option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

EDUCADOR SOCIAL PARA O CONCELLO DE OROSO EXP. 2025/E001/000007

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
EDUCADOR SOCIAL PARA O CONCELLO DE OROSO EXP. 2025/E001/000007

Descripción:
Parte 1

Fecha de Creación: 2026/10/27

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 28

Valoración:(1)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

1.- Cal dos seguintes non se inclúe como dereito fundamental no Capítulo Segundo do Título I da Constitución Española: a) O dereito de asociación. b) O dereito para gozar dunha vivenda digna e axeitada. c) O dereito á educación. d) O dereito á vida e á integridade física e moral.

2.- O artigo 21 da Lei 7/1985 de bases de réxime local recolle as atribucións do Alcalde como Presidente da Corporación. Cal das seguintes non é unha atribución do Alcalde?. a) Representar ao Concello. b) Ditar bandos. c) A aprobación da plantilla de persoal e da relación de postos de traballo. d) Exercer a xefatura da policía municipal.

3.- Sinale a resposta incorrecta: a) Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. b) O conxunto de persoas inscritas no Padrón municipal constitúe a poboación do municipio. c) Os datos obrigatorios do Padrón Municipal non se cederán, en ningún caso, a outras Administracións públicas. d) O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo.

4 .- Segundo o artigo 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases do Réxime Local, o servizo de avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, é un servizo: a) Que deben prestar os municipios con poboación superior a 20.000 habitantes. b) Que deben prestar todos os municipios. c) Que deben prestar os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes. d) Que deben prestar os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e inferior a 20.000 habitantes.

5.- Segundo o artigo 28.3 da lei 39/2015 sinale a resposta correcta: a) As Administracións non esixirán aos interesados a presentación de documentos orixinais, salvo que o procedemento sexa iniciado por solicitude do interesado, e que con carácter excepcional, a normativa reguladora así o estableza. b) As Administracións só poderán esixir aos interesados a presentación de documentos orixinais cando así o solicite o órgano superior xerárquico. c) As Administracións esixirán sempre, e en todo caso, aos interesados a presentación de documentos orixinais. d) As Administracións non esixirán aos interesados a presentación de documentos orixinais, salvo que, con carácter excepcional, a normativa reguladora aplicable estableza o contrario.

6- Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fora expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada: a) Cando tiveran transcorrido dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. b) Canto tiveran transcorrido 2 meses desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. c) Non se entende rexeitada nunca, podendo o interesado acceder ao seu contido sen ningún tipo de límite temporal. d) A notificación por medios electrónicos non resulta legal a día de hoxe.

7.-Conforme establece o artigo 80 da Lei 39/2015, o prazo para a emisión dun informe será de: a) 3 meses. b) dez días, salvo que unha disposición ou o cumprimento do resto dos prazos do procedemento permita ou esixa outro prazo maios ou menor. c) Non existe prazo para a emisión de informes. d) Todas as respostas anteriores son correctas.

8.-O recurso de reposición se poderá interpor: a) Ante o mesmo órgano que ditou o acto obxecto do recurso. b) Simultaneamente á interposición de recurso contencioso – administrativo. c) Ante o órgano superior xerárquico do que ditou o acto. d) Na Administración local non cabe a posibilidade de interpoñer recurso de reposición.

9.-Os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos actos das Administracións Públicas: a) Poderán ser rectificados sempre que non transcorrera un prazo superior aos 4 anos desde que foi ditado o acto. b) Non poderán ser corrixidos en ningún momento, sen prexuízo de recurso. c) Poderán ser corrixidos en calquera momento pero so a instancia dos interesados. d) Poderán ser corrixidos en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados.

10.-Non teñen a consideración de empregado público: a) Funcionarios de carreira. b) Funcionarios interinos. c) Persoal eventual. d) Persoal político.

11.- O concepto de familia multiproblemática implica: a) Unha soa fonte de conflito no sistema familiar. b) A coexistencia de problemas en varios niveis: individual, relacional e social. c) A ausencia de toda interacción coa contorna. d) Un problema exclusivamente económico.

