes e crenzas, o conflito en sí, a cooperación, e o resultado. d) Ningunha é correcta. 49.- ¿Cal destas competencias recollidas no artigo 41 da lei 3/2011 en materia de infancia e mocidade non ten atribuída a Xunta de Galicia?. a) A xestión pública do procedemento adoptivo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. b) A autorización, habilitación, inspección e control de entidades, centros e programas que presten servizos de atención á infancia e á adolescencia. c) A execución das medidas xudiciais impostas ás persoas menores infractores/as. d) A detección das necesidades de carácter sanitario, educativo, económico, sociolaboral, familiar ou outras análogas que afecten aos nenos, nenas e mocidade que residan no seu territorio. 50.- A Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción de autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, recolle como servizos de promoción da autonomía persoal e de atención e cuidado: a) A prevención das situacións de dependencia. b) O servizo de teleasistencia. c) O servizo de axuda a domicilio. d) Todas son correctas. RESERVA 1.-Segundo a lei xeral de subvencións, as bases reguladoras das subvencións das corporacións locais deberán ser aprobadas: (sinale a resposta incorrecta): a) No marco das bases de execución do orzamento. b) A través dunha ordenanza xeral de subvencións. c) Mediante unha ordenanza específica para as distintas modalidades de subvencións. d) Mediante resolución de Alcaldía – Presidencia. RESERVA 2.-Unha das características do modelo de investigación-acción é:. a) O feedback. b) A autoavaliación. c) É participativa. d) Todas son correctas. RESERVA 3.-Na evolución lexislativa da protección do menor, e dentro da lexislación de ámbito estatal, atopámonos coa Lei Orgánica 1/1996 de 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor. Dentro desta lei aparecen regulamentados os seguintes dereitos específicos en materia de menores: a) Dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe; dereito á información; dereito á liberdade ideolóxica; dereito de participación, asociación e reunión; dereito á liberdade de expresión; dereito de protección xudicial e dereito a ser oído. b) Dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe; dereito á información; dereito á liberdade ideolóxica; dereito de participación, asociación e reunión; dereito á liberdade de expresión e dereito a ser oído. c) Dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe; dereito á liberdade ideolóxica; dereito de participación, asociación e reunión; dereito á liberdade de expresión e dereito a ser oído. d) Dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe; dereito á liberdade ideolóxica; dereito de participación, asociación e reunión; dereito á liberdade de expresión; dereito á participación política e dereito a ser oído. RESERVA 4.- Son persoas destinatarias prioritarias do Servizo de Educación e Apoio Familiar, segundo se establece no artigo 20 do Real Decreto 99/2012 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento: a) O colectivo de terceira idade que vive só. b) As familias numerosas ou monoparentais de referencia dos servizos sociais comunitarios. c) As unidades de convivencia, nas que exista presencia de menores en risco de desatención ou nas que se identifiquen outros factores que revelen unha situación de risco de exclusión ou pobreza infantil. d) Ningunha resposta é a correcta. 5.- De conformidade co establecido no artigo 34 de la Lei 6/2012, do 19 de xuño de Xuventude de Galicia son competencias da administración local: a) A creación e o mantemento das oficinas e dos puntos de información para a xuventude que se integran na Rede Galega de Información Xuvenil. b) A promoción da colaboración con entidades de carácter privado que presten servizos á xuventude no seu ámbito territorial. c) A dinamización da lingua galega entre a xuventude no seu ámbito territorial. d) Todas son correctas. |





