option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

EDUCADOR/A FAMILIAR CONCELLO DE OROSO 2018 - RPT 06.00.03

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
EDUCADOR/A FAMILIAR CONCELLO DE OROSO 2018 - RPT 06.00.03

Descripción:
Parte 1

Fecha de Creación: 2026/10/28

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 30

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1.-É un principio reitor da política social e económica segundo o previsto na Constitución Española: a) A utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente. b) A igualdade de todos ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexa, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. c) Difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. d) A participar dos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal.

2.-O Presidente do goberno será: a) Nomeado polas Cortes Xerais se obtén a maioría absoluta dos votos. b) Nomeado polo Rei e elixido polo Congreso dos Deputados polo voto da maioría absoluta dos seu membros en primeira votación ou maioría simple en segunda votación corenta e oito horas despois da anterior. c) Nomeado polo Rei e elixido polo Congreso dos Deputados polo voto da maioría absoluta dos seus membros en primeira votación ou maioría simple en segunda votación vinte catro horas despois da anterior. d) Nomeado polo Rei e elixido polo Congreso e o Senado polo voto da maioría absoluta de ambas cámaras en primeira votación ou maioría simple en segunda votación vinte catro horas despois da anterior.

3.-Non é un servizo de prestación obrigatoria para os Concellos de mais de 5.000 habitantes segundo o previsto no artigo 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local: a) Acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas. b) Parque público. c) Biblioteca pública. d) Protección civil.

4.-Entre a convocatoria e a celebración dun pleno extraordinario deberán mediar: a) dous días hábiles. b) un día hábil. c) 24 horas. d) dous días naturais.

5.-As Ordenanzas fiscais deberán ser aprobadas polo pleno: a) Por maioría simple. b) Por maioría absoluta. c) Por maioría de tres quintos do número legal de membros da corporación. d) Por maioría de dous terzos do número legal de membros da corporación.

6.-Sinale cal destas ten dereito de presentar a documentación de xeito non electrónico ante a Administración segundo o previsto na Lei 39/2015: a) As persoas xurídicas. b) As entidades sen personalidade xurídica. c) As persoas físicas en xeral salvo que a normativa lles obrigue. d) Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.

7.-Respecto da notificación electrónica, indique cal destas seguintes opcións é correcta de acordo co disposto no artigo 43 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: a) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se poñan a disposición do interesado na Sede Electrónica do organismo. b) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. c) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se poñan a disposición do interesado no Punto Xeral de Acceso electrónico da Administracións. d) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas cando teñan transcorrido dez días hábiles desde a posta a disposición da notificación sen que acceda ao seu contido.

8.-O termo de inicio dos prazos nos procedementos administrativos fixados en meses ou anos computaranse: a) A partir do día seguinte hábil a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate. b) A partir do día no que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate se fose hábil, sendo en caso contrario o día inmediato hábil. c) A partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate. d) A partir do día en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate.

9.-Os informes emitidos no curso da instrución dun procedemento administrativo serán, salvo disposición expresa en contra: a) Obrigatorios e non vinculantes. b) Obrigatorios e vinculantes. c) Facultativos e vinculantes. d) Facultativos e non vinculantes.

10.-Contra as resolucións dos procedementos administrativos que poñan fin á vía administrativa, caberá a interposición do recurso administrativo: a) De reposición. b) De alzada. c) Extraordinario de revisión. d) Non cabe a interposición de recurso administrativo algún, tan so recurso ante a xurisdición contencioso – administrativa.

11.-A selección de todo o persoal, sexa funcionario ou laboral, das administración locais debe realizarse de acordo con: a) A Oferta de Emprego Público. b) A Relación de Postos de Traballo. c) A plantilla de persoal. d) Todas as respostas anteriores son correctas.

12.-Burlingame et al.(2006) nas habilidades básicas para a condución dos grupos, diferencia tres tipos de funcións: a) Función executiva que se refire o aspecto cognitivo do proceso do grupo. b) Función de cuidado mediante a que se preocupa polo benestar dos membros e a eficacia do grupo. c) Función de atribución que se refire o establecemento de normas e límites e a xestión do tempo. d) Todas son correctas.

13.-O condutor do grupo traballará: a) Na dimensión individual dirixida a cada membro. b) Na dimensión das interaccións. c) En ámbalas dúas. d) Ningunha das respostas anteriores é verdadeira.

