option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

EDUCADOR SOCIAL PARA O CONCELLO DE OROSO EXP. 2025/E001/000007

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
EDUCADOR SOCIAL PARA O CONCELLO DE OROSO EXP. 2025/E001/000007

Descripción:
Parte 1

Fecha de Creación: 2026/10/27

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 27

Valoración:(0)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

29. Que documento establece as prestacións e servizos específicos que corresponden a cada beneficiario unha vez valorada a súa situación de dependencia?. a) O Certificado de Grao de Dependencia. b) O Programa Individual de Atención (PIA). c) O Contrato de Servizos Sociais. d) O Informe Social Unificado.

30. Segundo o artigo 67 da Lei 3/2011 do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, a garda da menor ou do menor cesa nos seguintes casos: a) Cando a garda se exercita como función inherente á tutela administrativa, polas mesmas causas de cesamento desta, previstas no artigo 72 da presente lei. b) Cando a garda se exercita como función inherente á tutela administrativa, polas mesmas causas de cesamento desta, previstas no artigo 62 da presente lei. c) Cando a garda se exercita como función inherente á tutela administrativa, polas mesmas causas de cesamento desta, previstas no artigo 52 da presente lei. d) Cando a garda se exercita como función inherente á tutela administrativa, polas mesmas causas de cesamento desta, previstas no artigo 42 da presente lei.

31. No contexto do condicionamento operante, que técnica se utiliza para aumentar a probabilidade de que unha conduta desexable se repita, administrando un estímulo agradable inmediatamente despois de que a conduta ocorra?. a) Castigo positivo. b) Reforzo negativo. c) Reforzo positivo. d) Extinción.

32. Que técnica ou instrumento, amplamente utilizado na educación non formal (especialmente en animación sociocultural ou traballo comunitario), se centra en fomentar a participación activa, a reflexión colectiva e o empoderamento do grupo a través da discusión estruturada dun tema ou problema?. a) A clase maxistral expositiva. b) A técnica de "Phillips 66" ou o grupo de discusión. c) O exame escrito estandarizado. d) A lectura individual e silenciosa dun manual.

33. Cando un educador social utiliza un xogo de rol ou unha simulación para que os participantes practiquen habilidades sociais, resolvan conflitos ou empaticen con diferentes perspectivas, que tipo de instrumento educativo está a empregar?. a) Un instrumento de avaliación diagnóstica. b) Un instrumento lúdico-pedagóxico e vivencial. c) Un cuestionario de auto-avaliación formal. d) Un manual teórico de ética.

34. Cal das seguintes habilidades se considera fundamental no repertorio social básico dun neno e é crucial para iniciar e manter interaccións positivas cos seus pares?. a) A capacidade de memorizar regras de xogo complexas. b) A habilidade para ignorar aos demais cando está ocupado. c) A empatía e a capacidade de escoitar activamente aos demais. d) A habilidade para gañar sempre nas competicións.

35.- Segundo a Lei 13/2008 do 3 de decembro se Servizos Sociais de Galicia, o sistema galego de servizos sociais estrutúrase en forma de rede, conforme a dous niveis de actuación: a) Servizos sociais de carácter integrador e servizos sociais de carácter preventivo. b) Servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados. c) Servizos sociais básicos e servizos sociais específicos . d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

36.- Segundo o artigo 8 da Lei Orgánica 1/1996 do 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor, de modificación parcial de Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil o dereito á liberdade de expresión dos menores esténdese: a) Á publicación e difusión das súas opinións. b) Á edición e produción de medios de difusión. c) Ao acceso ás axudas que as Administracións públicas establezan con tal fin. d) Todas son correctas.

37.- Segundo a definición profesional, a Educación Social é ante todo: a) Un servizo asistencial de urxencia. b) Un dispositivo de vixilancia social. c) Un dereito da cidadanía e unha profesión de carácter pedagóxico. d) Unha rama da terapia clínica.

38.- Cal das seguintes NON é unha das seis funcións profesionais do/da educador/a social?. a) Mediación social, cultural e educativa. b) Coñecemento, análise e investigación de contextos. c) Intervención psicoterapéutica clínica. d) Deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos.

39.- Os programas de intervención con menores infractores perseguen: a) A reinsercción dos menores, a disminución da reincidencia delictiva e a reparación do dano a vítima ou a sociedade. b) Facer dos menores infractores mellores persoas. c) A reinserción destos menores na sociedade e reducir de esta forma a probabilidade de reincidencia nun futuro. d) Controlar e reducir a delincuencia durante o tempo que pasan internados nun centro de menores.

40.- Son obxetivos da educación de adultos: a) Adquirir ou completar a educación básica e secundaria. b) Ampliar e actualizar coñecementos e habilidades. c) Facilitar o acceso a outros niveis do sistema educativo. d) Todos son obxetivos da Educación de Adultos.