12.-Dentro do documento " Modelo de Informe Socioeducativo" do Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia, nos aspectos normativos e deontolóxicos a ter en conta á hora de elaborar un informe socioeducativo, está: a) A linguaxe empregada polo/a educador/a social debe ser claro e pouco técnico, evitando o uso de terminoloxía profesional. b) O cidadán non pode dispoñer do seu Informe socioeducativo nin coñecer o seu contido. c) Transmitirá, unicamente, información veraz e contrastada e separará, en todo caso, a información das valoracións, as opinións ou os prognósticos. d) Ningunha das opcións anteriores é correcta.

13.- Segundo a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no seu artigo 52, considérase unha situación de desamparo: a) A falta de escolarización habitual do neno ou a nena ou do adolescente co consentimento ou a tolerancia dos pais, das nais ou das persoas que exerzan a garda, sempre que menoscabe o desenvolvemento e o benestar da ou do menor, ou sempre que supoña un prexuízo grave do neno ou a nena ou adolescente. b) A utilización do castigo físico ou emocional sobre a menor ou o menor que, sen constituír episodio severo ou patrón crónico de violencia, prexudique o seu desenvolvemento. c) As carencias de todo orde que, non podendo ser compensadas adecuadamente no ámbito familiar, nin impulsadas desde o mesmo para o seu tratamento a través dos servizos e recursos esenciais e/o normalizadores, poidan propiciar a exclusión social, inadaptación ou desamparo da ou o menor. d) O conflito aberto e permanente entre os pais, as nais, os titores, as titoras, os gardadores ou as gardadoras, ou entre calquera deles e a persoa menor, cando poida prexudicar o seu desenvolvemento persoal ou social.

14.- Segundo o artigo 32 da Lei 3/2011, do 30 de xuño de apoio á familia e convivencia de Galicia, o proceso encamiñado a facilitar unha dinámica familiar positiva, a solución de problemas e a toma de decisións, ademais de potenciar e desenvolver os recursos familiares, sería: a) Emancipación familiar. b) O apoio familiar. c) A mediación familiar. d) Independencia conxugal.

15.- Sinala a opción correcta, en relación ao principio da acción socioeducativa do/a educador/a social, que aparece nos documentos profesionalizadores do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia : a) Manter unha postura activa, construtiva e solidaria na práctica da súa profesión. b) Estar profesionalmente preparado/a para a utilización de métodos, ferramentas educativas e tarefas que utilice na súa práctica profesional. c) Procurar a súa aproximación directa cara ás persoas coas que traballa favorecendo nelas aqueles procesos educativos que lles permitan un crecemento persoal positivo e unha integración crítica na comunidade á que pertencen. d) Ningunha das opcións é correcta.

16.-A teoría ecolóxica de Urie Bronfenbrenner, componse de cinco sistemas entre os que non está: a) Microsistema. b) Mesosistema. c) Endosistema. d) Macrosistema.

17.- Según o artigo 173 bis Código civil, o acollemento familiar temporal, terá unha duración máxima de: a) Seis meses. b) Un ano. c) Dous anos. d) Dous anos, salvo que o interese superior do menor aconselle a prórroga da medida.

18.- Cal das seguintes fases non se corresponde co “ Ciclo da Violencia” de Leonor Walker: a) Fase de acumulación da tensión. b) Fase de desenganche. c) Fase de lúa de mel ou reconciliación. d) Fase de agresión.

19.- Segundo o artigo 4 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, cal das seguintes opcións non é un principio de actuación no exercicio das funcións dos centros de información á muller. a) Respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM. b) Respecto á vontade das persoas usuarias na procura de posibles solucións alternativas ás consultas expostas. c) Fomento de asociacionismo e de participación das mulleres en todos os ámbitos. d) A prestación gratuíta de todos os servizos, que se ofertarán atendendo á vocación do servizo público.

20.- Cal é o instrumento deseñado para ser aplicado polos servizos especializados en Protección de Menores, na execución das competencias establecidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, relacionado coa investigación e a valoración das situacións de desprotección en menores: a) SIUSS. b) TEDEC. c) VALORA-GALICIA. d) HSUE.

21.- Cal é o principal instrumento internacional que recoñece os dereitos da infancia?. a) A Declaración Universal dos Dereitos Humanos. b) A Convención sobre os Dereitos do Neno. c) A Carta das Nacións Unidas. d) A Declaración de Xenebra.