14.-A técnica Phillips 66: a) A estrutura é seis persoas, tres ideas, cinco minutos, para xerar ideas novidosas. b)Pídese os/as participantes que se dividan en grupos de seis persoas. Plantésaxe unha pregunta ou un tema de discusión sobre o que cada grupo deberá discutir e chegar a unha conclusión en seis minutos. c)É unha técnica para estudar a estrutura grupal, mediante un conxunto de procedementos que intentan medir e obxectivar os modos en que se dan os procesos interpersoais dun grupo. d) Un grupo reducido de persoas trata un tema ou problema nunha discusión aberta, libre e informal, dirixido por un director ou coordinador.

15.-Sinale cales dos seguintes principios orientadores da acción socioeducativa do educador/a social, non están contemplados no Código Deontolóxico da Educación Social: a) Principios de respecto os Dereitos Humanos e Xustiza Social. b) Principios de respecto os suxeitos da acción socioeducativa e da acción socioeducativa. c) Principios de respecto o Dereito individual e a Autonomía familiar. d) Principios da información responsable e da confidencialidade.

16.-De acordo o Código Deontolóxico do Educador/a Social, no proceso de acción socioeducativa: a) Procurará establecer unha relación profesional coas persoas que lle facilite un acercamento afectivo a fin de lograr os obxectivos da intervención socioeducativa. b) Evitará toda relación coas persoas que transcenda, máis alá, da relación profesional que supoña unha dependencia afectiva ou íntima. c) Procurará establecer unha relación afectivo-profesional coas persoas que lle facilite a consecución dos obxectivos da intervención socioeducativa. d) Evitará toda relación coas persoas que transcenda, máis alá, da relación profesional, salvo cando se produza un acercamento afectivo que lle facilite o logro dos obxectivos da intervención socioeducativa.

17.- En relación co equipo, o educador/a social: a) Elaborará os aspectos educativos dos proxectos. b) Cooperará co resto do equipo na planificación, deseño, posta en funcionamento e avaliación das accións socio-educativas. c) Só interferirá nas funcións, tarefas ou relacións dos outros membros do equipo coas persoas suxeitos da acción educativa con fins educativos. d) As respostas a) e b) son correctas.

18.- Non é un obxectivo da educación de adultos: a) Desenvolver a súa capacidade e participación na vida social. b) Adquirir unha formación básica. c) Mellorar a súa cualificación profesional. d) Todos son obxectivos da educación de adultos.

19.- A medida xudicial de internamento que implica a existencia dun proxecto educativo onde os obxectivos substanciais realízanse en contacto con persoas e institucións da comunidade, tendo o menor a súa residencia no centro, suxeito ao programa e réxime interno do mesmo, denomínanse: a) Réxime aberto. b) Réxime semiaberto. c) Réxime pechado. d) Internamento terapéutico.

20.-Enténdese por intervención socioeducativa á acción: a) Intencional e non sistemática que ten como finalidade promover efectos de mellora nos seus participantes, así como no seu entorno ou comunidade. b) Intencional e sistemática que ten como finalidade incidir nunha situación ou proceso concreto, có fin de promover determinados efectos de mellora nos seus participantes, así como no entorno ou comunidade. c) Que se apoia na comprensión das condicións persoais e sociais existentes, ao obxecto de acertar coa finalidade de calquera intervención socioeducativa: que o suxeito queira facer de sí mesmo un proxecto educativo permanente. d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

21.- Son áreas ou ámbitos de actuación da EPA, segundo o Libro Blanco sobre a Educación de Adultos (MEC, 1986): a) Formación orientada o traballo e Formación para o exercicio dos dereitos e responsabilidades cívicas e a participación social. b) Formación para o desenrolo persoal e, como base a todas elas e Formación xeral ou de base. c) Formación orientada o traballo, Formación para o exercicio dos dereitos e responsabilidades cívicas e a participación social, Formación para o desenrolo persoal e, como base a todas elas e Formación xeral ou de base. d) Formación orientada o traballo, Formación para o desenrolo persoal e, como base a todas elas e Formación xeral ou de base.

22.-Segundo a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, o tratamento ambulatorio é unha medida na que: a) A persoa residirá no centro e desenvolverá no mesmo actividades formativas, educativas, laborais e de ocio. b) A persoa terá que asistir ao centro designado coa periodicidade requirida polos facultativos que a atendan e seguir as pautas fixadas para o axeitado tratamento da anomalía, alteración psíquica ou adición que teña. c) A persoa residirá no seu domicilio habitual e acudirá a un centro, plenamente integrado na comunidade a realizar actividades de apoio, educativas, formativas, laborais ou de ocio. d) A persoa realizará, sen internamento nin liberdade vixiada, actividades específicas de contido educativo encamiñadas a facilitarlle o desenvolvementos da súa competencia social.