41.- A fase que permite valorar a idoneidade da acción socioeducativa é: a) Análisis da realidade. b) Formulación de obxetivos . c) Avaliación. d) a) e b) son correctas.

42.- O Plan de Intervención socio-educativa, é unha medida: a) Preventiva. b) Para a prevención e a execución. c) Para a intervención e seguimento. d) As respostas b) e c) son correctas.

43.- A investigación acción participativa (IAP) distínguese por: a) Considerar os participantes como suxeitos pasivos no proceso investigativo. b) Utilizar metodoloxías cerradas e estrictamente estructuradas. c) Depender exclusivamente de datos cuantitativos e experimentales. d) Integrar a acción e a investigación para lograr cambios significativos.

44.- A elaboración do Proxecto Educativo de Centro correspóndelle a: a) A Comisión Educativa. b) O Consello do Centro. c) A dirección do centro. d) Os/as educadores/as.

45.- Dentro dunha perspectiva sistémica é correcto afirmar: a) Os compoñentes dun sistema interaccionan entre eles e inflúense mutuamente. b) Os compoñentes forman parte dun todo que é superior a suma das súas partes. c) Calquer acción que produza un cambio nunha parte do sistema producirá cambios no resto das partes do sistema. d) Todas as respostas son correctas.

46.- Segundo Erdman B. Palmore, son características dos estereotipos que forman a base do edadismo: a) Nun estereotipo negativo, as características omítense ou non son suficientemente declaradas. b) Os estereotipos non facilitan o cambio. c) Os estereotipos non proporcionan ningunha información sobre a causa das tendencias que se señalan. d) Todas as respostan son correctas.

47.- A definición da OMS sobre envellecemento entendido como “o proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida a medida que as persoas se fan maiores” fai referencia a: a) Envellecemento óptimo. b) Envellecemento primario. c) Envellecemento activo. d) Envellecemento secundario.

48.- O concepto de envellecemento saudable adoptado pola OMS no ano 2015 defínese como: a) Envellecemento caracterizado pola ausencia de enfermidade e a búsqueda dun estado de benestar fisico, psicolóxico e social. b) Proceso que permite os maiores estándares de calidade de vida na última etapa do ciclo vital. c) Proceso para fomentar e manter a capacidade funcional que permite o benestar na vellez. d) Proceso de optimización das oportunidades de participación e seguridade na poboación ancián.

49.- Segundo a Ley Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, a medida onde se fai un seguimento da actividade da persoa sometida a mesma e a súa asistencia á escola, o centro de formación profesional ou o lugar de traballo, segundo os casos, procurando axudar a aquela a superar os factores que determinaron a infracción comedida, denomínanse: a) Asistencia a un centro de día. b) Internamento cerrado. c) Liberdade vixiada. d) Internamento semiaberto.

50.- O que se produce a causa do incumplimento ou do imposible ou inaxeitado exercicio dos deberes de protección establecidos polas leis para a garda das persoas menores de idade, cando estas quedan privadas da necesaria asistencia denomínase: a) Negligencia. b) Situación de desamparo. c) Situación de riesgo. d) Abandono del menor.

RESERVA 1. Segundo a Lei de Bases de réxime local, a aprobación das Ordenanzas locais axustarase ao seguinte procedemento: a) Aprobación inicial polo Pleno por maioría absoluta; información pública e audiencia aos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións e resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. b) Aprobación inicial polo Pleno por maioría simple; información pública e audiencia aos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións e resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. c) Aprobación inicial polo Pleno por maioría simple; información pública e audiencia aos interesados polo prazo máximo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións e resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. d) Aprobación inicial polo Pleno por maioría absoluta; información pública e audiencia aos interesados polo prazo máximo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións e resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno.

RESERVA 2.- Segundo o artigo 17 da Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, a negativa dos proxenitores, titores, gardadores ou acolledores a prestar o consentimento respecto a tratamentos médicos necesarios para salvagardar a vida ou a integridade física ou psíquica do menor constitúe unha situación de: a) Desamparo. b) Risco. c) Conflito social. d) Tutela.

RESERVA 3.-A particularidade esencial da educación non formal é: a) Estar centralizada exclusivamente no ámbito familiar. b) Estar centralizada principalmente no ámbito educativo. c) Estar centrada en todas as áreas do ámbito sanitario. d) É a súa flexibilidade e adaptabilidade aos distintos contextos sociais.

RESERVA 4.- A protección e tutela dos menores en situación de risco ou desamparo, a protección e apoio os menores en conflicto social e a execución das medidas dictadas polos xulgados de menores é competencia de: a) A Secretaría Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.. b) A Secretaría Xeral de Familia. c) Os Equipos Técnicos do Menor. d) Os Servicios de Familia e Programas especiales.

RESERVA 5.- A tutela será revocada cando: a) Desaparezan as causas que deron lugar á mesma. b) O expediente pase a unha adopción. c) O menor esté protexido. d) Todas as respostas son correctas.

Denunciar Test