22.- Que se considera acoso escolar, segundo o articulo 28, da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa: a) A intimidación psicolóxica ou fustrigación que se produce entre iguais, frecuentemente dentro do ámbito escolar, sostida no tempo e cometida con certa regularidade, utilizando só como medio as tecnoloxías da información e a comunicación. b) Calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se producise. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que tivesen causa nunha relación que xurda no ámbito escolar. c) É un dos máis comúns e inclúe de forma exclusiva, patadas, empuxóns, golpes e calquera dano indirecto, que é o relativo ao furto ou ao dano intencionado para roubar ao estudante que sofre acoso. d) É unha forma de agresión que só utiliza palabras para intimidar, humillar ou ameazar a outra persoa. Pode incluír insultos, burlas, críticas ferintes, comentarios despectivos ou ameazas, e ten como obxectivo causar dano emocional ou psicolóxico á vítima .

23.- Na Teoría de condicionamento operante de B. F. Skinner, un reforzo positivo consiste en: a) A eliminación dun estímulo desagradable tras unha conduta. b) A aplicación dun estímulo desagradable para reducir unha conduta. c) A presentación dun estímulo agradable tras unha conduta para aumentar a súa frecuencia. d)A ausencia de calquera consecuencia de forma intermitente.

24.- Segundo o disposto no artigo 49, da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, sinala cando estaríamos ante unha situación de risco: a)A indución do neno, nena ou adolescente á mendicidade, delincuencia, prostitución ou calquera outra forma de explotación económica ou sexual da ou o menor, ou permisividade respecto a estas condutas. b) As carencias de todo orde que, non podendo ser compensadas adecuadamente no ámbito familiar, nin impulsadas desde o mesmo para o seu tratamento a través dos servizos e recursos esenciais e/o normalizadores, poidan propiciar a exclusión social, inadaptación ou desamparo da ou o menor. c) A existencia de malos tratos físicos ou psíquicos ou de abusos sexuais por parte das persoas da unidade familiar ou de terceiras persoas con consentimento daquelas. d) A convivencia nunha contorna sociofamiliar que deteriore gravemente a integridade moral do neno, nena ou adolescente, ou prexudique o desenvolvemento da súa personalidade.

25.- Segundo a Lei Orgánica 1/1996 do 15 de xaneiro de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil, cal dos seguintes principios ten carácter prioritario en calquera actuación relacionada con menores?. a) O dereito para ser oído e a participar activamente. b) O interese superior do menor. c) O dereito á educación e ao desenvolvemento integral. d) A responsabilidade parental ou dos titores legais.

26.- Segundo o Artigo 49 da Lei 3/2011 do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, considérase situación de risco: a) O abandono da persoa menor de idade. b) A utilización do castigo físico ou emocional sobre o menor que, sen constituír episodio severo ou patrón crónico de violencia, prexudique o seu desenvolvemento. c) A indución do neno, nena ou adolescente á mendicidade, delincuencia, prostitución ou calquera forma de explotación económica ou sexual da ou o menor, ou permisividade respecto a estas condutas. d) Todas Son Correctas.

27. Respecto a medida de acollemento familiar, cal das seguintes afirmacións é correcta segundo a Lei Orgánica 1/1996 do 15 de xaneiro de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil?. a) O acollemento familiar só pode ser pre-adoptivo ou permanente. b) O acollemento familiar simple ten sempre unha duración indefinida. c) O acollemento familiar busca principalmente a integración do menor nunha familia, priorizándoo sobre o acollemento residencial sempre que sexa posible. d) O acollemento familiar non contempla réxime de visitas.

28. Segundo a Lei 39/2006, cantos graos de dependencia se recoñecen e se clasifican en función da autonomía da persoa e a intensidade de coidados requiridos?. a) Dous graos: Dependencia moderada e Gran dependencia. b) Tres graos: Dependencia moderada, Dependencia severa e Gran dependencia. c) Catro graos: Grao I, Grao II, Grao III e Grao IV. d) Un único grao con diferentes niveis de intensidade.

Denunciar Test