option
Cuestiones
ayuda
daypo
buscar.php

Educadoras/es Xunta 2021 - Parte V

COMENTARIOS ESTADÍSTICAS RÉCORDS
REALIZAR TEST
Título del Test:
Educadoras/es Xunta 2021 - Parte V

Descripción:
1º exercicio (cuestionario B) - Acceso Libre

Fecha de Creación: 2021/08/23

Categoría: Oposiciones

Número Preguntas: 22

Valoración:(1)
COMPARTE EL TEST
Nuevo ComentarioNuevo Comentario
Comentarios
NO HAY REGISTROS
Temario:

121.- Segundo artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, o servizo de educación e apoio familiar, de titularidade municipal, perseguirá de maneira prioritaria, entre outros, o seguinte obxectivo: a) Prestar atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio. b) Realizar actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables. c) Prestar atención ás necesidades de carácter doméstico e de vivenda que incidan e axuden na mellora do entorno das persoas usuarias e da súa familia. d) Realizar o seguimento e a intervención nas familias en que se realizase derivación aos servizos sociais especializados de menores, de cara á súa reintegración social e familiar.

122.- Segundo o artigo 9 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, o servizo de educación e apoio familiar está dentro dos programas e servizos sociais: a) Comunitarios básicos. b) Comunitarios especializados. c) Comunitarios específicos. d) De entidades privadas.

123.- Segundo artigo 34 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, dentro dos tipos de equipo profesional, nas Unidades de Traballo e Educación Social (UTES): a) Asegurarase a presenza dun educador ou educadora social. b) Integraranse persoas tituladas en Traballo Social e Educación Social. c) Deberá asegurarse a presenza de polo menos unha persoa titulada superior ou en posesión do grao universitario de psicoloxía, socioloxía ou materia relacionada cos programas desenvolvidos polos servizos sociais comunitarios. d) Asegurarase a presenza dun traballadora ou traballadora social.

124.- Segundo a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na medida de prestacións en beneficio da comunidade, a persoa sometida a esta medida: a) Debe de realizar actividades específicas de contido educativo encamiñadas a facilitarlle o desenvolvemento da súa competencia social. b) Debe ser reprendida, facéndolle comprender a gravidade dos feitos cometidos e as consecuencias que tiveron ou poderían ter os mesmos, instándolle a non volver a cometer tales feitos no futuro. c) Debe ser privada de forma definitiva de todos os honores, empregos e cargos públicos. d) Debe de realizar as actividades non retribuídas que se lle indiquen, de interese social ou en beneficio de persoas en situación de precariedade.

125.- Segundo a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, o tratamento ambulatorio é unha medida na que: a) A persoa residirá no centro e desenvolverá no mesmo as actividades formativas, educativas, laborales e de ocio. b) A persoa terá que asistir ao centro designado coa periodicidade requirida polos facultativos que a atendan e seguir as pautas fixadas para o adecuado tratamento da anomalía, alteración psíquica ou adicción que teña. c) A persoa residirá no seu domicilio habitual e acudirá a un centro, plenamente integrado na comunidade a realizar actividades de apoio, educativas, formativas, laborais ou de ocio. d) A persoa realizará, sen internamento nin liberdade vixiada, actividades específicas de contido educativo encamiñadas a facilitarlle o desenvolvemento da súa competencia social.

126.- A medida xudicial de internamento que implica a existencia dun proxecto educativo onde os obxectivos substanciais realízanse en contacto con persoas e institucións da comunidade, tendo o menor a súa residencia no centro, suxeito ao programa e réxime interno do mesmo, denomínase: a) Réxime aberto. b) Réxime semiaberto. c) Réxime pechado. d) Internamento terapéutico.

127.- Segundo Prado, T. (1988), cal das seguintes estratexias educativas para proxenitores se ve afectada pola dificultades dos/as fillos/as con discapacidade intelectual de manter a atención?. a) Ensinar mediante o exemplo. b) Recoñecer e recompensar os seus acertos e progresos. c) Dividir as ensinanzas en pequenos pasos. d) Considerar á persoa con discapacidade intelectual como ser humano e persoa que pode crecer, madurar e mellorar.

128.- En que situación debemos empregar o modelado pasivo para o adestramento de habilidades sociais?. a) Cando o grupo de suxeitos que temos que adestrar é reducido e a conduta a desenvolver é complexa. b) Cando os comportamentos son inadecuados. c) Cando o grupo de suxeitos que temos que adestrar é moi amplo e a conduta a desenvolver é moi sinxela. d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

129.- En persoas con discapacidade intelectual, cal dos seguintes é un precorrente básico para calquera aprendizaxe, que se debe ter en conta para o adestramento dunha determinada habilidade social?. a) Postura física adecuada. b) Seguimento visual. c) Imitación. d) Todas as respostas son correctas.