23.- ¿Que Lei Orgánica regula a educación de adultos?. a) A Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro de Ordenación Xeral do Sistema Educativo. b) A Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro de Calidade da Educación. c) A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación. d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

24.- Respecto do “mainstreaming” sinale a resposta correcta: a) Consiste en promover a defensa e garantía do principio de igualdade entre homes e mulleres en políticas sociais. b) Promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en todas as políticas sociais e a todos os niveis. c) Está plasmado non VI Plan continua con políticas específicas para asegurar a igualdade real e efectiva de oportunidades. d) A resposta b) e c) son correctas.

25.-Sinala cal das seguintes opcións é unha función dos servizos sociais comunitarios básicos: a) A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que se desenvolva a través de programas en medio aberto, en centros de carácter non residencial ou de carácter residencial temporal. b) O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada. c) Promover medidas de reinserción no seu ámbito de actuación e desenvolver medidas de rehabilitación social orientadas a normalizar as condicións de vida das persoas usuarias. d) A xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas que posibiliten no seu ámbito o logro dos obxectivos recollidos no artigo 3º da presente lei, no marco do Plan estratéxico de servizos sociais.

26.-Non é un criterio de aplicación do acollemento: a) Favorecer a permanencia do neno, nena ou adolescente no seu propio ambiente, procurando que o acollemento se produza en familia allea, salvo que non fora aconsellable para o interese da persoa menor acollida ou das/dos menores do grupo familiar acolledor. b) Evitar, na medida do posible, a separación de irmáns e/ou irmás e procurar o seu acollemento por unha mesma familia ou nun mesmo centro. c) Fomentar a integración do neno, nena ou adolescente no entorno social e a asistencia aos sistemas educativos, sanitarios e laborais. d) Dar prioridade á utilización do acollemento familiar sobre o residencial.

27.-Serán principios reitores da actuación dos poderes públicos en relación cos menores: a) A supremacía do seu interese superior. b) O mantemento na súa familia de orixe, salvo que non sexa convinte para o seu interese, en cuxo caso garantizarase a adopción de medidas de protección familiares e estables priorizando, nestes supostos, o acollemento familiar fronte o institucional. c) O carácter educativo de tódalas medidas que se adopten. d) Todas son correctas.

28.-A lei orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores aplicarase para... a) ...esixir a responsabilidade das persoas maiores de dezaseis anos e menores de dezaoito pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal ou as leis penais especiais. b) ...esixir a responsabilidade das persoas maiores de quince anos e menores de dezaoito pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal ou as leis penais especiais. c) ...esixir a responsabilidade das persoas maiores de catorce anos e menores de dezaoito pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal ou as leis penais especiais. d) ...esixir a responsabilidade das persoas maiores de doce anos e menores de dezaoito pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal ou as leis penais especiais.

29.-Segundo a Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia: a situación de dependencia clasificárase nos seguintes graos: a) Grao I: Dependencia leve, Grao II: Dependencia grave, Grao III: Invalidez absoluta. b) Grao I: Dependencia moderada, Grao II: Dependencia severa, Grao III: Gran dependencia, Grao IV: Invalidez absoluta. c) Grao I: Dependencia moderada, Grao II: Dependencia severa, Grao III: Gran dependencia. d) Grao I: Dependencia leve, Grao II: Dependencia grave, Grao III: Dependencia moi grave, Grao IV: Gran invalidez.

30.- A observación conductual é un dos métodos científicos básicos e directos de recollida de información centrado nas conductas externas e que permite recoller esa información no medio natural do “observado”. Existen diversos tipos de observación e, por ende, diferentes procedementos/instrumentos de rexistro. Cal das seguintes definicións corresponde ao instrumento de rexistro denominado “cuestionario”?. a) Conversación directa para favorecer a expresión de ideas. b) Formulario con interrogantes que requiren de respostas breves para coñecer actitudes ante un determinado tema. c) Descrición escrita dun incidente na conduta dun individuo ou no transcurso dun proceso de forma obxectiva. d) Auto-informe sobre rasgos da personalidade, intereses, actitudes e problemas que afectan ao individuo no transcurso dun proceso de forma obxectiva.

Denunciar Test