130.- En relación aos tipos de ciberacoso, este pode concretarse en: a) Primario, secundario e concluínte. b) Real, imaxinario e virtual. c) Fustrigamento, exclusión e manipulación. d) IP maliciosa, virus atacante e rede de captura.

131.- Aos efectos do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, considérase acoso escolar: a) O maltrato continuado no tempo de carácter verbal ou psicolóxico, excluíndo o físico. b) O maltrato continuado no tempo de carácter físico ou verbal, excluíndo o psicolóxico. c) O maltrato continuado no tempo de carácter físico ou psicolóxico, excluíndo o verbal. d) Calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros.

132.- En relación aos tipos de acoso escolar, canto este se manifesta baixo ameazas para meter medo, ameazas con armas ou obrigar a facer algo con ameazas (chantaxe), o tipo e modalidade de acoso escolar ao que nos referimos é: a) Exclusión e marxinación social pasiva. b) Agresión verbal indirecta. c) Agresión verbal directa. d) Maltrato mixto.

133.- Segundo o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado: a) Morte ou enfermidade grave dun familiar só de primeiro grao. b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. c) Morte ou enfermidade grave dun familiar hasta o terceiro grao. d) Morte ou enfermidade grave dun familiar hasta o cuarto grao.

134.- Segundo o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, a xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado será xustificada por parte da nai, pai ou polas persoas titoras legais ou gardadoras do/da alumno/a ante: a) O/A profesor/a de garda. b) O/A secretario/a. c) O/A director/a. d) O profesorado titor.

135.- Segundo o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, en canto ao seguimento das faltas de asistencia a clase do alumnado e a súa comunicación, o profesorado titor deberá comunicar as nais, aos pais ou as persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado todas as faltas de asistencia a clase de: a) Cada semana, en sesión de titoría e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas. b) Cada quincena, dentro dos primeiros cinco días naturais onde se rexistran as faltas e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas. c) Cada mes, dentro dos últimos cinco días hábiles do mes actual e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas. d) Cada mes, dentro dos primeiros cinco días naturais do mes seguinte e diferenciando as faltas xustificadas das non xustificadas.

[RESERVA] 151.- Segundo o artigo 19.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a creación ou supresión dunha sede electrónica corresponderá a: a) O Senado. b) O Consello da Xunta de Galicia. c) O Parlamento de Galicia. d) O presidente da Comunidade Autónoma de Galicia.

[RESERVA] 152.- Segundo o artigo 36 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, no procedemento para a esixencia de responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas, o prazo para formular alegación é de: a) Dez días. b) Quince días. c) Vinte días. d) Trinta días.

[RESERVA] 153.- Segundo o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, que datos poderán ser excluídos da publicación no caso de información específica sobre subvencións?. a) O texto íntegro da convocatoria de subvencións. b) As achegas en diñeiro realizadas pola Comunidade autónoma a favor das entidades locais. c) As concesións de subvencións. d) Aqueles datos que estean protexidos polo segredo comercial ou industrial, previo informe debidamente motivado.

[RESERVA] 154.- Segundo Ormaetxea Salaberría (2018), un plan, programa ou práctica educativa será considerada intercultural na medida na que a súa execución sexa coherente co enfoque intercultural. Con cal dos seguintes criterios fundamentais para elaborar un programa socioeducativo dende o enfoque intercultural se corresponde esta afirmación?. a) A diversidade como punto de partida. b) O intercultural materialízase na práctica. c) O intercultural é comunicación e relación. d) Ningunha das respostas é correcta.

155.- Cal das seguintes teorías explica o mantemento das relacións familiares difuncionais en base ao modelo operante?. a) A teoría de Caplan (1992). b) A teoría do apego (1950). c) A teoría da dispoñibilidade de R. Wahler (1986). d) A teoría da coerción de G. Patterson (1982).

[RESERVA] 156.- Para avaliar a teoría da mente en persoas con autismo Baron-Cohen, Leslie e Frith (1985) diseñaron unha proba coñecida como a tarefa de. a) “Sally, Ann e a canica”. b) “A canica”. c) Crenza falsa. d) Todas as respostas son correctas.

[RESERVA] 157.- Segundo o artigo 30 da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a Educación Básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, cantos períodos lectivos semanais temos no horario do primeiro nivel de ensinanzas básicas: a) 12. b) 13. c) 14. d) 15.

Denunciar Test